Primeira tese en galego de Físicas
Segundo conta LVG, hoxe ás 18,30 h. no Edificio Politécnico do campus de Ourense vaise ler a primeira tese de Físicas en galego (non sei se é a primeira da U.de Vigo ou de todas as facultades de Físicas galegas).
Titúlase Análise climática do modelo conceptual de desenvolvemento en aire frío e o seu autor é o militante nacionalista MARCOS TESOURO MONTECELO.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
16 comentarios:
Pois ao mellor é. Un dato curioso, así e todo: o autor disto era catedrático de Física e Química no Instituto Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo; foi compañeiro meu no curso 1982-83 e acababa de sacar a primeira edición.
Glups!!!
Ejem, eu... teño un amigo que léu o libro ese.
E que tal lle dixo que era?
Por certo, e xa que estamos a falar de teses de doutoramento en galego, saben cal foi a primeira de todas das que se presentaron en galego?
Pois a de Fausto Dopico sobre a Ilustración galega. Fausto Dopico, curiosamente un socialista, non un nacionalista.
E que ese amigo meu estudóu nos primeiros oitenta prácticamente todolos libros de Física Xeral que había no mercado. Ou comprados,ou consultados en bibliotecas. A fináis dos oitenta, volvéunos ler outra vez, con máis intensidade: íballe a nómina nelo. Desta vez, xa tiña máis diñeiro pra compralos. O que dí vostede foi usado, entre outros, como "fonte de problemas" (delle o senso adecuado) na "segunda tanda". Ese amigo meu garda moi boas lembranzas deses tempos e dos libros que o rodearon.
Eu lin a minha tese em galego no ano 1992, na Faculdade de Física de Santiago. E nom foi a primeira.
E escribiuna en galego reintegrado?
E de qué iba a tese, se moncho?
Só espero que a tese non fose sobre a enerxía nuclear. Que iso é secreto de estado, e a verdá, saberiame mal ver a Se Moncho no Gulag por revelar secretos ao inimigo.
Escrevim-na em mínimos, por aquelo de nom ser muito revolucionário, que já tinha o seu aquel fazê-lo em galego, e logo vam e nomeam para o meu tribunal um português.
Tratava dum tipo de elementos ópticos construídos em materiais GRIN, nos que a velocidade da luz varia duns pontos a outros.
Os meus parabéns, Se Moncho.
Está moi ben contar cun científico (de ciencias duras) entre os contertulios, que hai moito filólogo de deus por aquí. Pode facer un bo pé co XDC, va o verá.
... xa o verá.
Materiales con variación continua de renfrinxencia? Hum. Pode ter moitas utilidades,sí.
A ver si aparece un travesti para que poida falar e como dí o Apicultor facer un pé con él, por que os intelectuales e os artistas estan todos con ZP.
¿ Vostede Xoan da Coba non será un travesti verdá ?.
Home, don Xaime, se está moi necesitado de botar un pé, xa sabe que os xornais tran unhas amenas páxinas informativas. :-)
As mellores páxinas para botar un pé son as da Vanguardia (antiga Vanguardia Española, agora Vangarda CIU-vergonzante), como xa puxo de manifesto nun conto o escritor ourensán Bieito Igrexas.
Publicar un comentario