FÓRA DO SAGRADO
Pan por Pan venres 11 xaneiro (como verán, o Pan de hoxe debería ir asinado polo amigo Arume: dende aquí grazas pola súa cita)
Presenta hoxe Anxo Angueira en Auria o seu gran poemario “Fóra do sagrado”, cunha montaxe artístico-musical. Libro que concitou xa moitos aplausos, velaí as palabras dun amigo: “un poema de intensa envergadura, de corpo mítico con Vigo ao fondo. En forma de caos metalúrxico, como as faíscas que vemos xurdir ao templar barcos por Teis, Angueira nomea, a xeito de himno ou ladaíña vigorosa, o seu mundo. Máis ben ponlle nome ao mundo, substantivos, nomes propios de persoas, lugares, literaturas que cobran vida de novo ao ensarillalos verso a verso, case sen pausas, contendo a respiración, estertor heroico dun Vigo que Angueira ama. Do val de Manselle a Sárdoma, do Cúa ao Lagares, de Oscos ao Galiñeiro, Angueira recorre unha xeografía de derrotas, de oprimidos, de desaparecidos. Entre eses mapas, amizade, camaradas, fraternidade. (Arume dos Piñeiros).”
Velaí o post orixinal de Arume.
P.S. despois do concerto (12 xaneiro)
Xa se me adiantaron todos vostedes (nos comentarios). Angueira montou un espectáculo impresionante, todo un prodixio de esforzo escénico (excelente e monumental o mural do Berbés dos irmáns Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios) e de xogo de rexistros lingüísticos. O poeta dramatiza, o poeta reconvirte o texto nunha nova realidade: é moi diferente ler o texto no sillón da casa a escoitalo na voz do Angueira. A música, ben ás veces, disonante outras para o meu gusto, pero non son un entendido no tema, xa saben. O éxito de público, espectacular tamén: moita xente e xente moi fiel ó poeta, entusiasta, un público moi próximo ós artistas e ó proxecto das Redes Escarlata, entre eles/as varios amigos. O poemario é tamén un proxecto ideolóxico, sen dúbida: ben o viron vostedes. Creo que Fóra do Sagrado, así llo dixen ó autor, é o libro das últimas décadas que mellor dialoga con todo o imaxinario e o simbolismo do macrocosmos ferriniano (Angueira díxome que o mesmo lle comentara Manuel Outeiriño, polo visto). Non é só un gran poemario sobre Vigo, é toda unha visión do mundo, nacida dende as raíces, con referentes ben nidios (hai que ler o poema con moito vagar para gozar de todas as súas marxes).
Por alí andaban Trebolle, Xoán Fonseca, Lobo Neghro, Apicultor, Carlos Varela, Andrés Mazaira, Begoña Muñoz, S. Bobillo, Delfín Caseiro, Celina Ramos, Xosé M. Cid, Fernando Román, Xavier Paz, Tacho Puga, moitos deles contertulios desta casa: seica tamén Xoán da Coba. Opinen vostedes, se lles parece pertinente (por certo, existe un CD-Rom da gravación en Vigo, no Instituto Santa Irene, agasallouma logo o propio autor: paga a pena gardar testemuña visual dun espectáculo destas características).
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
43 comentarios:
Por alí estaremos.Non estaría mal que tivesen tempo e se achegaran parte dos que por esta Casa andamos:Apicultor, Arume, Xan da Coba (Non podería tamen alí participar das suas opinions?), Exe, e tantos que este Blog visitan.
Como e a primeira entrada: Que me dín dos tres articulos hoxe do PAIS, o de M.Rivas- o de Suso de Toro- e o de Carballa.
Creo sen desperdicio .......
Se podo, achegareime, amigo Trebi. Verbo do xornal, aínda non fun por el ao estanco onde o merco: abre ás catro e media.
O Angueira,impresionante.Impresionante. Podía grabar o recitado nun CD. Ou nun DVD, con imaxes de Vigo.
E faltóume moi pouco pra que me saltara unha bágoa cando o músico cantóu "compañeiro Manuel", lembrando as veces que a cantamos o Suso Vaamonde i eu.
(O aspecto musical, non estaba á altura do rapsoda, na miña opinión, pero bueno...Quero decir que se pode mellorar, paréceme).
Pois sí, polo que parece por alí andivemos os de Esta Casa.
Alguns hasta tomamos o viño co autor.
Trabuquéime de nome. Non é Manuel, senón Daniel. En qué estaría pensando eu.
Monsieur XdC, je vous cerne.
Houbo máis de unha bágoa.
Non se preocupe non lle-lo direi ó MarcinKus. Que se foda. Quero decir que non lle revelarei a súa identidade. Como dí Don Risco, o Markitos é un presumido.
Sodes impresionantes...
Ate jà.
Decátome de que teño unha personalidade de Vago...etimolóxicamente "errática e sen definir". gris, marrón, feroz, neghro, asnal, montés,lupoide....válghame deus!.
Dr. Medela grazas polo seu humor.
Atentamente, un vagho.
Tamén estivo bén a dos "Abecedarios". Do Batallán se non lembro mal. Hai que lle decir ó músico que prá próxima vez a baixe un tono ou tono e medio, pra que non teña que "berrar". Tocóuna en Do,pois que a baixe a La. Hasta lle é máis doada de tocar. Eu bén vía ó Fonseca, que ten un oído exquisito, cómo se estremecía ás veces. XDDD. Segue a ser a miña opinión particular, claro. Sin máis.
Puto Lobo: Xa séi que me tén rodeado, non o teño por parvo. Pero fagamos un trato: vostede non dí quén son eu i eu non digo qué é vostede. Ok? Pola vella amistade.
1.Nunca na vida fora ao Liceo. Pensei que ía estar o meu amigo Aser, de Arraianos. Lástima.
2.Chego, na procura de don Marcos, para o cumplimentar como presidente do blog, e vexo un antigo coñecido, da escola de português.
3. O coñecido, antes de máis, antes de saudar, antes de preguntar calquera cousa...
"Olla, quen é Xohán da Coba???"
4. Eu xa non sei o que hei pensar. Comezo a estar un pouco mareado.
5. Termina a performance de Angueira. Unha coñecida está a falar coa miña muller. Pregúntame,
"Oye, tú no sabrás quien es el da Coba ese????"
6. O alcalde de Lobios, que se está a despedir, comenta, "Escoita, de quen falades??"
7. De regreso a Allariz, a miña muller: "Por qué pregunta todo el mundo por ese Da Coba????"
Cumprimentos, da Coba.
¿Pero quen é ese Angueira que todo o mundo o quere tanto? Un fenémeno, seguro.
Como dí o Quesada dos chistes do Faro: non me faga rir, que teño o beizo partido. XDDDDD.
Pois eu non o coñecía. Pero quedéi asombrado có seu recital.
Tivo que ir a clases de teatro ou algo así. O libro xa o teño,pero hai que lelo varias veces. Parece un episodio dos Simpson ou de Astérix: o texto tén moitos "detalles escondidos".
Pero... quen é realmente Xohán da Coba?
A pregunta percorre todos e cada un dos cenáculos de dentro e fóra de Galicia. En Compostela e en Vigo, en Lugo e no Ferrol, na Coruña e en Buenos Aires, en Barcelona e en Pontevedra, en Ourense e en Madrid, todo o mundo di o mesmo: quen é? quen será? é unha persoa real? é un personaxe creado? existe realmente? de onde saiu? en que ocupa o tempo libre?
Un ourensán, din. E home, seica. De corenta e bastantes anos, que viviu cos avós de neno, que sabe idiomas, que é un curioso impenitente que ten lido cousas do máis variopinto, que entende de música e que toca varios instrumentos, que escribe nun galego do máis peculiar, que vai regalando libros e botellas de champán polo mundo adiante, que coñece moito da cultura tradicional e oral, que non é un cultureta ao uso, que ten unha voz propia e singular, ...
Quen é? Quen é? Quen é? Unha pregunta percorre toda Galicia e parte do estranxeiro...
O amigo Xohán da Coba, creo que todos podemos chamarlle así, é un tipo xeneroso, intelixente, enxeñoso, cun peculiar sentido do humor e dotado de cualidades literarias indiscutibles. O perfil de Oráculo é axeitado e poderían engadirse moitas cousas máis, pero non importa: é certo, aínda que el non o crea, que medio país anda a preguntar por XDC. Debe ser o engado dos misterios, do que é segredo, do que hai que esculcar e investigar. En calquera caso, eu agradézolle de corazón que ande tan a cotío por esta casa e nos enriqueza a todos/as cos seus comentarios. (E, ademais, cábeme o orgullo de ser eu quen lle adxudicou o seu nobre heterónimo).
Xohán da Coba : E....? , o home invisible!, certo ,pois onte estba no Liceo , e os amigos da Casa, polo que se ve no no mirarón (Así din en Baiona). Ou non o miramos.. Eu teño dubida.... VINO!.
Trebi pode que SÍ
O señor Xohán da Coba é a reencarnación cruzada do doutor Alveiros, Lord Byron, Manuel Antonio e todo iso cun 'touche' moi da órbita da Praza Maior de Ourense. Alén diso, parece un discípulo de Jean Vigo, aínda que moito máis audaz.
Tamén é un espectro, que sempre queda ben.
Non creo que ninguén o dese visto, porque como bo galego, Da Coba non É; VÉN sendo.
Cumprimentos.-
JEAN VIGO E L´ATALANTE resoaron tamén onte no concerto-poemario de Angueira.
Señor Júlio: agardarmos velo máis a cotío polo Liceo, cústame crer que nunca antes se achegara ata alí. E hai ocasións que pagan a pena: o próximo venres, p.ex. (xa o anunciarei).
Estaba por alí tamén a miña colega, e colega tamén de AA, Begoña Muñoz. Un saúdo para ela. Debeu ser festa rachada. Unha mágoa non estar.
O telón de de Dios foi empregado nas presentacións da FPG en Vigo, na rúa Príncipe ou na Praza da Constitución, que eu saiba.
A interpretación musical de Leo de Matamá (o autor de Hai cu, un enxeñoso libro de haikus, con versos nalgúns casos xeniais) pode resultar estridente, pero eu creo que é vontade de estilo. Pode non gustar, pero creo que se acomoda bastante ben ao tenor metalúrxico (con perdón pola miña pedantería) do poema.
En todo caso, a mín gustoume, como non podía ser doutra maneira, o tono dylaniano do poema e da súa interpretación.
[Voulle pedir ao AA ese DVD, que alí eu estaba]
Eu ben sei quen é porque as cámaras do Prada a Tope grabaron con toda nitidez o momento en que me facía o agasallo. Pero son unha tumba e non falarei disto con ninguén. Nas cámaras do Lizarrán non sae tan claro porque os pinchos de txistorra impiden ver con nitidez a súa cara, pero ben se ve que é el: o inconfundible e extraordinario Xoan da Coba. O premio da crítica deste ano ten que ser para el. E algún premio literario tenlle que caer (por suposto, sen presentarse, arrecarallo) se o gusto pola boa literatura non se perdeu por estes lares.
ARUME, a túa colega Begoña M., hoxe profesora no IES Otero Pedrayo, é un engado de persoa, como sabe todo o mundo que a coñece. Hai anos fixemos xuntos a edición das Obras Completas de Xabier Prado Lameiro, que publicaron o Concello de Ourense e Xerais. Reunímonos varias veces e eu encargueime da biografía e a poesía e ela, do teatro de XPL. A medio camiño, estivo a punto de botarse atrás, porque non agardaba que o teatro de XPL fose tan machista e convencional no tema das mulleres. Pero convencína de que seguise e ó final fixo un traballo estupendo.
Grazas, estimado don Marcos. Fico grato polo seu convite; nunca tiña estado, ata onte, no Liceo ourensán. Espero que vostede vaia anunciando os actos que alí se celebren.
Vostede, e desculpe o atrevemento, tamén reencarna o mozo Risco, o maduro Otero Pedrayo, e todo iso mesturado con pinceladas de Delacroix e Arnold Böcklin, non tan “noitébrego” e máis sereno. Non esquezamos Win Wenders, co que comparte vostede (creo) a saudade do non vivido.
Non creo que haxa no país un medio de comunicación tan visitado como este. É un oasis, un punto de inflexión e reflexión, unha oportunidade para a libertade cidadá, para regresar ao tempo e o espazo, para deixarmos de VIR SENDO e podermos chegar a SER, nesa xesteira carbonizada en que infelizmente se tornou a nosa nación.
Cumprimentos.-
Esa Begoña é unha rapaciña miúda que fixera creo que filolóxicas , que vivía na Urb. Campello e que comenzóu dando clases en Cisneros? Se é así, tamén a coñezo, e mándolle saúdos agarimosos.
Por certo, Arume. Tamén hai referencias ó Bierzo no poemario do Anxo Angueira. Lembréime de vostede cando as escoitaba.
DON JULIO, quedo abrumado coa súa última mensaxe. Cita vostede dous dos meus pintores preferidos: mérito da súa intuición ou perspicacia. Dos nomes galegos que cita, eu contentaríame con ser unha lene sombra do seu ronsel, non contradictoria co seu inmenso legado.
O poemario de ANGUEIRA ten toda unha parte dedicada á Galicia extremeira e mesmo ós "galegos" extremeños e as súas falas: supoño que na época en que o escribiu, coincidiu coa extrema sensibilidade que había ó respecto (por esas foi cando se acolleron varios académicos non numerarios na RAG desa procedencia e tamén se celebraron diversos actos).
Hall mein Freunch XDC. Das war eine angenehme Oberrraschung füu mich, o saber que e Vd.
Bis Morgen
Keine Überraschung! Es war ganz einfach für Sie. Nicht wahr?
Tschüss!
Amigo Da Coba, acaba agora mesmo de chamarme o meu managel, Monxardín (tío), por outro asunto (un dvd que lle teño que devolver) e antes de dicir hola, e entón, qué tal, pagas un viño, ou calquera cousa que entre dentro da normalidade apelativa ou representativa da linguaxe, sabe vostede, amigo Da Coba, sabe vostede que foi o primeiro que me dixo...
Sabe vostede??
QUE, SABES POR FIN QUEN É O DA COBA???
Isto é peor que os obsesivos e repetitivos anuncios de sopas ACME na estrada nacional 66 (Chicago - Los Ánxeles). Pode que sexa unha conspiración... jajajajajajajajaja
Cumprimentos para si e para don Marcos.
Lembro unha vez, amigo da Coba... Tulsa, Oklahoma, na estrada 66.
Parei nunha bomba de gasolina, porque a miña Bultaco Alpina do 73 precisaba aceite, e cando o dono do estabelecemento (o gaxo era unha mestura de Tottanka Iotanka e Wild Bill Hitchcock, tal vez con devanceiros moldavos) me dixo:
-Voulle facer unha pregunta... E vostede vaime dicir... A ti que che importa...
-Nada, nada, "jefe", pregunte o que quixer.
-Oiga, vostede non será galego???
-Si... Boeno, nacer, nacinlle en Barcelona, mais os meus pais sonlle galegos.
-De qué parte veñen sendo???
-Meu pai élle do partido de Bande... Dun concello que se chama Lobeira; á comarca dinlle agora Baixa Limia; os galeguistas chámanlle Val do Limia.
-Coñece Ourense???
-Si, boeno...
-Non saberá por un acaso quen vén sendo Xohán da Coba???
Vaia situación. E aínda para máis, unha cuadrilla de "Hell's Angels" a ollar para min con certa insistencia...
A rapaza que puña os cafés no bar a carón da bomba non estaba nada mal. Abofé que tiven mozas ben piores.
O cartón da American Express tremía na miña man.
TULSA, OKLAHOMA, EEUU, 10 DE AGOSTO DE 1974.
A cousa vén de lonxe.
Cumprimentos.-
O meu Aleman e de turista.
Creo que me contestou:
Ningunha sorpresa.
Era bastante simple para vostede.
Non e verdá?
Ata Logo!
Xa vé como nos deleita coa sua personaxe.Noravoa!
Pois SÍ Monxardín Coñeceo
Creo que todos son voos Amigos
Xoan da Coba : Non será vostede :"El Zorro", " O Guerreiro do Antifaz ", "Bin Laden " ? O misterio está a punto de desvelarse.
Vai falar o lobo por última vez.
Perdonádeme pero sinto un feixe de emocións, voume retirar na escuridade da noite para non cometer imprudencias.
Os lobos sonvos moi tímidos, preguntádelle a xente do macizo central que os ten criado e diránvos que non miran ós ollos, andan coa mirada ghacha. De feito existen dúas razas caninas consolidadas e recoñecidas por a FCI feitas con cruce de can e lobo. Gardouselle o aspecto de lobo pero tiveron enormes dificultades en pulir o carácter e que non fosen tímidos. Precisamos de cans , cans , con afouteza e nobleza.Poden ter aspecto de lobo pero nunco a súa timidez. Manda carallo.
Confeso nobles camaradas e ouvintes que me tiña trabucado ate as once menos cinco da noite. Creía coñecer a xoan da coba pensando que era profesor de instituto , de galego...e discutinllo ó Markus ...e aghora decátome de que Marcos tiña razón , non é quen eu pensaba ate as once menos cinco da noite.
Veume un flash , un insight, ....unha cousa desas luminosas , "serendipiti"...foi grazas a Marcos..
Amigho Dacoba, coñecémonos dende 1978, temos aficións comúns,(non digho cales), lemos xuntos a Konrad Lorenz....eso foi o dato definitivo ( a culpa é do Marcos)...síntome totalmente colmado porque vostede non pertenece a la puta farándula cultural (tiña razón Marcos), nin siquera a súa formación é humanista...¡é científica!....que se fodan, que se fodan a secta esta da cultura...non vou decir cal é a súa formación nin o seu traballo, co da súa formación nin saberían quen é, co do traballo sería caseque inmediato. O mellor non tanto.
Demostrou vostede que hai vida , e creatividade, e coñecemento....e sensibilidade, e moitas máis cousas fora da farándula da cultura.
Tivo que vir un instrumento novo como internete para facer aflorar inquedanzas e sensibilidades.
Esto demostroume que as novas tecnoloxías van cambiar totalmente o panorama cultural, aparecerán personalidades como a súa que de outro xeito pasarían inadvertidas.
Personalidade lupoide como a miña, non somos amighos en vano.
A mín despistoume moito o do Alemán , non sabía tal cousa da súa biografía...Lémbrase vostede de cando se nos dera por escomenzar co ruso?, daquela pensábamos que era o futuro do mundo...só lembro en ruso "bomba" e "temperatura", porque se pronuncian igual.
Mágoa que Markitos saiba quen son eu...sabe porque?...deixeille un recado como fan as formigas, unha molécula-ferormona na escrita inconfundible , unha pista , unha imaxen...en realidade tiña interés en que soubese que eu baixara da serra a pescudar...baixei exclusivamente para averiguar quen era vostede...porque se atrevera a citarme; eu estepario que vivo retirado e alleo a farándula cultural-político-social-, eu solitario descreído que nin milito no sector vinícola, aunque fun dos primeiros promotores do Emilio Rojo.. e dos primeiros en facer un tinto de mencía en aceiro inoxidable na ribeira sacra ano 1990, non catara vostede ese viño en botella de borgoña no meu exilio en Verín?..alguén me citaba nesta bitácora engadindo un dado só coñecido por un reducidísimo círculo..Manda carallo que cerca andabas , lobo!, lobo!...así me chamaba a miña mai de pequeno: "lobo neghro!, desgraciado!, quéresme matar?, lobo!, lobo!...amo os lobos...son nobles..amo a aldea, porque a perdín , porque son fillo da emigración como vostede anque a mín tocoume pasar menos tempo cos meus avós e máis tempo no estranxeiro, teño a gala ter tido o P.castelán como primeiro idioma estranxeiro a idade de onze anos.
Son un aldeano. Como dí unha amigha miña "si pero aldeano universal".
Irmau lobo. Para protexer a súa identidade eu eclípsome. Non se preocupe. Síntome vingado, desagraviado, son un resentido antiburgués. E a farándula cultural ten algo de pequeno-burgués e de tontería... non sigho porque estoume a por sectario e se seghuimos... os que hoxe o ensalzan poden tamén crucificalo..
Bueno estou transpondo esquemas da vida real a este novedoso mundo. Cecais en internete a xente é máis respetuosa...non se fie vostede...lembre que eu fun "pulido" de duas administracións por partidos políticos diferentes e que un actual dr. xeral do bloque me garantizaba, hai anos, continuidade no traballo se entraba no bloque, e non entrei no bloque...e acabouseme o traballo...sobrevivo....como lobo, na serra....
nin vostede nin eu somos funcionarios e a inmensa maioría dos que por eiqui vagan o son. Sabemos ben o que é pasar frío e o prezo da liberdade, il si?.
Irmau non se fie nin de Jesucristo, nin de Jesucristo estigmatizado....fíese dos lobos....non revele nunca a súa identidade...
Parece que ó Dr. Santiagho Lamas Cregho lle interesan unhas cantas personalidades como as nosas , inclusive o Dr. Medela que comparte sensibilidades... a mín gustaríame , por o ben da humanidade, que o dr. Santiagho Lamas cregho nos explicase que sentido ten querer tirarse a todo bicho viviente de sexo femia, incluso a unha escoba con falda... Que estraña carencia se acobilla nese feito...non é por nada, non, é que temos un par de políticos locais que padecen ese trastorno.
Grazas.
Estabámoslle, caro Da Coba, Monxardín- tío (o meu manager), a miña ex Vanessinha Redgrave, a moza naquela altura –agora esposa- de Monxardín (Maribel), Jane Birkin, Jimmy Page (guitarrista – mercenario), Chris Drejà (de ‘The Yardbirds’), o rapaz da Coruña que tocaba o baixo eléctrico nos Bravos, Juan Pardo, que estaba a gravar “Anduriña” en Abbey Road, o mozo fidalgo de Ourense, Marcos Valcárcel, estudante a preparar o ingreso en Etton, Verushka von Lehndorff, Gaby Alegret (dos ‘Salvajes’), Teresa Gimpera, Ricardo Bofill e Oriol Buhigas, Fernando Tordo o português dos ‘Gatos Pretos’ e os ‘Sheiks’, e un servidor…
Estabámoslle, caro Da Coba, por volta de finais de 1966, enfiando Carnaby Street.
Lembra, amigo Da Coba???
Erámoslle ben novos. Presentei a Chris, brindeille a cámara Yashica que o meu padriño comprara en El Aaiun, así como a filmadora en súper 8, xaponesa, en segunda man. Logo ía abandonar os Yardbirds, aos poucos, louco pola súa paixón fotográfica.
Verushka era tan esfiañadoramente bonita que era mesmo insoportábel. Seria, aborrecida, despótica e irresistíbel.
Jane (Birkin), morbosa, e cunha fixación obsesiva pola miña Vanessinha.
O coruñés – ferrolán, un home educado, burgués, tranquilo e soberano. Andaba un bocado cabreado porque non o deixaron gravar na derradeira sesión de “Black is black”. Todos músicos de estudio, todos rapaces dun incríbel virtuosismo. Todos ben londinenses, mesmo nacidos en Rajasthan.
E Juan Pardo, bo rapaz, poeta, que mesmo fala galego por de diante da Torre de Londres (xa gravou aquí cos ‘Brincos’) andaba angustiado pola chamada do seu pai, desde a capitanía de Mallorca.
E o catalán Gaby, dos ‘Salvajes’, non quixo saber ren de atallos sen traballos nin rodeos sen paseos, e comprou altofalantes Marshall para reproducir exactamente o son de ‘Satisfaction’, dos Stones. Fixo ben. Tamén así actuaron os seus paisanos Teresa, Ricardo e Oriol, cando copiaron, literalmente, a pasaxe de modelos de ‘Blow Up’ para a presentación do SEAT 850 special, que logo iría en Barcelona. E calcaron a decoración do bar ‘Sun Ra’ para o seu ‘Tuset Street’. Non me estraña ‘nadita que falemos mal nos cataláns. Calquera atura o seu ritmo…
E Fernando, o português, sempre triste e saudoso. Evidentemente, non atura a sordidez de Londres, lonxe da súa leira de 7.000 hectáreas ao pé do Douro. E non comprende como non pode aterrar co seu avión privado no aeroporto de Londres. E non comprende como calquera lord da campiña inglesa lle nega o saúdo, cando a súa familia olla para o lonxe e tenta descubrir algo que non for seu para o comprar…
Lembra, amigo Da Coba, cando andaban os ‘Who’ e os ‘Yardbirds’ e os ‘Small Faces’ a procura dun guitarrista de acordes???
Lembra??? Cando non se sabe por que, os ‘Who’ deixaron de rifar, cando Jimmy Page, que sempre andaba a fumar cigarros “modernos” puido conservar o seu lugar nos Yardbirds, e cando os borrachuzas dos Small Faces recibiron cartos da discográfica e comezaron a cuspiren para o aire, e cando eu fixen a proba para as guitarras de Black is black e se riron de min, e cando Jimmy Page estaba tan ‘ensimismado’ que non daba tirado a viola eléctrica do estoxo, e cando vostede fixo a proba, vostede, si, Da Coba, e foi recusado a favor daquel guitarrista descoñecido, e firme traballador na sombra, si, aquel (e non Jimmy Page) que fixo acordes dos Kinks, e dos Stones, e mesmo querían que fose a Malibú, para arranxar os problemas etílico-místicos dos Beach Boys…
E lembra, Da Coba, cando aquel rapaz saudoso, que estaba a se preparar para entrar en Etton, o fidalguiño galego, Marcos Valcárcel, viunos de lonxe co seu uniforme escolar e fomos todos ao Centro Social de Wembley, onde esperaban por nós o casal Monjardín (tío) e a súa Maribel. El andaba a teimar con que quería ser o manager de Andy Warhol na xira londinense. O Marcos, cheo das patacas con pescada fritida. E aínda estaba a chorar, creo, despois da derrota do Barça contra o Cristal Pallace, en copa de UEFA. Aínda lembro cando baixou ao campo para consolar os barcelonistas. E Teresa Gimpera, que non é nin máis nin menos que unha rapaza do interior de Catalunya, come e come, e non engorda. E é mesmo bonita. E seria.
E ninguén sabe por que está aquí, nin de donde vén, nin quen vén sendo.
E os estoxos das guitarras, querido Da Coba, na consigna da estación.
E os Kinks van para Madrid. Seica os contrataron nun baile.
E os Stones para Varsovia. Non pode ser.
E os Beatles para Estoril???
Teño que chamar por teléfono a Lobeira. Urxentemente. A miña avoa ten que saber que estou ben.
1966
Cumprimentos.-
Que historia máis fascinante! Todo se ensarilla, se complica. A tea técese e destécese, as sombras son chinesas ou, se cadra, platónicas. Ou, simplemente, non son.
Tres personaxes (tres realmente?) envoltos na néboa, a cronoloxía vólvese tola, non hai un antes e un despois.
"Iso dixémolo mañá". Dirán algo así o Xohán da Coba, o Lobo Neghro, o Júlio de Medeira de Lobeira.
Quen son? onde van estes espectros, esas ánimas que circundan este blog, convertido xa nun eterno e inacabable fluír... pero cara onde?
Amigo Lobo.
Veño de emocionarme lendo o seu escrito. Agora si que estóu certo de que vostede sabe quén son eu.
Non penséi que lembrara certos detalles. Non penséi que lembrara que lemos xuntos a Konrad Lorenz, a fináis dos setenta, "copando" ás clases. Non penséi que lembrara cando escomenzamos có ruso, fai xa tantos anos. Saiba que de vez en cando soltéi algunha parrafada nesa língua, neste blog!. Jajajaja. E claro que lembro aquel día de festa e viño en Verín,e que vostede me invitóu ó xantar, xunto con outras persoas,non vou revelar as identidades, ben coñecidas, nun céntrico restaurante. Hasta creo que era en Entroido. O da miña formación científica non puden ocultalo no blog, aínda que o tentéi. Pero os "ramalazos" son inevitábeis. En máis dunha ocasión defendín ó meu xeito o valor cultural da "cencia". A chiva tira ó monte...
Boeno. Acabóuse o misterio. Tampouco tiña maior importanza quén fora eu. O que importan son as ideas, os escritos, os debates, xa me entende...E non sentirse tan "sozinho" nun mundo no que os intereses da maioría da xente non teñen nada que ver cós teus. Como din os italianos, tan caros de Arume d.p., sentirse coma unha "mosca blanca".
E saiba que eu souben quén era vostede prácticamente desde o seu primeiro comentario. Certas feromonas son fortísimas! . E díxenme: "Date por fodido...". Coma no conto.
Oráculo,Xdc,Lobo,Medela de lobeira...
¡"A mi la legión"!.
Fundemos unha sociedade "sacreta" panteísta, enciclopédica e iniciática...para facerlle frente a...a..., xa o decidiremos.
"Fuego, Lolita, mi capitán!".
Donnacona. O chefe de Stadaconé (Québec).
Para XDC
Eu creo que as mencións de AA ás linguas estremeiras ten que ver cunha curiosidade intelectual e investigadora que atingue ao departamento no que traballa, especializado en tales linguas fronteirizas. Seica andou, por exemplo, por Vilafranca e por outros lugares convidado para falar da súa poesía: coñece ben a realidade daquelas loitas particulares.
Lembro todo eso que conta, Julio Medela. E cómo Pete Townshend empezóu a "strummear" os acordes facendo có brazo movementos de "muiño" porque lle picaba o sobaco e non podía parar de tocar pra rascarse. E aquel guitarrista tolo que iba estrangulando rapazas con cordas usadas do seu instrumento, e a policía pillóuno coas maus na masa porque notaron que as cordas usadas iban sendo selecionadas según as notas do seu arpegio favorito: mim7add11. E aquel outro, navalleiro, que debuxaba arpexios dominantes na cara dos seus rivales amorosos, coa de Taramundi. E o batería que ligóu cún travestido despóis da actuación. O teclista díxolle: pero non vés que é un travesti? Resposta él: a mín qué me importa, si o que quero é que ma ch***. Cantas lembranzas, Medela.
Graciñas Doniña!
Se non fora por vostede, o mundo sería un páramo sin "cumes borrascosas". (Glups!, creo que me paséi de cursi...)
Máis datos: chega onda mín un programa sobre linguas estremeiras a celebrar en Lubián onde Angueira ha falar sobre o escritor en galego de Cacabelos Antonio Fernández Morales. E dame que andará moi preto dunha parte rechamante do programa: II Campionato de bolos intergalaico entre "Os Lobos" de Lubián y "Os do Valo" de Manselle.
Publicar un comentario