Ética e estética.
Pan por Pan mércores 5 marzo
Nos felices anos 20 do século pasado o movemento de liberación da muller asumiu tamén a liberalización do corpo feminino fronte á tiranía da moda e os tabús sexuais. Apostou pola sinxeleza e unha suposta naturalidade, escribe Carme Blanco: un novo modelo de muller delgada, con saia e cabelo curtos, usos máis axeitados para un novo estilo de vida áxil e deportivo. A “nova Eva”, figura andróxina e sen curvas marcadas, co seu cigarro e carné de conducir, que faría popular o cine con actrices como Louise Brooks. O noso poeta Roberto Blanco Torres retratou este modelo de muller, melena curta, pintura nos beizos, ollos de carbón, no seu poema “O cepo”, con certa ironía:
Moi feitiña, eso sí,
moito refinamento:
tés, automóbles, tangos,
e latricar moderno.
Moito aquel por afora,
pero ren por adentro.
¡Ja sei quén eres,
Euménide destes tempos!.
11 comentarios:
Suárez Canal acórdase de Apicultor:
Medio Rural convoca axudas destinadas á formación de apicultores, programas sanitarios para colmeas e apoio á repoboación de abellas.
Apicultor non lle é o que se dedica as abellas, senón que foi quen escomenzou sendo o anónimo político-cultural, logo ap-c e agora apicultor.
En todo caso non estaría demais que se adicaran fondos para fomentalos.
Tómese un arábigo a miña saúde Api.
Moitas grazas, avogad@.
Tomarei a súa saúde non un arábigo, porque me tiraría o sono e os soños, senón un rapantiños ben frescos e fritidos de aquí a poucos a minutos.
Pero antes teño que baixar ao bar de abaixo a procurar dez chapas para a rula-ruliña.
¡Quen lle dera a Roberto Blanco Torres unha daquelas seductoras, modernas e divertidas "flappers"!
¡Vaiche boa o manido contraste entre exterior e interior, entre corpo e alma, entre aparencia e verdade!
Nestas uvas, o tío de Blanco Valdés exerce o papel do raposo: "¡Están verdes!"
Si, a verdade é que o texto é malo de solemnidade. Recoñezámolo.
Chámolle "texto" porque poema sería moito dicir.
Non me cabe na cabeza que se poida criticar a unha muller... ¡por guapa!
Iso xa vai máis alá da misoxinia. É misocalia.
Misocalia. Creo que acabo de inventar non só unha palabra nova, senón tamén un concepto novo que debería dar moito que falar.
Como son de natural rumboso, regálollo anonimamante á Filosofía e ás Ciencias Humanas e Sociais.
E, sen querer, acabo de inventar no post anterior outra palabra, "anonimamante", que podería dar moito xogo neste blog.
Ostias, Leituga1, debe vir hoxe dun mítin do Touriño, como mínimo. A leituguipedia.
Eu nunca lle follarei, Arume.
Mágoa.
Publicar un comentario