Nada hai tan voluntario como a relixión
(Emilio Castelar, Congreso Deputados 12 abril 1869). Discurso sobre a liberdade relixiosa e a separación entre a Igrexa e o Estado.
Ya sabe el Sr. Manterola lo que San Pablo dijo: «Nihil tam voluntarium quam religio». Nada hay tan voluntario como la religión. El gran Tertuliano, en su carta a Escápula, decía también: «Non est religionis cogere religioneni». No es propio de la religión obligar por fuerza, cohibir para que se ejerza la religión. ¿Y qué ha estado pidiendo durante toda esta tarde el Sr. Manterola?¿Qué ha estado exigiendo durante todo su largo discurso a los señores de la comisión? Ha estado pidiendo, ha estado exigiendo que no se pueda ser español, que no se pueda tener el título de español, que no se puedan ejercer derechos civiles, que no se pueda aspirar a las altas magistraturas políticas del país sino llevando impresa sobre la carne la marca de una religión forzosamente impuesta, no de una religión aceptada por la razón y por la conciencia.
Por consiguiente, el Sr. Manterola, en todo su discurso, no ha hecho más que pedir lo que pedían los antiguos paganos, los cuales no comprendían esta gran idea de la separación de la Iglesia y del Estado; lo que pedían los antiguos paganos, que consistía en que el rey fuera al mismo tiempo papa, o, lo que es igual, que el Pontífice sea al mismo tiempo, en alguna parte y en alguna medida, rey de España.
Y sin embargo, en la conciencia humana ha concluido para siempre el dogma de la protección de las Iglesias por el Estado. El Estado no tiene religión, no la puede tener, no la debe tener. El Estado no confiesa, el Estado no comulga, el Estado no se muere. Yo quisiera que el Sr. Manterola tuviese la bondad de decirme en qué sitio del Valle de Josafat va a estar el día del juicio el alma del Estado que se llama España.
Por consiguiente, el Sr. Manterola, en todo su discurso, no ha hecho más que pedir lo que pedían los antiguos paganos, los cuales no comprendían esta gran idea de la separación de la Iglesia y del Estado; lo que pedían los antiguos paganos, que consistía en que el rey fuera al mismo tiempo papa, o, lo que es igual, que el Pontífice sea al mismo tiempo, en alguna parte y en alguna medida, rey de España.
Y sin embargo, en la conciencia humana ha concluido para siempre el dogma de la protección de las Iglesias por el Estado. El Estado no tiene religión, no la puede tener, no la debe tener. El Estado no confiesa, el Estado no comulga, el Estado no se muere. Yo quisiera que el Sr. Manterola tuviese la bondad de decirme en qué sitio del Valle de Josafat va a estar el día del juicio el alma del Estado que se llama España.
60 comentarios:
Eso é un discurso. Extraordinario.
Pero, como galegos non podemos tolerar a infamia declarada de que o voto de Santiago era falso. Di Castelar: "el falso voto de Santiago, por el cual hemos estado pagando tantos siglos un tributo que no debíamos, y que si lo pidiéramos ahora a la Iglesia con todos sus intereses no habría en la nación española bastante para pagarnos aquello que indebidamente te hemos dado."
Non; por aí non pasamos: para ser o único imposto recadado nas Hispaniae que revirtió en Galicia... Cantemos, pois, irmáns,
Defensor alme Hispaniae
Jacobe, vindex hostium.
Como comeza o himno das primeiras vísperas do día de Santiago.
Bah, o discurso é moi correntiño e máis ben frouxo.
Sen ir moi lonxe, Touriño, Quintana ou Feijóo, teñen discursos de moita maior calidade que son un exemplo de oratoria e retórica parlamentarias...
... na Outra Vida :) :) :)
Como sería a prosodia de don Emilio? Realzaría retórica e sintaxe, desmerecería?
Mágoa de gravacións. Aínda que tanta evidencia, se cadra, tollería o soño.
Don Emilio pasou aos anais da historia parlamentaria como o mellor orador de todos os tempos. Prosodia, retórica e sintaxe, sinxelamente perfectas.
Permítanme despedirme de todos vostedes durante unha semana (na que respirarán tranquilos), pois voume de vacacións (ou férias).
Espéranme as "Españas": Salamanca e boa parte de Extremadura serán os destinos (quizais en Salamanca me coincida tomar un café co Arume, que seica andará por alí).
Que o pasen ben e que se cumpran todos os seus desexos.
Good Night & Good Luck!
Apicultor: Que teña boa viaxe e boa estancia nas Españas...
Saúdos, señor.
Regrese logo, e non se mancar.
Evite: "Y luego", "colo" "no doy" "tina" "te va buena" "estar al acogido" etc.
jeje
Apicultor é un zelig: tan pronto como se vexa na cidade helmántica, faise charro. Quedamos no Novelty, a carón da estatua de Torrente. Se cae algún por Salamanca alí estaremos.
Don Arume: Desta semana non pasa. DEBE vostede convidar a unha caixa de botellíns. Non llos perdoo.
Nin á srta. Doniña.
Benquerida e admirada señorita Doniña: Recibín con grande sorpresa e certa precocupación a noticia da súa partida para as lonxíncuas terras do norte. Respeto,comprendo e solidarízome coa súa hamletiana decisión que polo que se está a ver, é irrevogábel. E estoume con Vde: Por veces cómpre ir ata a fin do mundo para compredermos que a nosa terra é o principio.
Faga coidado coa lendaria sona dos Kwakiutl. Sonlle cousas de verdade, abofé que si. Acepte por educación o convite para o turístico potlatch (menos espectacular que a máis tiñosa das vodas en Casa Conde da Merca, ou na Palloza, de Lugo). Porque a verdade kwakiutl, señorita, e todas as verdades crúas, rutilantes e violentas, todas as verdades que sementan cadáveres nas gabias dos camiños da vida, son simple e sinxelamente “verdades”, moi lonxe da intanxíbel VERDADE que todos perseguimos, e que foxe de nós por moito que teimemos en aprehendela. Lembre o noso alado mensaxeiro, Sr. Da Coba, cando argüidamente detectou unha grave gralla ortográfica na linguaxe empregada polos Kwuakiutl nas súas comunicacións a distancia. Pronto. Os mozos da tribo non estaban a chamar por ninguén; tan só andaban a queimar leña verde e ramallos de fentos para provocaren un irritante fumo que obrigase o sol a tusir e posteriormente a liberar a lúa, secuestrada provisionalmente na barriga do astro rei. E, Doniña, segundo as leis da física, estudadas ata o dominio polo noso profético amigo, o sr. Da Coba tiña razón. A mocidade Kwakiutl tiña tamén razón. O prospecto do posto de turismo do Canadá tiña evidentemente razón. E aínda ben que agora non se sacrifican prisioneiros de guerra en aras desa razón…
Fago votos para que vostede, señorita, atinxa o máis grande suceso nas súas investigacións vírico-bacteriolóxicas. Non esqueza o papeliño tornasol, hábil desenmascarador de PH, e sobre todo, a crema de protección solar, desa tan cara que non se ve no Pincha Precios; hai que ir á farmacia, pola de 18 euros. Faga caso, dígollo por experiencia. Desexo que algún día poidamos vela en Estocolmo, a recibir o supremo galardón que merece o seu esforzo, a súa rebeldía intelectual, a súa férrea vontade, a súa simpatía e o seu afán por transformar o mundo. Conte connosco para acompañármola nese magno evento.
Se quere, envíolle as señas de Roberto Barreiro, vigués-lobeirao, amigo da infancia, médico, biólogo, nigromante, bohemio arquetípico e piloto de aviación, diplomado na escola privada e carísima de Salamanca e audaz fumigador aéreo dos inmensos campos de pan alá nas desoladas terras do norte de Canadá, alá onde a terra comeza a ser o deserto de poula sen fin. Non dubide en me dar recado se precisa calquera cousa. Para iso lle estamos, Doniña, faltaría máis.
Agradezo inmenso o seu desexo de que Kyra Argounova acabe por me querer. Penso que o progreso é lento, mais seguro. Lembremos o tunecino Aníbal, cando con terríbeis dificultades deu atravesado os inhóspitos Alpes. E só pido á virxe do Viso que as vitorias iniciais se non tornen estrepitosa derrota final.
Fala Vde., señorita, non raramente, da veciña de Lobeira que se quixo inmolar cando soubo que o fillo falaba cunha moza xaponesa. Evidentemente, o sutti non é costume do país Laboreiro-Xurés (grazas pola acotación, Lisardo Quintas),
{cont.}
Desculpe, Doniña, que me di Kyra que a crema esa tan cara chámase Eucerin.
Que non a hai en Nukus, que hai que comprala na feira do sábado aquí na raia, en Tadyikistan.
Saúdos.
Vounos deixar tamén eu durante estes días; andarei polas Españas interiores, castelas extremaduras e murcias. Xa lles contarei cousas de por aí.
Bicos denait.
E por que non se achega alguén ata Karakalpakstan?
Na pensión da Kyra hai cuartos libres.
Veño dunha cea cunhos amigos, entre eles Geluco Guerreiro e José Luís Gómez e realmente non me apetece irme para Karakalpakstan.
Sinto Médela.
Mañan vou facer hole in one, e voullo adicar. Boa noite.
Nada, comprendo perfectamente. Mais aquí chove, non sei en Lugo...
Miudiño, miudiño.
O mércores pasado non din atopado o Iago e a Pedro, pero xa sei onde viven e calquer día destes cumprimetarei polo Modesto.
D. Júlio, non é por que eu seña de por aquí pero qué xente á da Terra Chá. Hospitalaria, amable e moi feliz.
Que pena que señamos dun país probe, sen recursos económicos, que senón seríamolos donos do mundo.
Hoxe erguinme optimista, e dame que si lle da un tento a Kyra, hoxe molla.
Qué susto, Medela. Onde escrebéu "gralla ortográfica" eu lín "cartográfica". Entón penséi na paisaxe como "ortografía". A idea é suxerente.
Don Xaime, élle verdade. Vde., sen ánimo ningún de lle pasar a man polo lombo, é educado, hospitalario, xentil, cabaleiro e simpaticamente retranqueiro.
Tal vez debía ter un pouco menos de cultura e coeficiente intelectual para ser máis feliz, menos escéptico.
Espero que nos vexamos algún día, entre a luguesa praza de abastos e a catedralicia rúa dos viños, esas coordenadas onde o tempo parece vir cara a un, no canto de se ir para o inferno.
Off the record: Kyra olla para min de esguella, e eu téñolle medo. Cada día é máis bonita.
Saúdos.-
Torres máis outas caeron, amigo Júlio (Osama Bin Landen)
p.d. Só podería citar a un asesino un Sábado de Dolores, que Deus me perdoe
Para Xoan da Coba: estea pendiente xa que o luns vou cun cativo meu a Montealegre e o mellor lévolle o Pierola.
Como non vou entrar na cidade, digame onde llo deixo.
Don Xaime: O problema radica na maldita bata indoeuropea aos cadrados. Sempre coñecín mozas nas verbenas, ben vestidas, de parroquial elegancia, limpas e ben peiteadas.
A beleza de Kyra non é nada artificiosa, por iso é tan engaiolante, porque non hai nada que esconder, que reprochar.
Tamén non pretendo nada especial. Apenas unha apracíbel e bucólica existencia en Lobeira.
Sería tan difícil, don Xaime??
OS SEÑORES MEDELA-ARGOUNOVA NAS SÚAS PROPIEDADES DE LOBEIRA
CABALEIROS: Non hai computadores polo Reino de España adiante???
Como dicía La Pastorina:
"Soy un niño abandonado"
D. Júlio estámoslle de vacacións.
Xa, mais eu estímoos e bótoos en falta.
Medela, non me faga sentir mal, ande. Fágalle as beiras á Kyra que mañán elle día de garabullos.
Non, don Xaime, querido amigo, divírtase, mais o mínimo, non pido máis e poñer unhas letras:
"Tiempo espléndido. Comida abundante. Viaje sin mayores novedades. La gente encantadora. Mallorca es precioso, aunque un poco caro. Paran junto nuestra unos de Chantada".
Nada, nada, pasalo ben e non se mancar.
Auria. 17-3-08
Querido amigo Medela:
Queira Deus que ao recibo destas dúas letras estedes ben toda a familia. Nos estamos todos ben G.A.D.
Primeiro de todo, pedir perdón por tardar tanto en contestarche á túa última carta, pero non tiven tempo por culpa de escoller as patacas prá sementeira.
Pois amigo por aiquí non hai novedade.Veñen unhos familiares de Alemania pra pasar estes días connosco. Inda porriba de sementar as patacas teremos que cociñar pra eles, que pasarán os días xogando ás cartas na cantina, porque están de vacaciós.
Xa sen máis, despídese de tí este amigo que o é.
Xoan da Coba
Cantas cartas semellantes se escribirían neste país como as que vostedes tan ben imitan, sres. XDC e J.Medela.
Son unha parte da nosa historia, só parcialmente coñecida: hai algúns estudos de Raúl Soutelo e Núñez Seixas que recollen e publican cartas de emigrantes moi semellantes a estas.
Don Marcos: Nós non lle imitamos nada... SOMOS emigrantes.
Do resto, hai un libro na miña casa de Lobeira, chamado "Guía del Artesano", con miles de modelos de cartas que cubrían TODAS as posibilidades de relación real, hipotética e/ou non desexada entre calesquera persoas. E quererá saber que agora non o encontro???
Un pormenor da vida da miña avoa Concha pouco coñecido: Escribiu e leu miles de cartas a/de emigrantes, guiándose naquel libro e na súa prodixiosa capacidade de empatía e profundo coñecemento da idiosincrasia humana.
Lembro unha, tal vez de 1966-68máis naturalista que Zola, pedindo a un mozo (que escapara para Metz), que regresase, que a moza que deixara en Lobeira tiña concibido,etc. Esa carta, don Marcos, debía pasar á antoloxía da literatura epistolar mundial. Pode estar certo diso.
Saúdos, estimado profesor don Marcos.-
Señor Medela, a culpa de tanta desbandada tena en parte vostede, que convoca aos contertulios entre a luguesa praza de abastos e a catedralicia rúa dos viños . Esa localización tan precisa corresponde a unha praza que recibe o nome de Soedade . Non lle debería sorprender, xa que logo, o de ficar tão sozinho.
Obrigadinho.
Pronto, aceito a minha condição de culpado.
Mas estou a chorar, e continuo, porém, apaixonado pelo largo da Soidade, onde o tempo vem e se não vai embora...
Estou a ler "Sacrifícios simbólicos associados às malhas", do ínclito António Jorge Dias.
E está a chover, em Nukus.
Kyra, missing.
Com os meus saudosos cumprimentos,
Medela.
Auria 18-3-2008
Querido amigo Medela:
Sólo dúas letras pra contestarche á túa última carta, que chegóu con moito retraso porque o carteiro non pudo pasar coa bicicleta por culpa do bulleiro dos camiños.
Alédome moito de que estedes todos ben. Nós tamén, a Deus grazas.
Cóntasme que chove moito aí. Aiquí tamén. Non imos poder botar as patacas este ano. Con tanta auga, pudren na terra.Graciñas por o paquete có cobertor noviño que mandache pola Vergaresa. Dinlle algo ao chófer pra unhas cervexas, anque imaxino que xa lle deras tí pra que coiadara ben o paquete. Grazas tamén polo "giro" de duascentas pesetas pra pagar a contribución da Penascada. Non mandes cartos no sobre, que os carteiros son moi agudos. Se podes, mándanos francobolos, como lle chamaba o rapá no vran, pra poder contestarche, que aiquí non hai onde mercalos. Dalle "recuerdos" a todos e un bico prós rapaces. Nós, acordámonos sempre de vós. Xa sen máis me despido, desexando que pronto nos poidamos ver, que xa teño moitas ganas.
Xoan da Coba
Querido Juliño:
Recibí tu carta y paso a contestártela, y no es ninguna reprimenda pero siempre te digo que no me las mandes en gallego que sabes que no lo sé leer y es una vergüenza cuando se las leo a las amigas del barrio, que un chico tan avispado y estudiado siga en la zunia de escribir de ese modo.
De todos modos no dejes de escribirme por que me pongo muy contenta aunque sea en gallego.
Sabes que todas las semandas vamos a ver a la abuela, pero te está muy caprichosa y mandona y el Roque y yo estamos pensando en llevarla a la Residencia de la Tercera Edad que D. Manuel Fraga tiene en Ginzo para que podamos vivir un poco.
Cuando estoy con las amigas viendo la televisión siempre les digo por donde estás, y ¡ay mi Juliño! no podrías venir un poco más cerca, hombre, que por esos sitios las gentes te deben ser muy malas, y hasta según dicen no se bautizan.
Los niños ya sabes, bien, aunque me tienen un poco nerviosa con el coche por que cada vez llegan más tarde de Allariz los fines de semana y simpre temo que les pase algo. A mi me parece y es un secreto que Jesús te anda con la Tania del Vinotero, pero por favor no me descubras que no lo sabe nadie.
Parece que ahora cerca de la primavera es cuando empieza a romper a llover que a la viña no le viene mal, pero para las patatas es toda una lama y tardarán en salir.
Cuidate mucho, y ahorra que ya sabes que el mundo no te está para despilfarro, tu hermana
Remedios Médela.
O Medela está triste
Qué terá o Medela?
Sempre soña coa Kyra
Sempre soña con Ela.
Xa perdeu o sorriso
xa perdeu a súa cor
sigue triste o Medela
entre pedras de mouras
I está mudo o teclado
do seu ordenador.
Querido Xoán: Acabo de recibir a súa carta, e non sabe a alegría que sinto neste momento. Alégrome de que todos estean ben; eu, alén dun crónico estado de angustia, agravado pola soedade en que me encontro, grazas a Deus que non hai novidade. Estou a ler a carta na casa de acollida de ACNUR, onde estou a botar unha man ao padre Zumalakarregi, o xesuíta con don de ubicuidade. Aínda hoxe nos chegou unha nena tibetana refuxiada, xa sabe o que son as guerras, Da Coba, as malditas guerras… O cura xa a inscribiu no rexistro co nome de Lucía, e por en canto, ten un fogar. Coitada dela e de todos nós.
Seica continúa a chover por aí; xa mo comentou a avoa Concha. E lembre, hermano, semente en lúa vella e recolla en calquera.
Non ten por qué me agradecer o cobertor que lle enviei, élle cousa típica de aquí, realizada con algodón do país, en tear típico, dos que non hai tanto tempo orlaban cada casa de ben na nosa terra.
Falei con Maria Antònia, a supervisora, cada día máis “Windsor” e podía ser que se fago unha hora máis cada día, igual xunto unha semaniña para a festa do Viso.
Que tal os parentes de Alemania? Están ben de apetito? Gustan das festas? Responden a todo “ja” “ja”?
-Benito, entón traes moitos días?
-Ja
-Benito, imos á feira a Bande?
-Ja
Mi madriña!!!!
Un saúdo do seu amigo Medela, que o admira e o quere como se fose un primo segundo.
Un abrazo forte para vostede e para os seus, Xoán.
LUCÍA XIAO, REFUXIADA TIBETANA
Da Coba: Kyra e máis eu xa nos tratamos por tú.
Conteille o que me pasou coa Elisabeth Hurley, na discoteca Whisky a Go-go, en Carnaby Street, cando a inglesa quitou o ollo de vidro, etc.
Kyra escachaba coa risa e tamén me contou algo parecido cun cosaco...
Até breve.
Señor Medela:
supoño que é simple casualidade, pero esta Lucía Xiao, refuxiada tibetana, ata ten un aire cunha rapariga filla dun amigo meu, compañeiro de traballo, de Allariz e do mundo sanitario. Con iso da globalización, o mundo fíxose moi pequeno, non?
Amigo Medela: xa lle contaréi algunhas curiosidades do chino, língua na que empezo a decir catro caralladas.
Vostede sabe que nas aldeas case nunca respondían "sí" a unha pregunta. Respondían có verbo, como fan en Portugal: "Fuches á feira?. Fun.Víches á túa irmá?.Vin". Tamén se respondía moitas veces con "é", do verbo ser, como apócope de "así é". Sorprendase: no chino fan igual. Ambos casos. E hai máis curiosidades.
O que me trae cocido de momento son os catro tonos dos collós.
Don Marcos: A nena da fotografía "refuxiada tibetana" é filla dunha mestra do CEIP de Allariz e dun señor que é profesor nun instituto de Verín. Hoxe trouxéronnola á casa e é unha meniña tan marabillosamente simpática e espilida que non puiden resistir a tentación de retratala e subila a este blog-estouro. Lucía Xiao é o seu nome auténtico, evidentemente.
Coñezo outro matrimonio que tamén ten unha nena chinesa, mais infelizmente non sei como é que se chaman, nin onde traballan. Creo que a nena se chama Ivonne, e tal vez sexa a personiña que vostede coñece.
Saúdos.
Don Marcos: Aquí en Allariz hai tamén aulas de lingua chinesa, mais o prezo ultrapasa as miñas posibilidades.
Faga coidado cos tons: Dependendo das curvas de entonación, unha cousa pode significar ben "Dáme un cigarro" como "Vai ao carallo", e perdón polo palabrón.
Saúdos.
Da Coba: A anterior mensaxe ía dirixida a vostede.
E aproveito para que me explique, por favor, os versiños do seu fino e delicado poema, que agradezo e que me emociona:
"sigue triste o Medela
entre pedras de mouras"
Grazas, cabaleiro.
Excelente a pata de año do Amador. Non tiñan nin Veronia nin Heredad, pero deixámonos aconsellar e tomamos un reserva do 98 de nome pouco coñecido moi rico e a moi bó precio. Paseamos pola Tinería e polas murallas e entendín o acertado do título "Entre portas e hortas". Na zona dos viños, probei Mencías que nunca catara e papei sabrosas tapas de lacón frío. A cidade, preciosa.
Vostede sabe perfectamente qué son as "pedras das mouras", amigo Medela. E non me diga que non poñen triste a calquera, imaxinando tempos paleolíticos de mámoas e de túmios. Non sei se a última verba é correcta por "túmulo", pero é que na miña aldea hai un topónimo así (i é unha costa de carallo). Na miña aldea hai dúas mámoas nunha chaira, no medio do monte. Gustaríame mostrarllas algún día. Teñen a parte superior excavada, como adoita a suceder. Homes de outros tempos buscaron tesouros nelas. A mín gústame imaxinarme nese lugar fai vinte mil anos, de noite, mirando as constelaciós estelares nun ceo distinto ao que coñecemos hoxe, e que pode ser calculado por programas informáticos. Pero ponme triste, porque me poño a pensar que somos como unha gota de auga no océano do tempo. Tamén hai quen dí que nos poñen tristes certos gases que saen das pedras graníticas.
O monte do que lle falo separa as cuncas do Arnoia e do Limia. Hai un penedo en cada outeiro, todos diferentes, ben coñecidos por mín. En todos eles hai algún recuncho con forma de pétrea cadeira na que sentarse a ler un libro durante horas, respirando o aroma, inconfundible, da Serra de San Mamede.
Benquerido Da Coba: Lembro dunha ocasión, cando fun, na madrugada do día de San Xoán, tería eu por volta duns 20 anos, e chegara a hora de pasar a segunda das probas iniciáticas da miña vida. A primeira delas fora a de acompañante nas voladoras dos irmáns Chabaud. A segunda, esta.
Aparco a Bultaco Alpina emprestada xusto ao pé do marco 21, acendo un cigarro, agardo pacientemente, e 'just in time to see the sun', aparecéuseme isto. Supoño que será o que se dá en chamar 'mouras'.
Baixei, estremecido, a través do planalto do Laboreiro cara a Lobeira, onde non contei nada a ninguén.
A miña avoa, cando me estaba a poñer o café, comentou:
-E logo, rapaz, viches o lobo...?
Saúdos, alado mensaxeiro do San Mamede.
ARGÜÍDA MOURA-DEUSA PRECRISTIÁ NON CRISTIANIZADA-SEGUNDA PROBA INICIÁTICA DE JÚLIO MEDELA DE LOBEIRA-OUTEIRO DE FERRO-LOBEIRA-VEREA-CASTRO LABOREIRO
Falta por decir si superóu a proba ou non "drug moi" Medela. Dame no corpo que a "proba" superóuno a vostede.
Fun comer a San Amaro, ao "Lembranzas", cós alemás. Fan unhas boas táboas de churrasco. Logo, á Ziralla, pra tomar cafés nese restaurán que fixeron no que era un muíño a carón da ponte de Vilaboa. E agora vou seguir pelexándome cós tonos da lingua chinesa. Non fago o máis mínimo intento de imitalos. De momento limítome a escoitalos . Xa lle pasaréi eses audios e as correspondentes lecións, en ambalas dúas escrituras: ideográfica e pinyin. Non fai falta gastar moitos cartos.
Calquera se somete á proba, con eses shorts ás píntegas brancas e esas pernas morenas do sol de Raxó-Poio-Galiza.
Quería ver qué facía vostede, alado mensaxeiro.
E iso que me ofreceu unha Bultaco Alpina do trinque, coa documentación ao meu nome máis un ano de seguro e un traballito de celador fixo na Deputación.
E estou a lle dar voltas: Superei ou non a proba???
ENGADO CO QUE TENTOU PROBAR A FÉRREA VONTADE DO JÚLIO A MOURA DO LABOREIRO PARA POÑELO NA TESITURA DE ESCOLLER ENTRE ELA OU OS BENS MATERIAIS. UN SERVIDOR ESCOLLEU A MOURA, PEDIU UN CRÉDITO E COMPROU UN DYANE 6 (E SUPEROU A PROBA, MALIA O QUE DIGA O ALADO MENSAXEIRO DA COBA
Din que , no mundo das motos, quen as tuvo todas quédase ao final, pra sempre, coa Harley-Davidson. As outras son estados transitorios no camiño da perfección. Nunca me interesaron as motos. Pero si algún día chegaran a interesarme, imaxino que aforraría "atallos sen traballo" e iría directo a esa. Ou o que importa é o propio camiño, e non a Itaca final?.
Da Coba, hai tamén moito que non subo a unha moto, mais, bótelle unha ollada ás Triumph.
Chegamos a Itaca se superarmos as probas do camiño, supoño; para iso están.
E se chegarmos a Cristosende-Itaca con esta motocicleta, non hai moza que se resista, nin as de Barcelona.
MOTOCICLETA INICIÁTICA DO MENSAXEIRO ALADO XOÁN DA COBA, NO SEU REGRESO PARA ITACA-CRISTOSENDE
O ANSIADO REGRESO A ITACA-CRISTOSENDE
Con esta matouse Lawrence de Arabia, e xa deixo este tema. E que hoxe estou un pouco saudoso; mostráronme unha motocicleta de 1962, marca OSSA, cun design insuperado, feita un desastre e abandonada nunha palleira.
LAWRENCE DE ARABIA-Q.E.P.D.
A pesar de que non son aficionado ás motos, amigo Medela, teño unha Vespa do ano 62. OR-sin letra. Tamén estaba nunha palleira, case noviña,cando a merquéi,fai xa unhos quince anos. Só tiven que pintala, que do resto estaba perfecta.Andiven un tempo nela, pola aldea, clandestinamente, porque non teño carné de moto (e ten máis de 150cc). Chimpóume dúas veces á cuneta. A primeira vez, contra unhos fentos. A segunda contra unhos toxos. Agora, volve estar nunha palleira, tapadiña. E xa entendín por qué tantas veces as motos dormen o sono dos xustos nas palleiras.
María Remedios: Acaban de me entregar agora mesmiño a túa carta; vexo pola data que leva por volta dun mes aos tombos monte abaixo. Entre as ferias e a confusión que hai neste país por causa da mudanza de nomes nas rúas e entre o alfabeto cirílico, árabe (e occidental), alén dos proxectos para meter o chinés, mongol ou mesmo tártaro, pois dígoche, irmá, que non hai quen se aclare.
Irmá querida: Ti falas galego. Pensas, acho, en galego. Rezas maquinalmente en castelán e imploras a bendición dos teus santos en galego. Maldices en galego. Renegas do demo en galego. Teimas e teimas a falar castrapo coas que veñen de Barcelona a falaren con acento andaluz e o teu subconsciente traizóate en galego. Amas/odias en galego. Respondes instintivamente en galego e mudas para o castrapo no instante, cando un madrileño che pregunta ‘donde se puede comer bien… y barato en este pueblo, oiga, buena mujer’; levas a vida enteira a me facer rabexar en galego, acumulando simultaneamente un enorme depósito de cariño, que me transmites en castrapo e aínda me preguntas por que che escribo en galego. Aínda lembro a vergoña que me fixeches pasar en Lugo, cando multaron o teu home por colocar pezas falsas de recambio no taller, e houbo que meter avogado , lembras, Remedios? Cando a fiscal aquela, a de cara de corvo solicitou ‘dos años y un día de reclusión menor’ e o avogado aquel de Lugo, señor elegante, aquel que nos recomendara a Marinita, a da Blandina, a de Tráfico, aquel don Xaime que insistía en falar galego e ti fixeches calar a boca ao Roque e botácheste coma loba ao castrapo e don Xaime non te daba convencido e ti non baixabas da burra, e subíronche os roibéns á cara e aínda me berraches tal vez porque consideraches inaudito que aquel señor tan distinto naquel gabinete con aquel mobiliario tan clásico e con aquela luz tan tenue e tan envolvente e con aquela señora (esposa?) que entrou respectuosamente para lle dicir que ía á novena á catedral e que se podía ser que fose esperar por ela á saída; aquel señor, Remedios, con ese inconfundíbel aspecto de neto de señorita de casa grande con forno, criados e muíño de seu, ese aspecto que os paisanos, polo si ou polo non, detectamos de inmediato, e ti, querida irmá, deches en pensar que don Xaime non nos ía dar sacado do fiadeiro e querías ir ata Vigo para falares co coronel Barreiro, o avó do Roberto…
Comentas que o meu sobriño Jesús fala coa Tania, a pequena do vinatero, non é? Alá el, estache na idade, mais que faga coidado, porque ao vinatero, desque colleu co Bernardino da Porqueira a representación da Estrella de Galicia, non lle vale o rei para lle espantar as moscas. Aínda lembro a performance da muller, a Saladina de Carpazás, cando fomos rezar ao velorio do Delfín, o do bar do campo da feira, como cortaba o castellano coas señoritas de Bande, as do coronel Elixio, o aviador, e as de Eugenio Montes, e como virou para o galego cando deu en louvar o morto: ‘Nunca vos vin un morto tan bonitiño, con esta cariña tan atersada… Ben se coñece que lle puxeron o paniño con augardente na cara…Olla, mesmo parece que vai rindo para o ceo’.{Grazas pola información, Mónica de Parderrubias-A Merca}. Que show, Remedios, que show. E para máis INRI, co abrigo de visón en pleno mes de maio, cunha calor que caían os paxaros. Pois, Remediños, o que haxa de ser, será. E tamén che digo que en canto o Jesús vaia aprobando en Santiago non hai nada mao en se divertir. Que van cara a Allariz? É lóxico. De Bande estaranche cheos. A Manchica parece, visto o persoal que alí alúa, o bar aquel da guerra das galaxias. Non lles rifes, Medos, sonche novos; bañánseche na Acearrica, toman unha cunca por onda o barrio de Santiago e aínda que pareza mentira, escoitan boa música no bar do Gustavo. Porque Allariz, hermana, éche diferente, moi diferente a todo. Por poñer un exemplo, parécese con San Francisco. Bande, Deus me perdoe, con Nukus. E o persoal, non sabe por qué, pasa de espectador pasivo para actor convidado… Non sei ben como cho podía explicar… Déixase de VIR SENDO para comezar a SER. E todo isto, que tiña que ser o preceptivo, o normal, é infelizmente a afortunada excepción.
Falas en que por aí está a chover e non podedes sementar. Tes ti boa gana de te matares a botar os tacos, cando che sae o quilo de patacas a prezo d’ouro, se contas co tempo que che leva sachar a horta, o tractor de esterco, os sobres e sacos da semente e o te derreares das costas. E que unha cousa e botar uns regos de patacas e outro a huerta murciana. Comentou a nosa encargada, unha rapaza catalá moi preparada, que se non debe abusar do Cepasitol nin do Kung-Fu King para a mera do viño; seica son un bocado tóxicos se non se aplican no seu punto xusto.
Mediños, irmá, vouche pedir un favor. Se lle cadra ao Roque de ir por Allariz, podía falar cunha señora que alí vive e que se chama Chus Terrís; éche a irmá de Cristina Fernanda, presidenta dun organismo internacional aquí en Karakalpakstan, e leva asuntos relacionados coa nosa empresa. O Roque só ten que preguntar pola casa de Alfredo Terrís; alí danlle razón. O caso é que aquí en Nukus as mulleres non fan outra cousa que falar e gabar un aparello que seica cociña el só, Thermomix, lle din. Xa anda por aquí algún de contrabando, mais disque non chegan dous anos de paga para o conseguir, alén de que non está ben visto polas vellas das aldeas de aquí, que viven desde hai miles de anos nunha especie de casoupas chamadas Iurtas, penso, e que só comen manteiga aceda e carneiro afumado e este tipo de electrodomésticos sonlles tema tabú… Eu que che sei, rapaza. O caso é que Cris, a filla do Terrís, a que vive en Karakalpakstan e que vén sendo a irmá da tal señora Chus de Allariz, comentoume que esta (Chus) vendía o Thermomix vello porque ordenou comprar o máis moderno, o que acaba de saír, o alemán, o auténtico, que seica leva incorporada unha computadora que pouco menos que con escribires o nome do prato que quixeres, en cinco minutos xa o tes na mesa. Mesmo presenta a opción (p. ex. no polbo á feira) de incorporares virtualmente na pantalla, sen lixares as mans, máis ou menos pemento (picante ou doce), e ata o número de palitos. Din que é unha auténtica pasada. Pois ben, como che dicía, a señora Chus vende o que utilizou ata agora. Dille logo ao Roque que lle diga á Chus de Allariz que somos cuñados (el e máis eu), que eu son veciño e coñecido da irmá (Cris), e que foi esta (Cris) a que me dixo que a irmá (Chus), vendía o Thermomix. Supoño que se o Roque lle amaga vinte euros non creo que a señora Chus se acune, mao será que non haxa acareo. Tal vez poden ser trinta. Non che sei, nena. Cando teñas o aparello na casa, avisa, Remediños. Xa mando eu recado ao bar do Villalón por uns profesores galegos que coñecín nun blog da Internet; eles saben facermo chegar. Espero que non se xubilase aínda o condutor, o Adolfo de Cristosende. E estou a pensar que se fosen o Jesús e máis a Tania a Allariz poden traelo eles para Bande no cofre da moto, aínda que pensándoo ben, sera mellor irdes ti e máis o Roque, non vaia ser o demo…
Mediños, espero que me fagas este favor; gostaríame brindarllo á patroa da pensión onde estou a parar, é mesmo unha santa muller, e para que cho vou negar, linda coma un sol. Nin me cobra o lavado da roupa nin o café da mañá. Entregoume chave para entrar e saír cando quixer. Sabes? Parécese moito coa Mari Flor, a do fondo das Quintas, a que casou co médico de Rairiz.
Grazas pola fotografía que me enviaches. Vexo que xa vos animades a saír despois da morte da sogra da túa sogra, a señora…Como era? Clamores, penso que se chamaba, non? Coitadita, 106 aniños. Ouviches, Medos, na fotografía estás bonita e elegante. Ben se ve que che van ben as cousas. Se mo permites, es a fotocopia da avoa nos seus anos de esplendor, cando a maldita guerra nola deixou viúva. E non pasa un ano por ti. E vexo tamén que o Roque recortou un bocado aquelas patillas. Igual é polo desgusto das eleccións… É brincadeira, rapaza. Saúdamo e dálle un grande abrazo da miña parte.
Hermana, non fagas demasiado caso da televisión. Só falan das nevadas de sempre en Burgos, dos accidentes ferroviarios en Bangla Desh e de que o Copito de Nieve vai ser tataravó. E isto, por en canto, e meigas fóra, non che é Kosovo. O persoal é tranquilo, obsequioso, como os crastexos, máis preocupados por comeren que por cousa ningunha. E non vas crer, Mediños, mais penso que o mal deste país é a cervexa. Cadela que gañan, cadela que gastan en cervexa. E despois pasa o que non había pasar, chegan á casa, mallan nas mulleres, pintan a cana verde e non van traballar, etc. E o do fundamentalismo, nin caso. Para talibán, o Agustín das Quintas, que me dixeron que foi votar e como tiña o dni caducado presentou a credencial de cabo da División Azul para demostrar que era votante do PP desde 1943; cando non o deixaron votar, porque saltaron os interventores do Toñito do Moreno, partiu a urna co caxato e tivo que intervir a Benemérita… E aínda falamos de Bin Laden.
Na verdade, connosco ninguén se leva metido. Tomara eu andar tan tranquilo por algún barrio de Barcelona como ando por aquí. Por poñer un exemplo, a miña patroa, que visita todos os días a igrexa cristiá (ortodoxa) na vida tivo problema ningún, sendo rusos nin un entre mil karakalpaks. Home, sempre hai algún obreiro que lle di algunha cousa cando a boa da muller pasa por de diante dalgunha obra, mais iso acontece tamén en Bande, pois non, rapaza? E supoño que en Bande non hai talibáns, ou si, moza?
Falas de que aquí non bautizan o persoal? Abofé que si. Quería que vises os musulmáns. E os ortodoxos. E gustaríame saber se a Lady Diana, a neta do capador de Barxés está bautizada.. Ou ese que lle din Indiana Jones, o rapaz da túa veciña, a ex do chapista, esa que é tan das dereitas, a limpadora do centro de saúde, a que denunciaron por carrexar os deficientes aqueles.
Ben, xa me despido. Dálleme un abrazo moi moi moi forte ao Jesús e ao meu afillado, o Óscar. Espero poder coller un voo barato para o Viso e vérmonos todos en Lobeira.
Júlio Medela
P.D. Por en canto, non digas nada á avoa sobre o da residencia. A ver se dás convencido á portuguesa de Facós para que vaia durmir cando menos con ela.
SEÑOR ROQUE EIRIZ E SEÑORA REMEDIOS MEDELA EN PLENO PROCESO DE ALIVIO DE LOITO POLA MORTE DO SOGRO DO SOGRO DE ROQUE
OS DEVANDITOS; REPÁRESE NA ELEGANTE DECORACIÓN DO RESTAURANTE
D. Júlio, noraboa.
Don Xaime: Parabéns, por?
Chove en Nukus. E o ex-mar de Aral non recupera un milímetro.
Kyra, revira o fociño.
Mª. Antonia, seca e morriñosa.
O padre Zumalakarregi, missing.
Cristina Fernanda, elegante e educadamente despótica.
Ryma & Modesto, no Ikea de Turkmenistan, a escolleren mesitas de noite.
Roque, o cuñado, multado polo Seprona.
A avoa Concha non dá sorte de si.
E vostede a gañar preitos da concentración parcelaria en Negueira de Muñiz.
Cumprimentos.-
Para que lado revira Kyra?
Entre ollar de esguella e ollar CASE cara a abaixo, don Arume.
Como dicimos os aldeáticos, entre o regular e o normal.
E cando me despido para ir traballar (estamos a despezar a estatua de Lenin),
-Adeus Kyra, até a tarde.
-Adios, home, adios.
TERRIBLE, don Arume. Peor, CASE imposíbel.
Cumprimentos ex-soviéticos.-
Teño unha curiosidade eu que vin a cara cerúlea de don Ilich: cal é a parte máis difícil do descuartizamento leninista?
O máis difícil foi o balbordo e os apupos que nos mandaron os descendentes dos heroes da grande guerra patriótica que alén de loitaren como superhomes(tártaros, alemáns do Volga, kabardinos, chechenos, ingushetios, filandeses karéliko-komi, mongois de Tyva, gregos de Crimea etc.)foron deportados por Stalin para este inhóspito país por presunta colaboración cos nazis {na realidade por seren nómades e incompatíbeis coa sedentarización} e outros casos puntuais, como os parentes de Kyra Argounova (todas as ramas cosanguíneas e colaterais ata décimo grao de Marina Prusakowa, a muller de Lee Harvey Oswald). Os que sobreviviron, e se emplearon ben, foron, por poñer un exemplo, os paracaidistas das SS que foron capturados despois de espetaren a bandeira da cruz gamada no monte Elbruz, encarcerados en réxime de semi-libertade ata 1953 e que despois casaron con rapazas de por aquí.
Con estes non se meteu ninguén. Igual non se entendían co idioma.
Estes aplaudían o despezamento de estatua de Lenin. Aqueles, case se botan a nós.
Se vostede entende algo, por favor, cóntemo.
Seu,
Medela.-
E despois de lle dar un beixo fugaz a Kyra, o mínimo que podía facer e botarme da pensión. O insoportábel é á súa actitude.
Se vostede entende algo, cóntemo.
Seu,
Medela.-
Leo agora, Morrison, celebro que lle fose ben. Eu tal día non estaba.
Medela: tal como eu o vexo, se en quince días non atempera igual ten vde. que explicarse; ou pedir papas.
Publicar un comentario