29 abr 2008


"Sin españoles, nadie habría pagado por mi hijo"
O pai de un dos mariñeiros africanos secuestrados aguarda en Seychelles a chegada do atuneiro vasco (El País, 29-4-08; foto Claudio Álvarez, EP).
O NOSO MUNDO, OS OUTROS.
Andoliña 30 abril
Por sorte acabou ben, sen desgrazas persoais, o secuestro do barco Playa de Bakio por piratas de Somalia: un tema que non permite ningún xeito de frivolidades nin acenos románticos, porque había detrás un grupo de mariñeiros xogándose a vida coas súas familias aterrorizadas en terra. Hai xa bastante tempo que os barcos españois levan, ó carón de mariñeiros galegos, vascos ou andaluces, un numeroso continxente de inmigrantes, sobre todo de orixe africana: o traballo é moi duro e hai xentes que non poden escoller. Deste xeito, a paisaxe humana dos nosos portos pesqueiros, dende A Guarda a Ribadeo, muda de forma acelerada nunha babel de linguas e culturas.
O pai dun dos mariñeiros secuestrados, natural das Illas Seychelles, amosábase onte moi ledo e lembraba unha verdade contundente: “Se non fose nun barco con españois, ninguén pagaría polo meu fillo”. Unha realidade indiscutible, que sería hipócrita negar: coa súa inxenua verdade ese pai está a desvelar as moitas barreiras que separan o noso mundo dos outros. Ese mariñeiro pertence xa, aínda que nunha posición secundaria, ó universo dos privilexiados. Outros moitos loitan cada día, algúns ata a morte, por ter esa mesma sorte.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Sensatas palabras as deste pai, e titular un tanto nesgado e descontextualizado.

Anónimo dijo...

Os chamados piratas non son piratas senón patriotas antiimperialistas que loitan contra a globalización e as políticas neoliberais do FMI a prol da independencia das gadoupas do Imperialismo ianqui-eurpeo dos pobos oprimidos da terra e das camadas populares que sufren unha opresión neocolonial liquidacionista das linguas e as culturas populares en connivencia co prixoe e o benexé vendidos ao capital por pisar moqueta e andar en Audis e bos restaurants a costa do pobo traballador para alienalo e chucharlle o excendente ou plusvalía como dixeran Marx-Engels-Lenin cando visitaron Galiza o ano pasado con motivo do Xateveo para alentar a gloriosa loita pola emancipación de Galiza e das súas clases traballadoras que non se vende aos sindicatos amarelos nunha mostra de verdadeiro internacionalismo altermundista e beirista exposto todos os domingos pola mañá na publicación revolucionaria El Correo Gallego fronte aos desviacionistas e colaboaracionistas traidores á nosa patria e á nosa clase e que serán colgados dun pau por tentar adormecer os anceios de cambio revolucionario a prol da dictadura do proletariado e a irmandade dos pobos en pé de igualdade.

Anónimo dijo...

Patriota de verdade, unha preguntiña indiscreta. Vostede, pasado mañá, ás doce da mañá máis ou menos, qué banderola irá esgrimindo?.

Anónimo dijo...

O patriota de verdade, bebeu.

Anónimo dijo...

Home, eu coido que o patriota de verdade ten razón (desde o seu punto de vista).

Anónimo dijo...

Sin españoles?, e que eu non pago os meus impostos?. Será sen españois, sen cataláns, sen vascos, sen galegos...Xa está ben de tanto españolismo.
O "Verdadeiro patriota", é unha simulación ideolóxica inverosimil, creibel somentes por aqueles que odian aos nacionalismos. É unha expresión de nacionalismo cortado a medida para satisfacer as necesidades dos españolistas. Dogmático, extemporaneo e mímético, así queda demostrado que adocecen de conexión coa realidade, e que pola contra eles, os antinacionalistas parten dunha posición comprensiva do delirio nacionalista.
Unha fantasía españolista mais.

Anónimo dijo...

O patriota de verdade representa a verdade que algús pichiñasfrías apoltronados non son quen de recoñecer. Dixen.

Anónimo dijo...

A verdade non se representa.

Anónimo dijo...

A verdade non se representa.