Nota aclaratoria
Hai días en que entran no blog arredor dun cento de comentarios (os lectores son máis aínda). Por suposto, non podo responder a todas as mensaxes e mesmo esquezo ás veces referirme a asuntos nos que eu son interpelado directamente. O meu tempo é limitado e hai outros compromisos. Quero que ninguén se moleste, pois, se nalgún momento esquezo responder a algunha cuestión.
Por outra parte, espero que o perfil do blog se manteña como ata agora, cunhas normas de respecto, cortesía e elegancia intelectual. Nas últimas xornadas sentín a sensación de ver arribar un cachón de intervencións aínda non habituadas a este estilo, quizais aburridas doutras solainas onde as normas de conduta son diferentes. Agardo que os recén chegados se incorporen mantendo ese mesmo estilo e perfil que aquí nos caracteriza: o blog non quere ser outra cousa que o que xa é, unha tertulia de amigos/as, de posicións ideolóxicas diferentes, pero todos copartícipes dun mesmo espírito de tolerancia e valores democráticos.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
112 comentarios:
¡Que miseria moral a que vostede amosa, señor Valcarcel, nesa nota aclaratoria!
Abrimos debates sobre a liberdade de expresión, pero logo pedimos os novos, os que se incorporan a este eido elitista, refinado, democrático, por suposto, ¿como ía faltar ese adxetivo?, que se comporten ben.
Sede benvidos pero cumplide as normas, sede benvidos pero portádeos ben, sede benvidos pero non armedes bulla.
¿A que lle ten medo, señor Valcarcel? ¿A palabra? ¿A disonancia? ¿A inconveniencia? ¿A zafiedade? ¿As ideas expresadas descarnadamente? ¿A que?
Nunca pensei que vostede chegaría a facer unha advertencia semellante. Nunca sospeitei que no seu blog poidese aparecer unha nota aclaratoria que leva implícita a exclusión dos "recén chegados". ¡Que simil máis desafortunado!
Amén.
Recordar o respecto non me parece mal, pero innecesario, xa que polo que lin, non todo, as intervencións nunca romperon o respeto tácito necesario.
O de cortesía pareceme un ripio "pijo" e de hipocresía innecesaria.
E o de elegancia intelectual, completamente cursi.
O que si sería pertinente é apelar ao sosego. Hai un clima de crispación por non dicir de enaxenación alentado polos medios motivado polas proximas eleccións, e este clima pode contaminar innecesaria e oportunistamente este blog.
Neste blog houbo de sempre debates moi intensos, cheos de balbordo e furia, contados ou non por tolos, pero sempre inzados de argumentacións. A cortesía, o respecto e esas normas de relación entre as persoas foron de cando en vez sobrepasadas, porque o calor da dialéctica o permite. Pero sempre volvemos ao rego da argumentación razonada e, se me permiten o termo, civilizada.
Eu non creo que a crispación externa inflúa: tal vez o emprego de certos recursos retóricos (como a hipérbole ou a vituperatio) non están suficientemente pulidos. Pero son cousas dos discursos forenses: sen o picante, o acumen, que sería de nós? Eso si: sen mancármonos.
non deixa de ser algo cursi, o valcárcel, pero non vos trabuquedes, que o blog é libre.
o caso é que na libertá de expresión acreditamos todos, vanegeim mediante, pero ningún dos aquí presentes podería acoutar en tres grupos nominais que cousa vén sendo esa dos "valores democráticos".
tamén supoño que acreditamos na libertá de expresión e na operación ogro -tan ben feita-, ademais de parecernos mal que franco morrese na cama.
e que non nos parece cabal que se lles aplique código FIES aos mociños antiglobalisasao que van caendo tras o primeiro cumio de seattle. e que estabamos con manuel maría e vidal bolaño cando foron pedir o indulto para os "presos políticos galegos" no 2000, alegando que xa pagaran "máis do que debían".
porque en todo isto estamos dacordo, non?
dependendo da resposta dalgunha das miñas iconas de referencia permanente neste blog do siñor valcárcel -apicultor, leituga (malia as súas superficiais alusións aos sofistas... foi el ou o api?) e sobre todo platanito-, direi "me corro" ou seguirei encirrando ao cándido arume dos piñeiros para que revise tan groso nick (ou que o deixe prá blogonovela, que dous artefactos costumistas seguro que non pelexan:)
eu era pavese, pero agora serei desnos. o italiano triste era exaculador precoz, e iso cando se lle empinaba.
Pois ese Manuel María e Vidal Bolaño, habería que aplicarlle a lei de partidos, que llo digan a Xaime e Leituga que en coherencia coas suas intervencións xa estarían na cadea
Só para Demetrio, o primeiro Anònimo:
Non entendeu vostede nada, nin esta Nota Aclaratoria nin outras mensaxes miñas. O único que digo é que o blog ten un perfil e un estilo e seguirá existindo mentres se manteñan esas coordenadas. Non ten nada que ver con novos e vellos: aquí non hai carnés de antigüidade e todos son ben recibidos. Pero existen unhas normas mínimas de respecto. Se o blog se convertise nun caixón de xastre para insultar, acusar ás persoas sen probas, inxuriar por sistema, etc., perdería a súa función. A maioría dos que aquí acoden pasarían del, como se pasa doutros foros. E a min tamén me carecería de interese unha plataforma dese tipo.
As normas son as mesmas para todos, dende o principio: para os novos e para os vellos. Nada enriquecen os insultos, as expresións obscenas, as acusacións covardes e anónimas: iso non colle neste blog. Hai outros lugares para esas funcións e para os que lles interesen. Non teño medo a nada pero si teño dereito a administrar o meu tempo e este espazo que eu mesmo creei no seu día. Só se trata diso: non é difícil de entender, creo eu.
¿Pode acusarme a min dalgunha desas irregularidades que vostede administra? Os meus post aí están.
Que sexa anónimo/demetrio é unha posibilidade que vostede mesmo propicia no réxime de comentarios do seu blog. Se non quere anónimos, non os permita.
E, perdoe, pero entendín todo, todiño.
Saúdos.
Dirixínme a vostede, Anónimo-Demetrio, polo tono do seu primeiro comentario. Non lembro os anteriores nin irei buscalos. Xa que logo, eu non lle apuxen esas condutas. Aínda que semella que gusta de expresións ás veces pouco delicadas ("miseria moral" non é demasiado afectuoso, non?).
Miseria moral é exactamente o que quixen dicir. Non se trata dun exabrupto. Síntoo. Reflexione vostede se lle peta e logo falamos.
Ben, aqu� o que est� a pasar � que un blog no que participaba un "cogollito" ou "familia" de persoas, co�ecidas e/ou amigas, se viu "tomado" polos comentarios doutras xentes alleas.
Eu fago desta "toma" unha interpretaci�n MOI POSITIVA, no que ten de pluralismo.
O Anónimo/Demetrio tenme pinta de psicólogo, de ter pelo largo, e de lembrar tempos "acontrafío".
Outra cousa positiva que ten este desembarco de opinantes é que saca á luz as posicións ideolóxicas subxacentes de algúns dos distintos elementos do "cogollito" de habituais. Noutras cicunstancias, todo quedaría moito máis diluído en aras da "análise profunda e mesurada".
Pois si, algo está a acontecer no blog, algún día poderase describir toda a filoxenese. O blog estaba entrando nun tedio perigoso e este desenbarco salva situación. Todo depende agora dunha boa xestión, dunha xestión intelixente e arriscada que saiba actualizarse, proque é imposibel voltar para atrás, estamos de transición.
Desembarco en Citerea
JAIME GIL DE BIEDMA
Como la luz, la música
tiene una calidad fosforescente y suave
de sueño recordado. Cerca el mar
y la noche tranquila sobre el gran paseo
le esperan, avivándole
la rara y tenue sensación de estar
que se siente en las islas y en los bares.
De vivir en la arena, bajo el sol,
son nobles esos cuerpos
y capaces de hacer llorar de amor
a una nube sin agua, en los que el beso
deja un sabor de sal en la saliva,
gusto de libertad que hace soñar
y sobrexcita al extranjero.
Cuando vaya a dormir,
a solas y muy tarde, la nostalgia
sucederá a la envidia y al deseo.
Nostalgia de una edad del corazón,
y de otra edad del cuerpo,
para de noche inventar en las playas
el mundo, de dos en dos.
No sólo desear, pero sentirse
deseado él también. Es ese sueño,
el mismo sueño de su adolescencia,
cada vez más remoto. Porque le apremia el tiempo
y el amor –él lo sabe-
aunque no tiene aún que dar dinero
tiene ya que dar inteligencia.
Mañana por la noche sin luna, sobre el mar,
volando hacia su casa,
irá con él la imagen de estos cuerpos
dorados. Y en su imprecisa gracia
sentirá que le inquieta un reproche,
doloroso y trivial como el recuerdo
de una deuda olvidada.
As posicións ideolóxicas dos do "cogollito" (que termo!) son de todo menos subxacentes. Unhas veces expresadas con mesura, outras mediante o ditirambo, pero sempre claras, contundentes e argumentadas na súa exposición.
Así pois, sinto dicir que non hai ninguén que veña a "desvelar" nada que estivera "diluído". Para a vocación de "desvelador" coido que está de sobra aquí: chega con ler as intervencións cun mínimo de atención e de boa fe.
Convén, polo tanto, que o pluralismo non sexa interpretado como confusión e caos, como noite escura onde todos os gatos son pardos.
Quen non guste dalgunhas das opinión expresadas ten a alternativa de argumentar na súa contra.
Enténdase que este espazo creado por Valcárcel ten como misión o lecer e o pensamento, como reza o lema do blog. Lecer, isto é, que se permiten as bromas e o ton desenfadado, pero sempre con intelixencia.
E pensamento sobre todo, que é o contrario do exhabrupto sen ton nin son, da descualifación gratuita e monótona, da acusación sumarísima, do insulto impotente. E pensamento quere dicir exposición argumentada a pro ou a contra. Nin máis nin menos. Debería ser fácil de entender isto.
Cogollitos de Tudela con pimentos un pouco picantes de Ponferrada, un pouco de aceite virxe de olivas picuais de Baeza e quizáis anchoas/boqueróns de Santoña (ou de Bermeo). E a vivir que son dous días.
Apúntome aos cogollitos, Arume, e máis ao compango. E, por certo, vexo que xa non podo firmar como Jim Morrison, a menos que me rexistre, ¿non si?.
Si, que pode, amigo Jim, si que pode facelo sen rexistrarse.
Cando o Señor Valcárcel emprega os termos energúmeno e batasuno amosa ter asumido demasiado ben a lóxica de guerra do PP, e a súa definición simplista e interesada do que é a violencia. As palabras teñen dono, señor Valcárcel.
¡Carallo!
Lamento contradicilo, señor Cirano (gústame o seu nick), pero disinto totalmente de que ninguén dos que aquí escriben -e menos aínda o Valcárcel- teñan asumido ningunha "lóxica de guerra". Nin do PP, nin de ETA, nin de...
Con todo, estaría moi ben que nos explicase a súa persoal "lóxica de paz" (supoño que se lle pode chamar así, non?).
E que hainos que son de "los buenos"
de momento xa arume escolleu mal o poema de gil de biedma, así que "me corro".
de violencia estrutural parece que non se fala, pero iso é porque a maioría dos presentes son funcionarios. da "ausencia de políticas valentes" é fácil queixarse, non si?
o caso é que só platanito amosou convincentemente o atraso que significa acreditar en calquera forma-partido...
As veces éme difícil distinguir un cínico dun inxenuo, será que cos anos a vista vai cansando... Pero xa que reclama a pedagoxía, remitireino, señor apicultor, á definición de Althusser de ideoloxía dominante da que algúns dos aquí escribintes adoitan dar exemplo extenso e esgrevio.Ou, sen referencia á autoridade, supoño que a todos lles soará o termo "eixo do mal", e saberán facer a analoxía até "batasunización". Un saúdo.
A tortura é unha tristísima realidade no Estado Español. Pero a violencia semella monopolio da Esquerda Abertzale.
Hai formas de actuación política encadrabeis na desobediencia civil, na que se pode enmarcar o abucheo a San Gil, que son formas lexitimas de acción democrática. Pero hai ollos que so ben o legal, esquecendose que o legal, a lei pode ser inxusta e a xusticia exercese desobendecendoa. Agora ben, hai salóns da "boa" sociedade onde a palabra desobediencia soa moi mal, indecente, descortés, nada elegante, por irrespetuosa, porque os pon dos nervos, alterándolle o ritmo das cousas como deben ser, porque irrumpe unha realidade que eles están a apartar, a expulsar, a deshumanizar usando palabras como energúmeno.
Para De Momento des-nós: se non se fala de "violencia estrutural", fale vostede e expoña as súas teses ao respecto. Así poderiamos discutir en base a algo concreto.
Para o señor Cirano: pobre resposta a súa. Convíñalle traballar algo máis a parte argumentativa e menos a aseverativa.
Para o último Anónimo: se vostede abre e pecha o debate cunha única intervención tan taxativa e auto-referencial, está a clausurar toda posibilidade de que o tal se produza.
Boa tarde a todos.
Energúmeno: Diccionario de Autoridades (ata nova orde) "La persona que está espiritada o endemoniada.
O pai Ribadeneyra na vida de san Pedro Nolasco escribiu: "Con pronunciar sobre el energúmeno los dulcísimos nombres de Jesús y María huyó luego el demonio".
Ouhhh...api, canta omnisciencia, yeahh....yeahh....canto omnisciencia no meu señor...que todo o sabe, non hai resposta a que non se adiante...ouhhhg...my Lord. Perdoa aos mortais pola nosa mesquindade, pola nosa ignorancia. Señor, señor, sñor,ñor,rr,r...sigue a iluminarnos, acepta esta pregaria, disculpa esta ousadía, estas torpes palabras, e mira no meu corazón, está canso pero ti ilumínalo xunto coa miña pouca intelixencia, señor, señor señor, non nos abandoes, es o sol da solaina.
Semella que xa encontrou por fin a súa vocación tan largamente buscada: a de troll. Unha mágoa.
Amigo Apicultor:
Deséxeme sorte. Terminou, por fin, a semana.
Vou para a casa.
Virei para a esquerda, desde a rúa Luppov.
Agora viro para a dereita, rúa Savitsky.
Enfío, por fin, a rúa das Mil Primaveras.
Alá abaixo, contra a fin da rúa, á beira do bazar chinés, segundo andar.
Alá ha estar.
Deséxeme sorte máis outra vez.
Grazas, estimado cabaleiro Apicultor.
Son Júlio Medela de Karakalpakstan...
Por favor, estou nun ciber en Nukus, e non sei cómo hei de meter o meu nome neste aparello!!!!
Por favor, don Marcos, sr. Apicultor, Arume, Da Coba, González, Lobo Neghro.....
Esta mensaxe e a anterior son miñas.
Ah, si, xa está... Houbo mudanzas, parece.
Que zuto!!!
Uffffffffffffffffffffffffffffff
Apicultor, escríbame, por favor.
Cumprimentos.-
Amigo Apicultor:
Deséxeme sorte. Terminou, por fin, a semana.
Vou para a casa.
Virei para a esquerda, desde a rúa Luppov.
Agora viro para a dereita, rúa Savitsky.
Enfío, por fin, a rúa das Mil Primaveras.
Alá abaixo, contra a fin da rúa, á beira do bazar chinés, segundo andar.
Alá ha estar.
Deséxeme sorte máis outra vez.
Grazas, estimado cabaleiro Apicultor.
Estouno vendo no Google Earth. Que fai aí? Saúde, saúde. Mire para arriba. Ghelou!
Arumeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!
Deixe que me debruze na xanela... Si... Alá arriba... Vexo un bocadiño de firmamento entre a roupa estendida...
Estouno a ver, si, si, reflectido na 'palangana' do satélite.....................
Uffffffffffffffffff
Estou a chorar.............
Dea recordos (por favor, qué ilusión!!!!! Aínda queda xente boa no mundo).
mmmmmmmmmmm O satélite é Kazakho, de Baikonur, ben se lle coñece no xeito de voar.
Cumprimentos, estimado e lembrado don Arume, señor dos Piñeiros.
Do comentario inicial de Marcos molesta ese alusión que fai a outras solainas, con ese desprezo e superiodidade a posteriori, antes aquelas solainas tamén eran frecuentadas por Marcos, unhas veces identificado, outras como anónimo e outras co seu nick habitual, por Marcos e por todos os que andan por aquí, de feito este blog tirou no momento en que aquel barco afundiu e as entradas pasaron de ter 4 comentarios a ter 40, non debería renegar dos seus orixes, lembre cando entraban ás 12 da noite a colgar os artigos de Monxardín, eses que agora pon no poleiro alleo, lembre aquelas leccións de historia do galeguista, lembre aqueles tempos de alegrias con alegria e deixe que o barco de arroutadas se funda soiño, non precisa dos seus comentarios despectivos.
Desculpe que non o poidera atender con anterioridade, prezadísimo amigo Medela. Sempre é un pracer lelo. Que teña toda a sorte que merece, que é toda.
Cumprimentos.
Don Marcos: Pídolle un pequeno favor, como galeguista e home de ben que vostede é.
Terminei a colección completa das obras do inesquecíbel e exímio Keith Luger.
Na biblioteca pública de Nukus só hai, que eu entenda, libros do estilo de "Cría rentable de la gallina", "Sistema eficaz de poda de frutales", "Ivanhoe", "La salud por el magnesio", "Estructura económica del África Negra", "Motores de explosión de dos y cuatro tiempos" e cousas así.
Podía vostede, abusando da súa amabilidade, cabaleirosidade, xenerosidade, bonhomía e simpatía, enviarme por MRW, Seur, ou similar, as obras completas de Marcial Lafuente Estefanía????
Evidentemente, o pagamento é contra reembolso.
Grazas, don Marcos, por ser vostede como é.
Podía cumprimentar da miña parte aos señores Da Coba, González, Arume, Apicultor, Doniña, Lobo Neghro, e á Sociedade Anónima???
Cumprimentos insomnes desde Nukus.
O Keith Luger era moi coñero.Tiña frases do tipo "La bala rozó el cinturón de Joe e hizo caer sus pantalones, dejando a la vista unos calzoncillos blancos con lunares rojos".
O Silver Kane tamén, pero menos: "Mack llegó a disparar.Pero contra el mostrador del hotel.Una bala había atravesado su cerebro medio segundo antes,haciéndole girar noventa grados hacia el suroeste".
O Estefanía, non o aguantaba: demasiados linchamentos con "corda", e ao final, o "artista" era en realidade un federal en misión secreta.
O meu favorito era Donald Curtis.
"La salud por el magnesio", imaxino que debe ser da editorial "Sintes". Había na Praza Maior de Ourense unha librería, creo que se chamaba "Resvie". Cando eu era neno, tiña moitos libros vellos, có prezo, antigo,impreso na capa. Si eu tiña cinco pesetas, buscaba entre os libros vellos algún que valera cinco pesetas. Daba igual do que fora, o caso era que ne chegaran os cartos. Así, compréi moitos "El poder curativo del ajo", "Los baños de sol (helioterapia)",etc.
Os dos motores de explosión, imaxino que serán do "Arias Paz", que é o clásico dos libros de automoción. Léao, pra saber como ERAN ANTES os coches, cando eran en realidade coches. Préstelle atención ao curioso mecanismo da "árbore de levas",ou "árbore de excéntricas" se se quere poñer fino.Regulaba o comportamento das válulas antes de que foramos devorados pola informática. Asómbrese có inxenio do inventor do mecanismo diferencial, pra rexir os xiro dos palieres. Interiorize o mecanismo de reloxería da distribución da corriente nas buxias vía Delco. E, si o libro fala aínda do encendido mediante a manivela que facía xirar o cigüeñal desde o exterior, entón xa é a repanocha. Tempos aqueles!
Da Coba, é vostede a reencarnación de San Isidoro de Sevilla. Nada existe que vostede descoñeza. Estou a escachar coa risa co comentario sobre o mítico "Arias Paz".
E falando de literatura do Far West, comentoume o propietario dunha libreria que hai clientes que levan trinta anos a compraren, relixiosamente e todas as semanas, unha ou dúas novelas de Keith Luger. Creo que ahora costan por volta de euro ou euro e medio, aínda que son máis delgadas que as de antes.
As "chicas" prefiren as de Danielle Steel, nas que o prota, home bohemio e desenganado no amor (e propietario dun pazo en Escocia) acostuma a reencontrar o sentido da vida nunha moza estilo Kyra, mais anglosaxona e herdeira única do californiano rei do papel hixiénico.
Saúdos, Da Coba, había tempo que non o miraba.
Gozosísimo este último intercambio intelecual a costa da pulp fiction ou sexa a este diálogo sobre noveliñas de kiosko. Noraboa aos dous. Sobre todo nestes tempos de axitación (non prop) agradécense.
Grazas, Arume.
Da Coba: As mozas que eu coñecía cando ía as verbenas, chamábanse todas Modesta, Castora, Benigna, Rosa, tiñan un mozo que traballaba na fábrica dos avións do "polígano" e aspiraban todas sen excepción a meteren a chanca na Residencia ou na Deputación.
No entanto, as repoludas mozas que protagonizan as novelas de Danielle Steel chámanse Evelyn, Sharon, Lorelei, Jennifer Jason, etc. e aspiran todas sen excepción a casaren, como mínimo, cun bonito mozo algo bohemio e triste, alén de enxeñeiro e propietario dun pazo na Escocia. Tamén axuda a posibilidade de herdanza dun título nobiliario.
Agora ben, o que me estraña, e que esas antigas amizades miñas, a Jesusa, a Castora, a Saladina, a Benilde, e a Pastora impoñen ás fillas o nome das repoludas mozas protagonistas das novelas da Steel, é dicir, Jenny, Lorelai, Vanessa, Jessica, etc.
En esmagante e recíproca lóxica, a exhuberante filla do californiano rei do papel hixiénico, casada co bohemio enxeñeiro, vizconde e propietario dun pazo na Escocia alén do 10% dunha mina de diamantes en África do Sul, no momento do bautismo da meniña surxida do casto e desinteresado amor entrambos, no haberá dúbida ningunha no que respecta ao nome... Ben seguro que a nena bautizada en Westminster levará o nome de Castora, Saladina, Honesta, Digna, Manola ou Pepa.
Pois non???
Saúdos, Da Coba e Arume
Sen dúbida, amigo Medela. E están preparadas para ser as protas das historias de vendetta de Tarantino. A cámara lenta, por suposto, como nos spaghetti western ou naquelas de Walter Hill que valían por vinte de Herzog, que en mala hora tentou ser director de cinema.
Élle certo, señor dos Piñeiros.
Mais nin Kaurismäki, nin Antonioni, nin Rossellini, nin mesmo o xenial Sergio Leone superarían a escena das devanditas mozas do Val do Limia a regar o millo, cun transistor por riba da sebe de pedra, a escoitaren "Lucecita" ou "Simplemente María", do ubérrimo Gautier Casaseca.
Un servidor escoitaba "Time" dos xa un bocadiño espesos Pink Floyd. "Fireball" dos Deep Purple tamén non acaía nada mal á monótona recolla das patacas.
Sobre todo lembrando aqueles mozos que andaban á espereita das rapazas da radionovela. Rapaces que traballaban na fábrica alemana de faros "Hella", que respondían sempre "ja" "ja" (pronúnciese 'ia' 'ia') e cun look ghedelludo en plan Black Sabbath.
Dígollo, estimado Arume, non o supera nin Wenders.
Cumprimentos saudososo desde Moinaq.
QUE MÁGOA QUE UMBERTO ECO NON VISITE ESTE BLOG: canto ía aprender sobre a cultura popular!!!
En Ourense queda aínda un quiosco na rúa da Paz que vende e creo que ata presta ou aluga noveliñas de vaqueiros e xéneros similares. Tampouco é raro ver a algún taxista, no Posío por exemplo, a "matar o tempo" lendo estas historias.
A táctica que emprega arume para descalificar os comentarios dos demais é incluír unha cita literaria ("cuanto sé!), con vis cómica e perdonavidas. "A cousa non vai comigo pero aí che queda a cita".
Apicultor cítanos as tablas da lei do que el estudou nos libros de Historia con mayúsculas. "A ver, a ver, demostre que sabe tanto coma min"
Xa chegou o troll!
Agora tócalle ao Arume recibir a andadana, pero non por iso se esquece de min. Pero tranquilos, que a escopeta só a ten cargada con aire.
Saúdos, señor troll, que teña unha boa fin de semana... se pode.
Se me coñecera de verdade, ou sexa ao natural, con cita ou sen cita, vería que acertou de cheo no de vis cómica. Non son Quique Camoiras (non confundir con Alonso Montero, please), pero dou un Arturo Fernández decente.
E de perdoavidas, se comprobara a miña musculación raquítica (non cheguei ao colacao) vería tamén por que os de Calvin Klein confían máis en Djimon Hounsou que en mín (por certo, con acertado criterio de seguridade viaria aínda non apareceu nos paneis de publicidade).
En fin: como din no Salnés: eu non descalifiquín.
Cito de máis arriba:
“Neste blog houbo de sempre debates moi intensos, cheos de balbordo e furia, contados ou non por tolos, pero sempre inzados de argumentacións.” (Arume)
Quen son os tolos?
“E pensamento quere dicir exposición argumentada a pro ou a contra. Nin máis nin menos. Debería ser fácil de entender isto.” (Apicultor)
Grazas pola sua clase maxistral. Que teña boa fin de semana... e o resto dos días tamén... se pode.
Macbeth, 5, 5.
Life's but a walking shadow, a poor player
That struts and frets his hour upon the stage
And then is heard no more: it is a tale
Told by an idiot, full of sound and fury,
Signifying nothing.
E perdón pola cita. Os tolos somos os que participamos neste blog e nesta vida.
Estimados señores Arume e Apicultor:
Podían facerme vostedes un pequeniño favor????
Visto que don Marcos se esqueceu de me emprestar axuda, teño que recorrer a vostedes, xentís e cibernéticos cabaleiros.
Terminei a colección de romances de Keith Luger. Preciso con urxencia máis lectura. Pensei nas obras completas do maxistral Silver Kane.
O meu enderezo élles:
KYRA ARGOUNOVA
RÚA DAS MIL PRIMAVERAS S/N
(AO PÉ DO BAZAR CHINÉS)
A LA ATENCIÓN DEL SEÑOR JULIO
NUKUS KARAKALPAKSTAN
ESTADO UZBEKO
Poden deixar o paquete no bar do Villalón, Rúa de Reza (chaflán), Ourense. Vénlles sendo o bar ese das pinturas rupestres.
Pregunten polo condutor Isauro, si, home, ese de Pradorramisquedo, o fillo do Artemio, o da vaca...
Cumprimentos saduosos...
Señores Arume & Apicultor:
Non sei por que lembro agora un traxicómico suceso acontecido na romaría do día 8 de setembro, en Rubiás, Santiado de Cadós, Bande, Val do Limia, Galiza.
Coñecen vostedes aquelas marabillosas barcas 'voladoras' que estaban, como sentinelas místicas, en todas as verbenas???
Parecían posuír o don da ubicuidade (xunto con Churrería Lolita).
Rotulaban:
ATRACCIONES HERMANOS CHABAUD
TABOADELA
SE PROIBE HIR DE PIE HESTANDO EN MARCHA EL HAPARATO.
Boeno, pois o 8 de setembro de 1981, un rapaz de Santa Comba de Bande, un rapaz deses que fan verídica a nosa ascendencia suevo-vándala, saíu despedido da barca a unha velocidade de vértigo e foi caer a un campo de millo, de tanta brasa que lle mandaron ao infernal brinquedo, el e máis o copiloto, outro descendente directo do vándalo Xenserico.
O freo de emerxencia da atracción de feira, unha táboa accionada
cunha manivela e que raspaba o fondo das barcas, táboa forrada de pneumático, non funcionou, dado o infernal impulso que levaba o trebello.
Ao descendente dos vándalos non lle pasou nada irreparábel.
Infelizmente, as 'voladoras' fóronse modernizando, incorporando estridentes altofalantes (Los Chunguitos, Daniel Magal, Raffaella Carrà, Las chicas son guerreras, Camela, etc) e mesmo unha casetiña de madeira desas que sempre teñen dentro unha muller a lle dar o peito a un meniño, onde se venden as fichas para as barcas, casoupiña intitulada pomposamente
PUESTO DE CONTROL
Saúdos, cabaleiros.
Salvo que o fixeran adrede, e o tiveran practicado, non é doado que saíran disparados hacia o campo de millo, amigo Medela. De caer accidentalmente, o máis probable é que caeran moi pertiño da barca voadora. Inclínome a pensar que o tiñan preparado.Non sería vostede un deles?.
O do campo de millo pediría lóxicamente danos e perxuízos coa indemnización conseguinte, non?
Un amigo meu cóntame un soño que tén moi a miúdo:
Unha muller espérao,espida e sexualmente excitada, no medio dun campo de millo. El ten que segar cunha fouce todo o millo que o separa dela,polo que chega bastante canso e non disfruta do acto especialmente. Cando marchan, él deixa unha figuriña de Sargadelos no sitio. Non séi por qué. A muller ten nome e apelidos, pero non vou decilo.
Cando me falan de campos de millo sempre lembro unha vez, na aldea, que iba có carro das vacas. Era eu case un neno e aínda non sabía guialo ben. As vacas escaparon xunguidas e apostas ao carro por entre un campo de millo, abrindo unha verdadeira "autopista" entre o cultivo. I eu, tentando de pillalas e sacalas do sitio, rematéi por escarallar case toda a plantación. O dono, que se atopaba perto y era veciño, en vez de enfadarse ríase coma un condenado. Eu axudéille a recoller aquela cosecha desfeita.
Ese truco do amigo que ten un soño está moi visto, da Coba. ;)))
Amigo Da Coba: Non fun eu un deles. Nada que ver con esa vaina. Xúroo. Eu estaba na festa acompañado dos meus cuates, Paquito, Pepiño, Roberto, etc., e se ben é certo que non vin o despegue do neovándalo, si que vin cando foi rescatado entre o proceloso mar de millo. Seica berraba dun xeito tal cando ía polo ar, ás camballotas ou como agora se di cun duplo salto mortal, que ata o máis duro entre os máis duros corazóns, ata o xuíz máis implacábel ata o máis túzaro entre os túzaros se conmovería.
A herdade estaba situada xusto por detrás, é dicir, as 'voladoras' estaban apoiadas contra unha arribada duns dous metros de altura. O audaz aprendiz de Leonardo da Vinci tivo necesariamente que aterrar alí por pura lóxica das leis da física gravitacional.
Vostede sospeita que eu estaba envolvido na meada, Da Coba… Ben. Teño que recoñecer que o sóviet supremo da malandraxe andaba sempre a dar voltas como satélite kazakho darredor das místicas sentinelas, darredor das litúrxicas ‘voladoras’. E teño que recoñecer tamén que había un grupo de insurrectos mozos ‘fichados’, ‘cadastrados’ pola secreta irmandade composta de empresarios das ‘voladoras’, dos autos de choque, das casetas de tiro, auto-bares, trileiros, postos de polbo, carne ao caldeiro e á grella, etc.
En Lobeira había dous individuos extraordinariamente caracterizados para a dialéctica traxicomedia verbeneira. Ambos os dous eran doutores -cum laude- pola universidade de Bemposta, ex – compoñentes do chamado Circo dos Muchachos, pouco traballadores (que El Señor sexa louvado), moito ocurrentes e extremamente simpáticos; Da Coba, xa sabe, imaxine o seu look en 1981… Cabelo moi cumprido, americana aos cadrados en terceira man, pantalóns de tergal imitación blue jeans de pata de elefante, botíns de proxeneta marsellés, camisa aberta case ata o embigo… Unha maionesa (case) cortada entre Xesucristo Superstar e Bon Scott, cos aires de ridícula grandeza do David Bowie e unha aristocrática e orgullosa asunción da propia marxinalidade moi propia do Vaquilla. Contextualizando, Da Coba; cando a orquesta Nebraska atacaba con ‘Moonflower’, dos Santana, e pedían de bailar a algunha señoritinga de caldo á merenda, esta, instintivamente pensaba: “Ay, mi madre!”
Ambos eran medio irmáns. E ambos dous facían parte de esa lamentable (e de certo gloriosa) cuadrilla de recusados, fichados, cadastrados, impedidos, rexeitados, pola mística irmandade de empresarios das fairground attractions para o goce das instalacións lúdico – deportivas, das cales a figura estrela eran as devanditas, as marabillosas, as olímpicas, as cuasi – psicodélicas, as estridentes, e por riba de todo, as fabulosas e abaladoras da consciencia, VOLADORAS dos silandeiros e enigmáticos irmáns Chabaud.
E vostede, amigo Da Coba, flor e nata da cultura na república galega do interior, na súa infinita paciencia ben seguro que se preguntará por que eses dous rapaces eran vítimas de tal atropelo social. Benito e Toño, esa especie de Xasón bicéfalo (con surtido coro argonauta en todas e cada unha das súas performances), Benito e Toño, señor Da Coba, non podían actuar xuntos, non podían subir xuntos ás ‘voladoras’ simple e sinxelamente porque tiñan sona de saltimbanquis, de equilibristas. Unha auréola de experientes artistas de circo os acompañaba, pegada a eles como a mala conciencia, Da Coba, como ese soño repetitivo e obsesionante que vai canda vostede como a súa propia sombra, señor. E desculpe, foi o seu relato, a súa experiencia onírica os que me forneceron as pistas e a confianza precisas para lle eu falar así, deste xeito. O señor saberá disimular.
Boeno. Apenas os vin actuar xuntos nas ‘voladoras’ dúas ou tres veces. Aproveitaban un mínimo momento de distracción, de resto ben raro nos irmáns Chabaud, para montar no diabólico enxendro. Tanta brasa lle daban ás barcas, tan ben aproveitaban as inercias, as posturas, o pulo preciso e o freo necesario, que o brutal movemento do brinquedo estaba sempre a piques de destruír irreparablemente a industria dos taboadelenses Chabaud. O freo de emerxencia tornábase totalmente ineficaz. Un corifeo de siareiros arrodeaba o monstro e aínda esporeaba o espectáculo, á espera dun dantesco desenlace. Cando a ‘voladora’ chegaba ao seu límite superior o ruído do metal a mallar contra o rótulo (“Se proibe hir de pié”…), provocaba a reacción do público máis responsable, que instintivamente buscaba os seus meniños, afastábase a unha distancia prudencial e mesmo daba voces de que cumpría chamar á Benemérita.
Ben, Da Coba. O rapaz de Santa Comba, o que terminou na herdade de millo, aínda que non era coñecido directamente por min, só de vista, era un émulo deste par de personaxes. Seguramente nun rarísimo descoido dos Chabaud, montou sen ficha na barca, acompañado doutro centauro das verbenas coma el, sen cumpriren ningún dos dous a preceptiva portaxe no PUESTO DE CONTROL …
E así pasou o que pasou. Tal vez (eu apostaba a vida, Da Coba) ese xuvenil imitador de Ícaro foi nalgunha altura enxendrado nun campo de millo.
Tal vez a terra, a Telúrica Nai, esixiu a devolución do místico préstamo.
Tal vez…
Da Coba, se fai favor, diga aos señores Apicultor e Arume que xa me chegaron as novelas do Silver Kane. Que asinalen importe e forma de pagamento.
Boa noite.
Cumprimentos.
Graciñas, Medela, por facerme evocar a deliciosa melodía de "Flor de Luna", de Santana.Lembro que as rapazas apretábanse moito cando bailaban esa canción.
E lembro que os "propios propietarios" das "voadoras" subían nelas de vez en cando, pra chamar a "atracción" de potenciales clientes. Dábanlle tal impulso ás barcas, poñéndose de pé contra as súas propias normas, que o soporte metálico petaba violenta e ruidosamente contra o rótulo. Agora podo calcular a velocidade mínima coa que debía incidir contra a madeira do cartel,sen risco de que caera o argonauta.Pero daquelas aínda non oíra eu falar de enerxía potencial nin cinética, nin de aceleración centrípeta. Na miña imaxinación eran barcas que decolaban nos Miragres do Medo e voaban, como as alfombras árabes dos contos, sobre todas as terras da Limia.
Non teño nin idea de queñes poden ser nin Arume d.p. nin Apicultor, amigo Medela, polo que non podo darlles recado nenhum. Creo eso sí, que Apicultor leéu moitas de Clark Carrados.
jajajajajajajajajajajajajajajajajaj
Da Coba... É vostede o demo...
jajajajajajajaj
Esquecera o pormenor (de resto, básico e fundamental) da performance dos Chabaud na súa propia empresa (exemplo de xenial e previsor emprego do autoconsumo) para engadar os futuros aspirantes a argonautas. E é importante a violación das súas propias normas. Comportamento evidentemente transgresor, aínda que disculpábel, pola finalidade do acto.
Oíu, Da Coba, A frase "Na miña imaxinación eran barcas que decolaban nos Miragres do Medo e voaban, como as alfombras árabes dos contos, sobre todas as terras da Limia" parécelleme modestamente de Premio Nobel.
Grazas, cabaleiro. Espero poder coñecelo algún día, así como a Arume e a Apicultor.
Medela: xa me alegrou vostede o domingo, despois do Barça de onte. Saúdos e a ver se nos vemos un día (ou unha noite) destes.
Voulle dar un tirón de orellas, amigo XDC, por afirmar sen coñecemento de causa que "lin moitas de Clark Carrados". Eu, consonte ao meu elitismo, de SF só lin a Asimov, Dick e outros mestres. E tampouco tanto, que non é un xénero que me apasione.
Hai tempo, unha rapaza que eu coñecín noutra vida díxome que adoitaba soñar con que fumaba puros. Ela, que nunca fumara.
Daquela non lle dei importancia.
Logo pasou o que pasou.
Cos anos descubrín o seguinte fuchicando en Internet:
"Si se fuma un puro es que es una persona falta de madurez y con serios complejos sexuales, no sabe disfrutar ampliamente del sexo, mucho menos del amor".
Por que non daquela lin as obras completas de Freuz daquela? N'o sei. Por que non me din conta de que alí, naquel soño no que ela se vía tranquila, relaxada, pero fumando, e puros!, se había atopar un dos pesadelos da nosa relación...
Por iso os grandes escritores da literatura galega fuman charutos. Logo escriben para sublimar os seus complexos. Estamos como ao principio dos tempos do Froiz, cando agora xa é vegolsa e traballa cos de Eroski.
O que eu me "houbera" ou "houbese" aforrado en facer un máster cum laude en siquiatría kreppeliá para analiza-las chavetadas daquela por quen eu perdín a miña!
En concreto, no libro de Freuz "La interpretación de los sueños" (cito pola versión en castelán de Losada, segurmante traducida por algún xudeu arxentino un pouco gay), alí debín eu descubrir unha (ai!) das claves negativas da nosa falta de relación.
Comprendo, Anónimo. E vostede só tiña cigarillos: velaí a orixe do pesadelo. Veña, esquézao e practique os exercicios recomendados polo doutor Kegel.
Desculpe logo, Apicultor.Mea culpa,mea culpa...
Pois eu sí que lín na miña mocedade unha morea de "pulp fiction" : cow-boys, astronautas, policias... Se non lembro mal, algúns autores dese tipo de literatura eran escritores "serios" que publicaban novelas baratas con seudónimo, pra ganar unhos cartiños. Dame vergoña hasta pensalo, pero na xénese,primixenia e inconfesable, do meu interés por certos estudos universitarios que seguín anos máis tarde, estaba o tema dunha noveliña barata de ciencia ficción.
Coñecín naqueles anos un camioneiro que lía desas novelas en canto conducía subíndo costas. Mala calidade do firme, pouca potencia do motor, sobrecarga,forte e prolongada pendente,mal tempo: causas todas que obligaban ao camión en primeira velocidade, e ao "auriga" dáballe tempo de ir lendo "Estefanías". Cando lle preguntéi se non podía aproveitar pra ler algo mellor, díxome: Estás tolo!.Teño que atender á carretera!.
Graciñas, Arume d.p.,por alimentar as miñas vanas esperanzas de chegar a ser algún día un gran escritor galego: Eu non fumo habitualmente, pero de vez en cando mándolle un "charuto" (dos pequenos, eso sí).
E mira que lle ofrecín ben puros. Un lote deles. Pero puros non fumaba. Aínda se foran de chiculte, dicíame...
Alguén lle dixera que fumar perxudica seriamente a saúde, dá mal alento e quita as ganas de comer.
Intenteino todo. Parches de nicotina. Mesmo cigarros mentolados. Pero non deu collido o vicio. Se aínda fosemos dou personaxes balzaquiás, poñeríalle un estanco para que fose collendo o vicio.
Ao final, deixeina por imposible e seguín fumando eu sozinho. Xa encontraría outra que me liase os puros.
Eu non debín de ler máis alá dunha dúcia desas novelas populares, que teño en gran consideración. Non por ningún desprezo, senón porque tiña a miña disposición todas, que vén sendo o mesmo que dicir ningunha. Tampouco lía todos os "chistes", senón que tiña o privilexio de poder seleccionalos. E eu funme decantando polas novelas que publicaba Reno, pero sobre todo Bruguera nunha época que editaba moitas e moi boas: todas estaban a miña disposición.
Aquelas novelas populares eran extraordinarias -e, en efecto, moitas delas escritas por autores "serios" en plan alimenticio- por moitos motivos. Sobre todo porque eran un marabilloso medio de alfabetización e de culturización dos sectores -digámolo así- máis populares que apenas foran escolarizados, quen as consumían a eito, diariamente, semanalmente. Non erraría se dixera que milleiros e milleiros de aprendices, albaneis, camioneiros, empregados, etc., aprenderon nelas destrezas de escritura, a expresarse con corrección e a ter un vocabulario máis amplo.
Foi algo espléndido, único. E sei do que estou a falar.
Ao meu abó trouxéronlle dunha vez de Canarias un deses puros enormes que se venden como "souvenir".Debía ter case un metro de longo.Viña nun fermoso estuche, e coa conseguinte fermosa vitola. A miña abóa cansóuse de berrarlle que aquel puro era pra poñer de adorno, non pra fumar. Pero él,pragmático, foino escachando aos poucos,e liando en papel de fumar a correspondente picadura. Logo, disfrutaba do "pito" mentras a abóa lle decía: "Xa estás fumegando!".
Lembro ben a editorial "Reno", na que lín moitas novelas. E tamén "Bruguera".Cantos lín desta última!.Mesmo dunha colección de libros pequeniños que saíra, e que se chamaba "...en 25.000 palabras".
En Remo, La romana de Alberto Moravia. Tamén publicara Emmanuele de idem. Arsan.
Eu non lin ningunha das dúas :-)
En Reno, non en Remo. En que estaría eu pensando?
E Sinué el egipcio, de Waltari (escríbese así?).
Lembran aquela canción de Tony Christie "This is the way to amarillo"? A cara "B" era "Don´t go to Reno".
Este blog é mellor que as pilulas, prá memoria.
Amarillo, of course. Despois do comentario de Arume, tamén lle teño medo ás "Capitales".
Este é o camiño a Amarillo.
Non vaias a Reno.
Non votes por Zapateiro. Non votes ao Bloque.E non estou pedindo o voto pra mín, conste!.
O disco de 45 rpm de Amarillo era de vinilo cor amarelo. Ten razón, da Coba, que esto é millor que as pilulas (esdrúxula ou grave?).
Apreciado señor Arume dos Piñeiros:
Desde os xa lonxíncuos tempos do home de Cro-Magnon, a humanidade divídese en clases sociais, malia as temerarias tentativas dalgúns de negar tal evidencia.
Infelizmente non o coñezo, Arume, fóra do admirativo e sincero aprecio que lle profeso, e non sei de donde vén sendo vostede, é dicir, se procede da voráxine citadina ou da bucólica (en aparencia) galaxia aldeática. Mais sospeito (sei) que co seu enciclopédico saber, as súas habelencias intelectuais e a súa infinita paciencia será quen de soportar estas liñas, disimulando simultaneamente as carencias que delas se desprenden.
Arume, como ben sabe vostede, a humanidade divídese en catro grandes e monolíticos grupos, en catro clases cuasi-impermeábeis entre sí. A categorización, a articulación destas clases fundaméntase na relación de cada unha desas clases, é dicir, dos membros compoñentes de cada unha delas, coas argonáutico-festeiras barcas-‘voladoras’ dos taboadelenses irmáns Chabaud.
O primeiro de eles, os brahmáns, está composto por aqueles mozos que teñen absolutamente prohibido o accedimento, o uso, o goce e mesmo o achegamento á devandita atracción festeira, en solitario ou en compaña de calquera outro. Non en van aproveitan as más artes aprendidas na Universidade de Bemposta para protagonizar os máis atrevidos espectáculos de acrobacia aérea nos que se despreza tanto a vida propia como a propiedade allea.
A súa reputación de homes intrépidos e indómitos, sen Deus nin amo, provoca terríbeis ollares e actitudes de prevención por parte da patronal das fairground attractions, así como da Benemérita, mulleres e homes de orden, proxenitores de mozas en idade de merecer,concelleiros conservadores e ministros da igrexa católica.
O seu referente musical é Rocío Dúrcal (Etapa mexicana).
Fuman Ducados, Jean, 46 e Rex.
Beben cubatas de Veterano.
O seu heroe é Charles Bronson.
Teñen ocasionais casos amorosos -secretos e prohibidos- con señoras da súa aldea.
A segunda clase, ou casta, a dos chatrias, está conformada por mozos que padecen unha recusación parcial, un rexeitamento técnico de grao medio, que non chega a absoluto, mais que si obstaculiza o desenvolvemento regular das súas capacidades e aptitudes no campo do lúdico, do lecer, do verbeneiro e do festeiro. Son eses mozos que imitando os brahmáns e coa pasaxe do tempo chegan a adquirir un coñecemento tal das artes náuticas, que sen poderen chegar a se comparar cos seus sinistros mentores, fan pensar que a súa singradura debe ser atallada a tempo para impedir que as cousas se tornen irreparábeis. É por iso que a patronal argonauta prohibe a ocupación da barca-‘voladora’ a dous chatrias ao mesmo tempo. As consecuencias, Arume, podían ser irreparábeis. Mais, por veces, o remedio élle peor do que a mesma doenza, Arume. Vostede, se for aldeático, ben sabería que a barca-‘voladora’ precisa un contrapeso. De aí que os malignos chatrias conviden, coa súa melodiosa voz, e despregando todo o seu barato engado, a rapaces pequenos, que aínda que por propia natureza non foren capaces de empurrar a barca ata mallar contra o rótulo, precisamente polo seu escaso peso son perfectos para o oculto propósito do chatria-argonauta: Un contrapeso que contrarreste a inercia e a forza gravitacional,, e que ao mesmo tempo non atrapalle, por leve, a necesaria axilidade e mobilidade do volátil navío. Axuda, infelizmente, que o rapaz non tiver os vinte pesos que custa a iniciática viaxe. E digo iniciática, Arume, porque todos pasamos por ese horríbel transo. Quen na galaxia aldeática non foi de “paquete” nunha ‘voladora’ cun chatria??? E aínda os nosos antropólogos van cara ás abas do Kilimandjaro, por ver de estudaren os ritos de iniciación dos adolescentes indíxenas…
Os chatrias non provocan especias medidas de seguranza contra eles. Tal vez unha certa, unha xenérica prevención, un ollar de esguello.
O seu referente musical é Barón Rojo.
Fuman Winston de contrabando.
Beben Larios con tónica.
O seu heroe é Bruce Willis.
As súas mozas responden aos poéticos nomes de Honesta, Pura, Digna, Adosinda, Clamores, Dolores, Josefa, Milagros, Manola, Castora, Jesusa, Serafina, Saladina, etc.
Na terceira clase, Arume, a dos vaishias, militan todos aqueles mozos que non teñen impedimento ningún na utilización das ‘voladoras’, tanto se o fan en solitario como en compaña doutros. O único problema e a súa proverbial escasez de activo circulante. Non sempre hai vinte pesos para invertir en Industrias Chabaud. Non provocan prevención social ningunha nin comentario despectivo por parte das forzas de seguranza do estado e/ou elementos patrióticos. A igrexa católica obsérvaos con resignada indiferenza. Fóra dalgunha liorta ocasional ou colateral e non buscada bebedeira, pasan desapercibidos.
O seu referente musical é Led Zeppelin (ás veces, Jethro Tull)
Fuman Chester, e cando hai posíbeis, Marlboro e cigarros modernos.
Beben botellíns Estrella e ‘chupitos’ de licor café de garrafón.
O seu heroe é
Non lles disgustan as señoritas de caldo á merenda, que responden aos pragmáticos nomes de María José, Marina, Mari Cruz, Susana, Cris, Chus, Marisol, Mari, Loli, Bea, Montse, Itziar, Victoria, Marisa, Nuria…
Por fin, amigo Arume, e sei que estou no punto de agotar a súa paciencia, a derradeira clase social, os shudras. Estes, nin fuman, nin beben, nin pisan un terreiro de festa.. Nin saben o que son as ‘voladoras’ nin maldita falta pensan que lles fai. Só pensar no cartaz de tacholas cor purpurina que reza PUESTO DE CONTROL lles provoca un sarpelido.
Son bos estudantes, demasiado bos. O seu refulxente exemplo ten provocado máis dun terríbel castigo a mozos doutras clases sociais que non son quen de teren o seu éxito nin queren acompañar o seu modus vivendi. Son futuros rexistradores da propiedade, notarios, enxeñeiros da NASA, terríbeis fiscais, tal vez empresarios despiadados. Detrás do seu beatífico medio sorriso acostuma vivir un secreto trauma. Aspiran a tomar un café con leite (corto de café y sin espuma, por favor) cunha desas bonecas de colexio laico privado carísimo e fashion nos suburbios das capitais episcopais galegas.
Os seus referentes musicais sonlle Glutamato Yé-Yé e Wagner.
Non fuman nada, nunca, nin na voda da irmá.
Beben auga, moita auga. Nestea, algunha vez.
As mozas que os traen tolos chámanse Wilma, Camila, Diana, Sofía, Nati, Maruchi, Kitty, Arcángela, Leti.
Tiña razón aquel que dicía que todo o que pasaba no mundo xa tiña pasado antes na súa aldea.
Saúdos, Arume.
Estou seguro de que cada unha destas especies sociais ofrece infinitas combinacións, porque nunca se dan en estado puro, agás os primeiros. Mesmo estes, se me apura, poden desviarse por mor da súa afección, momentánea e ocasional, polo chamado "ataúd", un combinado de cervexa e mentolado, completamente letal para as outras castes.
Dentro da primeira, que tratei cando en tempos atendía a un toldo nas festas da bisbarra pontesa (quero dicir: Roupar de abaixo, Paraño, Saa, Recemel...), caben múltiples variantes. Entra, por exemplo, o devoto das festas de san Vicente de Pontoibo (finais de Xaneiro, xeo ata nas cellas mesmo na sesión vermú) que, cunha camiseta de Construccións Dios, claramente superada polo musculame, vai de pe nos coches de choque, agarrado á barra como se estivera nun striptís de Atlantic City, e move o volante coa bota militar de renganche do seu irmán.
En todo caso, estou á espera de futuras taxonomías sociais.
Agradecido e eternamente seu, don Júlio.
jajajajajajajajajajajajajajajajajaja
es.......ca........cho...........coa...............risa
jajajajajajajajajajajajaj
e......co..........dos..........autos............de ...........choque................jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaj
Xenial a comparanza.......jajajaj....con Atlantic City........
non dou respirado....
Estimado Arume: Vostede e máis os señores Apicultor e Da Coba (e a carbonaria sociedade dos Anónimos) son o meu cordón umbilical coa realidade, co tempo e co espazo. Por iso, e tendo en conta o estado de abandono e triste esquecemento en que me teñen sumido don Marcos Valcárcel e o sabio profesor González, atrévome a lle escribir para comentar as novidades que hai por este país onde estou a penar, si, a penar por adiantado os meus moitos pecados. E que vostedes, Arume, máis ca espectrais e cibernéticos amigos son xa como eses concuñados que nunca tiven e que sempre quixen ter, eses arquetípicos, emblemáticos e heráldicos concuñados que teñen máis cartos ca nós, unha muller ben máis bonita cá nosa, eses concuñados que fan aumentar as vendas de tranxilium 10 despois da cea de noiteboa, eses concuñados que sempre teñen alguén que lles retira as multas de radar, eses concuñados, por fin, que teñen fillos (aínda que pareza mentira) máis túzaros do que os nosos…
Como ben sabe, señor dos Piñeiros, Modesto de Cospeito e un servidor fomos destinados provisoriamente, acho, a Moynaq, na foz do Amu – Darya, ese lamaguento ex – río que en tempos morría no que hoxe é o ex – mar de Aral. Non nos explicaron grande cousa sobre o noso cometido. O helicóptero deixounos a ambos operarios e máis o antediluviano Ikarus no medio e medio dun areoso e ermo planalto, en que o único punto de referencia era o eterno (sen principio nin fin) tubo fóra de servizo que en tempos transportaba a auga captada no ex – río, para regar as inmensas herdades de algodón das que vivían os coitados dos ex – labregos karakalpakenses. As beiras do Amu – Darya fican agora a máis de oitenta quilómetros.
Vamos ao conto, amigo Arume. O noso cometido, simple e aborrecido, era cortarmos o tubo en segmentos dun metro de cumprimento, cargalos no Ikarus e amorealos na estación do tren de Moynaq, onde serán transportados ata Nukus, transformados en láminas de chapa destino Bangla Desh, etc.
O cumprido tubo, sen principio nin final, descansaba sobre unhas enormes grampas ou zapatas de concreto en forma de xigantesca tesoura; o conxunto, Arume, lembraba o futurista aerotrén do filme “Fahrenheit 451”.
E comezamos. Teño que recoñecer que me senta marabillosamente ben madrugar, Arume; élle vida virtuosa traballar desde tan cedo, respirar o ar puro da mañá, con actividade constante e suavemente concentrada, cunha dieta sobreabundante en vexetais e paguiña cobrada puntualmente as sextas feiras. E tiñan razón os vellos: Canto máis se castiga o corpo, máis se eleva e tranquiliza o espírito. Xa o dicía a miña avoa de Lobeira: “A preguiza é nai de todos os males”.
O ritmo de traballo élle levadeiro, aínda que cumpra sempre unha constante atención. O ruído da rebarbadora é agora ben diferente de cando trababa na ferralla oxidada. Élle, Arume, unha especie de xordo zunzún brmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm, que só eleva o timbre cando atopa un metálico espárrago no seu camiño ñññññññññiiiieeeeeeeeeeekkkkkkkkkkkkkkkkkkkkk, zunido que evoca máis o son guitarreiro dos primixenios Uriah Heep que a indixesta interpretación dos King Crimson. Modesto de Cospeito, o rexo terrachairego e máis un servidor turnámonos cada media hora: El colle a cortadora, eu apaño nos tubos coa pluma do Ikarus, e así cada pouco, remudando. Escoitamos música a todo o volume, Arume; non ría, mais penso que acertamos cando trouxemos canda nós as fitas da Pastorina (“En la gaita traigo Asturias”), o “Cara escura da lúa” dos xa un bocado espesos Pink Floyd, “Las de la intuición” en versión spanglihs, da Shakira, e a novela “Muerde la bala”, do xenial Keith Lugar, ben acaído para a hora do bocadillo. Agradezo inmenso, e téñoo presente nas miñas oracións, Arume, por me enviar tan xentilmente o lote coas obras completas de Luger. Transmita tamén os meus cumprimentos ao señor Apicultor.
E andabámoslle nela, Arume, cando aparece o Nissan Pathfinder da compañía. Aínda ben que non estabamos a botar o cigarro… Espero darmos unha boa imaxe, de persoas serias e responsábeis. Vén a supervisora! É claro, a hora do bocadillo… A rapaza, despois de nos saudar breve e laconicamente, fainos solemne entrega das bolsas de sobrevivencia ACNUR: Bocadillo de peixe espada e lámina de queixo (pan de molde), botellín de karakalkola e unha especie de pomelo, ou similar e estraña froita oriental. A supervisora élle catalá, chámase Maria Antònia, aparenta arredor de trinta anos e desprende elegancia, eficacia e europeísmo polos catro costados. Combina con certa maxestosidade e un desleixo moito chic chaquetón engraxado Barbour con suéter Burberry, pantalón e botas Panamá Jack. Morena. Tres quilos por riba do peso ideal. Pasaba perfectamente por doncela de Diana de Gales. Cóntanos, en canto nós damos cabo do peixe espada do Aral, e a fumar ducados constantemente, que é de Castellví de la Marca, no Penedès. Que seu pai tiña un camión. Que a súa mamá ten un bar. Que o seu avó tiña un banco de carpinteiro. Que a súa avoa ten un apartamento en Calafell Platja. Que ela ten o título de económicas e un máster en Harvard. Que o que ela realmente quería era ser cociñeira, pero que a escola de París, si, a de Roger Vergè, custaba seis millóns das antigas pesetas por ano, que estivo a piques de lles pedir emprestados os cartos aos pais (glubs!!!!), que se algún día atinxía o diploma en París había coller o traspaso dun baixo en Vilafranca, porque ben seguro que lle outorgaban, xa de inicio, unha estrela na guía Michelin; que botara a instancia para a transnacional da ferralla en New York, cando andaban a despezar o restoballo das Torres Xemelgas, que esperaba aforrar uns cartiños para poder solicitar a excedencia e estudar cociña e facer realidade o seu soño…
María Antònia élle, Arume, boa moza, unha muller case bonita. Case, Arume. Un estilo Miriam de la Sierra y de Urquijo, para se facer vostede unha idea. Case bonita. Fáltalle ese “case” tan pequeno, tan etéreo, tan sutil, que é por veces tan grande, señor. Maria Antònia inspira “seny”, racionalidade, educación, nacionalismo moderado e nada independentista, educación, relativa bondade, hipoteca alta, mais non asfixiante, TV de plasma, ferias en Exipto, tal vez un safari fotográfico no Kilimandjaro, separación de bens, festa de aniversario, un chalet acaroado en Collserola, crisis matrimoniais periódicas e reconciliacións por decreto lexislativo, móbeis de Ikea e antigüidades venecianas, domingos aborrecidos no mes de maio en Calafell, visitas no mes de agosto a Lobeira, cos dous filliños, que son moi listiños, e moi educadiños, e moi bonitiños e moi boíños, e son moi cariñosiños coa bisavoa Concha, e que non hai quen os ature, e que falan catalán cos nenos das Quintas… Todo tan previsible, Arume, tan de matrimonio Arnolfini, tan preguizosamente rutineiro, tan confortabelmente angustiante, tan nas antípodas do que me inspira Kyra Argounova, a cal, que El Señor me perdoe, antés de máis, de inicio, sen pensar en cousa ningunha, na antítese da racionalide e do sentido común, e tornando trapallada automaticamente todo o anterior, inspira PROCREACIÓN.
Ao conto, Arume. Voltamos para a faena. Maria Antònia dixo que tanto lle tiña quedar onda nós que ir para Moynaq, que podía traballar algo coa computadora portátil, que se queriamos un pouco de té con mel que traía nun termo. Tomamos té, fumamos, recuperamos folgos e mesmo nos invadiu unha rara sensación de euforia; estabámoslle cómodos, Arume, coa glamorosa supervisora, alén de que nos achegaba sensación de civilización naquel páramo desolado, que tornaría verxel, por comparanza, a superficie de Marte. Eu estaba na pluma do Ikarus a cargar, e cargar, e cargar… E Modesto a cortar, e cortar, e cortar…E a Pastorina a cantar, e cantar, e cantar… E a supervisora a teclear, e teclear, e teclear… E foille unha risa, Arume, porque a fita da Pastorina, lembra?, a que atopamos entre as vísceras do barco aquel en Tolmacheva, a condenada da fita de cassette estaba tronzada e de súpeto virou dentro da radio e deu en soar do revés… jajajajaja… Aínda río, Arume; máis que a ‘Sección femenina de coros y danzas de la hermandad sindical de labradores y ganaderos del partido judicial y comarca de Mieres del Camino’ parecía unha retransmisión folclórica de Radio Ulán Bator; Modesto escachaba coa risa e falaba de mensaxes ocultas, de invocacións ao demo… Púxose a bailar por riba do tubo, imitando unha Fender Stratocaster coa rebarbadora; aquello era morrer coa risa; coa funda verdoso-azul-grisalla e cos lentes de soldador, Modesto era un híbrido entre a abella Maia e un patriótico kamikaze. Era cousa de velo bailar por riba dun tubo ao xeito ieié, a máis de 5.500 quilómetros de Cospeito… Ben se lle coñece nas mañas, Arume. Sospeito que é neto de gaiteiro. E Maria Antònia tamén ría, e iso que tentaba manter as formas. Na altura que a fita tornou á súa posición natural, e Pastorina recuncaba coas louvanzas ‘a la gaitina y el pandeiru’, decatámonos de que entre unha nube de po, algunha cousa se aproximaba de nós. A supervisora tornouse seria, moi seria.
-Modesto, baixe do tubo, apague a cortadora e pousea moi de vagariño no chan.
-Medela, baixe do camión. Apague a radio. Estéanme quietos os dous, e sobre todo, non se me movan e non dean un chío. Apague o cigarro, ouviu, Medela!?
Non vai acreditar, Arume. Non é preciso comprar os DVD da National Geographic para descubrir o pintoresco do mundo.
Un paisano, cabaleiro nun burro, estaba a berrar coma tolo cara a nós, disparando para o ar cun kalashnikov.
Os tiros soaban mesmamente como folión ofrecido por emigrante en noite de agosto; vostede ben me entende, Arume, seino.
E parecía mesmo enlouquecido, repetindo constantemente, como se dun mantra se tratase: KALPAK!!! KALPAK!!! KALPAK!!!
- E logo ese que está a berrar, señorita??
-Ah, uffffffff, aínda ben (‘gràcies, nostra dona de Montserrat’), é que estamos no sagrado territorio do clan dos Man'g'ıt Jetimtay, e seica hai que pór o chapeu negro na cabeza. Un home non pode andar por aquí sen chapeu. ‘Kalpak’ significa sagrado chapeu. É certo, díxome o xerente que os avisase, que é un costume local moi enraizado, esquecín, desculpen, como andaban vostedes a pintar a cana verde…
Toda a miña vida, Arume, pasara por de diante de min como caleidoscópico zootropo.
O paisano (clon de Anthony Queen) baixou do burro, achegouse paseniñamente, sen se decatar de que Modesto se guindara silandeiro para o basculante do Ikarus e andaba a remexer entre as lonas. Home cheo de recursos, espilido e pragmático, o argüído neto de gaiteiro deseguida argallou dous chapeus de cartón negro cos restos da caixa de zapatos na que vostedes e o amigo Apicultor me enviaron as obras completas dese Homero do século XXI, Keith Luger, caixa que eu aproveitei para traer algo de merenda e un pack de cervexa Klin, por se os de ACNUR non se estiraban como é debido. Carafio, sen vostede sabelo, a case 6.000 quilómetros, Arume, salvounos o pelello. Agora ben vexo que a avoa ten razón, señor. O que enviamos para o Ceo retorna por duplicado.
Puxemos daquela os chapeus. Modesto parecía mesmo un relapso reo da Santa Inquisición. Maria Antònia puxo un pano na cabeza, exactamente ao xeito da miña avoa Concha, ou da británica raíña Elisabeth, un pano decorado profusamente con ferraduras de cabalo, fustas e relambidos xogadores de polo. O pano rotulaba ‘Nukus Karakal Jockey Club’. Mesmamente lle daba un aspecto de cortesá Windsor.
Eu ofrecín un cigarro ao paisano, que aceptou de inmediato. Modesto achégalle lata da infame cervexa ex –soviética que traïamos canda nós, e, se ben fixo o paripé por se tratar dunha bebida alcohólica (tirouse polo chan, botaba terra por riba do cabelo e da barba), mal pasaron trinta segundos cando xa estaba o bo do home sentado nun penedo onda nós, a fumar, a beber, a rir e a contar a repetida historia indoeuropea do pope que arranxara trato carnal cunha bonita freguesa, casada, e con inoportuna intervención da criada – amiga do pillabán ministro da igrexa ortodoxa e do burlado marido da outra, etc. etc. etc. Claro é, el, por ser, é musulmán. Mais nada entende de política. O único que quere é que lle concedan o traslado ao fillo que ten destinado no cosmódromo de Baikonur, que é un rapaz moi serio, un ‘chaval’ moi preparado, que non é porque sexa o seu fillo, mais os xerentes da base apréciano moito, quérenlle ben, e agora ascendeu e ten máis de trescentas persoas ao seu cargo. O que pasa é que Baikonur é moi lonxe, el vén fin de semana si, fin de semana non, non gaña para gasolina, ten a moza aquí en Moynaq, se puidese regresar, casaban, e o futuro consogro prometeu catorce dromedarios e unha entrada para un apartamento. Se a señora supervisora puidese ou quixese falar con alguén…. Ben seguro que…
E respiramos, Arume, cando por fin o paisano marchou. Por non dicir, nin dixo nin o seu nome, mais levou canda el, como botín, tres latas de cervexa Klin, un mazo de Marlboro, un bolígrafo, un chisqueiro BIC, dous botellíns de kakakalkola, un disco de reposto da rebarbadora e o emblema do Barça, Arume, tirado das chaves de contacto do Ikarus.
Debe ser tarde xa. O lonxíncuo laio do muecín denuncia mediodía. María Antònia lémbranos que son horas de almorzar, que reservou nun restaurante de Moynaq, que imos a mantido, café incluído, que qué máis queremos, que é para nós coma unha nai, e todos rimos, Arume, xa se sabe, amigo, xente nova…
Quería que vise, señor, o estabelecemento que responde ao aparatoso nome de Hotel Restaurant Oyobek.
Vostede é fino e reputado cinéfilo, pois non, Arume? Ha lembrar o filme “O reporteiro” de Antonioni. Recorda o sórdido “hotel” onde Jack Nicholson é asasinado? Pois élle o Hilton Hotel Abu Dhabi comparado con este monumento á formica e ao coiro sintético.
Que ll’imos facer. Sentamos, resignados e famentos, e unha mociña duns catorce anos, moi bonita e con evidentes síntomas de avitaminose desata a cantar a eterna ladaíña:
-No menú, de primeiro hailles entremés, caldo karakalpak, ensalada de caranguexo do Amu – Darya, sopa Borsh. De segundo, ovos estrelados Glazki, hamburguesa con patacas, patacas con caviar, e estufado de dromedario con patacas. Ah, patacas quedan só para un.
-A sopa é da casa, rapaza???
-Si. Aquí toda a comida lles é caseira, élles todo natural.
Ben seguro que a sopa foi fabricada en Iowa, a partir do refugallo da industria petroquímica. Os caranguexos, mmmmmmmmm, falan bretón. As patacas… Vilar de Barrio. Todo, dun xeito ou doutro, provén evidentemente da natureza.
Na sobremesa parolamos e parolamos. Non tiñamos gana ningunha de voltar para o condenado páramo. Maria Antònia estaba un bocado achispeada, e iso que o infame viño do menú era unha mestura de aromas a Coes, Viñalar, Savin, Campante e líquido de freos. E mesmo rimos cando o Modesto preguntou á rapaza con voz engolada tipo cantante de orquestra de terceira categoría:
-Y luego tú cómo te llamas?
E sen se dar por vencido, entroulle á catalá:
-Usted no tiene novio, señorita supervisora Maria Antònia?
Xente nova, Arume, xente nova. Qué lle vou dicir, amigo, que vostede non saiba.
-Ouviron, Medela e… e… Modesto, que me acaban de chamar de Nukus. Vén o helicóptero, que a empresa dá a tarde libre. Ah, si, hoxe é venres, antes de me esquecer, teñan o talón. Aínda podemos mandar outro cafeciño. Convido eu.
-Señorita: Pódese pedir unha copa?
Ata breve, amigo Arume, cumprimente, se os coñece, os outros cabaleiros.
Por que non crea un blo, Medela?
Razas
JON JUARISTI
ANXO Quintana, el jefe de los antisemitas del BNG, afirma que los verdaderos gallegos no son violentos. Estos nacionalistas son la pera. Don Manuel Murguía, inventor de la raza gallega, un retaco que medía metro cuarenta, sostenía que los auténticos gallegos eran celtas rubios, altos y de ojos azules. Los gallegos tienen la desgracia de haber oído decir sobre ellos, desde los tiempos del Estebanillo González, la más florida sarta de sandeces que se haya vertido a propósito de cualquier comunidad española, y lo peor es que las mismas son, en una gran parte de los casos, producto tan autóctono como el queso de tetilla. Hay gallegos altos y gallegos bajitos, gallegos violentos y gallegos pacíficos (que, afortunadamente, son los más), y luego están los gallegos nacionalistas, que parecen una caricatura de los nacionalistas vascos y que hacen de sus paisanos caracterizaciones dignas de chistes de gallegos.
¿Qué quiere decir Quintana? ¿Qué los gañanes que se liaron a tortas con los guardaespaldas de María San Gil en la universidad de Santiago no eran gallegos? A mí, desde luego, no me dio la impresión de que fueran rastafaris jamaicanos. Es verdad que una de las grupis que andaba por allí jaleándoles llevaba un letrero en portugués: Espanholistas fora de Galiza. Cierto, pero debía de ser la excepción. Los demás tenían acentazo de Viana do Bolo, y a un par se les notaba la geada. La portuguesa, seguramente, vino a España con un Erasmus y se encontró con que en Santiago nada podía ser tan apasionante como linchar espanholistas (comprensible, si la alternativa que se le ofrecía era estudiar Análisis Financiero). Para que luego digan que las propuestas de Rajoy son absurdas. A toda becaria portuguesa que llegue a la universidad de Santiago habría que hacerle firmar, cuando se matricule, un contrato de integración que le comprometa, mientras dure su estancia, a respetar las pacíficas costumbres locales. En primer lugar, antes que cualquier otra, la pacífica idiosincrasia gallega, que diría Anxo Quintana. Es una pena que en Viana do Bolo no conozcan el pensamiento antropológico de Anxo Quintana. Es trágico que lo hayan ignorado los irmandiños, los gerifaltes de antaño de Valle Inclán, los del Exército Guerrilleiro do Povo Galego, los grapos de Vigo, el clan de los Charlines y hasta Franco, que era del Ferrol. Si todos ellos hubieran sabido que los gallegos son de natural pacífico y dialogante, la de disgustiños que nos habríamos ahorrado.
Desde Murguía a Anxo Quintana, la utopía nacionalista gallega -un país de celtas pacíficos, altos y rubios- ha ido estrellándose reiteradamente contra la realidad, sin que a los teóricos de la raza se les moviera una pestaña. Anxo tiene un problema, y es su racismo inconsciente. Hay racismo donde alguien se inventa características físicas o morales para definir a una comunidad. Quintana no es menos racista que Murguía. Éste se autoexcluía de la raza de elfos arios con que su imaginación poblaba las castañeiras sacras; Quintana excluye de la galleguidad genuina a los pobres imbéciles que acosaron en gallego (y portugués) a María San Gil. Pero la exclusión es un truco para producir la raza política. Si los gallegos son por naturaleza no violentos, ¿qué son los violentos de Galicia? No gallegos. Intrusos en el suelo nacional, como María San Gil.
Es una trampa retórica de la que el PNV ha abusado hasta la saciedad: los de ETA no son vascos; o sea, son como los españoles, genéticamente violentos. Pero si los españoles son genéticamente violentos, es natural que los hijos de Aitor y Breogán reaccionen violentamente contra ellos. ¿Que apedrean en Guernica a Jaime Mayor Oreja? Normal, según el PNV. Jaime es español y la violencia congénita de los españoles destruyó Guernica. Éste es el truco: el nacionalismo -de cualquier color- suscita la raza política que precisa (puesto que tanto las razas biológicas como las razas morales son delirios), creando la fantasía de una España violenta contra la que levantar a las razas pacíficas. O sea, a los portugueses de Viana do Bolo.
http://www.abc.es/20080217/opinion-firmas/razas_200802170247.html
Oia, Medela: hai tempo que non leo a ningún escritor galego que me guste tanto como vostede. E ademais tenme intrigado coa Kyra, e agora coa Antònia.
Despois de ler a Medela (e sentirme o máis honrado home do mundo por ser o narratario das súas aventuras e, polo tanto, xa famoso na mellor literatura galega hic et nunc e na Habana), o artigo de Juaristi foi como a fita da Pastorina convertida nunha Real Banda de Gaitas de Ulan Bator.
Pode crerme, amigo Medela, que a miña familia é toda de Mieres del Camín e que estarían tamén ben honrados se aceptara que lle mandara fitas de tonaes de Juanín de Mieres? Deame a dirección que llas mando.
Estimadísimo don Arume: A literatura galega, e mundial ten un antes e un despois: A pormenorizada descrición da reencarnación do cíclope odiseico na persoa do peón de Construcciones Dios, prometedor émulo de Emerson Fitippaldi, no mitolóxico Pontoibo.
Canto rin, Arume, canto rin.
Grazas.-
Desculpe a desatención, Medela, andan as horas revoltas. Acabo de pórme ao día, pero non entendo a súbita case desaparición da Kyra.
Ignoro se estará vde. a sufrir sutil proceso transmigratorio. Sexa, en todo caso, para ben.
Señor González: Estoulle de camiño para Nukus, a escribir na computadora de Maria Antònia; vamos de helicóptero, xa se ve o rótulo de MacDonalds...
Le mantendré informado.
Seu,
Medela
Empezamos cunha nota aclaratoria ben severa e non damos acabado coa narración entre heroica e satírica de Medela. Pídolle, ao amigo anfitrión, que preserve documentación desta extraordinaria relación uzbeka, con excursos sobre barcas voadoras que aterrizan en campos de millo.
Pode titularse este relato do Sallinger de Lobeira:
Un uzbeko antre o millo.
Amigo Arume: Vostede ten o don de me facer rir... jajajajajaja... E sempre estimei ben as persoas que me fan rir...
Tomara eu que fose apenas narración.
Tomara eu estar agora mesmiño a apañar as patacas en Lobeira, co psicodélico 'carretillo' con radiocassette Sanyo (comprada de contrabando en Portugal) a escoitar os laios de Roger Waters, tal vez dos Motorhëad.
E só unha cousiña off the record, querido Arume, penso que o primeiro comentario ao que vostede alude, é unha falta de consideración para don Marcos, que, ben, estoulle enfadado para el, porque xa podía buscarme un 'puestiño' en Ourense (só tiña que falar cos señoritos do Liceo), mais o desafortunado comentario é a todas luces unha inxustiza.
Saúdos, amigo Arume, cumprimente da miña parte ao cíclope-peón de Construcciones Dios.
Quero dicir, Arume, o primeiro dos comentarios á nota aclaratoria.
Ah, esquecía...
Eu son de Lobeira, como a miña avoa.
Modesto é de Cospeito.
Kyra é de orixe rusa.
Ryma de orixe tártara.
Maria Antònia é catalá.
O paisano que nos asaltou, Karakalpak.
Os das voladoras, suevo-vándalos.
O peón de Construcciones Dios, de Atlantic City.
Vostede, de Mieres.
La Pastorina, de Willendorf, Austria.
Juanín de Mieres, patrimonio da humanidade.
Quen vén sendo aquí uzbeko, aparte do estado plurinacional???
jeje
Cumprimentos.-
E os fentos para limpar as fonduras da alma de onde veñen sendo?
jajajajajajajajajajajajaja
Los puso allí El Señor...
Touché, amigo Arume, é vostede perigosísimo...
Saúdos
Antes de máis, benquerido Arume (Posso tratar o senhor doutor por você?) antes de máis debo agradecer o paquete que me foi entregado pola miña patroa, Kyra Argounova, tan pronto como cheguei de Moynaq.
Vostede é home de mundo, Arume, persoa estudada, intelixente e preparada para asumir con suceso os múltiples desafíos da vida moderna. Ben se lle coñece, señor, ben se ve que foi educado esmeradamente e conforme ás normas reguladoras dos comportamentos que han de observar as persoas civilizadas. E digo isto, porque de contado me chegou o que vostede graciosamente me prometera, unha escolma de cancións en formato cassette dese mito, da chamada czarina do ‘pandeiru’, da xa coñecida como a Venus de Amievo, da Kiri Te Kanawa da conca mineira, da anxelical musa dos transportistas rodoviarios (Jimmy Hoffa éralle devoto dela) e dos soldados non profesionais e sen graduación (de León para o norte), a enxebre, alén de simpática e sempre elegante intérprete de música tradicional asturiana, a señora María Rosa Quero García, a.“La Pastorina”:
Y con un beso en mi frente
agonizando decía:
Adiós niño abandonado
adiós niño para siempre…
Así decía la viejina
cuando la acechó la muerte
yo le besé las dos manos;
desde entonces en el mundo
soy un niño abandonado.
Caminando por el mundo
cuantas mujeres veía…
y siempre en mi pensamiento
¿Quien será la madre mía?
Nunca la podré encontrar…
Soy un niño abandonado
en lo oscuro de un portal.
Caminando por el mundo
¿Dónde está la madre mía?
Si a mi madre no la encuentro
de pena me moriría…
(Aquí foi que se revirou a tronzada fita no ex – areal de Moynaq, e deu en soar do revés, na altura en que fomos asaltados, etc.)
Aínda dirá que non se lle arrepía o corpo, Arume, pois non? Vostede, fino e intelixente fabulador de historias. Vostede, Arume, o Lord Byron do eixo Vigo-Mieres…
Alén desa escolma e dos bonus-tracks materializados no marabilloso e descatalogado single do asturiano universal (q.e.p.d.) Juanín de Mieres “Vite baxar per el monte”, como colofón desa inesperada e abraiante caixa de Pandora que recibín en Nukus, selada de inicio no bar do Villalón (Rúa de Reza, Ourense) e con múltiples carimbos (atravesou 1.039 repúblicas populares, ex – populares, islámicas, repúblicas liberai, pro EEUU ou non aliñadas, monarquías, estados libremente asociados, federacións, nacionalidades históricas, confederacións, comunidades autónomas, protectorados, estados, países e nacións sen estado antes de chegar ao seu destino), encontrei, sorprendido ao tempo que grato, un par de suxerentes obras mestras da literatura mundial: “A lexión dos condenados” de Sven Hassel e “Neve en abril” de Rosamunde Pilcher. Reitero o agradecemento. E que aquí, Arume, na cara escura da lúa, mesmo nos parecerían enxebres e saudosas as barrocas reviravoltas dos creadores do rock-repolo, os Tangerine Dream; agarramos desesperadamente e con cega determinación calquera cousa que nos devolva á realidade, ao espazo e ao tempo.
Con estes pormenores, con esta demostración de elegante e inesperada sobreabundancia, vostede honra os seus devanceiros, Arume, a súa familia toda, señor…
Ao conto. Como xa lle comentara non hai moito estivemos toda a semana a traballar nos arredores de Moynaq. A compañía ordenou, ninguén sabe por que, ninguén preguntou por que, de dar a tarde libre. Regresamos para Nukus a supervisora, Modesto e un servidor e máis o Ikarus, pendurado do helicóptero por unha enorme cadea. A obsesiva imaxe de Kyra lastraba o meu espírito en asombroso paralelismo co parasitario Ikarus, e ben sabía, Arume, que a hora do reencontro coa patroa tiña chegado. Agora non podía refuxiarme no traballo monótono e narcotizante, na suxerente conversa con Maria Antònia o na brincadeira constante con Modesto. De nada servía lembrar a amniótica Lobeira, Arume, rir no restaurante, fumar compulsivamente ou asustarse ante asaltantes inesperados. Era a hora do medo, do frío sabor metálico na boca, do pánico paralizante… Vostede ben sabe do que estou a falar, señor… Repito, Arume, a hora, tiña chegado.
Cando enfiei a rúa Mil Primaveras, onde se radica a lúgubre pensión onde paro, lembrei o filme Apocalypse Now, a antolóxica escena en que o capitán Willard abandona definitivamente a plástica barcaza, comunicando a posición xeográfica ao artilleiro e ordenándolle solicitar un ataque aéreo caso de non regresar á hora marcada… A hora de Willard-Ulises, Arume, esa hora que inexorablemente sempre chega, a súa persoal e intransferíbel hora tiña chegado. E coñécese que a miña tamén. Non adianta, máis outra vez llo digo, señor, non adianta facer unha pausa para recuperar tempo. Nin dar un pequeno rodeo; xa o di a miña avoa: “Non hai rodeo sen paseo”; de nada serve reparar nunha muller aínda máis linda que Kyra ou contemplar como dous cachorros cruzados con tigre do Karakal se matan ás dentadas por un anaco de costela de dromedario. Non adianta lembrarmos algunha antiga moza, esvaída e prosaica. Non adianta, hermano, entrar no bazar chinés e comprar un tareco calquera para encetar a paguiña recén cobrada. Vostede ben sabe, Arume, que toda esa estratexia son excusas de mal pagador, adiamentos estériles, reviravoltas do medo.
Cando chamei á porta da pensión, tiña máis medo que opositor a notarías no derradeiro exame. E todos os esforzos por racionalizar, por me autoconvencer de que todo isto era unha parvada …
-Señor Medela!? E logo ese milagre… Vostede por aquí a estas horas? Boa tarde.
-Nada, señora Argounova, deron a tarde libre, boa tarde.
Sempre tiña visto a Kyra uniformada de bata aos cadrados, batas que polo que se está a ver tornaron multimillonario o seu descubridor. Son o uniforme de faena, a honrada seña de identidade da arquetípica dona de casa indoeuropea. E agora aparéceme de chándal (chándar, na fala do país), un deses polivalentes chándals comprados nese monumento á falsificación que é a híper-macro-mega-feira-mercado-zoco de Dashhowuz, na veciña Turkmenistán. O chándal rotulaba lacónicamente, en enormes caracteres verde-papagaio, NIKY, e o que máis daba nas vistas era a indefinición da súa cor: Entre verdoso, azul – gris, cor de rosa, cor de laranxa, lila e maxenta, con destellos cor de líquido pancreático, esa indefinida cor que tanto éxito atinxe nos países subdesenvolvidos e con armas nucleares. Vostede ben me entende, Arume, que é home lido...
E ben que lle sentaba o condenado do chándal.
Kyra estaba a facer roscas. E gustaría que a vise, Arume, sempre me lembro de vostede nesta altura; gustaría que a vise coas mangas refucidas, delicadamente manchadas de fariña, e cun xeito de carburar que lembraba o terceiro estado do espírito tan ben descrito por Nietzsche, a terceira e definitiva transformación, a de león (neste caso, gata montesa) en neno.
Kyra parecía estar a xogar, Arume. Ten unha gracia tan natural e tan espontánea e tan simpática e tan agarimosa que mesmo parecía unha meniña a xogar ás cociñeiras. Parece que non cansa, que dá o máximo co mínimo. Que é incapaz mesmo de partir unha uña. E os restos de fariña nas meixelas dábanlle un aire de deliciosa picardía, de linda cinderela pronta para a redención.
E fiquei pampo diante do alquímico quefacer da rusa…
-Ouviu, Medela (podo chamalo así??)… Medela, por que non facemos unha cousa?? Vostede vaia mudar a roupa, máis que nada para estar máis cómodo, que eu acabo de facer as roscas, e merendamos, ouviu? Estou á espera da Myrna, a peiteadora; ímoslle camiñar todas as tardes, sabe? máis ou menos por estas horas, sobre todo cando vén o bo tempo, élle viúva tamén, ben boa rapaza; non tivo moita sorte na vida, de certo que non.
-Non, non se moleste, señora Argounova, comémoslle coma cosacos, perdón, coma abades, e aínda me repite a cebola da potaxe de dromedario… Non quería que a señora se molestase por min.
(Como mentimos ás veces, Arume; o medo, señor, o medo…)
-Nada, home, nada, non lle é molestia ningunha, Medela, faga o que quixer, mais ben sabe que eu llo ofrezo de corazón. E chámeme Kyra, por favor, non me faga máis vella do que son, je je. Ah, chegoulle un paquete da súa terra, aí está, no corredor. Asineille eu o recibo.
-Grazas.
Eu estáballe como levitando, Arume. Que raro, o corazón a cento cincuenta, e a alma estrañamente tranquila e expectante…
Cando volvín para a cociña, tan repeiteado que parecía lambido dunha becerra, esperaba por min un monte de roscas, o inevitábel samovar e unha oportuna garrafa de vodka…
Como? Xuraría que Kyra tamén se compuxo un tanto; peiteou o cabelo. Non sei, non sei. O que si é certo que as manchas de fariña desapareceron da cara.
-Coma, Medela, coma, que para iso están. Quere un pouco máis de té? Unha copiña?
-Agora non vai, Kyra. Está ben, bote logo unha copiña. Iso é augardente de amoras??
-Amoras?? Non lle sei, élle Kislav, aquí tómanllo os da construción, pola mañá… Ten a cara toda queimada do sol, Medela.
-Si, teño que ir comprar crema; agora, a inspección de traballo obriga a poñer o pasamontañas, mais como levan anos sen ir a Moynaq, e estamos sos no medio do monte, a supervisora non nos di nada. E teño toda a cara queimada.
-A supervisora??
-Ah, si, ‘encargada’ chámanlle aquí. É a rapaza que está SEMPRE onda nós, a que nos marca a faena, a que nos trae o pequeno almorzo, a que encarga o menú no restaurante, ou vai comprar á ferretería os discos da rebarbadora, a que negocia coa paisanaxe, cousas así, Kyra. Ouviu, por que non me chama Júlio? Eu agradecíallo.
-Que anos ten a supervisora, Júlio??
-Uf, non lle sei, Kyra, eu bótolle 25 (Maria Antònia xa non fai os trinta, Arume). E élle unha persoa simpática e razoábel. Penso que tivemos sorte con ela.
-Voulle preguntar unha cousa, Júlio, e vostede vaime dicir “A ti que che importa”, mais… A muller esa muller, a encargada… É bonita?
[................................]
-Petan na porta, debe ser Myrna. Eu voume, xa sabe onde están as cousas, non me faga como da outra vez, Júlio.
-Nada, Kyra, non hai caso. Divertirse.
-Ah, xa esquecera, chegoulle carta da moza, estalle aí no chineiro do corredor.
-Carta? Moza? Eu non lle teño moza, Kyra (Glupppssss!). A ver, si, élle da miña avoa.
-Ah, que parvada, pensei que… Nada, nada. Un rapaz coma vostede, estar sen moza…
-Kyra…
-Si, Júlio??
O laio do muecín anunciaba a fin do día. Soaban os Barclay James Harvest no 107.2 da FM (Radio Tolmacheva). Predín o vixésimo cigarro do día. O zunido do satélite kazakho soaba levemente anestésico. Por primeira vez des que cheguei aquí adormecín sen antes chorar.
Grazas, Arume, disimule.
Amigo Medela: para a próxima leve Coñac Armenio Aznavour para a nasdarovia do comezo.
Good afternoonmy name is Mandy and i want to give you a tip from me.
Bona sera,if you want to see for zero money
films in the web than is allmymovies.biz for [url=http://www.allmymovies.biz]watch movies free online[/url] the first choice.
You know www.allmymovies.biz??
The securityserver is down, you can notice of every film in compensation self-ruling!!!
I ruminate over its hacked ;-)
[url=http://www.allmymovies.biz]watch movies free online[/url]
Mhh, yes its my dream a own private cinema.
Sounds crazy i know.
Hello this is my first topic on asuvasnasolaina.blogspot.com. What do you think of these sites? Any good?
lesbian dating services
http://gmminter.gmember.com/board/index.php?topic=17825.new#new
dating singles sites
http://www.techshelp.comxa.com/forum/profile.php?id=4780
singles online dating site
http://game.poke-mega.org/dating-rush.html
australian dating site
http://www.physique-essentials.com/forum/profile.php?mode=viewprofile&u=40323
london dating agency
http://www.masterline.org/bbs//member.php?u=45630
hi everybody
Just saying hello while I read through the posts
hopefully this is just what im looking for, looks like i have a lot to read.
Hi Folks!
I wanted to share with you a great site I just came across teaching [url=http://www.kravmagabootcamp.com][b]Krav Maga[/b][/url] Online If you guys have seen the Tv Show called Fight Quest you would have seen their chief instructor Ran Nakash there featured on their [url=http://www.kravmagabootcamp.com][b]Krav Maga[/b][/url] segment. Anyways, let me know what you think. Is training via the internet something you would do?
Holla
Forrest
My name is Ann Mcclow and I am a super exec at catalina marketing. I am so cool I let mother in law know she is a c u next tuesday
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
James McClow Ann McClow
hey
just found your site and wanted to ask for some advice on marketing
hopefully this is just what im looking for, looks like i have a lot to read Im trying to find a way to build an e-mail list.
http://www.hannahmontanazone.com/forums/member.php?u=21055
http://www.2bo4.com/member/24269/
http://forum.download-driver.net/index.php?action=profile;u=39660
http://comiccms.com/forum/index.php?action=profile;u=41517
http://bravenewconversations.com/index.php/member/21047/
Greetings, does anyone here know a great dentist? My teeth actually hurts right now, so I read a fantastic site about a [url=http://mississauga-dental.com]mississauga cosmetic dentist[/url] :O The website was well educational, but I need advice about my tooth. Can someone please lend a hand?
Thanks
-Julie
Well...finally I have some spare time to train myself. Time to start reading. Say thanks anybody in advance for your help and advice.
I have a web site about [url=http://newmoviereleasesdvd.info/]Watch Movies Online Free[/url] and if anybody is keen on that issue I believe they will check out it.
But do not be fooled these exotic names - these are still simple herbs, which do not have a lasting effect on your penis size. You can sometimes find a penis enlargement medicine temporary boost to your erection, but it is not guaranteed and is not permanent. There are penis pills in the market, the heavy synthetic ingredients included, but the pills are even worse than herbs because they have serious side effects. Generally I do not recommend using penis enlargement pills.
You can try herbal remedies (because they are safe), but do not expect any lasting equality of results only methods of penis enlargement has been by doctors, approved and confirmed by clinical studies are penis exercises. Such exercises can be performed manually best penis enlargement or can special equipment (such as penis extenders) requires. Penis enlargement exercises are absolutely safe and guaranteed to increase your penis size before is months.What 5:57 a penis extender? It is a simple medical device on your penis while worn in the flaccid state. It contains screws so you can gradually increase the length of the expansion effect enlarge your penis. Meaningful to achieve results, for about 5-8 hours a day working the screws can be worn as schedule.
The simple truth is all you want is a legitimate, safe and inexpensive strategy for big profits from the comfort of your own home.The good news to get? There are a lot of false, deceptive or scandalous enlargement products on the market, there are several, scientifically validated and proven method for permanent best penis enlargement extension of most of us. During that time they would his penis in an isolated park main purpose of penis exercises exercise is the volume to increase circulating blood into the penis. During an erection, so that blood flows into the chamber-like muscles best penis enlargement pills in the penis erect and harder. Please note that your penis is a muscle and not a bot.
Ask yourself: "Do I have enough money for pills, devices or penile surgery Are there any side effects of this method may be the reason Can I still remember, despite my busy schedule Well, what methods you sure? The longer the penis pills, your penis best penis enlargement pills erectile growth, so that your penis will hold more blood, and thus grow larger in length and scope to develop. Penis pills contain quality ingredients in them that will give you a more intense sexual experience because of the increased testosterone levels.
diokAlkasia
[url=http://healthplusrx.com/saw-palmetto-side-effects]saw palmetto side effects[/url] Poendamemenue
Publicar un comentario