en poleiro alleo
¿Bo Nadal? ¿Sonorización da oclusiva dental? (Afonso Monxardín, GH 18 decembro)
Curiosa fascinación pola morte (Andoliña 18 dec.)
Os ministros que pon Galiza (Xosé M. Sarille, ECG 18 dec.)
Sasha en Peredelkino (Luís González Tosar, ECG 18 dec.)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
7 comentarios:
As vellas da miña aldea decían "Natal".
(Co permiso de todos, recupero este post meu de hai cinco días, e ao que ninguén fixo caso, porque vén moi a conto co que afirma, con toda razón, Sarille no seu artigo)
Falando de nacionalismo... galego, por suposto.
Foi tanta a énfase publicitaria do BNG en que lograra cos seus votos no Congreso dos Deputados unha chea de competencias marabillosas para Galicia, que todo parecía Jauja.
O ouro e o mouro, polo visto. A publicidade chegou ao extremo de crerse o propio conto da leiteira.
Así, hoxe mesmo en LVG, Lourenzo Fdez. Prieto afirma todo ufano:
"¿Non se logrou acaso darlle a volta á frustrante e ameazadora posición de Rubalcaba sobre as reclamadas e acordadas transferencias de Tráfico?"
A resposta á pregunta... noutras páxinas do xornal. POIS NON, DE TRÁFICO NADA. Pregúntelle a Quintana, don Lourenzo, antes de escribir e ter que poñerse colorado.
Lograron outras cousas, e ninguén lle quita a súa importancia, pero o verdadeiramente transcendente, o que se dixo por activa e por pasiva, entre elas Tráfico ou Salvamento Marítimo, pois non, diso nada. Iso quedou adiado para un hipotético futuro.
En fin, que xa está ben de tanto autobombo e tanto conto de tratante de feira que quere vender unha becerra tísica.
Digan as cousas claras, tal como son, e non nos enganen se queren que os consideremos serios e que os votemos nas eleccións. Porque diso se trata, non?
Aínda vai ter que chover moito para sermos, de verdade, "determinantes" en Madrid. Até ese momento, sexamos serios. Tampouco é pedir tanto, non si?
jue dic 13, 08:11:00 PM
Onte Quintana en Vigo
Ben, achéganse estas horrísonas datas...
Teñan moito coidado
- coas sogras
- cos cuñados que se queixan da calidade do turrón que lles poñedes
- cos pelmas invitados que miran criticamente as etiquetas dos viños que lles servides
- cos sobriños que choran porque non lles regalastes a consola
- coas vosas andorgas e os vosos papos cheos
- cos cabróns, cabrós ou cabrois (vai por parroquias) cos que vos ides dar de cobadazos para pagar a prezo de ouro a derradeira remesa de cigalas
e, en xeral, coas promesas de aninovo (cabo de ano, como digo eu) que xa sabedes que non ides cumprir.
Pois hoxe no Senado o voto do Bloque non serviu para grande cousa. Pero tamén é verdade que os 115 do PSOE tampouco valeron.
Maleni, ven pasar as vacacións aquí: o único sitio onde non te re-proban, antes doblá que partía. Ou era ao revés?
Exhibición impúdica do amigo Apicultor na de Anabande. Pasen e vexan.
Non me sexa stool-pigeon, Arume.
Publicar un comentario