en poleiro alleo
¿Queda alguén ahí?, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 9.2.08)
artigo completo
Aínda así, o filme xogaba con humor acedo sobre a realidade dunha aldeíña de Ourense na que os poucos e vellos veciños que quedaban -oito ou nove- fixeran unha corta de piñeiros nun comunal e, en vez de repartiren os cartos que lles deran, acordaran gastalos todos en facer unha obra para servizo común. ¿Que qué fixeron? Pois, lóxicamente, algo pensando no futuro de todos: un tanatorio. Enterraran nel, nunca mellor dito, dezanove millóns de pesetas. As dúas nenas -moi guapiñas, por certo- que quedaban de momento na aldea protestaban ante os vellos pola decisión e pedían que lles arransaxen a vella escola unitaria para teren un punto de encontro. Nin caso, por suposto: a desafección do lugar está asegurada. En canto teñen posibilidade liscan, pois séntense estrañas nese ecosistema de vellos en que se convertiu a súa aldea. O local dos maiores, o teleclube, fantástico: un gran crucifixo rodeado de moitos posters de mozas en coiros, bufandas do Barça, Madrid e Deportivo, un televisor, un feixe de películas porno, un retrato asinado de Fraga... en fin, un poema vangardista.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
5 comentarios:
Eu encontrei o documental demsiado longo. Pero moi interesante e metafórico do que pasa.
Escaralleime de risa co seguidor de Fraga Iribarne que tiña a foto do líder asinada,dentro da escola, rodeada de cartazes de tipas en pelotas e películas porno. Había crucifixo?. Puta Madre!, galicia caníbal. Eso é o PP que arrasa.
E son eles os que enterran 19 millós de pesetas na obra máis necesaria, un tanatorio.
E son eles os que construen outro tanatorio na miña aldea (Sta. Mariña de Bobadela A Pinta, Xunqueira de Ambía, co eufemístico nome de centro de desenvolvemento). Está anunciado como centro de desenvolvemento pero a xente sabe ben que lles están a construir "xentilmente" un tanatorio. Despoís non me deixan meter a mín alí a asociación cultural porque lles da noxo, mezclar libros con mortos como aconteceu na antiga escola. Algún antropólogo nos explique por que a sala que sexa utilizada para os mortos ( unha vez ó ano), no resto dos días non pode , na nosa cultura, ter destino para outras cousas. Os mortos contaminan?. Reparade que no documental, no tanatorio de Pedroso, Riós, hai dous andares, o de abaixo para festas, e o de arriba para velatorio. Foilles incompatible facer unha só grande sala. Cona, políticos, lexislade para facelos funcionar "comme il faut". A estes ex-falangistas ghústalles a disciplina.
Tamén arrasaron na miña aldea ( ano 1998) un anaco de vía XVIII, os señores da anterior administración, ( a do itinerario de Antonino que unía Braga con Astorga) e despóis nos enfermizos medios de comunicación largan que queren declarala patrimonio da humanidade.
Por certo comuniqueillo por escrito ( teño rexistro de entrada) comuniqueillo a consellería de agricultura daquela, e nin me contestaron, comuniqueille a existencia de lombos da vía XVIII nunha finca para que interviran e os salvaran durante o proceso de concentración parcelaria, eran un centenar de metros ben visíbles, nin puto caso. Os lombos están documentados, teño fotos e insineillos a Tomás Vega Pato, quen os publicou no seu libro xunto con Rivas Quintas e Segundo Alvarado nun anexo do boletín auriense.
Alguén me pode axudar aínda hoxe?, síntome solo, e non vos digo como me sentía daquela, sen traballo e expulsado polas administracións do PP , e do p.Psoe. Creo que tiña a dignidade a ras de chao para andar salvando carballeiras e vías históricas. Ademais na miña aldea son un ninguén, alguén con unha extraña hipersensibilidade. Aínda teño sorte porque a outros dáselles por zugar sangue nos pescozos, e de noite.
Por certo os de medio rural , do bloque, son ridículos nas súas intervencións facendo limpezas nos arredores das aldeas, na miña, segaron a erva esa baixiña e verde e deixaron os piornos, silvas e materiais fácilmente inflamables en pé, a dez metros de palleiras abandoadas. Queredes ver fotos?.
Arrasaron as carballeiras centenarias. Ollo , o povo, que vota masivamente ó PP. Pero tanto che ten se che votaran a outro sería o mesmo. O proceso de aculturación e destrucción é tan brutal que supera ós partidos e as políticas partidarias. Que miopiños nos son , carallo. Mentres ardía "galiza" no 1º ano triunfal de Suárez Canal, nunha aldea veciña ( Busteliño, Xunqueira de Ambía )estaban a chimpar dous canastros, queimaron as madeiras "amenazaban ruínas" e guindaron os tornaratos. Así é todos os días, pero daquela só saían nos hipertrofiados medios de comunicación os lumes...o proceso de degradación é brutal, contínuo, extenso, imparable e non lle vemos o fondo...nin esquerda , nin dereita.
Non vos laiedes . Que morran!, é un proceso natural, igual que os lumes. Que se afunda esto. Xa renacerá forzosamente algo novo de entre as cinsas.
De que vos laiades?.
De que tendes medo?. Parecedes políticos: "Hai que controlar eso, "controlar", "control"...esa parece ser a mensaxe que se entresaca de todas as chamadas de atención. Hai que parar o proceso, facer algo.
Ó mellor non.
Que arda todo dunha vez, que se fundan as aldeas, que metan ós meus amigos políticos nelas, tristes fulanos y fulanas enfermizos como os medios de comuncación, que os cubran con un sarcófago de formigón. Como o de chernobil.
A vida supéranos, non se perde nada.
Algo novo ha de nacer , que máis dá que sexa mouro.
A probabilidade de que se conserve algún xen noso, daqueles que teñamos menos de catro fillos é de cero patatero alén da xeneración dos bisnetos. Lino nun libro de bioloxía cando era adolescente e subía con xdc. as faldas do montalegre...podería recuperar esta información?...non o podo asegurar....pero se non é vero, é ben trovato...NON VAI QUEDAR NADA DE NÓS ....KARALLO!
E vostede non andaría antes de lobo neghro percorrendo as estepas rusas?
Este é o futuro que nos agarda, antes co "pi pi party" e agora co bloque autonomista galego (o psoe pasa cantiduvi da "alabanza de aldea"). A saber: tanatorios, festas de exaltación gastronómica, galpóns suizos, ríos onde cada anos se extaen mil quilos de lixo, etecé, etecé.
Pois eu considero falaz e inxusta a equiparación do PP co BNG verbo do medio rural. Creo que este está tentando facer cambios interesantes ao respecto. Outra cousa distinta é que sexan insuficientes dada a magnitude do problema.
En todo caso, gustariame coñecer a receta do señor Anónimo para a solución dos complexos problemas do rural galego. Seguro que a ten, mágoa que non a expoña nin a vaia expoñer. Admítense apostas.
Non creo que haxa problemas. Só mutación de sistema. A vella organización idealizada case precapitalista -con rasgos arcaicos idílicos tipo montes en man común- pero parasitario do capitalismo social avanzado vía pensións, dá un chimpo no aire, unha reviravolta e desaparece por esgotamento histórico e imposibilidade no medio actual.
Un sistema moi válido para as crises, moi válido para a época postnuclear, non serve para o momento histórico presente. E o vello labrego a quen enxalzaron como gardador das esencias pátrias, tamén o é dos seus defectos, e non deixa evoluir das cousas, dunque, desaparecerá.
Chin pon.
Publicar un comentario