O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
46 comentarios:
A narrativa de Bieito delóngase caudalosa pola ribeira da Chabasqueira, asolaga o sentido nas inundacións e acelérase vizosa nas primaveras adiantadas nesa parte do rio. Teño diante a súa última novela para encetar, un pan único, como só se fan en Ourense, tomo o coitelo e abroo, extraña sensación.
Aprobeito para saudar a toda a Solaina, imaxino que nestas cousas da internet, co tempo transcorrido, pode que xa nin me recorden.
Permitanme este por varios motivos este agasallo
novo mundo
Jimi de Rairo is God.
Bieito da Casa da Xuventude is God, tamén.
Jimmmmyyy!!!!!
Onde estaba vostede?
Extrañámolo, pra que lle dera ao Medela a súa docta opinión verbo da existencia do Demo, do Señor das Tebras, nun recente fío. Mandéille unha mesaxe telepática pra que aparecera, pero andábame o cerebro reptiliano baixo de batería.
Chiquito de la Highway 61 mándame este Blues Tradicional do Palike. Facendo méritos para teloneiros o día 27 de xuño en Vigo.
Pois amigos, andei polos riós, un pouco perdido entre o Sil, o Miño e o Mississippi e algo telepatico debín de recibir Xoán da Cova, porque pensaba visitar esta casa a mediados de abril e se non é por un presentimento case me esquezo.
Sobre as tebras trouxen do Mississippi unha personaxe que con eso dín tiña algo que ver, adícolle a Medela esta peza, interpretada por Clapapton, pero autoría do inigualabel e mefistofélico Robert Johnson. E para vostede da Cova unhas vistas pintorésticas, sociais, e musicais do Grande Rio. Xa lles contarei da miña aventura cos rios, aína van poder apuntarse.
mississippi">
terraplane blues
Robert Johnson, rematáramos. Aí sí que falamos de Blues, sí señor. Moito chuparon desa teta, todos.
Venme de salvar a vida, Jimmy!!
Ando estos días pensando en mercar unha guitarra acústica, e non sabía por cal decidirme. Ao ver o video, dinme conta de que nunca tiven un "dobro". Pois vou regalarme un!!.
A Providencia!! Mandóuno a vostede a Providencia!!.
Don Jimi, grazas polo presente. Gustei máis de 'Mississippi' que de 'Terraplane'.
Conte algunha cousa, señor de Rairo.
Don Arume, que grupo é ese que nos envía Chiquito, segue en activo, quen son os seus compoñentes? interésame especialmente o blues que se poida facer por aquí.
Da Cova do blues rural foron beber todos, non só os bluesman, o Mississipi é o río mais musical, furionsamente musical, polo delta pousanse as notas e medran entre lamento tritonos, serpes tournround, séptimas e onceavas dimunuidas, blue notes eslimadas co boteneck. Boa elección o dobro, eu teño unha guitarra preparada a xeito de Dobro e disfruto cos eses sons eslimantes, aínda que dígolle a verdade, para blues, unha Telecaster compre de maravilla, conseguidos eses tóns agúdos e algo distorsionantes o mastil somatízase e entráse na dimensión da plenitude ainda que sexa laiando.
Vaile aqui Da cova un artistas do Delta, a medio camiña entre o blues rural e o urbano.
Medela a ver que lle parece este outro.
lobo ouveante
para medela o grande Muddy
Onde estea unha muiñeira!
Parece que non vai o enlace para Medela, a ver se así
para medela
E para o muiñeirante Apicultor esta outra peza seguindo polos rios, nesta caso o Támesis mais ou menos por onde Conrad comeza o seu relato dirixido ao corazón da tebra.
para o meu entrañabel amigo, o apicultor
¡Pero que grupo de amigos más majos, dorándose la píldora unos a los otros!
¡Oh bendita casualidad! también coinciden en todo: aficiones, tendencias políticas, usos y costumbres, ejercicio del ninguneo, etc.
Dios conserve tan encantador y poco sincero grupo. El que disiente no vuelve a salir en la foto.
¿Me habré expresado bien, sin faltas morfológicas y sintácticas?
(Únicamente permitidas a los miembros del clan).
Cómo veño de disfrutar das expresiós acuñadas de Jimmy de Rairo:
-Tritós lastimosos. A partires de agora mesmo chamaréille a esa sustitución dos dominantes "sustitución anfibia".
-Serpes "turnarounds". Sempre se dí que os "turnarounds" son coma resortes que se tensan, pra logo soltar a súa enerxía. EN vez de muelles, chamaréille serpes que se encollen pra, inmediatamente, atacar.
-O de onceaba disminuida, nunca o pensara. Sorprendente!. Efectivamente, non ten por qué ser o mesmo que unha décima menor. Do mesmo xeito que a séptima dism. non é o mesmo que unha sexta maior. Esta noite vou soñar con eso, fixo.
-O da noite blue tocada co "colo da garrafa" ("slide"), "eslimada", adelgazada, enmagrecida,...unha bomba atómica de sinestesias. E puxen "noite" por "note"...acto fallifo?.
-Mástil (mango?) somatizante...
Teño que marchar, mágoa.
Calimocho é envexoso e non ten quen o queira. Solito y desamparado en el mundo camina cabizbajo en buscar de amor......
Boa tarde a todos, dun río tamen moi longo, caudalóso e enerxético, fo rio Sánaga, tráigolles este agasallo para toda a Solaina.
alegría
Simpático Kalimocho, somos amigos e residentes na Solaina, as veces coincidimos, outras disentimos, como poderá observar, pero páreceme que temos grande confianza na capacidade redentora da música, este ben sonoro organizado humanamente. En canto a sinceridade, teña en conta que somos internáuticamente sinceros. Introduzase na corrente amigo Kalimocho, deixese levar, disfrute a corrente amigo, non malgaste o tempo tentando agarrarse a unha ourela, sinta profundamente a viaxe e baile nos remuiños se quere unha muiñeira, ou fagase o morto nun manso, precipítese polos rápidos, ou desesperado bótese por unha fervenza, ao fin todos imos no caudal e imos antes ou cedo a dar o mar.
Deixolle este agasallo
cry me a river
Jimy de Rairo é relamido e cursi. Mi prosa suena como un sonajero y no esagero......
Xoán da Cova, temos pendente un blues, se quere escolla un de Robert Johnson, mesmo de Son House, ou algo mais urbano, cun dobro e unha telecaster podemos facer oscilar a Ponte Vella.
Vaille un agasallo dun irlandes blueseiro, do que tamén gosta o Apicultor, e paréceme que tamén Medela.
irlandes polo mississippi
que por certo xa foi dar a mar.
Calimocho non ten razón.
Con todo, na miña opinión este blog debería aspirar a algo máis que a ser unha re-edición de "crónicas de un pueblo" (coas figuras fixas do carteriro, o mestre, do cura...) e converterse no mellor blog de Galicia e en galego. Que xa case o é. O tempo dirá por onde van as cousas.
Relaméndose un pouco con cursilería dámoslle un pouco de ritmo ao "sonajero" e temos un
manisero
MOI SIMPÁTICO o Anónimo que nos compara con "Crónicas de un pueblo": non me sinto ofendido; pola contra, fíxome vostede rir un rato. E levarme cara a miña infancia, porque me gustaba aquela serie, singular no seu tempo.
Respecto ós personaxes, creo que non temos aínda un crego, pero, como vostede di, todo se andará...
Eu creo que a comparación deste blog coa benemérita serie Crónicas de un pueblo é tan pertinente como exacta.
Non din que "Galicia es un pueblo" (ou "el mundo es un pañuelo"), "aquí todos nos conocemos", "vas a cualquier lugar del mundo y siempre te encuentras un gallego"?
Pois iso. Tan pertinente como exacta a comparación.
Para nostálxicos do branco e negro hispánico.
No que si disinto de don Marcos é no de que non temos cura. Temos, temos, ... e, se me apuran, máis dun.
Cregos, si, pero ateos.
De paso que entran na ligazón que puxo ARUME do YOutube, crónicas de un pueblo, cliquen tamén na dereita no video dos Chiripitifláuticos y los hermanos Mala Sombra:
Somos malos, malos, malos
Somos malos de verdad
Somos como una espina
Que solo sabe pinchar
Y más malos que la quina
A MIN TRÁENME LEMBRANZAS DE INFANCIA E SABOR A UN BOLO DE PAN CUNHA GRAN ONZA DE CHOCOLATE CHAPARRO.
Ou chocolates "La exprés".
Celebro que lle gustase a comparanza, que foi feita con bo ánimo e os mellores desexos, créao ou non.
E agora retírome, antes de que os que reparten bulas por aquí me colguen un crucifixo (aínda que sexa "ateo"). Xa ve a razón da miña comparanza. Coma nos casinos dos pueblos, aquí faise o que mandan as forzas vivas
Airiño, airiño fresco!
Times are not a-changin', moito me temo.
Non sexa tan acedo, MS, home de deus, que estamos a venres!
A min párecem que se fai un pouco pesado eso de reflexionar sobre o blog, e non me vai a nostalxia, a ver se ben Medela e nos fumamos en corro un deses cigarro modernos!
VALENTINA ES UNA TONTA
ES UN PELMA EL CAPITÁN
AL PELMAZO DEL TIO AQUILES
NO PODEMOS AGUNTAR
SOMOS MALOS MALASOMBRA...
Sorry,non puden resistirme...
Aínda hai algo máis "cortocircuitante" que reflexionar sobre o blog, que é reflexionar sobre a reflexión. Ou reflexionar sobre a reflexión reflexiva.
CHAAAS!
(Saltaron os plomos!).
(Eu coñecín unha señora tan gorda, que cando deu á luz, fundíu os plomos).
Eu quero ser o anónimo do "pueblo"
Voto en falta unha sección fixa de comentarios que dure un mes, no que se comente un libro.
Déixolles esta canción para que lembren cando ían coa moza polos Caños, pero non se me poñan nostálxicos que non me vai.
NO RIO AQUEL
Tanta musiquiña do carallo escaralla o bló e vai para abaixo.
A música eleva, inarmónico Anónimo.
Non señor, sobe
estívemos segundo ALIANZO de cuartos en febreiro, baixamos en marzo, e estamos subindo (na posición 11).Aduaneiros, non existe...
O da música é discutible...
A música ás veces eleva e outras amuerma. En todo caso, eu son máis ben partidario de usala con moderación no blog, sen abusar.
Ora, que cada un faga o que queira se o dono llo permite.
Non creo que haxa moito que discutir nin que moderar, do mesmo xeito que hai fios políticos pode habelos musicais.
Fío musical (tal como o entenden os grandes centros comerciais) mellor que non.
Ora, non sería mala idea que don Marcos tivese -se é posible tecnicamente- aberta de xeito permanente unha entrada na que se puideran concentrar os arrebatos musiciais no canto de desperdigalos por todos os posts. É unha suxestión.
Don Jimi, lembra cando estabamos en Londres e fomos ver os Yardbirds??
Lembra os eternos problemas de Jeff Beck co altofalante??
SAUDADES DE LONDRES
Lembro, lembro medela, e tamén mais vivamente aquelas xiras de artistas do Delta que inundaron todo Londres e deixaron unha pegada nos xoves músicos para sempre, por alí estaba moi atento Eric, o vienés Alexis Corner, e tantos. A música do século xx ten no Delta un manancial que non cesa no XXI.
Unha sección fíxa non a vexo, pero que de vez en cando apareza un fio musícal, amais accionado por propia vontade, paréceme estupendo, as veces é interesante intercalar contidos, por exemplo, miren vostede o que atopei...A personaxe de Otero Pedrayo dándolle nome a un grupo musical, fíxense nos paneis do fondo e leran ADRIAN SOLOBIO
Adrián Solobio trio
Pero xa está ben...vaian recolléndose de tanta disipación musical, mire que ven a Big Mama da compra e nos mete a todos en cintura
Big Mama
Don Jimi, lémbre TODO.
Vde. pediu de bailar a esta rapaza, que falaba con George Harrison.
BAILAS??
Eu saquei a esta moza, que falaba con Jimmy Page
Y LUEGO COMO TE LLAMAS
E cando Jeff Beck andaba aos golpes co altifalante, e nós cachete con cachete, pechito con pechito e ombligo con ombligo, George Harrison e Jimmy Page pediron remude de baile e...
Conte o resto, don Jimmy.-
Cumprimentos.-
Magnífico o video de Big Mama, sr. Jimmy. Graciñas por colgalo.
TEÑO UNHA IDEA PARA O TEMA DOS FÍOS MUSICAIS, QUE PODE FUNCIONAR: POLA TARDE CÓNTOLLES...
Publicar un comentario