Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
4 mar 2008
A beleza do Mediterráneo en tres fotogramas:
Stefania Sandrelli
Homenaxe do cronista ó noso italianizante amigo Arume dos Piñeiros.
23 comentarios:
Anónimo
dijo...
Arume, só unha cousiña. O demo anda a me besbellar na orella... Vostede non sería, por un acaso, mozo, aspirante, admirador, pretendente ou similar da srta. Sandrelli???
Cónteo todo. É basico e fundamental para o futuro do blog-estouro.
Rotunda Stefania. Unha vez vin a alguén semellante nunha discoteca bailando a de "Colegiala", pero quedei coa gañas de preguntarlle polo seu escritor favorito ;)
Non se esqueza, xdc, de que tamén hai unha corrente machista que nos quere martelear no caletre coa imaxe da muller como gancho publicitario, ou como obxecto (guapo, delgado, ben vestido) ao servizo do macho.
Non sei moi ben onde preguntar polo mitin do BNG,onte en Ourense,pensei que lle dedicarían un espazo neste blog tan progresista, pero nono atopei, discúlpenme por entrometerme aqui cun tema tan pouco importante, pero quizais algún contertulio acudiu e podenos facer a crónica de sociedade como fixeran cando foi o do PSOE. Grazas, grazas, moitas grazas.
Aparte desa vella obviedade, Anónimo, na actualidade,a inmensa maioría das veces que se usa a imaxe da muller na publicidade, é pra incitar á compra a outras mulleres. Especialmente no caso da roupa. E, como decían os curas, o pecado está no ollo do que mira. No meu caso concreto, pódolle asegurar que ningún "calendario de camionero" me incitóu nunca a mercar nada. Antes ben, quizáis me creóu rechazo ao produto. A Publicidade é o mensaxeiro. E todos queren matalo.
Da Couba: Estou enfadado para Vde. Non por nada especial, senón porque dixo unha verdade a medias. Se ben é certo o que pasou no avión, o chamado caso "Jinn-bote-llin", rigorosamente certo, non é menos verdade que Vde. oculta a metade da historia. O comandante, o piloto Borja Mari Ramírez de Madrid y Narváez-Wilkinson, empregado de Iberia, dixo polos altifalantes:
"Señores pasaxeiros, teño que lles comunicar que honra coa súa presenza esta viaxe nada máis e nada menos que Júlio Medela de Lobeira. Aproveitamos para saúdar o cabaleiro que está sentado canda el e que non coñecemos, e ben seguro que ten que ser un VIP, se temos en conta a confianza coa que falan".
Xa sabe anónimo que eu son un colonizado e pseudonacionalista, polo que a miña análise do mitin do BNG, non lle importaría nin lle aportaría nada a súa indecisión no voto. Pero fai ben perguntar neste fío, xa que algúns folgados deste blog andan a falar de mulleres, e hoxe o que máis nos debería importar é a política e o resultado eleitoral.
Para o ANÓNIMO que pregunta polo mitin do BNG en Ourense. Se algún asistente quere mandar unha crónica dese acto, xa sabe o meu correo (está no perfil) e farémoslle un sitio. Do resto, eu podo falar só por min. Non fun ó mitin porque non tiña o corpo para a ocasión. Fun ó de Zapatero (e conteino) porque nunca o vira falar en directo e apetecíame. Os oradores do BNG de onte vinos falar moitas veces e sospeitaba que non ía escoitar moitas cousas novas: todos os días saen nos xornais as súas consignas desta campaña, sempre arredor dunha soia idea (Galicia: decidir). P.S.: se pode, diganos onde consta a caracterización dun blog como "progresista" só se nel se informa a cotío dos mitins do BNG.
Completamente certo. Pero eso é somentes o 75% do conto. O piloto continuóu: - "E, no asento de atrás, vai o gran Xoan da Coba, santo a quen nos honra ter con nós, pola súa capacidade milagreira de compensar coa súa presenza a perda de potencia debida a avería de un dos dous motores deste avión. Nada malo pode ocurrirnos, salvo que fallen ambos". Naquelo, levántase o Santo Padre, de cuia presenza non se percatara ninguén, e berróu: non se preocupen, do outro motor ocúpome eu. Estamos salvos.
O de blog progresista é unha afirmación que fixen, incondicional. Pensei que podía haber unha crónica do mitin xa que non é raro neste blog progresista (afirmo de novo)que se fale do BNG. Don Xaime, o voto xa o teño decidido, a crónica só era por tomateo, ¿quen foi? ¿ausencias importantes? etc.
O que se facía pasar polo Santo Padre era o seu amigo, aquel que andaba polas romarías coa fascinante tricicleta accionada a man. Ían ambos a Bruxelas buscar unha subvención para un triciclo a motor, que lla solicitara un concelleiro do BNG de Lobeira, que todo se sabe, Da Coba...
E no allo andaba o sr. Borja Mari Asdrúbal Jarabo Wilkinson-Freire de Andrade, o piloto. De súpeto, o avión deu en virar sobre si mesmo, en caer en picado. Os pasaxeiros asustáronse, berraban e entoaban o "Eu, pecador" e o da tricicleta -con fotos de mozas repoludas nos radios das rodas- santigüouse, berraba como poseso "Arrenégote, demo", e os VIPS da crème da vella Europa, ao velo co ‘Ciprianillo’ na man e cheirando a licor-café, e sobre todo a vostede que, improvisado corifeo, dicía moi convincente, "Élles un home santo". E todos botaron man á carteira en canto o Borja estabilizou o rumbo do avión, e deron todos boa propina ao pillabán do moinante. E vostede cumpliu co Borja, partillou co moinante (Belarmino Vieira Gonçalves, natural de Fafe-Guimarães e con domicilio en Cristosende-A Teixeira), e colleron a subvención que lles deu a burócrata en Bruxelas. A azafata do Concorde non estaba nada mal. A burócrata, non tanto, aínda que con máis poder.. E aínda se foron os catro de viños por Bruxelas, que vostede, Da Coba, a falar non lle gaña ninguén, iso é verdade. E o Belarmino contaba moi serio que o seu xenro era un home aplomado, que o levaba todas as mañás no taxi a Ourense, e que o puña a pedir na Praza Maior, e que xa tiña dous pisos en Ourense e dous baixos en Vigo, e a azafata, de Sudáfrica,(de estirpe afrikaaner) e a burócrata, eslovena, (neta dun ocupante nazi)e vostede, Da Coba, sen domicilio coñecido, riron ata escachar, e Vde., Da Coba, aproveitou para comprar un mercedes en terceira an para llo vender a un da súa aldea e ollaba para as señoritas como decían que elas valoraban as persoas polo que son, non polo que teñen... E aparece o Borja Mari cunha borracheira de aquí a Cartagena, e acabaron todos montados no flamante triciclo motorizado Piaggio, con climatizador e todo, que lles saíu de gratis e aínda lle gañaron diñeiro...
De acordo con Da Cova: a publicidade que bota man da beleza da muller e mesmo da súa beleza espida ou case espida está dirixida o 90% das veces ao consumo feminino. Para decatarse disto, só hai máis que fixarse un pouco nesa publicidade, como fago eu con moita frecuencia, sobre todo cos anuncios de lencería xa aquí comentados nalgunha ocasión.
Vai dirixida ó consumo feminino, a muller é a que fai a compra, etc. Esas e cantinelas semellantes, levan tempo no Hit Parade para xustificar o emprego abusivo da muller na publicidade.Excusas sen máis.O certo é que se emprega como reclamo sexual, xa que nada mellor para atraer a atención masculina que a imaxe dunha muller atractiva. Vostedes mesmos aquí o recoñecen asegurando que, de seguir os cartelóns da famosa lencería, algún ía bater de fuciños co coche de adiante. Sempre, sempre que se quere vender a idea de algo bonito, sensual... recórrese a muller. Pero non sucede o mesmo cos homes, para a súa imaxe resérvanselle outras connotacións: éxitos profesionais, acumulación de poder... Entón, non valen campañas de igualdade , predicamentos non sexistas, nen farrapos de gaitas. A mensaxe que subxace está moi clariña: na sociedade actual, a muller, segue sendo menos importante que o home.
LA RUPTURA DE GABO Y VARGAS LLOSA, SEGÚN BAYLY
-
Gabriel García Márquez y Mario Vargas Llosa pasaron de una amistad infinita
a una enemistad que les llevó a la indiferencia, al silencio y no sabemos
si ...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
23 comentarios:
Arume, só unha cousiña. O demo anda a me besbellar na orella... Vostede non sería, por un acaso, mozo, aspirante, admirador, pretendente ou similar da srta. Sandrelli???
Cónteo todo. É basico e fundamental para o futuro do blog-estouro.
Similar, sen dúbida.
Rotunda Stefania. Unha vez vin a alguén semellante nunha discoteca bailando a de "Colegiala", pero quedei coa gañas de preguntarlle polo seu escritor favorito ;)
Recomendo a súa inclusión no blogue:
http://edeuscriouamulher.blogs.sapo.pt/
¡Machistas! (Con perdón)
De verdade? E logo, por que, home por que?
Moi simpática a entrada de Apicultor: de seguro que nunca ligou a ningunha moza preguntándolle polo seu escritor favorito... Ou si?
É que parece ser que hai unha corrente "feminista" que quere proscribir a representación gráfica da muller, como fan os árabes con Mahoma.
Non se esqueza, xdc, de que tamén hai unha corrente machista que nos quere martelear no caletre coa imaxe da muller como gancho publicitario, ou como obxecto (guapo, delgado, ben vestido) ao servizo do macho.
Non sei moi ben onde preguntar polo mitin do BNG,onte en Ourense,pensei que lle dedicarían un espazo neste blog tan progresista, pero nono atopei, discúlpenme por entrometerme aqui cun tema tan pouco importante, pero quizais algún contertulio acudiu e podenos facer a crónica de sociedade como fixeran cando foi o do PSOE. Grazas, grazas, moitas grazas.
Aparte desa vella obviedade, Anónimo, na actualidade,a inmensa maioría das veces que se usa a imaxe da muller na publicidade, é pra incitar á compra a outras mulleres. Especialmente no caso da roupa.
E, como decían os curas, o pecado está no ollo do que mira. No meu caso concreto, pódolle asegurar que ningún "calendario de camionero" me incitóu nunca a mercar nada. Antes ben, quizáis me creóu rechazo ao produto.
A Publicidade é o mensaxeiro. E todos queren matalo.
Da Couba: Estou enfadado para Vde.
Non por nada especial, senón porque dixo unha verdade a medias. Se ben é certo o que pasou no avión, o chamado caso "Jinn-bote-llin", rigorosamente certo, non é menos verdade que Vde. oculta a metade da historia. O comandante, o piloto Borja Mari Ramírez de Madrid y Narváez-Wilkinson, empregado de Iberia, dixo polos altifalantes:
"Señores pasaxeiros, teño que lles comunicar que honra coa súa presenza esta viaxe nada máis e nada menos que Júlio Medela de Lobeira. Aproveitamos para saúdar o cabaleiro que está sentado canda el e que non coñecemos, e ben seguro que ten que ser un VIP, se temos en conta a confianza coa que falan".
É certo ou non, Da Coba????
Xa sabe anónimo que eu son un colonizado e pseudonacionalista, polo que a miña análise do mitin do BNG, non lle importaría nin lle aportaría nada a súa indecisión no voto.
Pero fai ben perguntar neste fío, xa que algúns folgados deste blog andan a falar de mulleres, e hoxe o que máis nos debería importar é a política e o resultado eleitoral.
Para o ANÓNIMO que pregunta polo mitin do BNG en Ourense.
Se algún asistente quere mandar unha crónica dese acto, xa sabe o meu correo (está no perfil) e farémoslle un sitio.
Do resto, eu podo falar só por min. Non fun ó mitin porque non tiña o corpo para a ocasión. Fun ó de Zapatero (e conteino) porque nunca o vira falar en directo e apetecíame. Os oradores do BNG de onte vinos falar moitas veces e sospeitaba que non ía escoitar moitas cousas novas: todos os días saen nos xornais as súas consignas desta campaña, sempre arredor dunha soia idea (Galicia: decidir).
P.S.: se pode, diganos onde consta a caracterización dun blog como "progresista" só se nel se informa a cotío dos mitins do BNG.
Completamente certo. Pero eso é somentes o 75% do conto. O piloto continuóu:
- "E, no asento de atrás, vai o gran Xoan da Coba, santo a quen nos honra ter con nós, pola súa capacidade milagreira de compensar coa súa presenza a perda de potencia debida a avería de un dos dous motores deste avión. Nada malo pode ocurrirnos, salvo que fallen ambos".
Naquelo, levántase o Santo Padre, de cuia presenza non se percatara ninguén, e berróu: non se preocupen, do outro motor ocúpome eu. Estamos salvos.
O de blog progresista é unha afirmación que fixen, incondicional. Pensei que podía haber unha crónica do mitin xa que non é raro neste blog progresista (afirmo de novo)que se fale do BNG.
Don Xaime, o voto xa o teño decidido, a crónica só era por tomateo, ¿quen foi? ¿ausencias importantes? etc.
Da Coba: MENTIRAS DE ESMERALDA
O que se facía pasar polo Santo Padre era o seu amigo, aquel que andaba polas romarías coa fascinante tricicleta accionada a man. Ían ambos a Bruxelas buscar unha subvención para un triciclo a motor, que lla solicitara un concelleiro do BNG de Lobeira, que todo se sabe, Da Coba...
E no allo andaba o sr. Borja Mari Asdrúbal Jarabo Wilkinson-Freire de Andrade, o piloto. De súpeto, o avión deu en virar sobre si mesmo, en caer en picado. Os pasaxeiros asustáronse, berraban e entoaban o "Eu, pecador" e o da tricicleta -con fotos de mozas repoludas nos radios das rodas- santigüouse, berraba como poseso "Arrenégote, demo", e os VIPS da crème da vella Europa, ao velo co ‘Ciprianillo’ na man e cheirando a licor-café, e sobre todo a vostede que, improvisado corifeo, dicía moi convincente, "Élles un home santo". E todos botaron man á carteira en canto o Borja estabilizou o rumbo do avión, e deron todos boa propina ao pillabán do moinante. E vostede cumpliu co Borja, partillou co moinante (Belarmino Vieira Gonçalves, natural de Fafe-Guimarães e con domicilio en Cristosende-A Teixeira), e colleron a subvención que lles deu a burócrata en Bruxelas. A azafata do Concorde non estaba nada mal. A burócrata, non tanto, aínda que con máis poder.. E aínda se foron os catro de viños por Bruxelas, que vostede, Da Coba, a falar non lle gaña ninguén, iso é verdade. E o Belarmino contaba moi serio que o seu xenro era un home aplomado, que o levaba todas as mañás no taxi a Ourense, e que o puña a pedir na Praza Maior, e que xa tiña dous pisos en Ourense e dous baixos en Vigo, e a azafata, de Sudáfrica,(de estirpe afrikaaner) e a burócrata, eslovena, (neta dun ocupante nazi)e vostede, Da Coba, sen domicilio coñecido, riron ata escachar, e Vde., Da Coba, aproveitou para comprar un mercedes en terceira an para llo vender a un da súa aldea e ollaba para as señoritas como decían que elas valoraban as persoas polo que son, non polo que teñen... E aparece o Borja Mari cunha borracheira de aquí a Cartagena, e acabaron todos montados no flamante triciclo motorizado Piaggio, con climatizador e todo, que lles saíu de gratis e aínda lle gañaron diñeiro...
ATRÉVASE A NEGALO
De acordo con Da Cova: a publicidade que bota man da beleza da muller e mesmo da súa beleza espida ou case espida está dirixida o 90% das veces ao consumo feminino. Para decatarse disto, só hai máis que fixarse un pouco nesa publicidade, como fago eu con moita frecuencia, sobre todo cos anuncios de lencería xa aquí comentados nalgunha ocasión.
Picarón! ;)
Non hai cidade no mundo mundial con maior concentración de tendas de lencería por metro cadrado e/ou dona ca Santiago de Compostela.
Cidade levítica? Non. Cidade refaixo.
Vai dirixida ó consumo feminino, a muller é a que fai a compra, etc. Esas e cantinelas semellantes, levan tempo no Hit Parade para xustificar o emprego abusivo da muller na publicidade.Excusas sen máis.O certo é que se emprega como reclamo sexual, xa que nada mellor para atraer a atención masculina que a imaxe dunha muller atractiva. Vostedes mesmos aquí o recoñecen asegurando que, de seguir os cartelóns da famosa lencería, algún ía bater de fuciños co coche de adiante. Sempre, sempre que se quere vender a idea de algo bonito, sensual... recórrese a muller. Pero non sucede o mesmo cos homes, para a súa imaxe resérvanselle outras connotacións: éxitos profesionais, acumulación de poder...
Entón, non valen campañas de igualdade , predicamentos non sexistas, nen farrapos de gaitas. A mensaxe que subxace está moi clariña: na sociedade actual, a muller, segue sendo menos importante que o home.
Pois asegúrolle que para min non. Para min é o máis importante. Por moitos, moitísimos motivos.
É vostede un anxo D.Api. Que teña boa tarde, eu vou traballar...
Publicar un comentario