Eu xa asinei... (Filosofía, E. Física e Historia ou Relixión?)
A Consellería de educación pretende introducir unha hora de relixión en 1º de Bac. (eliminando unha das dúas horas de Educación Física) e outra en 2º de Bac. (eliminando unha hora de Historia e outra de Filosofía). Desde a Asociación Sine Nomine fixemos o seguinte comunicado e, se estás de acordo, podes asinalo para facerlle chegar a nosa prtesta á Consellería de Educación.Para leer o Manifesto e asinar en rede, abre o seguinte enlace:http://nexosfilosofia.org/sine/index.htm.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
6 comentarios:
Eu creo que debe haber un infiltrado do OPUS -ou do PP, ou da Conferencia Espiscopal, ou da COPE- ocupando un alto cargo na Consellería de Educación.
É que se non non se explica tamaña aberración educativa?
Por certo, poden asinar os que non son ensinantes?
Lamento o recorte horario, pero os profesores de Filosofía picaron no cebo que lles puxo o ministerio. Convértironse nos máis comprometidos defensores da Educación para a Cidadanía sen saber que o precio que tiñan que pagar era un recorte de horas. E agora non poden esixir que se suprima a tan desexada asigntatura para que todo quede como estaba. E así,teremos unna nova asignatura, tan absurda como innecesaria, que se unirá á Ética (nacida como alternativa á Relixión e posteriormente autonomizada), á Cultura Relixiosa e a outros inventos nacidos e crecidos co estigma de "marías". E todo como consecuencia do rosario de pugnas, negociacións e pactos cunha asignatura, a relixión católica, que nunca debera figurar no currículo dun estado non confesional. ¿Cómo solucionar a reducción de horas de Educación Física e Historia?: suprimiendo todas esas moralizantes e absurdas asignaturas. Claro que esto non gusta aos profesores de Filosofía, que, por intereses puramente corporativos, queren impartir Ética, Cultura Relixiosa e demais comodíns, anque esas clases -como de certo lle acontecerá a EpC- adoiten ser unha auténtica broma.
Eu creo que eso se solucionaría se dan clases mixtas de todas esas materias. Un temario, por exemplo, que inclúa leccións sobre o Concepto histórico do tendido prono ou a Crítica do romboides puro. O que pasa é que hai pouca imaxinación na didáctica (con perdón para as súas caras) de hoxendía.
Sr Jim Morrison: Vostede sempre dando a nota. A Educación para a Cidadanía é unha asignatura que está presente en todos os países importantes da Unión Europea. É unha asignatura necesaria para educar cidadáns informados e responsables, aínda que non lle guste á Igrexa Católica e a tipos raros como vostede. O estado democrático debe defenderse fronte ás ofensivas da reacción católica.
Sr. Jim Morrison: eu son outro tipo raro coma vostede. Xa somos dous. Garde o comentario pra dentro de quince ou vinte anos, pra cando hasta os máis deslumbrados polas modas do políticamente correcto poidan pensar coa claridade que da a distancia temporal.
Busco estudiante de último curso o licenciado en historia, filosofía, antropología o humanidades, para elaborar uno o dos tema e incluirlos en un libro texto para segundo de la ESO. El libro se traducirá al inglés para su publicación.
Interesados, enviarme un e-mail. Muchas gracias. educationforcitizenship@gmail.com
Publicar un comentario