2 abr 2008

en poleiro alleo: o primeiro dicionario galego e máis cousas

O xornal Galicia Hoxe é xa unha referencia importante no que se refire á información cultural galega e á opinión. Dúas ou tres mostras de hoxe mesmo:
* a nova do primeiro dicionario galego, de Luís Aguirre del Río (1858), da man de Carme Hermida;
* As amizades venturosas, de Anxo Tarrío: por qué o mundo xitano non ten literatura propia?
* xornalismo con opinión.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

E xq non Agusto Asía?

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois non estaría mal estudar a fondo o pensamento no xornalismo de Augusto Assía.
Que non sería fácil: habería que acoller o xornalismo da súa etapa republicana, as súas arelas "rojas" logo, as crónicas internacionais de La Vanguardia, os seus enfrontamentos co réxime no franquismo (LVG foi multada por varios artigos seus) e a súa etapa máis ultraconservadora e antinacionalista en LVg dos anos 70, mediados.

Marcos Valcárcel López dijo...

Ben pensado, o que dixen na mensaxe anterior daría para un volume enteiro sobre A.A.
Non sei se fan estudos deste tipo na Facultade de Xornalismo: aí lles queda a idea...

MOito me pesou, pouco antes de morrer, non gravar unha charla que deu A.A. en Ourense, en caixanova, sobre a cidade nos anos 20: contou unha chea de anécdotas saborosas... e descoñecidas. Tomara unhas notas manuscritas, pero non sei onde as teño (se as recuperase veñen para o blog).

Anónimo dijo...

Unha curiosa noticia:

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=284182

XAVIER CASTRO RODRÍGUEZ
ESTRAÑOS, RAROS E ESQUECIDOS
"Anaquiños": lecturas galegas para escolares no 1942

Este foi un libro escolar aprobado pola Autoridade, segundo consta no inicio, que levaba impreso o nihil obstat, que formaba parte dun método de pedagoxía activa e que pasara o filtro da censura do seu tempo sempre á espreita da corrección, a orde, a unidade.... Anaquiños publicouse por vez primeira no ano 1942 cando a posguerra máis dura e o control máis férreo imperaban como arma de ataque e defensa do franquismo. Un libro escolar de lecturas gallegas editado naquel ano non foi entón, nin é hoxe, un asunto menor, e menos a súa reimpresión oito anos máis tarde. Cento vinte e cinco páxinas impresas no branco e negro, metafórico do tempo que transcorría, só ofrece en cores a cuberta -que amosa unha imaxe tópica do eido rural onde salienta o libro nas mans dun dos nenos- encadrada nun amplo marco vermello. Fotografías costumistas (labores, xentes?), de cidades e vilas galegas ao abeiro de múltiples debuxos de lugares, espazos e personaxes (onde non faltan Franco, Concepción Arenal, Montero Ríos?) adornan este interesante e chamativo libriño de lecturas para os máis novos. Unha imaxe de Rosalía representa o pórtico destas páxinas que inclúen unha breve achega biográfica da autora e dous poemas: en castelán Los robles e en galego Calade. Tampouco debe pasar inadvertido o feito de que, xunto a Eduardo Pondal, apareza unha breve explicación de Curros e un comentario sobre A Virxe do Cristal.

O volume foi publicado pola casa Editorial Miguel A. Salvatella de Barcelona, un selo editor que ofrecía, entre outras textos, diferentes libros con lecturas xeográficas, históricas e da literatura española. O autor de Anaquiños era Manuel Fernández Novoa (que escribe no manual escolar un umbral explicativo sobre a intención destas lecturas galegas e dos seus destinatarios), un mestre de orixe viguesa nacido no ano 1908 e que faleceu na súa vila no ano 1984.

Se rechamante é a inclusión de Curros Enríquez -poeta anticlerical e denunciado diante da xustiza por mor dos seus poemas contrarios aos dogmas da igrexa- nun libro escolar de 1942 (que, dixemos, pasou o filtro censor xa eclesiástico, xa civil), non menos sorprendentes son outros dous trazos que, conscientemente claro está, Manuel Fernández incorporou na parte final como anacos das súas lecturas: por unha banda as catro frases derradeiras do capítulo dedicado aos cruceiros nas que cómpre reparar: "En la región de Bretaña (Francia) se encuentran, como en Galicia, innumerables cruceros. El gran caricaturista gallego, Castelao, ha dado a la publicidad una obra sobre los mismos". Lembremos que "As cruces de pedra na Bretaña" fora editado no ano 1930 polo Seminario de Estudos Galegos e que Castelao pasaba, no intre da publicación de Anaquiños, os anos finais da súa vida no exilio. O segundo elemento de interese é a aparición na penúltima páxina (entre o capituliño dedicado á raza e o dedicado a Galicia) dunhas estrofas do poema de Pondal Os Pinos que Fernández Novoa titula Himno Gallego. Quizais as palabras de Alonso Montero deiten luz sobre isto: "Creo que Fernández Novoa non era, en 1942, un galeguista que disimulase a súa simpatía con calquera forma de galeguismo político ou reivindicativo, pero era un galego non insensible a certas realidades do seu país, sen excluí-la lingua galega e a personalidade dos seus poetas".