en poleiro alleo: o erro Rajoy (A. Elorza, EP 25 febr.)
Moi contundente crítica ó candidato Mariano Rajoy. A ver quen responde a isto...
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
15 comentarios:
Moi bo. Elorza, cando quere, é un analista dunha subtileza única.
Non nego, como xa dixen noutro fío, que as críticas a Rajoy sexan acertadas pero dame que os votantes do PP, traenos sin coidado o que pense Elorza.
Habería que reconvir o articulista se Rajoy, a fín e a postre o candidato non discutido dentro do seu propio partido, si fóra, se mantivera outra actitude co tema de ETA, se transixira (mais?, Valencia, Andalucía) nos temas dos Estatutos -nos esquencer o pacto do Tinell- , xente como Elorza votaría o PP.
Por último, se o candidato fose Rodrígo Rato, votaría xente como o autor o PP. Deixenme dubidalo.
Teño un amigo que cando semella que lle escomezas a darlle un consello sempre resposta " No me dés consejos, dame dinero"., que no tema que nos ocupa, e, non me digas o que fixen mal, e vótame.
Xaime: Elorza non está xustificando o seu voto, fai o seu traballo de analista. Non se refire ao votante entusiasta e decidido do PP, senón ao que, unido ao anterior, lle falta para gañar as eleccións:
En todo caso, fortalece la confianza de sus seguidores ya convencidos; no gana a los indecisos ni altera el equilibrio del oponente.
É curiosa outra pasaxe, polo moi clara que nos ten que resultar aos observadores da política local luguesa:
Así fue ignorada en 2003 la solución más ventajosa para los intereses del Partido Popular. Si la buena marcha de la economía tenía un protagonista político en el Gobierno, la mejor baza electoral era sin duda Rodrigo Rato. El dedo de Aznar lo apartó con un gesto y designó a un hombre que apuntaba a un continuismo incoloro, apoyado en su mismo equipo de gobierno.
Cambia 2003 por 1999; Rodrigo Rato por Joaquín García Díez; Aznar por Cacharro; marcha da economía por popularidade; Rajoy por Ramón Arias. Velaí tes explicada a perda da alcaldía de Lugo para moitos anos.
O empate técnico é un contiño que lle convén ao PSOE, o PP e os medios. Zapatero ten as eleccións máis ca gañadas, e non me parece arriscar moito dicíndoo; coa foguetaría presente procura engrosar a ganancia e marxe, non á conta do PP precisamente.
Ten razón nunha cousa o amigo Xaime: calquera artigo contra Rajoy en EL PAÍS é chuvia (choiva), máis ou menos forte, sobre mollado.
Xosé Manuel, no caso de Lugo, tes razón, pero naquel momento xa sabes que Joaquín se presentaba como alternativa o propio xefe e iso era algo que non podía pasar.
Tíñache que dar outra xeira para que te achegases outro pouquiño o centro dereita, por que a min díxome un paxariño que estás a punto de caramelo. Bo proveito, amigo e o mesmo todos vostedes e prepárense pro debate.
Eu seguramente escoitareino na CUATRO, por que a Televisión de LIBERTAD DIGITAL, non me entra no meu TDT. Xúrolles que era a miña teima.
Eu non penso velo: dan o resumo dos Oscar en Canal +. Estarei atento aos seus comentarios after hours.
Do debate televisado a dous (aínda que "outro debate é posible") podemos tirar varias consecuencias:
- O 30% do que votarán os españolitos non vai estar representado nese debate. Primeira estafa.
- Segunda estafa. Aquí o que interesa é ver quen é o máis guapo televisivamente e, sobre todo, quen "gana" o debate, para regocixo de empresas demoscópicas.
- Terceira estafa. Mañá os periódicos, radios e televisións "amigas" dirán que o seu candidato foi o mellor.
- E a última na fronte. Os contidos (o que se debate, as promesas) son o de menos neste debate. Dentro de tres meses xa todo o que se dixo estará esquecido, e ninguén xulgará a actuación do goberno de turno polas promesas verquidas no debate.
Swann, ten razón, pero esto está montado así.
Si, Swann, élle unha carallada. Pero ata eu mesmo lle hei dar unha olladiña, para mañá argumentar arredor da comedia; se me desculpan a franqueza.
Xaime, que o paxaro se tente ou merco escopeta.
Eu non lle chamaría propiamente nin estafa nin carallada.
Como di o sabio Xaime, está montado así. Dito noutras palabras: estamos, para ben e para mal, nunha democracia de audiencias (Manin), e a tendencia congruente coa mesma é a pura e dura personalización da política, segundo marcan os cánones e métodos do marketing. Isto é, a americanización da política inúndao todo, sobre todo nos seus aspectos máis "superficiais".
E ao tal préganse inevitablemente todos os líderes e forzas políticas, incluídas aquelas supostamente máis críticas co funcionamento do choio.
De pouco vale, pois, lamentarse.
Eu nunca me queixarei de que haxa debates na televisión nin en ningún outro sitio. E os "cara a cara" son especialmente tensos e gorentosos.
É máis: creo que algunha canle (Cuatro ou TVE-1) deberían aproveitar este fervor polo debate para introducilos de maneira máis estable nas súas grellas de programación. Poderían ser debates non estrictamente vinculados aos partidos políticos. Imaxínense un cara a cara entre Savater e Blanchadell, o lingüista, sobre a articulación da pluralidade lingüística en España. Ou entre Alvarez Junco e García de Cortázar sobre o concepto discutido e discutible de "nación". Ou entre Aymerich e Pérez Royo sobre a estrutura do estado. E sobre moitos máis temas, claro. Creo que incluso poderían ter certa audiencia e sairían moi baratiños.
Por certo, o próximo xoves, creo que en TVE-1, hai un "debate a sete" do que lamentablemente estará ausente o Bloque. Participan PSOE, PP, IU, PNV, CiU, ERC e CC, que son os partidos con máis votos e deputados.
Excelentes propostas as que fai Leituga na última mensaxe: eu non me perdería ningunha delas. (Tampouco estaría mal un debate Beiras-Fco. Rguez, e tería audiencia, seguro).
Que conste: nin se me ocorre queixarme de que haxa debates. Pero a súa planificación con base nas audiencias quítalle riqueza e propiedade.
Eu comprendo que a bipolaridade é rendible como espectáculo. Significativa politicamente sería se fose inexorable un goberno unipartito e sen outros apoios. Como iso aquí implica maioría absoluta, a redución á bipolaridade no debate leva un aquel de cousa falsa.
Porén, é claro que unha confrontación dual pode dar momentos interesantes, como mínimo en termos de espectáculo e, se lle cadra, tamén como proposta política. Non é o caso, aínda que o termo carallada resulte excesivamente relaxado. Pido desculpa aos contertulios por tal, aínda que os debatidores non me merezan excesiva consideración. Obxectivamente, adoptando como base a expectación que se quixo suscitar.
Pedir que volva un programa como "La clave", con persoas que entendan do que falan, é moito pedir.
O que poñen no terebexo xa saben o que é: ou "os 59 segundos" (que non falen deseguido moito, non vaia ser que cansen os espectadores e cambien de canal) ou os programas tipo "Polònia".
"Titiritada". Quintana (a quen chaman en arroutadas Quin África: todo hai que dicilo) dixit.
Publicar un comentario