Estatuaria urbana (4)
Nova entrega, toda ela con fotos de Trebi.
A horrorosa pontiña da que xa falamos.
A peza dun escultor portugués ("Vixiante d0 Camiño" ou algo semellante) que estaba no inicio da Ponte Vella e con bo tino se levou para outro lugar alí perto do Pavillón.
Unha imaxe de Concepción Arenal no seu actual emprazamento, ó carón do Palacio de Xustiza.Un grupo escultórico relixioso diante do Colexio dos Salesianos.
Unha bola do mundo (supoño?), que tamén é fonte, diante do Pavillón de Deportes.
O coloso do escultor limiao Carrera, instalado na entrada da Ponte do Milenio, na etapa do alcalde Cabezas (houbo que traer nun trailer a peza dende Xinzo, estivemos nesa inauguración).
4 comentarios:
Señor vendimador (supoño que mais unha vez estou a me meter onde non me chaman), pero se admite peticións, gustaríame que completase a súa listaxe de monumentos coas fontes, supervivintes ou desaparecidas, da cidade das Burgas -e de calquer outra que se lle antolle, quen son eu para limitar a ninguén!
Foron un elemento esencial do urbanismo que perdeu o seu sentido práctico que non estético. En Lugo ven de se reconstruir, na entrada do Parque Rosalía, a composición escultural da fonte que estaba outrora fronte ao Concello. O que non sei é onde foron parar os colosais leóns de fundición de Sargadelos da orixinal, que até a última remodelación da Praza Maior enmarcaban os chanzos laterais da Alameda cara as terrazas dos cafés.
É verdade, o das fontes deaparecidas.
Había unha fai bén anos, con dous ou tres caños, onde está hoxe o muro do Auditorio. E unha pía, pra que poderan beber as bestas. Un pouco máis abaixo, na Rúa S. Francisco que baixa prós viños, había outra, de corpo metálico.
E na praza do Correxedor outra. Tamén na rúa Ben-cho-sei, no recanto coa rúa Coruña onde estaba un ferrador e máis adiante un Kiosco.
Có que valen algunhas desas estatuas, poderíanse contratar "estatuas humáns". Igual hasta saería máis barato.
"Queda vostede contratado coma estatua da nosa cidade.De tal hora a tal hora, estará vostede caracterizado como estatua de...Carlos Casares en tal sitio.De luns a vernes.Cada día cunha pose diferente, así vale tamén coma calendario prá xente que pase"
Publicar un comentario