19 abr 2008




Caricaturas en Ourensanía

Esta noite tivemos unha invasión de Caricaturas na Ourensanía. Se teñen un momentiño de vagar e lecer, pasen por alí.

E vanse encontrar con Antón Losada Diéguez, Basilio Álvarez, Xesús Alonso Montero, Eduardo Blanco Amor, Adolfo Domínguez, Xoaquín Lorenzo, Otero Pedrayo, Xavier Casares, Mani Moretón, Xaime Quessada, Manuel de Dios, José Luís Baltar, Victorino Núñez, etc.
Os debuxos son de Siro López, Carlos Quesada, Xosé Lois, Castelao, Omar Pérez, Pepe Carreiro e Antonio Amado Lorenzo e proceden dos catálogos da I e III Bienal de Caricatura (1993 e 1996), que organizaramos dende o Clube Alexandre Bóveda e a Casa da Xuventude, con Benito Losada como artista maior do evento.
Díganme, se lles parece pertinente, cal lles parece a mellor caricatura das colgadas (e, se queren, cal a peor?).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Actitude dun mozo do Val do Limia, abraiado polo éxito do blog-estouro do Sr. Valcárcel nas estatísticas mundiais.

A SOLAINA, Nº 4 NA CLASIFICACIÓN MUNDIAL DE BLOGS

d´Agolada dijo...

Grazas por tanta información sobre o disco pero a verdade é que Ourense quédame un pouco lonxe para ir só a por el, pero bueno, sempre é bo sabelo, por se se da a ocasión, de calquera xeito, grazas por tanto interese. O que si que tedes por Ourense son moi boas caricaturas, entre a do post anterior e as deste deixáchesme abraiado. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Atención. Volven os conagás:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/04/20/0003_6749095.htm

Anónimo dijo...

Magnífica serie de artículos en "La Región" "Cuatro ourensanos rumbo a Laponia" de Heriberto Quesada Porto