A lazada violeta, de Helena Villar (ECG 14 marzo)
Imaxe: Simone de Beauvoir, foto de Elliott Erwitt, 1952. (Mensaxe 1701)
Se mo permiten, dedícolle este artigo da amiga H. Villar a todas as contertulias e tamén ás miñas alumnas de A Carballeira: tocamos este tema a cotío nas clases e comprobo que non sobra, aínda non son cousas estas demasiado coñecidas.
As eleccións acalaron as mulleres no seu día grande, que coincidiu coa xornada de reflexión. Mais como moitas tecemos na rede unha lazada violeta que aperta a sororidade, fixemos circular entre nós felicitacións, textos críticos e reivindicativos, e fermosas na forma aínda que tristes no contido presentacións en power point.
Unha das que recibín e propaguei ten escritos contra as mulleres dos que non me resisto a copiar algún.
Unha das que recibín e propaguei ten escritos contra as mulleres dos que non me resisto a copiar algún.
"A muller debe adorar ao home como a un deus. Cada mañá ha de axoenllarse nove veces consecutivas aos pés do seu marido e, cos brazos cruzados, preguntarlle: señor, ¿que desexades que faga?" (Zaratustra, século VII a.C).
"A natureza só fai mulleres cando non pode facer homes. A muller é, polo tanto, un home inferior" (Aristóteles, século IV a.C.).
"Aínda que a conduta do marido sexa censurable e se dea a outros amores, a muller virtuosa debe reverencialo como a un rei. Durante a infancia, unha muller debe depender de seu pai; ao casar, do seu home; se el morrese, dos seus fillos e, se non os tivese, do seu soberano. Unha muller nunca debe gobernarse por si mesma" (Leis de Manu, libro sagrado da India).
"Que as mulleres estean caladas nas igrexas porque non lles é permitido falar. Se quixeran ser instruídas sobre algún punto, pregúntenlles na casa aos seus homes" (Apóstolo Santiago, s. I).
"Cando un home fose reprendido en público por unha muller, ten dereito a golpeala co puño e o pé, e a romperlle o nariz para que non se deixe ver, avergoñada da súa face" (Le Ménagier de París, tratado de conduta moral, s. XIV).
"Os nenos, os idiotas, os lunáticos e as mulleres non poden nin teñen capacidade para efectuar negocios (Enrique VII de Inglaterra, s. XVI).
"O peor adorno que unha muller pode ter é ser sabia" (Lutero, s. XVI).
"Todas as mulleres que seduciran e levaran ao matrimonio os súbditos da Súa Maxestade mediante o uso de perfumes, pinturas, dentes postizos, perrucas, e recheo de cadeiras e seos, incurrirían en delito de bruxería e o casamento quedaría automaticamente anulado (Lei inglesa do século XVIII).Con lazada violeta chega tamén a publicación do tomo I de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir. Grazas á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e a Edicións Xerais polo galano. Di a filósofa que a muller non nace, que se fai. Eu engado que o home tamén. E ten que se facer doutra maneira.
1 comentario:
Esta é a carta instancia de matrimonio que lle queren enviar a Berlusconi as italianas despois de que o candidato de Forza Italia aconsellara a unha estudiante que lle formulou unha pregunta no programa Porta a porta sobre a precariedade laboral que casara co fillo de Berlusconi o con alguén do tipo (quere dicirse millonario) para escapar de tal situación.
Roma, 13 marzo 2008
A Pier Silvio Berlusconi
Vice Presidente Mediaset
Viale Europa 46,
20093 Cologno Monzese
Milano
Oggetto: Istanza di matrimonio ai sensi delle dichiarazioni del candidato premier del PDL Silvio
Berlusconi nel corso del programma "Punto di Vista" del Tg2 del 13 marzo 2008
Il/La sottoscritto/a ______________________, nato/a a _________ il _______________,
residente a ______________, in Via/Piazza _________________________, (Codice Fiscale
_____________________), lavoratore/trice precario/a della Repubblica italiana,
facendo seguito alle dichiarazioni del candidato premier del PDL Silvio Berlusconi nel corso del
programma "Punto di Vista" del Tg2 del 13 marzo 2008 rivolte ad una giovane lavoratrice precaria,
che si riportano per intero:
"Io, da padre - ha risposto Berlusconi sorridendo - le consiglio di cercare di sposare il figlio di
Berlusconi o qualcun altro del genere; e credo che, con il suo sorriso, se lo può certamente
permettere".
ED ESSENDO IN POSSESSO DEI REQUISITI PREVISTI DALLE
SUDDETTE DICHIARAZIONI (CONDIZIONE DI LAVORATORE/TRICE
PRECARIO/A E LODEVOLE SORRISO, - n.b. requisito quest’ultimo acquisito
a seguito dei ripetuti colloqui per i rinnovi dei contratti)
CHIEDE
di potersi sposare con Lei e nelle more dell’espletamento della cerimonia di poter essere
mantenuto/a con adeguato assegno di mantenimento.
Ai allega a tal fine foto attestante il requisito del lodevole sorriso.
Si dichiara altresì di non aver inviato analoga istanza ad altro milionario.
Città, ………… (data)
FIRMA
(nome e cognome leggibili)
Publicar un comentario