18 abr 2008


para golosos e golosas,
cando veñades por Auria
(Fina Rei, rúa da Paz. Foto Trebolle)


Esoutro día leveille á muller uns anacos de chocolate de Allariz
e semella que aínda me saben no padal.

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Leváchesllos a María pero coméchelos ("aínda me saben no padal") ti, larpeirán. Así calquera. En fin, a ver se che mando un día destes unhas pedriñas chocolateiras de Santiago. Apertas.
Modesto Fraga

Anónimo dijo...

Comunícanme que lle caeron cinco anos ao Benigno Moure. Contrastar.

Anónimo dijo...

http://www.vieiros.com/nova/65983/condenado-a-cinco-anos-de-carcere-o-crego-benigno-moure
Poís sí

Anónimo dijo...

Ver a un crego amigo do alleo no caldeiro, qué queren que lles diga, cáusame un gran pracer.

Anónimo dijo...

Beni Mouré este caldeiro
es para ti.
(Ritmo de Guajira)

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA XOÁN DA COBA:
tiven hoxe chamada dunha amiga xornalista que estudou con vostede, segundo vostede mesmo declarou noutro post.
É unha nova admiradora das súas mensaxes, xa fascinada pola súa personalidade ignota: Isabel Bugallo.

Anónimo dijo...

Xa que estamos nun post gastronómica que me poden dicir da polémica entre pulpo e polbo. Esa si que é polémica e non a da vivenda.

Anónimo dijo...

Ese si que é un verdadeiro caso de insubmisión civil (Thoureau mediante). O do "pulpo", refírome.

Marcos Valcárcel López dijo...

PUlpo-polbo:
TAN SURREALISTA COMO O PROPIO PAÍS NO QUE VIVIMOS. E un alcalde socialista chamando á insumisión na denominación lingüística, mesmo aducindo que ten un documento medieval e non sei qué... País!!!, que diría o Forges.
Alguén vai deixar de ir comer o POLBO ó Carballiño por este tema? Non sei os de Galicia Bilingüe: ó mellor ata se reprimen... Peor para eles.

Marcos Valcárcel López dijo...

APICULTOR, escribimos xuntos, ó mesmo tempo e acuñndo o mesmo concepto (Insubmisión): ata van pensar que é vostede un heterónimo meu... Non é o caso, non. Por certo, quen vostede xa sabe sacou bo proveito do libro dos Nacionalismos que nos deixou.

Anónimo dijo...

Comprenda, don Marcos, que que lle "impoñan" (sic.) a un unha palabra é un flagrante atentado contra a sacrosanta liberdade lingüística. E, xa se sabe, coas cousas de comer non se xoga.

Anónimo dijo...

Pois algún que outro libro desa temática aínda lle teño. Se os necesita, están ao seu dispor.

Anónimo dijo...

En Calvos de Randín dise "PULBO" (sic).-

Anónimo dijo...

Xa o dicía o outro: "Somos gallegos y no nos entendemos". A quen se lle ocurre o de pulpo/polbo/pulbo?

Marcos Valcárcel López dijo...

BOTO EN FALTA a Xosé M. González e os seus moitos saberes na nosa lingua: ese home sempre a traballar... Non poña tantos exames, home!!

Anónimo dijo...

Eu agora de boa gaña lle comía un deses chocolates negros que recubren pasas e noces como os que me trouxeron unha vez da tenda tan selecta de Fina Rei. Foi deses dos que comeu vostede, don Marcos?

Marcos Valcárcel López dijo...

eses mesmos,pasas e noces, os meus preferidos
hainos tamén de améndoas e moitas máis cousas, para todos os gustos
(espero que despois desta propaganda me manden a casa unha caixa de chocolates... pero non creo, o Monxardín segue agardando polo Citroen de agasallo...)

Anónimo dijo...

Pois para abrirlle boca direille que agora mesmiño remato de comer fresas recubertas de chocolate artesanal fundido e quente: de morte!

(Trátanme coma un rei... cando son bo)

Anónimo dijo...

Eu xa fai días que voto en falta ao XM Glz. Igual se enfadóu conmigo, por algo...

Anónimo dijo...

Xa recibín chamada telefónica desa periodista amiga, Marcos. Grazas polo aviso. "Cachóume" rápido, a "condanada". XD.

Anónimo dijo...

Se houbera que votar eu votaría por "polbo". Non sei por qué.

Anónimo dijo...

Pois en Baiona, os meus amigos mariñeiros solo lles oín decir PULPO.
Eu seguirei tratando de pescar algún,(Ahorta moi poucos) par invítalos, pois larpeiros por esta casa andamos alguns. Hoxe non vou poñer nomes
Trebi

Anónimo dijo...

Pois na ría de Pontevedra, sendo servidor de moi tenra idade, oiulle dicir a un mariñeiro. Oes ti, Xosé, botallé un polbo eiquí na cona á miña María (cona=dorna)e así ad infinitum, agora que se volven levar tanto os latíns

Anónimo dijo...

Saúdos para don Trebi, e grazas.

Anónimo dijo...

No Grove aínda se pode ver algunha "dorna polbeira"

Anónimo dijo...

Na foto, abaixo á esquerda, hai unha botella do delicioso viño húngaro de sobremesa Oremus, que lles recomendo vivamente, sobre todo moi frío. De feito, agora mesmo voume poñer unha copa á saúde de todos vostedes.

Anónimo dijo...

Vou rápidamente a mercala, antes de que a colla outro. Fungando.

Anónimo dijo...

Para :Apicultor e xdc, que me dicen do "Licor de Merda"
Igual aparece foto para identificar'
TREBI

Anónimo dijo...

Ben bó que está, Trebi. Ben bó. Aiquí está a etiqueta, por se a queren imprimir pra algunha "garrafa":PREMER.