Mostrando entradas con la etiqueta mundo rural. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mundo rural. Mostrar todas las entradas

19 feb 2009

To!
Bieito Iglesias, El Correo Gallego 19-2-09

Imaxe: Vacas amarela, vermella e verde, de Franz Marc - 1912 -

Que as universidades se ocupen da onomástica do gando vacún en lugar de investigar -por exemplo- as causas da crise económica dá que pensar. Quizais na era do baleiro que nos tocou vivir, os outrora templos do saber estean abocados a entreter as masas con chilindradas, en dura competencia coa televisión.Desde logo o telexornal da TVG fíxose eco de certa pescuda da universidade de Newcastle que constatou empíricamente como as vacas con nome propio baixan o leite mellor que aqueloutras non baptizadas. Os experimentos realizados durante miles de anos polos camponios galegos xa tiñan chegado a conclusións moito máis precisas. Como se sabe, nas cortes das nosas aldeas de antes, o gando bovino tiña nome mentres que porcos e ovellas, burros e eguas ficaban no anonimato da denominación xenérica; do mesmo xeito que se nomeaban os cans (Merola, Petís, Café, etc) e non se distinguía con ese privilexio a outros animais domésticos tales como gatos ou galiñas. As vaquiñas galegas todas tiñan a súa graza, así fosen rubias, marelas ou de raza limiá, caldelá e vienesa (tres castes que os cursidosos peritos agropecuarios inclúen entre as "morenas del norte"). Chamábanse Vermella, Pinta, Cabana, Marquesa, Linda, Barrosa?con nomes puramente descritivos da cor da súa capa ou encomiásticos. Agora ben, por máis que quixeses lisonxear a vaca chamándolle, coma tal, Bonita, ás veces ofrecía un ubre inchado e outras veces o leite púñaselle nas cornas en lugar de nos tetos. Querse decir que, baptizadas ou non, había vacas de leite (frisona holandesa), animais de carreto (as razas barrosas) e rubias galegas, boas para a carne, esclavas da canga ou da molida de mellor dente que as suízas ou holandesas. Que a TVG non saiba nada disto e se guíe por nonadas pseudocientíficas de Newcastle demostra que o mundo actual despreza a cultura labrega, un patrimonio milenario vivo aquí na Galiza ata antonte. Só se me ocorre exclamar "to!", voz usada no agro para tornar ou deter o gando.

22 feb 2008

En Vieiros: entrevista a Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural
"Non hai variñas máxicas, daremos un salto cualitativo en dez anos"
"Non é concebíbel o futuro de Galiza sen un medio rural ben dimensionado", explica para Vieiros o conselleiro. (Ramón Vilar / Roberto Noguerol / Vídeo: Lucía Iglesias - VIEIROS. 21/02/2008

Falamos aquí varias veces do labor do conselleiro Suárez Canal e da Consellería de Medio Rural. Houbo intervencións diversas e moitas delas en positivo ó respecto dos seus plans. Collo prestada esta entrevista de VIEIROS por se alguén quere comentala con máis detalle.

Podemos ser optimistas? Eu creo que si. Pero sendo conscientes da realidade das cousas. Falamos de máis de dous millóns de hectáreas xestionadas deficitariamente até o de agora. Cando por exemplo alguén protesta porque a autoestrada non se limpou toda, pois pode ter razón, pero é que levaba trinta anos sen limparse. Diante do traballo por realizar non hai que ser inxenuos e pensar que hai variñas máxicas coas que cambiar as cousas da noite para a mañán.O que hai é que iniciar unha tendencia que nos poña na senda adecuada para conseguir un panorama paisaxístico e de ordenación do monte moi diferente nun prazo de dez ou doce anos.
(...) Hai un programa de goberno que se está a cumprir. No ámbito das políticas transversais creo que se deron saltos importantísimos en todo o que é os servizos complementarios. En canto ás tecnoloxías da comunicación está a haber un esforzo importantísimo da Consellaría de Industria e iso terá que ir notándose pouco a pouco. Un aspecto moi relevante no medio rural é dotar ese ámbito de servizos que poidan facilitar a vida, tanto dos pequenos como da terceira idade porque efectivamente é unha das dificultades á hora de xestionar unha pirámide de poboación complicada. Eu creo que aí se están a dar pasos moi importantes na atención, cun concepto novo na atención á terceira idade. Creo que tamén se deron pasos no ámbito do transporte, non só do transporte adaptado para os maiores, senón tamén incluso para que o mocidade poida ter determinadas coberturas de servizo durante as fins de semana. Penso que hai unha actuación transversal do Goberno que vai cubrindo necesidades que existen no medio rural. Probablemente, como en todas as cousas, os ritmos e os tempos teñen distintas percepcións por parte da xente. Pero é moi importante que se saiba cal é a situación de partida, en pirámides de poboación, en estado de xestión de territorio, en canto aos servizos existían no medio rural. Que ao final da lexislatura se compare de onde partiamos e a onde chegamos. Os recursos son moi limitados pero vai ser un cambio que modifica unha inercia e unha rutina que creo que é o máis importante.

10 feb 2008

en poleiro alleo
¿Queda alguén ahí?, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 9.2.08)
artigo completo

Aínda así, o filme xogaba con humor acedo sobre a realidade dunha aldeíña de Ourense na que os poucos e vellos veciños que quedaban -oito ou nove- fixeran unha corta de piñeiros nun comunal e, en vez de repartiren os cartos que lles deran, acordaran gastalos todos en facer unha obra para servizo común. ¿Que qué fixeron? Pois, lóxicamente, algo pensando no futuro de todos: un tanatorio. Enterraran nel, nunca mellor dito, dezanove millóns de pesetas. As dúas nenas -moi guapiñas, por certo- que quedaban de momento na aldea protestaban ante os vellos pola decisión e pedían que lles arransaxen a vella escola unitaria para teren un punto de encontro. Nin caso, por suposto: a desafección do lugar está asegurada. En canto teñen posibilidade liscan, pois séntense estrañas nese ecosistema de vellos en que se convertiu a súa aldea. O local dos maiores, o teleclube, fantástico: un gran crucifixo rodeado de moitos posters de mozas en coiros, bufandas do Barça, Madrid e Deportivo, un televisor, un feixe de películas porno, un retrato asinado de Fraga... en fin, un poema vangardista.