Bilingüismo paletoide, de Afonso Vázquez-Monxardín (Galicia Hoxe 11 marzo)
No mundo actual, os europeos occidentais de nivel medio somos unha elite culta, progresista nos costumes, dinámica, viaxeira e de tendencias cosmopolitas. Usuarios de internet, Ryanair, TV por satélite, os nosos estudantes chegan ao punto de teren máis en común entre eles -música, cine, tecnoloxía, debuxos animados, moda, literatura, coñecemento do inglés...- que cos seus antepasados de procedencia. Así pois, a opción dunha Galicia bilingüe paréceme pobre. Non quixera que as miñas fillas falasen dúas linguas... as mesmas que o seu tataravó. Sería ir para atrás. Hoxe os nosos nenos estudan en galego e en castelán, e tamén inglés como primeira lingua estranxeira e francés ou alemán como segunda. Ou sexa catro. E como parvos non son, entenden bastante ben o portugués. Cinco. Iso, unido ao gusto pola música en inglés, ao traballo dos profesores, á presenza das E.O.I e aos cursos no estranxeiro con bolsas da administración, sitúannos ante uns mozos abertos desprexuizadamente a unha riqueza lingüística como nunca antes se vira. Esta paixón polas ferramentas de comunicacion é cousa europea e o coñecemento de linguas, un dos indicadores máis claros do nivel socio-cultural. O 7% fala catro linguas á parte da propia. Sen dúbida, a elite máis preparada das zonas máis ricas; principalmente, lugares de falas pequerrechas -luxemburgués, holandés, danés, sueco- onde compatibilizan ese amor ao local co dominio doutras grandes como inglés, francés e alemán. Nós, por suposto, debemos tender a estar nesa elite. O galego porque é a lingua en que se creou esta terra. O castelán porque é unha marabillosa ferramenta comunicativa, chave para España e o mundo a través de Iberoamérica e porque é a lingua principal de moitos galegos e dunha parte importantísima da literatura feita en Galicia. De Rosalía a Valle-Inclán, de Torrente a Valente. En fin, que ninguén pense que os amantes do galego somos tan obtusos como para querer borrar das nosas cabezas ou das dos nosos fillos esta vantaxe comunicativa e renunciar ao que sabemos que nos é tan útil. Queremos só liberarnos de prexuízos e fomentar o uso do galego para garantir o seu uso normal. Nada máis. O inglés, precisámolo por ser a lingua principal de comunicación internacional e co portugués temos unha intercomunicabilidade que debemos aproveitar. Hoxe a vella Galicia rural esmorece -cada vez hai menos nenos con aldea- e a posiblidade de recibiren as clases en galego debe ser valorada, como de feito o é entre a maioría dos pais, como unha sorte que eles non tiveron e que suma coñecementos, non os resta. Non cremos problemas onde non hai, porfa.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
7 comentarios:
Yo/eu pienso/penso que/que tenemos/temos que/que hablar/falar así/así para/para poder/poder ser/sermos bilingües/bilingües como/como quieren/queren que/que seamos/sexamos.
Estóu moi contentiño: chegóume esta mañá un paquete có curso de chinés que pedín fai unhos días.
Ao artigo do Monxardín, creo que lle vou facer fotocopias pra darllas a algús que eu sei. Se teño que pagarlle os dereitos de autor, páganse (se mos condona, moito mellor).
Vaia, oxalá mentes tan obtusas como as que protagonizan este vídeo puidesen comprender este artigo!
http://youtube.com/watch?v=QC6dZ642qx4&feature=related
(Copien e prepárense...)
E a Monxardín...parabéns pola apertura mental, mestre!
MonXardín for General Secretary of Linguistic Politics.
Cun apelido mitad francés e mitad galego, non podía ser menos.;)
XDC, "condónollos" -mire que palabra tan fea- agradecido.
Parabens o senhor monxardim. E xusto o que penso. Que magoa que no haja mais gente que pense o mesmo, ou que não faga bandeira do mesmo. Acho que é o caminho, eu sempre digo faise caminho caminhando, não barulhando, a lingua falase, falando-a.
Boas noites, boa sorte.
A mín o que me extrañaría sería pensar distinto do que Monxardín expón.
En todo caso, parabéns.
Publicar un comentario