Capas dos libros
Do blog portugués Abrupto (está na columna da dereita), que me recomendou un amigo hai meses, escollo estas dúas capas ben fermosas de novelas de aventuras e de xénero (ímosllas dedicar a Medela e XDC, que teñen falado deste mundo cultural). Por certo, "Crime e castigo", que título tan bonitiño para unha colección!
Hai marabillas tamén nas letras galegas, por suposto. Pero, que eu saiba, non se fixo aínda un estudo sistemático e rigoroso da ilustración nos libros galegos. Que eu saiba, insisto: sei que nalgunha Facultade si se fixeron teses doutorais sobre artistas ilustradores, pero tampouco teño noticia de que estean publicadas (Se alguén sabe máis, que nos informe a todos/as).
6 comentarios:
Os libros entran polos ollos a través das súas capas. As do ilustrador Xohán Ledo, con eses rostros torturados de paisanos, eran moi "artísticas", eran "artísticas" pero non creo que invitasen a ler.
Galaxia seguiu moitos anos nesa tradición de capas "serias".
Xerais sempre tirou da foto-reportaxe (recordo unha moi boa, a dos Contos do Impaís, de Xa{b|v}ier Alcalá). Sotelo Blanco pintaba debuxiños de revólveres e escorpións con estética pop-art.
O mesmo pasa cós títulos. Cantas veces un libro véndese ou déixase de vender exclusivamente polo título!.
Certo, Da Coba, lembro un cómic do Capitán Trueno que levaba na capa o título de
"EL SINIESTRO PODER DE KO-NA"
E tan sinistro...
Certo Da Coba, nunca merquei un chiste de Jaimito, aínda que a miña abóa, Manuela, chamábame Ghaimiño ou como raio se poña eso que é o contrario da geada.
Oiu medela, e non se escoitan o lonxe as pegadas do exercito turco a rebusca de kurdos. Teña cuidado que vostede tamén é dunha minoría étnica e calquera día tócallenos a nós.
Don Xaime!
Ola.
Xa nos avisou dona Cristina Fernanda Eudoxia Terrís - Babarro y Suárez - Romasanta( Cris), a aristócrata allaricense xerente de ACNUR Karakalpakstan.
Recomendounos encarecidamente que nada máis vermos un kalashnikov, desatásemos a berrar coma posesos, e mans en alto: "Qaraqualpaqstan Respublikasi", ou ben "Kath" "Kath". Sonlle as denominacións xeográfico-étnico-hostoriográfico-políticas que utilizan os nacionalistas de aquí.
Grazas, don Xaime.
Publicar un comentario