20 abr 2008


O celme do idioma
(Foto de Galicia Hoxe, 19.4.08)

Dúas amigas, Carme López Taboada e Charo Soto,publican en Xerais o Dicionario da Fraseoloxía Galega, a máis ampla recompilación sobre fraseoloxía galega ata agora publicada e revindican a "maior consideración" para esta área do patgrimonio cultural.
As dúas son autoras tamén de Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega (Aplicación didáctica), A Coruña, Galinova, 1995, outro libro que convén sempre ter a man, como tamén, no mesmo tema, Cadaquén fala como quen é, o discurso de ingreso de Xesús Ferro Ruibal na RAG (1996).

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Os de Chuza non perdoan unha:
Blog de Quintana: lapsus calami glorioso

Boas, que tal andades? Intúo que estades activos polo que vexo nos correos electrónicos que me enviades. Falamos pouco diso pero con algúns de vós xa teño incluso unha correspondencia habitual, como as dos tempos de antes cando a xente se carteaba tanto. Eran bonitas esas relacións epistolais, longas cartas en papeis cuidadosamente escollidos, adornadas para a ocasión e ás veces perfumadas. Iso pertence ao pasado, agora nos carteamos por Internet e cunha linguaxe incluso abreviada. Antes sobraban as vergas e agora faltan palabras. Curiosa evolución. O tempo antes era infinito, pausado, calmado e na actualidade é breve, acotado, inmediato e caduca aos segundos. Todo corre e nós tamén. Sería bón recuperar algo da calma doutros tempos. Xa séi, seguro que moitos de vós comentaredes o revoó de declaracións en torno ás Normas do Hábitat. Díxeno o sábado e volvo á carga. Os cidadáns galegos están fartos de pagar cantidades astronómicas por vivendas con baixa calidade de habitabilidade. De aí a iniciativa da Consellaría de Vivenda á hora de pór en marcha as Normas do Hábitat Galego que o único que perseguen é que as vivendas teñan uns mínimos de calidade: un baño no que poidas entrar sen esforzos (en vez dun mínimo de dous metros teñan cinco), uns corredores amplos, que haxa uns mínimos de luz e de aireación, patios de luces con espazo. Isto é o que procura este decreto, nen máis nen menos que pisos de calidade óptima. Desde logo, diálogo con todos para que a aplicación destas normas sexa o máis efectiva posíbel. Todo se pode falar pero tamén debo subliñar que non caben as chantaxes nen as presións sobre a Consellaría de Vivenda. De todos os xeitos, unha cousa é o que opine a direción da Fegamp e outra moi distinta o que consideren os distintos alcaldes e concellos. Para min está claro que os rexidores e as rexidoras deben ante todo mirar polos intereses dos veciños, preocuparse porque teñan unha vivenda en condicións.

Anónimo dijo...

falocéntrico total, sim. Nin o noso McQueen é capaz de substaerse á tentación.

Anónimo dijo...

Unha frase para conservar: de Carlos Pajares. A entrevista é en galego, pero o titular en español: ''Hay un 30% de equipos de investigación que no la rasca''.
O máis impactante é que, segundo se deduce desta afirmación, o 70% "sí que la está rascando". A verdade é que non sabemos ben que é millor: se rascala ou non rascala.

Anónimo dijo...

Un dilema chespiriano que nos ten desacougados: rascala ou non rascala? That is the question!

Anónimo dijo...

Felicitacións para as autoras do Dicionario da Fraseoloxía Galega. Este é un libro de consulta obrigada para todos os que escriben o galego e o falan en público (e en privado).
Polo propio proceso de castelanización do galego a través dos séculos, seguimos a tomar prestadas frases feitas doutra lingua, cando xa existen alternativas nos rexistros do galego popular. Isto pásanos a case todos, porque a nosa cultura é maioritariamente libresca e temos a orella pouco educada no galego ambiental.