7 ene 2008

PROTECCIÓN OU IMPUNIDADE? (de Xosé Manuel González)

Poucas cousas haberá máis tristes, de humillación e ofensa á vista, ca un neno ou incluso adolescente vexado e maltratado. Tendo en conta a súa condición, en principio vulnerable, o que lexislativa, xudicial, policialmente se faga para coutar esa lacra está plenamente xustificado, é necesidade indiscutible.

Como, ademais, para o caso estamos saíndo dunha filosofía e práctica social permisiva do que os pais e adultos tivesen a ben -ou mal- facer con eles, coutada se acaso pola letra bíblica que encomenda non exasperalos, terlles amor e prodigarlles coidado, a nova perspectiva que os establece legalmente como suxeitos de dereito necesita o contraste social e corrección que o tempo dá. Ora ben, polo medio, e se non se apura a medida correctora, veñen enfermidades que cuestionan a eficacia e dosificación do remedio.

Ao caso. É cinco de xaneiro, en Lugo, e camiño das oito do serán centos de persoas agardan ante o pazo do concello para a visita aos Reis Magos. No cimo do Cantón dos Frades, ángulo esquerdo da Casa Consistorial, a multitude ateiga o espazo entre os edificios de atrás e maila barreira que organiza a policía; o paso queda interrompido, nenos e maiores abondo fan con manterse nas condicións que permiten respirar e moverse un pouco. Os transeúntes que chegaban de arriba e abaixo optan por dar volta; non todos. Un grupo de rapaces (ou nenos) presionan, procurando quen sabe o que; o de diante ha ter nove ou dez anos, os de atrás -máis maiores- levan un sorriso medio oculto, posiblemente do tipo cínico. Un pai, co seu fillo de seis anos, está no punto que recibe a presión, resístea e, non cesando aquela, di: “Por aquí non pasades”. O neno-vértice ponse a berrar que empuxan de atrás, dille ao adulto que non o toque, con cara e actitude agresiva semellante á dun matón televisivo; magoa advertir un pequeno ameazador rodeado de adultos calados: diríase que intimida.

O pai, aparentemente, decide que abonda e afasta para atrás o vociferante; xorde daquela un dos da retagarda (“¡no toques a mi hermano!”), trece anos ou así, máis alto có adulto, e o grupo case completo fai ademán agresivo; outro pai, coñece ao primeiro implicado, volve por el; xorde aínda outro vociferante, maior de idade; vanse retirando, con expresión idéntica ou semellante a “¡Soy hijo de...!” e “¡Me quedo con tu cara!”. Entremedias, algunha xente maior e alarmada xa ten marchado, unha nai nova increpa ao primeiro dos pais, que saíu decidido a expulsar os rapazolos; ela mira polo seu case bebé, que ten ao lado.

Non remata a cousa aquí. O grupiño vai na procura da policía local e fai que tomen declaración e carné dos dous adultos, anunciando, ademais, denuncia na comisaría. Marchan sen aparente punición nin admonición; dos adultos que rodeaban aos dous pais implicados, só un colaborara na expulsión; canto aos outros, algún apoia de voz, pero non quere “meterse nun lío”, un xa os entendía por motivo e precedente lexislativo-xudicial, á vista do acontecido aínda os entende máis.

Explico que, no momento álxido, a policía non estaba e dificilmente podía estar; que a súa actitude non foi censurable, entendo que ao contrario; que non hai, ao final, noticia de denuncia. Reitero que catro mocetes actuaron con prepotencia entre adultos aparentemente impotentes; que foron expulsados, pero puideron denunciar e posiblemente marchar afoutos. E que eu, por se acaso, eludo nomear os homes que implicitamente decidiron: “xa lle chega”. Gustaríame ler moitas opinións, de moitos, ao respecto. Porque un pode tratar con certa soltura os temas cando principalmente os contempla; cando se encontra presenciando o turbillón, ou no seu vórtice, cámbialle a perspectiva.

42 comentarios:

Anónimo dijo...

Real como a vida mesma: a tiranía da nenez e da adolescencia (dalgúns nenos e adolescentes, para sermos exactos) como consecuencia da demisión do labor de pais e da hipocresía das autoridades burocráticas.

Quéroo aquí e agora! Pais maltratados, compañeiros acosados, matonismo infanto-xuvenil.

Caso real. O neno de once anos que suspende sete asignaturas e os pais que ameazan con que este ano non hai regalos. Resultado: o neno recibe de agasallo un Mp4 e unha Wii de Nintendo.

Caso real. O neno abandonado, preterido, os pais máis pendentes da fachenda, do coche e da diversión da fin de semana. O neno só toda a semana coa única compaña da TV, na que ve todos os programas que lle dá a gana, mentres os pais van ao seu.

Caso real. Pais energúmenos que crían fillos energúmenos, transmítenlle día a día os seus non-valores, o matonismo, a chulería, o desprezo ao estudo e o abuso cara os demais. Aos doce anos xa saen até as tantas da madrugada. Cando cumpre dezasete, os pais reciben unha chamada do hospital: o fillo, xunto cuns amigos, acaba de morrer esnafrado nun barranco. Os pais agora choran.

Caso real. O profesor de educación física é interceptado por un pai que, sen mediar palabra, pónse a mallar nel até deixalo maltreito. Fíxolle caso a súa filla, unha auténtica lurpia, e as súas mentiras sobre o docente. As autoridades educativas lávanse as mans, e o profesor, despois de tres meses de baixa médica, vese obrigado a cambiar de centro. A filla e o besta do pai, de rositas.

Etcétera, etcétera.

Anónimo dijo...

Gustóume todo o artigo. Pero o que máis, o título. Da pra pensar.

Anónimo dijo...

Extraordinario artigo: Cinéma-vérité en estado quimicamente puro. Os casos que refire o sr. Apicultor, idem.
E moitas veces non damos importancia ás estatísticas que amosan o país (sobre todo o interior) como un páramo desindustrializado, despoboado, ermo. E eses datos non son meramente anecdóticos, pois inciden e reflicten reciprocamente na realidade, mostrando o que realmente somos, unha sociedade periférica e de pobreza, que resulta nuns hábitos psicosociais propios deste tipo de civilizacións; o máis importante: Valorizamos, sopesamos, COÑECEMOS o “moderno”, mais non interpretamos as súas instrucións de uso co xeito ou destreza adecuados.

*Caso real: Emigrantes en Suíza, retornados. Trinta anos a traballar de estrela a estrela. Constrúen magnífica casa no profundo rural. Fan a vida nunha casopa de pretensados, cociñando a res de chan, pote, gramalleira, etc. O fogón vitrocerámico, carísimo, leva dez anos aínda cos plásticos protectores sen tirar. O día da pedida de man da filla, o súper – fogón non funciona. O día a seguir, o dono da casa é ingresado vía urxencias cun terríbel ataque de ansiedade revestido de infarto.

*Caso real: Finais dos setenta; é inaugurado grupo escolar nun afastado concello da raia. A metade dos pais, os pertencentes ás camadas máis populares, néganse sen razón aparente a que os fillos almorcen no comedor, preferindo pagar a un bar para evitaren o que para eles é unha humillación “O meu fillo mantéñoo eu” (SIC).

*Caso real: Cidadán dun concello da raia, nacido en 1955. Pastor desde os cinco anos, emigra para Francia en 1971, ilegal. É abandonado polo pasador en Iparralde. Vai (literalmente) a pé ata Normandía, onde encontra traballo nunha cerámica. Regresa, anos despois, con algo de diñeiro. Casa, ten un fillo. Cando comenta, en público, que el atravesou a pé toda Francia, o fillo, fardado nun espléndido chándal NIKE, responde cheo de razón e en perfecto castrapo:
Y luego eras gelipollas o qué?

Estas situacións, e as que describiron os señores González e Apicultor, coñecidas de todos, aínda parecen máis crudas en Galiza. A verdade é que nunca tivemos no país a oportunidade de ir madurando in situ, e agora tal vez nos comportemos como novos ricos e nos pareza moi elegante que os fillos sexan señoritos, esquecendo a nosa triste infancia de severo traballo e pobreza. E queremos ser ecoloxistas consumados, sen termos coñecido a revolución industrial…

Señores, cumprimentos.-

Xaime dijo...

Xa verán como este sí que un caso real.
Os meus fillos tendo 10 e 8 anos ían xogar o parque Rosalía de Castro, que estaba o carón da casa, e normalmente ía ben súa nai ou eu con eles.
Fixeron pandilla e tódolos sábados e domingos saían a xogar.
O maior, Xaime, díxome que había unhos mozos de 14 ou 15 anos que querían xogar con eles o fútbol, pero que en canto viron que o que querían era mancalos, decidiron que non xogaban. Ese día non pasou nada.
A semán siguiente, tamén aparecen os maiores e non lles deixan xogar, e quitanlles o balón, e ó pequeno meu, Uxio, peganlle cando intenta collerllela bola e o maior cando intenta defender a seu irmán. Avísanme polo telefonillo da casa que lles están pegando os cativos.
Baixo e a escea que vexo, é Uxio vomitando e Xaime chorando e unha panda de quinceañeiros a unhos 20 metros ríndose.
Chamoós e fanme unhos cantos cortes de manga, e un deles díme en voz alta que sabe onde vivo " me voy a follar a tu mujer y a tí te voy a rajar".
Fago ademán de ir a por eles, e escapan. Como domino o rueiro, sei por onde van a parar, e un pouco de presa, colloós por sorpresa e o que era unha cuarta máis grande que eu, dígolle que era o que dicía antes. Ante a sorpresa que levou, pregúntolle quen fora o que pegara os meus fillos, e espetame " Yo, que pasa, y a tí te voy a matar".
Recoñezo que estaba rabioso, fodido e debería, como adulto, ser máis reflexivo, pero non, aínda non acabara de dicirme o anterior e diante de mín, dinlle unha hostia que lle rompin o nariz.
A outro que tentou defendelo baixeille outra ben dada, e os outros escaparon.
Fun dereitiño a Policia Local por en coñecemento da autoridade o que pasara, e o titular da prensa foi: " Conocido Abogado lucense agrede a dos menores en el parque".
Houbo un xuizo, os pais "dos menores", reclamaron unha cantidade millonaria e todo se solucionou cunha sentencia condenatoria na que lles abonei a un 500.000 pesetas e a outro 200.000, que tamén se encargaron de que saira na prensa con medianos titulares.
Meses máis tarde, arreille o pai de un deles que estaba cheo e meteuse conmigo e ca milla muller namentras estabamos de viños.
Aínda hoxe cando me cruzo cos chavales que hoxe terán máis de 20 anos, baixan a cabeza.
Na miña vida lle peguei a ninguén e nunca lles toquei os meus fillos. Xulgen vostedes, non sin antes manifestar que estou arrepentido do que fixen.

Anónimo dijo...

Se eu fora o pai deles índa lle pagaba algo eu a vostede polo cursillo acelerado que lles deu. Eu, que me coñezo, sei que faría o mesmo, chegado o caso. Téñoo intentado en dúas ou tres ocasiós recentemente, pero correron máis ca mín.

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor: agora vai haber unha nova canle da tvg. Esto xa vai ser o totum revolutum. E prepárese, amigo Xaime: que dentro do polbo conxelado (ese que vai ao san Froilán) ven a cocaína. Esto vai de mal en peor: a culpa todo do bipartito.
Menos mal que o Coruña vai acompañar ao Celta para celebrarmos derbis como os de antes de antes.

Anónimo dijo...

Non é politicamente correcto dicilo, pero a min súdama.

Amigo Xaime: os meus parabéns e a miña admiración.

Xaime dijo...

Arume, co precio que ten o polbo, eu creo que aproveitaron a coca pra meter polbo de matute.
E en canto ó Depor, estiven onte en Riazor e dame polo que albisquei que esto non para nin en segunda.

Xaime dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Xaime dijo...

E que cando falamos de polbo, poñome nervoso

Anónimo dijo...

É interesante a idea de XM Glz de que tódalas leis precisan do contraste e da correspondente corrección que dan os seus resultados no tempo. Un exemplo é o conceito de "maioría de edade", establecido de xeito arbitrario e a indiscrimanadamente a tódolos nos 18 anos. A madurez biolóxica e o pleno coñecemento do significado de "me voy a follar a tu mujer" dase bastante antes. Penso que "a maioría de edade" precisa de definición maís seria que a puramente cronolóxica, que non deixa de ser meramente física. Anque haxa que tocar a Carta Magna.

Anónimo dijo...

Que trapalleiro.Tiña que decir "...indiscriminadamente e a todolos efeitos ós 18 anos".

Anónimo dijo...

Faría falta unha definición "por tramos" da maioría de edade, de xeito que as diferentes responsabilidades e dereitos tiveran máis senso "social" e menos senso "matemático" (x=18).

Anónimo dijo...

Apazugado o estado de ánimo, superado o disgusto -fixeron falta máis de vinte e catro horas-, leo os seus comentarios e coñezo a anécdota (un falar) do Xaime: primeira noticia; hai quen antonte tivo sorte de que non se lle fose a man cara a zona sangrable.

Verán, eu penso que o caso que refiro denota como mínimo problema de dous tipos: un educativo e outro cívico; políticos ambos.

Notoriamente, os críos en cuestión teñen un notorio déficit de educación; seguramente, a responsabilidade radica en diversos lugares, aquí xa se aludiu dabondo a algún, un en particular, dos eminentes.

Parte do problema educativo consiste na súa -diríase que obvia- sensación de impunidade; acentuada porque os adultos deixan facer ante os seus berros e insurxencia: eis o problema cívico.

Tradicionalmente, os adultos como corpo adoitaban ter sentido de tutela con respecto a nenos e rapaces; hai trinta e cinco anos, a situación referida sería imposible: de por si xa os rapaces terían outro miramento, pero en todo caso os adultos presentes poñerían rapidamente as cousas no seu sitio.

Se non o fan arestora, as razóns son ben claras; teñan en conta o contexto: mesmo era imposible deixarlles paso aos rapazolos; estaban rodeados de adultos, moitos deles -iso si- mulleres e case todos levando nenos. É unha lexislación que de base favorece unha parte, diríase que a aplicación segue tamén tal criterio e todo é perfectamente coñecido polos que sempre reclaman dereitos sen recoñecer deberes.

Non houbo denuncia, que eu saiba e de momento. Pero miren: os mozos non pasaron de agresores verbais porque a seguinte fase quedou cortada en seco. En todo caso, obrigaron a unha intervención policial, puideron ver como eran demandados carnés e tomada nota: puideron marchar para a casa, ou onde fose, sen aprender nada: agás, se cadra, que na multitude de amedrentados ou prudentes pode xurdir quen reaccione; pode.

Cos nosos pais iamos aprendidos doutra maneira; non son de louvar todos os métodos, pero había unha certa estabilidade con salvagarda do prestixio e papel dos lóxicos tutelantes.

Se o adulto non ten a sensación de que as institucións, actualmente, garantan iso, ¿non temos un problema serio?; ¿non había que empezar a esixir solucións?; ¿teñen noticia de que alguén estea facendo algo?

En todo caso: antonte, ¿que sería mellor? Asegúrolles que non había sitio ningún por onde meterse; de habelo, ¿habería que permitir que abusasen tales abusadores? Non supoñería coacción indebida por temor da lei e os seus aplicadores?

Cara a onde leva tal situación que non se atalla? A onde leva os adolescentes? E aos adultos?

Anónimo dijo...

Pois, hoxe por hoxe, o asunto non ten visos de solución.

Daquela, a quen deus lla dea, que San Pedro lla bendiga. Lamentablemente.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu nunca pasei persoalmente por semellantes trances e, se algún contemplei de lonxe foi sempre de carácter leve e excepcional e nunca o elevei a categoría universal. Coñezo, eso si, casos de respetadas vellas e respetados vellos que tentan colarse no super ou na pescadería, con malos modos incluidos. Ou de xente da miña idade (ou arredores), uns auténticos hooligans, que mesmo se comportan violentamente, en lugares insospeitados para a bronca ou o abuso de poder físico. Eu non creo que sexa privativo deste sector xuvenil, aínda que poda chamar a atención porque antes non eran protagonistas do centro da vida cotián como agora.
Engadamos, item máis, o "xubilado iracundo", como decía o outro día Javier Marías, que tamén pode formar parte deste panorama. Eu, xaora, non vexo, en todo caso, tanto motivo para a alarma. Pero é so un xuízo moi persoal. E para ser un pouco políticamente incorrecto.

Anónimo dijo...

Ao meu ver, o politicamente correcto é dicir que non hai problema onde hai un problema.

É un xuízo moi persoal, xaora.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Problema hai, pero da magnitude que amosan vostedes non estou tan seguro. E o que vostedes afirman, non sen parte obviamente de razón, e con tal énfasis e vehemencia é a opinión máis que maioritaria e, en certo sentido, a correcta.

Anónimo dijo...

Non é doado medir a magnitude dun problema, e menos de tipo cívico-educativo.

Ora, habelo haino. E que haxa outros problemas semellantes non se dilúe o problema inicial.

Seguramente, eses xubilados ou esa xente da súa idade, na que con razón recoñece modos violentos, sexan, a súa vez, os avós, os pais ou os parentes dos adolescentes que comentamos.

Á final, todo cadra...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non crea. Esa forma de violencia soterrada do que o ten todo, pero non precisa facerse valer porque el é o poder ou pensa que a finca sempre foi súa tamén funciona. A mín esa violencia matonil de adolescentes inmaduros me preocupa, pero tanto coma o do propietario dun Touareg, con carreira e formación académica, que monta na acera diante de Casa Lupita para tomarse uns viños. Este sairá cun sorriso nos labios cando chegue a policía, pero se o guardia en cuestión amosa a autoridade enseguida saca ese talante amalibia que a xente parece levar dentro desde Atapuerca.

Anónimo dijo...

Pois eu creo que ese propietario do Touareg, con carreira e formación académica, é un mal tipo, un mal pai e un matón. E que foi, precisamente, un dos seus fillos quen estivo na lea de Saavedra. Foi o que lle dixo: "Eu son fillo de...".

Estes casos non acontecen só entre xente de precarias condicións, senón tamén -e ás veces máis- entre xentes pudientes que apodrecen os seus fillos con consentimentos e mamarrachadas de toda caste, dándolles a entender que eles teñen licenza para todo e que todo lles está permitido. Igual que os seus pais.

Ser un chulo cabrón é algo transversal ás condicións socio-económicas.

Anónimo dijo...

Vostedes coñecen a "pedra da serpe", ese famoso petroglifo en Campo Lameiro. Moi pertiño hai un área recreativa, e un pequeno lago.
Fai unhos poucos anos, estaba eu visitando o lugar. Había xente merendando, nenos xogando, etc. Chegóu unha pandilla de adolescentes nunhas motos. Puxéronse a derrapar, facer "caballitos" , acelerar ruidosamente o motor o límite de revoluciós, etc. Todo eso entre as familias que estaban merendando cós mantéis extendidos no chan. Ningún dos adultos presentes se atrevía a decirlles nada. Naquelo, un deles arrimóu a moto ó lago. Desmontóu e, tendo conta dela, apoióu lixeiramente a roda de atrás na superficie da auga.Aceleróu e a roda escomenzóu a votar auga fora coma se fora un "géiser",provocando que certas persoas tuveran que apartarse.Todo entre risas bravuconas e o ruido infernal das motos.
Eu levaba xa un rato observando desde a "pedra da serpe". O que salpicaba auga parecía o "líder" do grupo, i estábame estragando unha tarde apacible. A miña dona notóu nos meus ollos un brillo especial que xa coñece, e díxome: non te metas. Pero eu acerquéime, pouco a pouco e cós beizos apretados . Mirándoo ós ollos, díxenlle, tan baixiño que só me oíu él: "Por qué non te metes o tubo de escape polo cú?. Está quente e móvese. A ver se che da gusto" Él, miróume molesto. Eu, agoantéille a mirada hasta que a apartóu. Déulle un derradeiro acelerón á moto, chamóu polos outros que o miraban sen saber o que pasaba e marcharon.
O que dí o XM Glz. Pra próxima vez sabe que pode haber algún adulto que lle pare os pés. I eu quedéime coa conciencia tranquila de facer o que debía. Si non nas formas, polo menos sí no fondo.

Anónimo dijo...

E con xente adulta coma a que dí Arume, que tamén a hai, tamén teño tido os meus máis e menos. Pero a ese xa os hai que dar por casos perdidos desde o punto de vista educativo. O único que hai que tratar é buscar o xeito de fodelos na mesma mesura en que te foden, sen pretender "rehabilitaciós".

hormiga dijo...

Pois como xa todos comentaron a actitude dos menores e as causas e outros casos do mesmo estilo, so quero dicir que a min o que máis noxo me da é a xente que cala e consente e que non quer intervir nunca. Verdadeiras nauseas me dan.

Anónimo dijo...

O do politicamente incorrecto non é fenómeno unívoco ou monoedro (desculpen o barbarismo, acáeme agora). Depende por exemplo, do contexto: na universidade, vg., pode ser incorrectísimo meterse cos mozos ou non consentir o exceso no nome da alegría; tamén depende do contexto: se o asunto sometido a xuízo vén de pura observación ou experiencia fáctica e pática (renovo a desculpa).

Por exemplo: quen leva un número indeterminado de semanas erguendo atender o timbre de madrugada -sempre en xoves, día de saída xuvenil-, se enfada por el e os fillos e acaba baixando enfrontar o gamberro que lle cadrou, pode ser politicamente incorrecto. A quen lle cadra diante da casa o último local en pechar da cidade, con licenza de cafetaría e sen insonorizar, pero que pon música alta e cuxos clientes falan alto na rúa, cospen no adro pechado da capela que está diante e fan simulacro de darse polo cu -desculpen, agora, os meus malos modos- ás nove ou dez da mañá os domingos, diante obviamente da señora maior que vai á misa... se lle parece mal e avisa noites sucesivas a garda municipal; secundando así o veciño de sobre o mencionado local, oitenta e pico anos, que obviamente é molestado no seu sono, seguramente para algúns é politicamente incorrecto. Desde logo, éo para a nai dun dos propietarios, casualmente compañeira laboral da muller do querelante, segundo a cal o seu fillo só quere ter "un negocio como os demais".

Para os clientes devanditos, e xulgando polos extremos observados no seu día, posiblemente sería politicamente incorrecto que o polo visto único local de Lugo onde se podía facer tal cousa acabase pechando; e sendo substituído por un Café-Bar-Tapería rexido por rapaces perfectamente amables e legalmente instalados.

Anónimo dijo...

Descúlpeseme o longo excursus. Agora digo: non parece que unha maioría demográfica dos mozos actúe desde a mala educación, prepotencia, abuso e aproveitamento dun posiblee baleiro legal ou xudicial escasa peneira. Sexa iso posto por diante.

Ora ben: que o fenómeno existe, que en certos días e momentos se volve premente; que o adulto, en tales casos, non se ve respaldado legalmente, é evidencia que os casos aquí reseñados por case todos os intervintes non toleran desmentir.

Poucas cousas haberá máis tristes, de humillación e ofensa á vista, ca un neno ou incluso adolescente vexado e maltratado; comeza así o texto que dá pé a este debate. Poucas, pero si algunha: a do vello agredido por un novo; a dun adulto ao que un rapazolo consentido e calculador lle pode zorregar unha labazada; a do que a recibe e aguanta sabendo que en denuncia leva sempre as de perder.

Definamos: debe o corpo adulto da sociedade colaborar na tutela e formación dos mozos? Pode facelo nestas condicións? Cara a onde conduce a disfución social presente? Pode dar náusea, Hormiga, quen non se compromete; pero un entende ben o precavido.

Último aspecto que resulta politicamente incorrecto cuestionar: como os mozos están na flor da vida, deben estar tamén no centro da escena e dispor libremente de canto recurso hai, incluídos os recursos humanos. Afasta ti, que paso eu.

Casualmente, na miña casa coinciden funcionarios de dous sectores clave, ben indicados para a observación social: ensino e sanidade. Canto ao primeiro, ben saben; no segundo, se lles contase...

Anónimo dijo...

Cando XM Glz dixo eso de que o adulto "leva sempre as de perder" véume á memoria a frase das nosas abóas de que "a muller sempre leva as de perder". Saquen vostedes conclusiós.

Anónimo dijo...

Plantear o problema a base de relatos eficaces, a modo de exemplarium medieval, solivianta máis que explica. Porque ao cabo parece insinuarse que calquera tempo pasado foi mellor, sobre todo, baixo a autoridade infalible do patriarca (de matriarcas nada, ollo) que poñía orde onde había disolución. O que plantexa o artigo de Sarille para outros propósitos quizáis teña aplicación para este. Por seguir sendo políticamente incorrecto.

Anónimo dijo...

Non creo que se colixa do dito por XM Glz ou por mín mesmo nada que teña que ver con "calquer tempo pasado foi mellor". Trátase de non dar a cuestión por zanxada, observar humildemente a realidade que hai "de facto" e tratar de mellorala nese aspecto. Unha dosis de rebeldía, de temeridad e de intolerancia na xuventude é o máis normal do mundo. Pero non creo que haxa que permitirlles impunemente o que non se lle permite a un adulto. Porque son adultos en potencia,e a educación consiste precisamente en que aprendan a comportarse como tales, dándolles o "feed-back" preciso cando non o fan.

Anónimo dijo...

Máis ou menos, por onde o da Coba ía e vou eu. Os mozos son aprendices de adulto. Calquera civilización que eu coñeza (o certo é que non coñezo moitas fóra da miña, a occidental) contempla que deben ser educados en forma e contidos; por adultos e adultas, que asumen responsabilidade persoal -con seus fillos-, profesional -ao que lle cadre- e colectiva con respecto ao colectivo dos mozos.

Sei que o principio de autoridade sufriu desprestixio e, en todo caso, debe coñecer a limitación que impida despotismo. Ora ben, segue a ser requisito de calquera forma de civilización que eu coñeza; tamén, baixando do xenérico ao concreto, de calquera forma de pedagoxía. Faltaría se cadra, para evitar ou solventarmos algún equívoco intuído, definir que cousa é autoridade e indicar que non necesariamente impide o diálogo fecundo, camaradería e mutua aprendizaxe; moi longo, porén, para esta mensaxe.

Digamos, con afán conciliatorio, que os meus relatos non son exemplares senón biográficos (unha única biografía e non digo de quen). Que eu comprendo, perfectamente, o predominio en certos contextos da iucundam iuventutem mesmo con algún exceso; aínda que unha cousa é facelo e outra, ademais, animar. E que non, calquera tempo pasado non foi mellor, pero queimar todo o pasado só por selo acaba por resultar mal negocio.

Con afán de diálogo. Se se me quere crer e a renitencia non resulta invencible.

Anónimo dijo...

Este último seu comentario merece trono en El progreso. Anda vostede ben elocuente, tras a corrección de exames da primeira avaliación e a crónica dunha epifanía aparatosa. Noraboa.

Anónimo dijo...

Sempre tan considerado, Arume. Vde. seica vén tamén con ganas da rus reparadora. Sexa embora.

Anónimo dijo...

Eu tamén fun novo... O "Onte" unha vez máis

Anónimo dijo...

Manifesto a miña profunda admiración pola conducta dos pais de Lugo, e pola de Xoan da Coba.
O tema de calar diante destes mozos lembráme o de Pilatos. Sempre hai razóns para calar, realmente presentables, pero eu quixera ser quen de chegado o momento facer coma vos, e logo pagar as multas, porque este é un país de novos ricos, condes e marqueses, onde calquer merda pensa que ten mais dereitos que ninguén.

Anónimo dijo...

Vexo dous puntos de vista sobre o tema :

- Os dos apocalípticos, que vén o mundo patas arriba, "isto antes non pasaba", "a onde imos chegar", "que valores está aprendendo a ghuventú?", etc.
Posibles solucións:
(1) Máis Ilustración? "Educación en valores" (os da Conferencia Episcopal?)
(2) Máis Chuck Norris? (ese si que repartía obleas)

- Os felizmente integrados, que pensan que todo tempo pasado foi anterior, e que a todo lle encontran o lado surridente.
Solución: Vive e deixa vivir.

Anónimo dijo...

Reducionismo...

Anónimo dijo...

Señor Swann, neste tema tamén é pertinente o de "pensa global, actúa local".
As soluciós abstractas son pra problemas abstractos, pero non aportan nada en situaciós concretas. Do que falamos neste post e de tratar de atopar soluciós a certas situaciós concretas . O rollo abstracto xa o sabemos.

Anónimo dijo...

Dito en termos militares: ademáis de estratexia, precisamos de táctica.
O mundo xa está cheo de grandes estrategas, deses que arreglan o mundo na barra dun bar ou na sede dun partido.

Anónimo dijo...

Coa xente adulta, a filosófia é a que dí Swann: vive e deixa vivir. Tamén se pode decir: fai o que queiras, pero non me pises os meus zapatos azúis de gamuza. Pero se mos pisas...
Cando Cristo presentóu a outra meixela non foi pra solicitar mansamente outra "ostia". En realidade o que fixo foi DESAFIALO a que lle dera outra. Por si acaso, o outro non lla déu.

Anónimo dijo...

A interpretación do ofrecemento da outra meixela de Cristo, está feita, por XDC, a partires da lectura do evanxeo "Cheli" que tanto lle prestou.

Anónimo dijo...

Diante de todo, a miña solidariedade con Xaime, que viviu unha situación absolutamente brutal, enervante, e cuxa reacción é perfectamente comprensible. E o mesmo lles digo a González e a Da Cova, que pasaron por situacións nas que non houbo violencia física pero tamén moi desagradables.
Eu estou a medias entre Arume e Apicultor. Son partidario da educación permisiva e considero que o castigo ou a represalia son procedementos case sempre inútiles e mesmo contraproducentes. Creo na liberdade, na responsabilidade, na confianza mutua e na reflexión conxunta como principios educativos básicos. Prefiro ser indulxente antes que autoritario e empático antes que broncas. De momento, como pai xa algo veterano, vaime ben así.
Pero, como di Apicultor, hai xente que carece de todo principio compatible coas condutas que deberían imperar nunha sociedade ben educada. E isto é socialmente transversal, non depende do diñeiro dos pais.
O que eu non sei contestar é se isto vai a máis ou a menos. Témome que a máis, cousa que eu poño en relación coa relativización ou descrédito diso que cómpre chamar quizais "valores burgueses" e que, ao non seren substituídos por outros igualmente válidos, desembocan nun incremento da anomia social.
Co de "valores burgueses" refírome a un amplo e elástico repertorio de ideas sobre o que está ben e o que está mal, que acaban determinando unha serie de normas e, conseguintemente, de condutas de obrigado cumprimento. Todas elas tenden a que a vida sexa máis cómoda e máis amable e a que as relacións entre as persoas, inevitablemente conflitivas, se desenvolvan dun xeito que non amplíe innecesariamente o carácter tráxico da vida e o sensentido do mundo. Isto é enormemente valioso e, en efecto, dá a impresión ás veces de que o estamos destrozando.
A nosa sociedade, paradoxalmente, é cada día máis "burguesa", se reducimos esta palabra ao nivel adquisitivo, á capacidade e ansia de consumo, á aparencia exterior das persoas. E eu observo que, en xeral, isto redunda positivamente nas relacións interpersoais e na vida cotiá.
Pero tamén observo que, sobre todo nos barrios periféricos e nas vilas que rodean as cidades, existen ámbitos moi desestruturados, moitas familias que, ricas ou pobres, dispoñen dun moi baixo "capital socio-cultural", que non cren que a educación ou a lectura sirvan apenas para nada, que se alimentan de estúpidas competicións televisivas e da Fórmula 1, e que conciben a solidariedade ou a boa convivencia como un valor positivo exclusivamente no ámbito familiar.
Porque ¿é realmente tan difícil transmitirlle aos fillos que todas as persoas merecen respeto, independentemente do seu traballo, da súa idade ou da súa procedencia xeográfica? ¿É realmente tan difícil transmitirlles que os bens públicos están pagados co diñeiro de todos e que é unha barbaridade destrozar unha papeleira ou queimar un contedor? ¿É tan difícil transmitirlles que a violencia é case sempre innecesaria e perxudicial como forma de resolver os problemas?
En realidade, con media ducia de cousas deste estilo bastaría. Non, dende logo, para facer un mundo feliz nin para evitar esa inevitable e lóxica rebeldía e tendencia á transgresión da xente nova. Pero si para ir aprendendo da experiencia, para poñer en contraste as condutas cos valores, para ir adaptándose a un imprescindible e básico "super-eu" colectivo que debe ser comprendido e interiorizado a medida que os rapaces van medrando.
Menudo carrete! Parezo un profesor de Educación para a Cidadanía. Desculpen as obviedades, pero a lectura das vivencias descritas neste fío... En fin, quédense coa miña solidariedade.

Anónimo dijo...

Los vehículos que provocaron los muertos en O Calvario competían a 100 km/h hpora por hora

Una velocidad cercana a los 100 kilómetros por hora. Así circulaban los dos vehículos cuyos conductores provocaron el accidente de la última madrugada en la calle Jenaro de la Fuente, en el que resultó muerto un matrimonio que vivía en Candeán, como adelantó FARO DE VIGO. Aunque los datos concretos de la investigación no se conocerán por el momento, los testimonios de quienes presenciaron el sinietsro y de los primeros policías que llegaron al lugar corroboran que esa sería la velocidad aproximada a la que iban ambos turismos, que competían entre sí.
Las víctimas mortales de este fatal accidente, ocurrido a las 0.30 horas a la altura del número 11 de la calle Jenaro de la Fuente, fueron identificadas como Manuel García Lemos, de 54 años de edad, y su esposa Dolores Iglesias Hermida, de 53, vecinos de la calle Monte Pequeno, en Candeán. Ambos fallecieron en el acto y sus cuerpos fueron excarcelados por un equipo de bomberos del amasijo de hierros retorcidos de su coche, un turismo de la marca Citroën AX y con matrícula PO-9.200-AV,
El matrimonio iba en sentido a la avenida del Aeropuerto -hacia su vivienda- cuando su automóvil recibió un impacto frontolateral del BMW 4202 CTN que guiaba Samuel F.V., de 21 años, que resultó ileso. El AX fue catapultado hacia la acera, donde quedó destrozado, al lado de una parada de autobús, y con las dos víctimas dentro. Un Golf estacionado resultó afectado por la colisión.
Testigos consultados ayer de madrugada y otras fuentes, apuntaron a que el BMW circulaba de forma paralela con el Audi 4657 FNM que conducía José Luis O.M., de 22 años, conocido por el apodo de "Makelele". Ambos coches lo hacían a gran velocidad hacia Travesía de Vigo y como si se hubieran "picado". Un coche estacionado en doble fila fue al parecer el obstáculo que obligó al Audi a desviarse hacia el carril por donde iba el BMW, al que le rozó las ruedas, y que a la vez, para esquivarlo, invadió el carril ascendente por donde circulaba el AX de las víctimas. El conductor del Audi dejó el turismo en las inmediaciones y se fue del lugar, según los testigos. A las dos horas habría regresado al lugar, donde fue identificado.
En el BMW, iba también una chica de 19 años que resultó herida grave y fue evacuada a la Clínica de Fátima. A su ingreso presentaba contusión craneal severa, posible rotura de bazo y fractura grave en un brazo, lesiones de la que posiblemente será intervenida. La Policía trató ayer tarde de tomarle declaración.