29 abr 2008


No momento exacto, a imaxe perfecta (vía Afonso)
Unha imaxe da presentación da folga estudantil contra as taxas (do fotolog de Ceivinho). Está tomada na galería Sargadelos de Pontevedra e fai un xogo espectacular entre a estrela da camiseta e a icona barroca e dourada do fondo: no mesmo fotolog alguén escribe que poderían ser alumnos de Acción Católica e non dos CAE, que son os que convocaban.
(Se o presentasen nos locais da CIG de Ourense, sairía unha foto enorme de Lenin detrás e creo que tamén teñen outra do Che Guevara). Cuestións de estética.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ao mellor non sabían que era unha icona barroca dunha virxe e pensaron que era un cadro modelno dun pintor que fuma cigarros modernos, como di o Medela.