Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
Tras case un mes de votacións e con case o dobre de participantes que na edición do pasado ano, xa están dispoñibles os resultados de O mellor do 2008. Queremos dar as grazas a todos e a todas os que participaron nesta enquisa e os nosos parabéns aos gañadores. O mellor do 2008 segundo os lectores: Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente (Xerais) de Marcos S. Calveiro. Mellor libro de poesía adultos do ano: construcións (Positivas) de Eduardo Estévez. Mellor libro de ensaio adultos do ano: Os Grouchos (Xerais) de Manuel O'Rivas. Mellor libro para adultos traducido ao galego do ano: Lolita (Faktoría K) de Vladimir Nabokov. Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais) de Xabier P. Docampo. Mellor libro infantil do ano: Das novas cousas de Ramón Lamote (Galaxia) de Paco Martín. Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Un casoiro ben mal amañado (Sotelo Blanco) de Bali Rai. Autor/a do ano: Marcos S. Calveiro. Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas. Mellor portada adultos do ano: Pan e coitelo (Galaxia). Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais). Mellor editorial do ano: Xerais. Mellor crítico/a literario do ano: Ramón Nicolás. Mellor iniciativa literaria do ano: Cultur.gal O mellor acontecido no 2008: Premios Nacionais/Recoñecemento a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz. O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte. Mellor libraría: Libraría Arenas (A Coruña). Mellor medio de comunicación: Diario Cultural de CRTVG. Mellor blog: As uvas na solaina.
31 dic 2008
Graciñas, no que me corresponde... (A Calidonia e a Arumes)
Graciñas, ademais, a Arumes por transcribir no seu blog o traballo "A forza do blogomillo", tan interesante e no que agradezo as palabras xenerosas que se lle dedican a estas Uvas. Onte mesmo, un destacado intelectual galego, con asento na RAE, falaba eloxiosamente desta casa e do ben que o trataron nun fío algúns tertulianos habituais, creo que exalumnos seus. Cando escoito estas cousas, sinto un lóxico orgullo e tamén o peso da responsabilidade, pero este lévase ben coa colaboración de todos vostedes.
2 dic 2008
Que conste...
Que conste aquí o meu máximo agradecemento a Xulio Outumuro, que actualizou durante estes días o blog con intelixencia e esforzo impagable ...
27 nov 2008
AS UVAS NA SOLAINA.
Rosa Enríquez La Región 27-11-2008
Para botar unha ollada interesante e coñecer até o fondo a historia e a cultura do país existe un recuncho na rede ben coñecido de todas e todos que constitúe xa unha ventá aberta para quen queira aventurarse e disfrutar do debate. Refírome, xa saben, á unha leira virtual, onde recoller as uvas máis sabrosas, esas que saben a memoria, a canto laudatorio e un pouco, porque non dicilo, tamén a humor. É este campo de vides un lugar insólito onde a aprendizaxe ten ese carácter significativo que tanto busca o profesorado para favorecer no alumnado o pensamento propio, a análise do que nos rodea e, por suposto, a autocrítica. Por iso resulta tan edificante entrar nese espazo que se abre coma un racimo de uvas verdes ou violetas e deixar que o tempo transcorra liña a liña, coma os camiños revirados da consciencia e entreabrir as portas do coñecemento, un ámbito tan atractivo coma enigmático no que perderse.
Das primeiras visitas á solaina de Valcárcel lembro o estupor experimentado ante as mentes pensantes e sesudas, dito isto de sesudas no senso positivo en tanto que rigorosas e afiadas, e certo respecto e necesidade de prudencia antes de intervir cun comen tario que puidera resultar inxénuo. Digamos que entendín que aí todos os que participaban eran expertos discutidores e, loxicamente, preferín permanecer atenta antes de entrar no asunto, calquera que este fose. Un bo día entrei, plenamente convencida, deixei a miña humilde pegada. Gustoume a experiencia e disfrutei enormemente do meu atrevemento. Porque non? Se cadra os prexuízos eran unicamente meus ao considerar que só opinar sesudamente podía ter interese. O tema que se discutía referíase aos artistas e o seu carácter. Eu entendín, como sigo a entender a día de hoxe, que as habilidades ou dons para crear, non están relacionados en absoluto coa xenerosidade, unicamente co inxenio, así que, dende o meu punto de vista, o feito de ser un pintor ou un escritor excepcional non garante en absoluto a excepcionalidade no plano persoal. De aí que, na miña humilde opinión, teñan existido grandes mentes no interior de espíritos pobres.
Este foi o meu parecer sobre o asunto e, máis ou menos, así o expresei libremente sen problema. A complicación estaba na miña cabeza, unicamente alí era onde vivía aniñado o medo ao ridículo, algo que co tempo as persoas imos superando ao apren der a rirmos de nós mesmos. En certo xeito é coma se pensásemos que despois do ridículo non quedase nada máis que a vergoña. Porén isto é totalmente falso porque, detrás do bochorno sentido, están as persoas, o seu corazón palpitante e ese desexo lexítimo de superación que anainan as almas grandes, esas que serven de soporte ás ideas propias, nunca froito da repetición porque si, tampouco non da aceptación da idea maioritaria.
Por iso precisamente, ao entrar no blog de Marcos Valcárcel, como dicía Borges, unha aprende e aprende e volve a aprender. Eu, por aprender, aprendín, por exemplo, que hai persoas que traballan arreo, coma Marcos, na configuración da memoria real, sementando o respecto á cultura e ás artes feitas no noso país, fornecendo o espírito de quen teña desexos de coñecer as súas raíces que o único espazo onde se pode dicir que existe radicalidade. Se cadra por todas estas cousas, este ourensán estará rodeado de tanta xente o sábado, porque se lle recoñecen todos os méritos, dende as súas colaboracións diarias na prensa até libros coma este que presentará o día 29, ‘Historia de Ourense’, editado en Xerais, seguramente moi ilustrativo.
(En bits ou tintafresca, cada novo díaesperto,coavoz xenerosanos distintos soportes -blogs oumedios de comunicación-, de amigos e amigas derramando loas inmerecentes á miña persoa. Un millón, para todos-as, outro tamén para tí Rosa.)
2 nov 2008
Solución a un pequeno atranco.
Ata o de agora os contertulios escribían comentarios e acababan firmando debaixo do texto para sair da situación, debido a que segundo poidemos saber; Blogger quere dificultarlle a vida ós usuarios alleos ó seu sistema. Para elo os anónimos "puros" (non rexistrados en Glogge/blogger ou gmail) teñen que pór un comentario co seu “nick” a “pelo”, e inmediatamente despois o vencello á súa suposta páxina web ou blog. Vexamos paso a paso como facelo.
(A modo de exemplo supoñamos que son o amigo Medela, e quero facer un comentario sen estar dado de alta , os pasos son os seguintes :) 1) Sobre o apartado "elegir una identidad" clic sobre a terceira das posibilidades de facer comentarios.
2) Escribo o meu nome no oco da caixa "nombre".
3) Escribo no oco da caixa "Nombre/Url" o enderezo dunha páxina web/blog.
Nótese que se non teñen páxina web poden indicar na caixa Nombre/Url calquer nome e punto es. (nome ou alias.es) ou a das Uvas: http://asuvasnasolaina.blogspot.com/
Saiban que incluir o enderezo das uvas axuda a posicionar nos buscadores a páxina fundamentalmente o índice de actividade, detalle que en todo caso se agradece.
Aprecien como Arume ven facendo comentarios sen problema algún porque está asociado o seu nome ao seu blog. Disculpen este post de literatura ausente, coma nas obras, "perdoen as molestias".
P.S.: (Se fan clic na imaxe superior deste post poden ver o resume xeral do pasos indicados anteriormente. Avantaxe de estar rexistrado cunha conta de Gmail, ten como privilexio poder borrar un comentario arrepentido, do contrario só o pode facer o administrador do blog).
21 oct 2008
CHEGOU VÍA aRUMES, pero o autor desta xoia é o Medela...
(Non deixen de clicar e ampliar os da primeira fila)
15 oct 2008
Do contubernio sanfroilanesco de Lugo
Deixo aquí estas fotos, enviadas por Arume e creo que da autoría de Ana Bande,
do Contubernio de Lugo, que tanto está dando a falar no blogomillo.
Eu non puiden estar pero agradezo enormemente as tan xenerosas palabras de Lándoa
Medios e políticos. pan por pan xoves 18 setembro A relación na sociedade actual entre a política e a comunicación é tan directa que mesmo se podería afirmar que a primeira non sobreviviría sen a segunda. E moitas veces é o segundo polo quen impón a súa axenda á propia clase política. E así chegamos ó que o amigo Xoán da Cova, contertulio habitual do meu blog, definiu como “Goberno espectáculo”. Velaí nas súas palabras: “O Goberno-Espectáculo. Non ten que gobernar (iso é imposible), ten que entreter. Dentro de pouco, veremos as accións de goberno como quen ve unha película: sen ningunha conexión coa realidade. E as eleccións serán unha especie de entrega de Oscars". Isto non quita, como engade o atinado Apicultor que os políticos busquen, co efecto mediático, a eficacia das accións de goberno. Pero isto depende de factores non sempre controlables, incluída a propia receptividade da sociedade.
No post desta mañá creo que o sistema non deixa poñer comentarios aínda: non sei o motivo. Mentres o amigo Xulio o arranxa, poden tamén trasladar aquí os seus comentarios sobre os artigos de Monxardín, Murado e Ponte (excusas polo imprevisto tecnolóxico). Se lles parece ben. E saúdos a todos os contertulios/as que se van incorporando: Apicultor, Arume, Xoán da Cova, etc.
Fotos de cando ananos... Queda fichada a idea que nos achega nun fío Lobofritido. Dende setembro (en agosto pecha o blog, como todos os anos) recolleremos nesta bitácora fotos dos asiduos/as do blog, se teñen a ben mandarmas ó meu correo persoal. Comprométome a non revelar ningunha identidade, pero vostedes poden dar algún título ou pista, se queren. Poden envialas en canto queiran, xa dende hoxe, que quedarán ben arquivadas e sairán todas xuntas, se chegan a min, no mes de setembro.
15 jul 2008
A intelixencia de Barreras (Miguel Anxo Fernán Vello, 14-7-08): graciñas de novo, Miguel Anxo. Copio o título deste artigo dun outro artigo escrito por Manuel Bragado no seu "Brétemas", unha das "bitácoras electrónicas" máis interesantes (e debo citar aquí tamén "As uvas na solaina", de Marcos Valcárcel: excelente) de todas cantas se escriben en galego: por diversidade de contidos culturais, literarios e informativos e polo estilo e a forma que a define. Fala Bragado da admiración que sente polo proxecto empresarial de Barreras, o primeiro esteleiro privado galego, empresa punteira pola súa capacidade construtiva e de aplicacións tecnolóxicas, e informa o editor da progresiva adopción do idioma galego na documentación interna, na rotulación e nas relacións laborais e comerciais que realiza o esteleiro vigués. (o artigo completo)
6 jul 2008
Varia: recomendacións
(Vïa B.L.) Uma bela biblioteca digital, desenvolvida em software livre , mas que estáprestes a ser desactivada por falta de acessos.Imaginem um lugar onde nós podemos gratuitamente:· Ver as grandes pinturas de Leonardo Da Vinci ;· Escutar músicas em MP3 de alta qualidade;· Ler obras de Machado de Assis Ou a Divina Comédia;· Ter acesso às melhores histórias infantis e vídeos da TV ESCOLA e muitomais.Esse lugar existe!O Ministério da Educação Brasileiro disponibiliza tudo isso, basta aceder ao site:www.dominiopublico.gov.br Só de literatura portuguesa são 732 obras! Estamos em vias de perder tudo isso, pois vão desactivar o projecto pordesuso, já que o número de acesso é muito pequeno.Vamos tentar reverter esta situação, divulgando e incentivando amigos,parentes e conhecidos, a utilizarem essa fantástica ferramenta dedisseminação da cultura e do gosto pela leitura.
(Vía Xulio Ríos) A presenza internacional do sindicalismo nacionalista galego (Xosé Ramón González Boán) e das relacións exteriores do sindicalismo labrego de Galicia (Lidia Senra) son algúns dos temas que ofrece o n.16 da revista TEMPO EXTERIOR (todos os contidos en comentarios).
10 jun 2008
Á VISTA DE CERTOS COMENTARIOS DO FÍO “De desastre en desastre...”
1. Sería doado establecer esta hipótese: os políticos nacionalistas nunca se equivocan. No seu desenvolvemento, demostraríase que iso é imposible, antinatural. Non sucede. Nunca pasou. Nunca pasará. Non pode pasar. A conclusión é fácil tamén: se se critica a actitude dun político nacionalista, estase a facer antinacionalismo e a seguir os ditados de non sei qué poderes ocultos. 2. Cando un xornal critica a un político é porque, din algúns, ese mesmo político non se someteu ós seus designios. Decátanse que, dicindo isto, a tese concluínte sería que de todos os outros políticos dos que se fala polo xeral ben (p.ex. de nacionalistas como Quintana, Suárez Canal, Alex S. Vidal, Rubén Cela, etc.), hai que supoñer, xa que logo, que esas gabanzas tamén estarían “contaminadas”? Por ex., hai un programa de Telemiño monográfico e exclusivo dedicado á Tenencia de Alcaldía... mantemos ese argumento?? 3. Unindo as ideas anteriores, é fácil deducir, así o fan varios contertulios, que este blog é de seu antinacionalista. Está escrito en galego si, con contidos galeguistas, de esculca da nosa historia, de defensa da nosa cultura e da nosa identidade, de xeito constante, etc. Pero todo iso debe ser secundario. Hai unha razón determinante para a conclusión xa predeseñada: un blog que critica algunha estratexia ou personalidade do nacionalismo é, per se, antinacionalista. Que fácil, non? (Se o Marcos estivese calado, moito mellor... pensa máis de un. E conste que non me foi grato escribir o Pan por Pan de hoxe sobre a concelleira ourensá, á que a nivel persoal lle gardo a mesma amizade de sempre. Se analizan con xeito o estilo, verán que quixen ser suave nas formas. Pero moitos non me van crer, claro...)
Colgamos esta ligazón en homenaxe, ademais de a Tintxu, á amiga e contertulia Lourixe (creo que en nome de todos/as os que andamos por esta casa).
4 jun 2008
Para os que aínda non o coñezan
Este é Pepe Trebolle, fornecedor de tantas fotos desta casa
A imaxe foi tomada na Feira do Libro de Ourense, cando lle asinaba o seu libro sobre N. York a escritora Inma López Silva (ó fondo, X.M.del Caño, Alonso Montero e Peña Rey).
2 jun 2008
Aclaración Por problemas de conexión, estiven dende o sábado pola tarde desconectado. Quédanme, pois, moitos comentarios por ler hoxe (uns 200) e textos por pegar de onte, tamén o discurso de Agustín Fernández Paz, que tivo a xentileza de mandarmo. Xa solucionados os problemas, iremos incorporando todo de vagar...
7 may 2008
As Musas das Uvas
Decidín ampliar o noso Olimpo de musas. Xa tiñan o seu posto seguro, xa saben vostedes, Nicole Kidman (que encabezara aquela campaña de “Galego en positivo”), a cantante (agora)-actriz Scarlet Johansson e ademais Mónica Belllucci, a forza latina que reclamou algún contertulio para equilibrar xeografías. Despois das fotos e o entusiasmo achegados nestes días polo Julio Medela, e do seu paso por Lobeira, é obvio que tamén merce un postiño no Olimpo das Uvas a
actriz Isabel Blanco. Tamén lle faremos un oco, e isto porque o demanda o administrador do blog, á actriz arxentina Cecilia Roth.
EMILIO DEL RIO. DIÁLOGO SOBRE ROMA Y LOS ROMANOS
-
El escritor, profesor y comunicador, uno de los grandes expertos del mundo
latino, presentaba en Martes de libros, de Fundación Ibercaja, su libro ‘*Pequ...
Saturei
-
Saturei, é dicir, dende que deixei s miña "última gran considerada
parella". A única gran parella porque durou anos de máis e tan tóxico foi
todo, antes e ...
Silvia Nanclares, Nunca voló tan alto tu televisor
-
Buenos días, amigas. Después de cuatro años sin escribir aquí es un enorme
placer estar vivas y poder dar pasos atrás para reiniciar algunos sistemas
qu...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
ARDEN OS SANTOS DA PONTE
-
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo,
por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos
personaxes do...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...