en poleiro alleo
Unha proposta aperturista (Afonso Monxardín en Galicia Hoxe, 8 xaneiro)
Sobre a cultura portuguesa no ensino
Do vicio á apocalipse (Xosé M. Sarille en ECG 8 xaneiro). Da familia e do integrismo católico.
Os ríos das nosas infancias (Alfredo Conde, ECG 8 xaneiro)
Anxo, 2008 (M.A. Fernán Vello, GH 8 xaneiro)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
22 comentarios:
Catro artigos interesantes, no meu humilde entender.
Se mo permiten, chamo a atención sobre o de MONXARDÍN e esa posible Introducción á cultura portuguesa, que podería ser viable e moi útil.
O mesmo co de SARILLE que pon o dedo na chaga da imaxe de familia (dos anos 40, cara atrás) que teñen, en versión idealizada, algúns integristas católicos.
Desde logo, a introdución na lingua portuguesa debería ser, no seu caso, desde a cultura e non desde a gramática. Monxardín non concreta, porén, o contexto: dado que ao conxunto de ensinanzas introdutorias mesmo se lles dá nome, ¿están a considerar a existencia dunha nova optativa? ¿Un conxunto de ensinanzas dispensadas en horario extraescolar? ¿Ou sempre desde e no horario lectivo de Lingua Galega e Literatura?
Eu considero que a aprendizaxe do portugués debería ser, no ensino medio, universal e obrigatoria. Os beneficios, sen dúbida, derivados xustificarían que o currículo global galego tivese tal especificidade á que lle habería que dar xeito, precisamente, curricular. Oxalá a actual Consellaría de Educación, a Xunta no seu conxunto, se aviñese cando menos a explorar tal posibilidade.
Onde non, habería que definir un espazo curricular e un corpo de materia. Insisto: se a Consellaría de Educación, e a Xunta toda, considera tal cousa como boa e conveniente, podería iniciar un proceso no que Monxardín debería, sen dúbida, participar; e máis habería, indubidablemente, dispostos a facelo.
Creo que Julio Medela podería recomendarnos algún libro sobre a "espiritualidade portuguesa".
Estimado sr. XDC:
Fóra dos clásicos (Pessoa, Teixeira de Pascoães, e outros) que estudaron en profundidade iso que se deu en chamar “alma portuguesa”, recomendo un libriño relativamente recente, extraordinariamente acertado, que me fixo entrar en crise persoal de valores e perfectamente acaído para explicar en pormenor o comportamento psico – social, tanto dos portugueses como dos galegos, sobre todo os do interior do país.
“Portugal hoxe: O medo de existir”
(José Gil – 2004)
Cumprimentos.-
E eu que crin que non existía a alma (ou ialma) e agora vai e resulta que é portuguesa.
jajajajajajajajajajajajajajaja
Sr. Arume dos Piñeiros, sabe vostede o que dicía unha señora moi velliña en Lobeira????
Se me din que 'Dios' e portugués, eu non quero ir ao ceo...
jajajajaj
SAben que, en Fátíma,Portugal, hai un museo de cera no que se arrepresentan tódolos episodios relacionados coa historia da aparición da Virxe,etc.Está bastante oscuro polos pasillos, pra que se vexan mellor as figuras nas vitrinas. O caso é que a primeira vez que o visitéi penséi que era un museo de cera "normal", non relixioso. Entréi bromeando cos meus acompañantes , ouleando coma o home-lobo, gruñindo coma o "coco", rindo estridentemente coma unha momia ,lembrando o Museo de Cera de Madrid, onde aparecen todos eses persoaxes do terror. Un garda de seguridade estivo a piques de votarme fora con malos modos e moitos portugueses presentes, tan relixiosos eles, insultáronme fortemente. A duras penas logréi convencelos de que non penséi que fora un lugar relixioso.
Debeu explicarlles que vostede era Da Cova, da Cova de Iria. Pero entendo, con tanto fan polo medio que é difícil concentrarse para o "chistecillo" baratro.
O Sarillo sempre foi un "desapegado" da familia. Tendoo en conta non me extrañan tales reflexións. É máis, agardo velo en breve para decirlle dúas "verdades".
PD 1.- Como é a miña primeira intervención no blogg, aproveito para saudar a todos... especialmente ao seu creador. ¡Cánto tempo!
PD2.- Como de familia vai o asunto... tamén aproveito para saúdar a algún parente que por aquí para.
Benvido nesta súa primeira visita e un saúdo moi cordial, Ovidio.
Se é o O. que eu penso, aquí se lle citou algunha vez, para ben, e lembrando vellos tempos do nacionalismo lugués. Esta é tamén a súa casa.
Correspondo cos saúdos, e amais unha aperta, Ovidio.
Un saúdo e unha cordial benvida a Ovidio, a quen coñecín aló polo tempos xurásicos.
Aquí ten bos contertulios de fútbol que lle han dar bo pé: o Arume dos Piñeiros e o Leituga 1.
Pero rógolles encarecidamente que só falen diso os luns.
Sr Lobeira: Non estou moi dacordo con vostede sobre o libro de Jose Gil, O Portugal de Hoje. Conceptos e ideas, como os de, nâo inscriçâo, consciencias que viven nun nevoeiro,que a vida portuguesa nâo comporta verdeira tragedia ou que non hai espazo público substituído polos media,entre outras, explican pouca cousa do Portugal de hoxe, (ao meu xuicio). Gorentaba mais do irmán, Fernado Gil, falecido hai un ano, cunha carreira moi semellante e de quen lembro o seu libro Impasses (con Paulo Tunhas)que lin con lecer e non pouco abraio. Moi "francés" na miña opinión.
Ega
Manda pastilla. Ten que un vir ás Uvas mesmo para saber que segundo quen ten un blog, aínda que sexa sen estrear. Heiche dar eu a ti.
Muito obrigado, caro senhor anônimo.
Gustoume moito o libro, porque, fóra de non coñecer eu a realidade portuguesa, si que vin nel reflectidos os hábitos psico - sociais do interior do meu país, no que nada acontece, nada se inscribe.
E o agradecemento é duplo, porque non tiña constancia da existencia do libro "Impasses", que será a miña próxima compra; seguro que si vostede gustou del, é realmente interesante.
Espero que algún día o comentemos aquí.
Cumprimentos.-
Que o señor Anónimo de hai un par de posts asine "Ega" -inesquecible personaxe de "Os Maias"- e que se estea a falar da "alma portuguesa" lémbrame inevitablemente ao gran Eça de Queiroz, cuxa lectura desaconsellaba Risco á mocidade nacionalista galega polo seu pouco patriótico escepticismo e polos seus conseguintes efectos "desmoralizadores".
Porén, Eça segue a ser unha lectura moi recomendable para penetrar non sei se na "alma" pero si nuns modos de pensar, de facer e de vivir que seguen -creo- bastante presentes no Portugal de hoxe. Eça, ademais, a través das súas diferentes etapas, ofrécenos visións moi distintas de Portugal: desde a máis sarcástica (O crime do padre Amaro, O primo Bazilio, Os Maias) ata a máis teluricamente entregada (A cidade e as serras). Portugal está en Eça, amigo Medela. Non busque máis.
(Aínda que tamén pode botarlle unha ollada a Camilo Castelo Branco)
Benvido Ovidio: Blogueiri te salutam. Es ti o celebérrimo Ovidio que adicou os seus poemas "Amores" a Corina (ex alcadesa viguesa)?
O de Corina foi Dylan, aínda que era canción tradicional:
Corinna, Corinna
Corinna, Corinna, desta vez
PRECIOSA CANCIÓN, Arume. Alegroume vostede o que queda de mañá e boa parte da tarde. Graciñas.
Ui, o Eça... un dos maiores novelistas do Realismo, se cadra, pero non sei eu se prototipo ou intérprete de portuguesidade. No tempo actual, recomendo o Rui Veloso; de paso, coñécese un grande músico e o seu eficaz letrista, Carlos Tê.
Exacto, sr. González: Non existen prototipos de portuguesidade. Salazar (o seu ministerio de cultura) intentouno co concurso "A aldeia máis portuguesa de Portugal" e gañaron as dez finalistas.
E un português de Ponte da Barca e un galego de Celanova partillan todo. E un português do distrito de Coimbra partilla RH cun vasco étnico, cun italiano da antiga Etruria, cun cretense, cun bereber.
E un lisboeta e un coruñés non partillan, creo firmemente, nada.
Cumprimentos, cabaleiro.-
Publicar un comentario