Prensa e nacionalismo (Coloquio en Compostela, Consello da Cultura Galega)
Algunhas referencias na prensa:
"A lingua na encrucillada" (Galicia Hoxe e ECG)
Tamén hai unha columna en El País sobre a xornada de onte.
Do que puiden asistir, toda a mañá e media tarde, destacaría as intervencións dos ponentes cataláns e valencianos, por ofrecer algúns datos orixinais, e a do vasco, J. Larrañaga, por saber facer unha lectura en positivo da realidade nada doada do número de eusquera-falantes e o seu papel na prensa e en Internet (toda a prensa vasca está monopolizada, agás os medios en eusquera, por dous grupos de comunicación: Vocento e Grupo do Norte). Cos mesmos datos, un galego estaría laiándose e fustrigándose en clave victimista, como indiquei eu mesmo no coloquio.
Os cataláns comentaron a experiencia de "El Periódico de Cataluña" que edita dous diarios, idénticos, un en catalán e outro en castelán, cunha audiencia arredor dos trescentos mil exemplares, distribuídos en 45-55% cada edición. Víctor Freixanes cuestionou a identificación mecánica entre emprego da lingua galega e nacionalismo (é nacionalista a Radio e TVG, preguntábase?).
Houbo polémica tamén co profesor andaluz, que reivindicou Andalucía como nacionalidade histórica (Vilhar Trilho interveu no debate en contra desta tese) e sobre a relación entre as linguas e a territorialidade: dende o público, Camilo Nogueira defendeu con contundencia que (á marxe do fenómeno Internet), ambas cousas non podían separarse nunca. Unha lingua só pode ir adiante cun territorio de referencia e Estado propio ou cunha institución política que fixe o seu estatus (exemplo de Suíza).
Do resto, unha intervención desaforada e fóra de tono (nas formas) de Xosé Luís Barreiro Rivas, nunha liña totalmente liberal respecto dos medios, contestada polos valencianos e cataláns que reivindicaban a necesidade dun Consello Audiovisual, como o aprobado en Cataluña, e dun control e regulación das TVS privadas, que están a facer, díxose alí, "prevaricación" e poderían ser pechadas por non cumprir cos seus cometidos fundacionais.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
29 comentarios:
"A lingua está mellor que nunca"
O membro do Consello Nacional do BNG, Camilo Nogueira, presente entre o público, mostrouse crítico coa postura de que os medios de comunicación non empreguen o galego por razóns comerciais. "Non parece normal que o 0,8 por cento da prensa galega sexa en galego, iso non se pode atribuír a criterios comerciais". "Hoxe en día a lingua está mellor que nunca -engadiu- xa que a práctica totalidade da xente fala galego". Opinou que o problema está en que "Galicia non ten estado" e "nas elites". Confiou en que "se hai un apoio do goberno, os xornais importantes poden facer medios en galego" pero a eiva reside en que "os donos dos seus xornais non queren". Caetano Díaz coincidiu con Nogueira en sinalar que "ás nosas elites non lle importa a lingua" e tamén que "as empresas de comunicación están cómodas coa súa situación". Pola contra, Xavier Otero asegurou que "é máis unha cuestión económica que ideolóxica". Para o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela, "non é un problema de falta de vontade dos medios" senón que datos como que o 2,13% da xente lea a versión dixital do xornal en galego non son suficientes. O director de Faro de Vigo, Ceferino de Blas, xustificou a falta de galego nos xornais pola ausencia dunha "demanda real" e Xosé Luís Gómez engadiu que a existencia de moitas edicións non faría viable unha versión íntegra en galego.
Obsérvese na crónica completa de GALICIA HOXE como mesmo algúns directores (Faro) nin sequera se plantean o problema: prensa en galego? cando os xornais teñen problema de perda de lectores, iso non é importante, parece dicir.
Graciñas a "anónimo". Eu mesmo ía colgar a intervención de Camilo Nogueira.
A ver se alguén toma nota (no BNG, no PRISOE véxoo difícil) e se cumpre a lei de normalización lingüística. Por que subvencionar prensa en español se xa o español se defende soíño? Logo quéixanse de que os rapaces non len en galego. Bonitos lectores do futuro están facendo.
Triste é que teña que intervir un ex (tamén el)-político para cantar as verdades a estes personaxes do que está a pasar co galego nos medios de comunicación. Por certo, o Consello da Cultura que di a todo isto? Que din os benegueiros oficialistas?
Barreiro Rivas estase a gañar un posto de asesor de Touriño. Teno que asesorar no tema da pronuncia, porque Barreiro sabe falar de oídas. No de escribir non serve proque escribe moi ben no idioma que lle aprenderon no seminario. A non ser que se presente a un premio (deses que dan en Galicia "a patadas"). Daquela si: galego RAG-Ga-Ga fetén, pasado polos ollos dun bo bolseiro-corrector.
Me temo señor ex-concursante que fala de oidas.
Tería para rebatirlle un folio por cada palabra que pon.
Boa tarde, corto e colgo.
Ex-concursante: Concordo punto por punto , coma con coma con todo o que di.O da lingua nos medios de comunicación galegos,especialmente xornais, é vergoñento , boeno o Día das Letras Galegas sacan unha páxina en galego e con iso xa pensan que cumpriron .
Eu creo que conviría facer primeiro unha descripción da situación actual. Os principais grupos de comunicación en Galicia (non de capital maioritario en mans galegas necesariamente) son, se non erro, os seguintes:
1. La voz de Galicia. Con conexións por parte do semanal co grupo Vocento.
2. Faro de Vigo/La opinión de A Coruña. Prensa Ibérica, con conexións co grupo Godó a través do Magazine.
3. El correo gallego/El mundo. Conexións varias, imaxino, co universo Recoletos. Galiza hoxe. Qué (gratuito).
4. El progreso. Galiciae (que, por certo, emprega os dous idiomas ao chou, pero máis ben, dada a libertade de redacción, cara ao castelán). LV (gratuito).
5. La región.
6. El país. Prisa. 20 minutos
7. A nosa terra.
Hai algún outro que non citara? Sería interesante que profundizaramos neste panorama para dar con algunha clave.
E logo por que foi desaforada e fóra de ton a intervención de Barreiro Rivas (Xosé Luís)?
Empezando por Apicultor, eu nunca vira a Barreiro tan fóra de si. Non só machacou ó profesor da Univ. de Valencia, senón que o fixo a berros e apabullando. A outro compañeiro de mesa, galego, retrucoulle de forma ben brusca: é todo o contrario do que ti dis. Non sei as razóns desta "paixón", pero a min sorprendeume e non lle favorece nada a XLBR.
Ademais, a súa postura vén sendo que non hai nada que regular, que as empresas privadas son soberanas e que a TV hai que aguantala como nola prescriben: liberalismo ultra e neocon, por poñer etiquetas.
Se me le alguén presente no Encontro, que especifique máis ou dea o seu punto de vista.
A precisión de Arume é interesante. Engadir só que La Región, empresa familiar, ten tamén o Atlántico en Vigo. Que “De luns a venres” é un gratuíto en galego (disque arredor de 30 a 50 mil exemplares), do grupo Progreso (tamén falamos diso, no xantar, para ben). E faltan algúns medios máis como Diario de Pontevedra (do Progreso) e A Peneira.
A maioría dos xornais galegos naceron entre 1853 e 1917, na súa orixe como empresas familiares ou vinculadas a un grupo económico ou relixioso. Despois foron “evolucionando” cara grandes empresas, cada vez máis relacionadas con grupos de comunicación do Estado, como se apuntou. Supoño que debe ser moi difícil ou utópico sobrevivir como medio independente e familiar no contexto actual, pois o mesmo pasa (esa relación ou dependencia cos grandes grupos) en Euskadi e Cataluña.
Coido que seria interesante falar dises escritores que escribían en galego por motivos endexamais explicados pasaron a escreber en castelán... Non sería que dende riba lle apretaron os tornillos? Ou convenceronos de que non era comercial?
Falando do anterior remito a un intresante artigo ¨Fomos ficando sos¨:http://www.vieiros.com/opinions/opinion/262/fomos-ficando-sos
As subvencións que recibe a prensa por parte da administración proceden por diferentes canles:
sería moi oportuno que quen tivera eses datos os puxera sobre o debate. Subvencións e publicidade directa ou indirecta (obviamente os fondos de reptís non computan fácilmente, pero habelos hainos). En ningún caso, receo dependan da lingua empregada.
Esa é unha parte dos ingresos, pero non esquezamos que outros ingresos proceden de publicidade da empresa privada, pouco ou nada afeita á publicidade en galego. Por exemplo, aínda que poda parecer ridículo para moitos, os anuncios por palabras e esquelas en xornais como o Faro de Vigo xustifican boa parte dos seus ingresos: son máis de dez páxinas de publicidade (Vostedes viron algunha vez anuncios por palabras ou esquelas nun xornal electrónico?) Nada ou case nada en galego.
Arume acaba de tocar un tema crucial, porque se a publicidade é importante para financiar un xornal subvencionado e con prezo de venda ao público, é imprescindíbel para a supervivencia dun diario de distribución gratuita. E niso é no que está a fallar L-V, para o demais, do melloriño no seu ramo. Como non mellore a súa actividade comercial, ten os días contados.
De acordo que o uso da língua galega non implica nacionalismo.
E o NON USO da língua galega implica antinacionalismo, ou cando menos non-nacionalismo?
Outra cousa:
Voulles contar unha anécdota que me pasóu o outro día. Igual lles fai graza:
Un sobriño meu, grabóu có seu telemóvil refráns galegos moi "coñeros" ditos polo seu abó (meu pai), con moita retranca. Pásallos ós aparellos dos amigos, pra que os usen como "sonido de chamada", e rínse moito con eles, xa saben.
Se se enteran as empresas esas dos "politonos", incorpóranas ó seu "banco de sons".
Ou a algún de vostedes lles soa xa ó teléfono xa cunha frase simpática en galego?
"Pretendiche e non quixeches, eiche volver pretender; non hai lebre que non caia, se o can a sabe correr". Lembróuseme agora mesmo do "libro da caza" do que faléi o outro día.
Dame a impresión polo que contan os asistentes e por telo escoitado en outras ocasións, que o flamante profesor de ciencia política ainda non se decatou de que o neoliberalismo económico tende a extrangular o liberalmo político.
No fondo de todo este asunto está o feito de que o "consumidor de noticias" non está disposto a pagar pola información o precio que vale en realidade. En realidade non pretende comprar información senón "entreteñemento". E neste último "mercado" hai moita competencia, e máis barata. E digo "entreteñemento" por que o "consumidor de noticias" non estima en xeral que lle afecte realmente o que lée na prensa. Senón, claro que o pagaría bén, claro. E non se precisaría de financiación estatal nin da publicidade, coas correspondentes distorsios nos contidos.
Eiquí hai doutores en materia política que coñecen ben a diferencia entre liberalismo ou neoliberalismo e o movemento neocon. Estimo moito que alguén con máis preparación ca mín especificara a distinción. Porque eu creo que hai diferencias. E creo que notables, sobre todo en materia relixiosa.
En todo caso, no status quo actual ten toda a razón o amigo Barreiro. Ou cambiamos o estatus e entón os gobernos condicionan os media promovendo certas ideas, conceptos ou mesmo costumes (con todo o control democrático que un queira impoñer) ou aceptamos na súa totalidade a dinámica de mercado. O que non se pode é intervir cando a un lle gusta máis ou menos a situación, porque introduciriamos unha arbitrariedade (de raíz democrática probablemente) que faría peligrar (como así ocorre cos medios de titularidade pública, malia os intentos de regulalos) a propia imparcialidade da información. E creo que estamos máis próximos á libertade de mercado que ao concionamento dos medios de comunicación. Creo eu.
Acerta, para o meu entender, xohán da coba. Todo iso sábeno os que levan as edicións dixitais dos periódicos. O que o lector "medio" busca é despelote, despiporre e sucesos. Acórdanse da peluqueira detida en Cancún, que logo saiu sen o sostén nunha revista? Pois ben: algún que outro xornal galego dedicoulle a portada ao feliz despelote e os resultados non tardaron en chegar: eses días as vendas incrementáronse considerablemente.
Mesmo nun "medio" (?) de tan bo "roliño" coma Chuza pasan estas cousas. Os chuzeiros son unha comunidade "social" que colga noticias, noticias que logo son avaliadas e comentadas. A cousa funciona coma os bingos ou as partidas de chinchi moni, pero sen cartos. O premio é incrementar o "karma", é dicir, que che digan que es moi listo. É dicir, que sabes vender o teu produto, o que acontece cando as túas novas teñen moitos votos dos chuceiros e dos "lurkers". Se se fixan ben, as historias máis votadas e comentadas son sempre as do estilo de "hombre muerde perro".
Cousa curiosa o das "comunidades sociais". Coma as sociedades recreativas e culturais de outrora.
Barreiro Rivas, sempre dende a miña óptica, está defendendo a quén-o defendeu.
Despois da súa inhabilitación, só o grupo La Voz, lle deu amparo persoal, profesional e por dícilo así mediático, sén dúbida, por que sempre contou co grupo que encabezou Santiago Rei, dende o Goberno de Galicia, para a procura dun grupo potente de comunicación en Galicia, tipo Correo no Pais Vasco ou Godó en Catalunya. Daquela xurdirá a adhesión do Radio Voz a Ondacero, que desapareceu en canto voltou o PP, gañador en Madrid, a tomar contactos -quero que entendan entre liñas- cos medios galegos e sobor de todo a grande ascendencia que Fraga tiña sobor dos editores, e a pasión que puxera Sixto Seco no grupo Correo Gallego para a aparición do Galicia-Hoxe, o aparecer dende entón como o diario oficioso da Xunta de Fraga.
Cuíña tamén o tentou, a pesares de que contou ca axuda de Barreiro Rivas, pero nín siquera houbo primeiros contactos, xa que en Madrid non confiaban nel.
Fago este introito, por qué o argumento que se utilizaba naquel momento era a defensa do pais e do seu autogoberno, independientemente no idioma que se fixese.
Os grupos potentes maioritariamente Voz e Faro, foron premiados con grandes cantidades de publicidade institucional, e os de Lugo e Ourense, en menor medida, pola tirada, non presentaron batalla.
Houbo unha promesa dos grupos anteriormente citados de que se en prensa diaria se seguira con castelán en troques nas Televisións locais fora o galego o instrumental, pero chegou PRISA e afogou a saída.
No tocante os neocons, nos E.E.U.U. consideránse asimesmos como a parte máis dereitista do Partido Republicano, e están normalmente vinculados a empresas de sectores vitales -armas, petroleo, seguridade- ocupando na Administración Bush os lugares significativos de decisión, no xudicial, lexislativo e executivo ( Cia, incluída).
Hai quen pensa que xurdiron da necesidade que observou o Partido Republicano o ver a medianía política que era Bush, e que éste se deixaba aconsellar sin problema, e que era millor ter a un títere que a un Presidente con personalidade que dende o pai de Bush prometeron non apialo.
Maís que neoliberais son neoimperialistas, tendo algún propagandista de excepción como o ínclito Aznar.
Falando de nacionalismo... galego, por suposto.
Foi tanta a énfase publicitaria do BNG en que lograra cos seus votos no Congreso dos Deputados unha chea de competencias marabillosas para Galicia, que todo parecía Jauja.
O ouro e o mouro, polo visto. A publicidade chegou ao extremo de crerse o propio conto da leiteira.
Así, hoxe mesmo en LVG, Lourenzo Fdez. Prieto afirma todo ufano:
"¿Non se logrou acaso darlle a volta á frustrante e ameazadora posición de Rubalcaba sobre as reclamadas e acordadas transferencias de Tráfico?"
A resposta á pregunta... noutras páxinas do xornal. POIS NON, DE TRÁFICO NADA. Pregúntelle a Quintana, don Lourenzo, antes de escribir e ter que poñerse colorado.
Lograron outras cousas, e ninguén lle quita a súa importancia, pero o verdadeiramente transcendente, o que se dixo por activa e por pasiva, entre elas Tráfico ou Salvamento Marítimo, pois non, diso nada. Iso quedou adiado para un hipotético futuro.
En fin, que xa está ben de tanto autobombo e tanto conto de tratante de feira que quere vender unha becerra tísica.
Digan as cousas claras, tal como son, e non nos enganen se queren que os consideremos serios e que os votemos nas eleccións. Porque diso se trata, non?
Aínda vai ter que chover moito para ser, de verdade, "determinantes" en Madrid. Até ese momento, sexamos serios. Tampouco é pedir tanto, non si?
Paréceme excesivo que se tilde de "neoliberal" e ata de "neocon" a Barreiro Rivas por se opoñer a propostas de control dos medios de comunicación que a el deben semellarlle seguramente intervencionistas. Eu, en principio, teño moitas dúbidas sobre a bondade dos controis públicos, que corren o risco de acabar sendo controis políticos, nesta delicada materia.
Eu son favorable á autorregulación. E como sei que esta non se leva a cabo, son quizais partidario de que na lexislación ordinaria se establezan sancións para determinadas condutas: inxurias, calumnias, incitación á violencia, apoloxía do terrorismo, etc. Ou sexa, o que xa hai e un pouquiño máis, sobre todo no que atinxe á protección da infancia, do honor e da propia imaxe. Agora, sancionar a un medio porque use unha lingua e non outra, en función dos obxectivos de política lingüística deste ou daquel goberno paréceme unha pasada.
Un coloquio como o que se celebra estes días no CCG podería ser unha boa ocasión para plantexar o problema da lingua sen as falsidades, os autoengaños e os exercicios de boa conciencia tan habituais neste tipo de encontros. Eu suxírolle ao señor Valcárcel que, se ten tempo e lle apetece, colgue aquí o artigo que publicou onte ou antonte en "El Correo Gallego" Carlos Luis Rodríguez en torno a esta cuestión. Este señor é dos poucos que se atreven a dicir que o rei está espido. Talvez por iso nos caia tan mal. Pero non sobra lelo de vez en cando.
Pero, amigo Leituga 1 (por certo, xa me deron recordos seus na de Gami), polo que di a crónica e comenta o anfitrión, non houbo tantas falsidades, porque os dous xornais máis importantes de Galicia en número de lectores declararon abertamente que ían seguir publicando en español case en exclusiva porque así o demandaba o mercado. Eso entendín: tal vez os autoengaños ou os exercicios de mala conciencia virían doutros lados.
De todas formas, tamén habería que preguntarse por que hai tantos movementos na prensa dixital en galego nestes últimos tempos? Hai colocacións estratéxicas? Hai achegamento ás moquetas de san caetano? O certo é que semella que, por exemplo, El correo gallego xoga esa baza desde hai tempo con Galiza Hoxe e coa contratación/convite de plumas (a priori) afíns ao novo goberno, aínda que despois lles podan saír un pouco rebeldes de máis. Segue o vello consello da nai de Lázaro de Tormes: "hay que arrimarse a los buenos".
A prensa dixital... qué quere que lle diga. Algúns deses "medidores" (non sei o nome técnico) internacionais de audiencias de páxinas electrónicas non lle dan a Vieiros máis de 2.000 entradas. E supoño que é o medio máis veterano e consolidado.
Por certo, Arume: estiven hoxe outra vez en Gami (comprando a "Historia de Europa" dirixida por Miguel Artola) e dixéronme que, en efecto, pasara vostede por alí. Dixéronme tamén, para a miña sorpresa, que xa sabía quen era eu, que me tiña identificado. Non sei se non haberá demasiadas murmuracións á sombra destes parrais solaineiros.
Eles, sen embargo, sabían a quen dar recado seu: vostede logo tamén sabe quen son eu. Logo ten razón: haiche moita solaina indiscreta, sen pernas quebradas nin Grace Kellys que levar ao lombo.
E sobre a prensa dixital, o problema non é a audiencia actual senón a posición no mercado por se sae algo de máis tronío. Estar colocado polo que poida cair. Son, en todo caso, suposicións miñas, na espera de fontes mellor informadas.
Os argumentos para a renitencia a usar galego nos medios soan un tanto a subterfuxio. Por exemplo, se a web de La Voz se cargase por defecto en galego, veriamos se o 2'13 por cento se mantiña. Pero a min xa me aburre discutir con eles; igualmente se mo presentan como feito consumadamente esmagador.
Tentar seguilos convencendo é empeño necesario. Ora ben, hai tempo que o fundamental da enerxía se debe canalizar doutra maneira; iso, polo menos, é o que fago eu.
Desculpem que entre, parece-me muito interesante tudo o que lin nistes comentarios, e a verdade nao tenho nada que aportar a sua experiencia e sabiduría. Parabens. Além disso quero defender a Barreiro Rivas, pode presentarse como liberal ou neocon , ojala foram asi istes tales, eu creio que o que ele defende e que cousas como o idioma e a nosa cultura devemo-la ganhar na libre competencia, non que nos venha regalado dende acima. Eu acho que ele e pragmático e unha olhada diferente, ca qual concorda, mas ei de engadir que isso nao quer dizer que nao queiramos ajuda e que os arbores pequenos precisan de mais augas que os grandes e asentados na terra. Creio que merece muito respeito, e para min e importante recordar quem fis as primeiras leis da RTVG sobre o ensino etc. nuns tempos e con uns amigos nos que nao era facil ni simples fazer o que fis. Repito os seus comentarios sao muito interessantes.
Publicar un comentario