11 abr 2008

Un incendio no horizonte...
O escritor que foi cazar leóns a Escocia (Manuel Rivas, El País, 11 abril)

Esoutro día alguén colgou aquí o artigo de Caneiro en LVG sobre a iniciativa de Bieito Lobeira e a galeguización do comercio: xa se falou dese tema, nun fío co artigo de Sarille sobre o mesmo tema, máis abaixo.
O artigo de Rivas de hoxe é puro lume e vai provocar algún incendio (verbal sequera). Cólgoo porque sei que os contertulios quererán opinar: fágano, se é posible, de forma seria, argumentada e respectuosa cos dous (Rivas e Caneiro).
Eu, se mo permiten, case me vou abster de participar: os dous son amigos e prefiro manter esa amizade, se é posible.

44 comentarios:

bouzafria dijo...

Pois eu, que non coñezo a ningún dos dous, quero dicir que estou de acordo con Rivas.
Temo que estas polémicas, como a que pasou hai pouco tempo con Franco Grande, lonxe de clarexar as cuestións debatidas, embarúllanas máis.
Quixera pensar que os protagonistas das polémicas son capaces de se decatar que se algún amigo posiciónase contra a súa opinión, non implica un menosprezo persoal.

Anónimo dijo...

Comprenderás que Marquinhos é máis amigo deles ca ti, ou?

Y Dios es bueno y el Diablo no es malo, qué caramba.

Anónimo dijo...

Anque persoalmente peso que a calidade literaria do Rivas é superior á do Caneiro, neste asunto asunto estóu máis có Caneiro, tamén. E non teño trato especial, con ningún dos dous.

Anónimo dijo...

O problema é do de sempre. O Rivas déixase levar polo emocional, polos seus propios desexos. O Caneiro ten a valentía de ir contra o "políticamente correcto", no ámbito "oficial" da cultura galega.Cando di que o galego beneficia ao comercio,en qué se basa, pra afirmalo? É tan absurdo como decir que o perxudica, que é o que diría que estuvese en contra, confundindo tamén desexos coa realidade. Cando dí que esas medidas beneficiarían ao galego, en qué se basa,tamén?. Moi seguro está. Eu non o vexo tan claro.

Anónimo dijo...

Todo o mundo, neste blog e noutros semellantes, está moi sensibilizado có problema do galego. Pero non están así de sensibilizados cós problemas económicos de Galiza. É normal. Eso é outro mundo, o da economía. Despáchase con catro simplezas, e xa está.

Anónimo dijo...

E, pra votar máis leña ao lume. O enorme prestixio literario do Rivas, non lle da un ápice de autoridade pra pontificar sobre cuestiós comerciáis, como non lle da autoridade pra falar, poñamos, sobre Mediciña.

Anónimo dijo...

Quietiño XDC, solte o chisqueiro!

Anónimo dijo...

O señor profesor Pepe Paz, có que estou tomando un viño nunha cafetería con WIFI está de acordo có Caneiro. Non lle importa que o poña.

Anónimo dijo...

Pero, claro, tendo en conta que foi alumno del...

Anónimo dijo...

Deso nada

Anónimo dijo...

Non, suplante a identidade do Pepe Paz, contertulio anterior, que se me ven de enfadar, que di que o puxen eu. Estamos comentado o artigo de Caneiro agora mesmo, témolo diante. Di que a expresión "discente" lla ensinóu él. Pasóu Anxeles Cuña por aquí e deixounos o roteiro do Volter , tamén.

Anónimo dijo...

xdc, é vostede brillante, igual que caneiro, rivas, valcárcel e pepe paz

tanta intelixencia abafa

Anónimo dijo...

Pois eu, en termos xerais, estou máis de acordo con Rivas, qué queren que lles diga.

En realidade, dame a sensación que Caneiro aproveitou a polémica dos carteis comerciais en galego para levar a auga ao seu rego: repetir por enésima vez o tópico da falta de calidade literaria dos que tratan a guerra civil. E isto foi unha das afirmacións que máis debeu amolar a Rivas. Digo "dame a sensación" e "debeu", non afirmo con total certeza, que non quero ser nin parecer prusiano.

É normal. No fondo subxaz as sempiternas reitesías entre escritores: que se eu estou pouco valorado, que se aquel ten un merecemento superior aos seus méritos, ...

O do galego é o pretexto para disparar ao pianista, á cantante e ao barman que serve as copas. Non dubido que tanto Caneiro como Rivas -cada un ao seu xeito- aman o galego, e que os dous teñen tras de si unha meritoria traxectoria literaria, mais tamén se aman a si mesmos. É natural... pero tamén un pouco aborrecido de máis.

Que o pianista e a cantante interpreten sempre a mesma canción, e que o barman sirva sempre a mesma copa, pode levar a que algúns nos fagamos abstemios e a que pasemos da música e da letra. Un panorama máis desolador aínda, se me apuran, que apenas haxa rótulos en galego.

Mais, por se caso, voume poñer unha "clarita" e escoitar un disco de fados: o último de Ana Moura, coñecen?

Anónimo dijo...

Non debemos perder de vista que o xénero da diatriba xornalística ten os seus propios códigos.

Anónimo dijo...

E dí o Paz que hai que falar do acordo ortográfico prá lusofonía.Estame volvendo tolo con eso.

Xaime dijo...

Completamente dacordo Apicultor.
E falando de todo un pouco, onde lle poñen unha clara e por riba a música que lle gusta?.
Remato do aperitivo da Nosa Terra, e só se escoita El canto del Loco.
Boa fin de semán. Se alguén ven polo Balneario de Pantón, que chame que está convidado os chorros e a merenda co Costas de Siniestro.
Medela, coido que se trouxera a súa Kyrna por Ferreira o meigallo desaparecería. Non se desanime que xa o teño prometido o Corpiño.

Anónimo dijo...

basa, basea...
¿non teremos que facer un esforzo por dignificar esa lingua que tanto reivindicamos? ¿Desde onde a reivindicamos? ¿Desde a transgresión léxica e sintácita permanente?

Que é o que pasa? Xogamos a ser galegos ou somos galegos? Se ousades escribir, polo menos cumpride uns mínimos.

Anónimo dijo...

Ok, o de sempre. Xa me dera conta, coma sempre, ao velo escrito. Mea culpa,mea culpa...

Anónimo dijo...

Fabuloso, coma sempre, don Xaime de Lugo, sen desprezar ninguén.

Ben se lle coñece a ascendencia: Sir Lancelot redivivo.

E a súa moza, descendente por liña directa dunha das princesas cativas do feroz e feo e malvado turco Baiaceto derrotado na batalla de Ankara polos enviados de Enrique III de Castela (dinastía Trastámara) xunto cos mongoloides uzbekos do grande Tamerlán que entrambos rescataron as princesas que casaron cos cabaleiros casteláns e o galego que os acompañaba (era milagre, un galego en Karakalpakstan, non fun o primeiro) e casaron e fundaron familia e casa en Galiza e Castela.

Saúdos agarimosos, don Xaime de Lugo.

Anónimo dijo...

Dígalle ao doutor Paz, amigo XDC, que, como é público e notorio, os galegos estamos preocupadísimos polo acordo ortográfico para a lusofonía. Nun sen vivir, estamos.

Anónimo dijo...

Se tivese tempo, igual poderiamos falar un pouco de grupos mediáticos ou columnistas de grupo. Igual tamén de posicións de columnistas, e de grupos, con respecto a temas correntes da política nacional. De canto nos importa a algúns a economía, do peso que tal importancia ten no propio nacionalismo dun e a relación co idioma. De como a política lingüística é un desastre e os francotiradores prusianos, polo menos, claman un pouco pola atención do deserto que vai para trienal; de como e canto clama cara arriba o último que sei, procedente da Consellaría de Traballo. De como gratifica que, sen menoscabo da lexítima crítica á acción gobernativa e a iniciativa parlamentaria, chegue verbi gratia Manuel Rivas e pique na substantividade.

Pero non teño tempo, que me esperar uns alumnos para algo que igual conto outro día. Outro día, ao mellor, hai tamén que escribir sobre o de Traballo, máis e noutro lugar; porque clama, e cada vez claman máis cousas, no lingual.

Anónimo dijo...

Balneario de Pantón?. Jeje, vostede non vai por tomar os baños, senón polo campo de golf que ten, Xaime. ;)

Xaime dijo...

Tocado e fundido, XDC

Anónimo dijo...

O saber canto fai! Onde eu diría algo tan simple coma:" Estou co Rivas, xenial o artigo " vai o Sr. Xosé M.González e dí:" De como gratifica que, sen menoscabo da lexítima crítica á acción gobernativa e a iniciativa parlamentaria, chegue verbi gratia Manuel Rivas e pique na substantividade".
A máis a máis é o Sr.González home educado, ponderado, sabio, humanista, boa persoa e patriota. Longa vida para el !

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor, levo tempo sen o mirar... Quería contarlle unha cousiña.

Vde. sabe por un acaso quen era Hércules?

Viña sendo un rapaz dunha aldea chamada Olimpo, alá pola Grecia, onde van agora os galegos con tarxeta comercio a faceren cruceiros.

Pois o tal Hércules era de ideoloxía ácrata e negouse a facer o servizo militar. Daquela era preceptivo realizar a prestación social substitoria. Tocoulle unha asistente social que lle encomendou doce traballos. O derradeiro consistía en limpar as cortes dos cabalos do sr. Auxías, cuñado do alcalde de Olimpo.

Ben, Hércules, que tiña bastante, moitísima forza (comía como Ancarés ou Cebreirense) desviou un regato coa intención de limpar a presión as ditas cuadras con tan má sorte que no momento en que saía o estrume todo da corte do tal Auxías pasou unha parella do Seprona que o denunciou por atentado ao medio ambiente.

A asistenta social deu a Hércules, no entanto, unha derradeira posibilidade de se redimir. Un derradeiro traballo, a proba definitiva: Ler correctamente este cartaz.

Hércules, desesperado, apañou leña, predeulle lume e inmolouse.
Natural.

Saúdos, Apicultor, e disimule.

13º TRABALLO DE HÉRCULES

Anónimo dijo...

Cañita Brava: O De XM Glz,é literatura pura. Xa o temos comentado máis veces.

Anónimo dijo...

Se o demo peta na túa porta, non lla peches; entórnalla.

Anónimo dijo...

Hai quen dí que as famosas catro primeiras notas do primeiro movemento da Quinta Sinfonía de Beethoven son a petada do Demo na porta.

Anónimo dijo...

Pois: Dan un pouco ao xofre.

Anónimo dijo...

Vai o Demo na música:PREMER.

Marcos Valcárcel López dijo...

Unhas gotas de rock satánico (creo que nunca caíra ningunha ligazón deste estilo) como telón de fondo da polémica: este XDC tamén é o demo.

Anónimo dijo...

O asunto dos letreiros do comercio xa foi tratado, e non hai aportacións novas. Agrada o posicionamento de Rivas, e unha vez mais a polémica sepulta as actucacións sociolinguisticas de Caneiro.
Sen que teña nada que ver co seu posicionamento de traidor a lingua, a súa última novela que tratei de ler é pura ñoñería, insufribel, para estampala contra a parede. Proben...e contradígname.

Anónimo dijo...

Traidor á lingua?. Qué "démodé" soa eso. Canto á novela, polo que se ve non o deixa indiferente.

Anónimo dijo...

ContraDÍGNAME? QUEÉOQUEDISTÍO?

Anónimo dijo...

a bordo

Y dale con la sociedad civil

08.10.2007

CARLOS LUIS RODRÍGUEZ

Se quejaba ayer Ramón Villares de la falta de apoyo de la sociedad civil, a cuenta del Día das Letras Galegas. Pobre sociedad civil. Todo el mundo se mete con ella, sin que pueda defenderse. El político, el intelectual, el dirigente, la utilizan como un saco de boxeo cuando hay que echarle las culpas a algo. Ella calla, aguanta, porque sabe que una de sus misiones es servir de chivo expiatorio a ciertas frustraciones.

La otra, según el presidente del Consello da Cultura Galega, sería implicarse más en el festejo, aunque un poco más adelante en la entrevista, admite el amigo Moncho que tenemos una cultura un poco litúrgica y formalista. Es verdad, y eso explica que el mismo pueblo que participa en fiestas y romerías, haga caso omiso de los fastos culturales de marchamo oficial.

La gente se da cuenta de que esas cosas están administradas por mandarines que moran en una especie de ciudad prohibida de academias, consellos e institutos. Había una cultura popular que vivía oprimida por otra cultura oficial, en este caso de expresión castellana y vocación imperial, y unos príncipes azules que se empeñaron con audacia en rescatarla; lo consiguieron.

Lo malo es que esa cultura recuperada se rodeó de sofisticación, se entregó a cortesanos para que la cuidaran y se volvió a alejar del pueblo de donde procedía. Nada hay más triste hoy en día que escuchar al viejo paisano lamentarse de lo mal que habla el gallego. Su vergüenza de antes frente al castellano se transforma en otra, ante un idioma que el crío para que ahora retorne mirándolo por encima del hombro.

El modelo en el que estamos instalados hace muy difícil la conexión entre lo popular y lo oficial, en lo que a cultura se refiere. Se basa en una serie de principios que pertenecen a la mitología más que a la sociología. Parte de la idea de otorgar a un reducido grupo de gallegos profesionales, la representación de los gallegos reales.

Volviendo a la estupenda charla que Laura Vieiro mantenía con Villares, en ella el presidente del Consello da Cultura alude con admiración al Sant Jordi catalán, para contraponerlo a nuestro apático 17 de Maio. Puede ser que la sociedad civil de Cataluña se implique más, pero en todo caso ellos son como son, con unas circunstancias que no son las nuestras, y un punto de partida en su recuperación cultural, muy diferente. Tal vez el error esté en haber pensado tiempo ha que éramos una pre-Cataluña cuyo destino consistía en emularla.

Padecemos así una dislocación entre un entramado de instituciones culturales que pueden equiparse a las catalanas, y una sociedad que va a un ritmo diferente, vibrando con el San Froilán y pasando del 17 de Maio. Reñirle por ello es injusto y poco efectivo. Para empezar, es esa sociedad civil la que costea instituciones desde cuyo púlpito le piden más compromiso.

El compromiso social es ése. A los integrantes de esa sociedad que trabajan, se ocupan de sus hijos, se esfuerzan por llegar a fin de mes, no puede pedírseles que dediquen horas extras a cultivar la identidad que definen los que se han profesionalizado en Galicia. Eso no es justo. Tampoco efectivo, cuando hablamos de un país democrático que dejó atras la adolescencia.

Si tenemos una cultura litúrgica, como el propio Villares admite valientemente, hay que atenerse a las consecuencias. La más importante es que se quede sin feligreses, hartos de ser espectadores de lo que hacen los sacerdotes en el altar. No es la sociedad civil la que falla, pobriña.

Anónimo dijo...

O MANIFESTO PESEBRISTA
Pode que me trabuque, pero para min que esto vai do que estamos a falar.

CAMILO FRANCO
Entre os nervios e os premios non sei con que carta quedarme. Hai demasiada xente ventando o pasado e cando miran cara a adiante percátanse de que o futuro está aquí, que non están preparados e responden sinalando co dedo e creando un premio. Nervios e premios. Hai demasiados de ambos.
Balan as ovellas. As ovellas desoriéntanse cando cambian de presebe. Cando son apartadas do comedeiro adoptan actitudes mansamente recriminantes. As ovellas calculan que os presebes dos demais son mellores que os propios e por iso están intranquilas, levantan os ollos e nin fan nin deixan facer. Pola súa experiencia, as ovellas entenden que todo o mundo é presebista e desconfían de que calquera comida sexa como a súa: regalada. Como teñen paciencia estática insisten e insisten balando a todo canto se move e demostran que se balan as ovellas é que o mundo está en movemento.
Menear o libro. Cos libros pasa como co sexo, malo se hai que falar moito del. Non deixamos de darlle voltas aos libros, á súa situación, a necesidade de que lean os novos, os vellos, os estudantes, os adultos. En fin, sempre subliñamos a necesidade de que lean os demais. Do que se deduce que falamos moito pero damos pouco exemplo e que, como en moitas máis cousas, utilizamos a cínica estratexia sacerdotal de fai o que eu diga pero non fagas o que eu fago.
Magos en danza. En certo sentido a danza e a maxia son dúas marxes do espectáculo. Non son complementarias pero o que lle falta a unha sóbralle a outra. A danza sóbralle intelectualización e fáltalle que os espectadores acudan como acoden á maxia: só con ganas de que os sorprendan. A maxia fáltalle algunhas variacións na posta en escena. Ben mirados, os dous son espectáculos para todo o mundo, pero só un é consciente.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pode que por aí vaian "os tiros", PERO Como a referencia é tan xeral e tan críptica, non vai derramar moito sangue.

Anónimo dijo...

Está claro: necesitamos máis premios. Un premio para cada día do ano. Así tócalle a todos e todos contentos.

Anónimo dijo...

Cripticidade é o que sobra nesta Galicia, na que ninguén quere falar para que non lle apoñan cousas. Mágoa, porque facía ben falta que alguén lle cantase as corenta a tantos vividores.

Anónimo dijo...

comece vossé anónimo...

Anónimo dijo...

Iso, iso, que comece o anónimo. A que ten ten güevos?

Anónimo dijo...

Aposto mil euros a que non os ten.

Anónimo dijo...

A polémica entre Caneiro e Rivas non me parece que estea motivada polo galego no comercio, asunto que é pouco máis que un pretexto usado por Caneiro no seu artigo en "La Voz" para meter, de matute e sen vir moito a conto, unha alusión descalificadora á literatura de Rivas, a cal reduce a unha especie de discursiño progre-edificante sobre a Guerra Civil. A min Caneiro cáeme ben, pero Rivas cáeme aínda mellor, ademais de que me parece que ten un discurso mellor elaborado e máis coherente, aínda que non sempre comparta todo o que di. Así que, se hai que definirse, en plan prusiano, eu estou por Rivas.

Creo que o artigo de Carlos Luis Rodríguez pegado un pouco máis arriba ten moito máis interese que esta polémica de escritores mal levados. CLR sempre di cousas intelixentes. Non sei se desta vez pon "o dedo na chaga", pero polo menos ándalle nas beiras.

Anónimo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/04/15/0003_6734840.htm

Guerracivilismo
X.C. Caneiro

Gocei hai tempo Los girasoles ciegos, de Alberto Méndez. É un libro fermoso porque fala da pel dos seres humanos en tempo de guerra, das paixóns e obsesións, da tenrura e lucidez do peor dos fracasos. É un libro que ha de perdurar porque traslada ao lector a maxia, a revelación que representa a verdadeira arte literaria. Hai tempo lin tamén El nazi y el peluquero, de Edgard Hilsenrath, fala do nazismo dende a ironía, o sarcasmo e -aínda que poida parecer inverosímil- o humor. Carlos Casares deixounos Os mortos daquel verán e Ferrín algún dos luminosos contos de Arraianos que tiñan de fondo a Guerra Civil. Son libros, todos os citados, espléndidos. Por orixinais. A literatura debe propender á orixinalidade. Tamén son libros simbólicos, porque toda literatura resulta simbólica. O lector non se extravía nun simplista maniqueísmo cantado dende as primeiras liñas. Non hai sobreexposición de personaxes A (positivos, xenerosos, magnánimos) e personaxes B (pérfidos, inicuos) que repiten esquemas sucesivos ata chegar á fin do texto. Eu falo a miúdo do cansino do guerracivilismo da literatura galega. E non me gusta o termo memoria histórica, que en si mesmo semella un pleonasmo: a historia é memoria ou non é nada. Neste país tíñamos que estar afeitos á discrepancia con naturalidade, pero non estamos. Talvez nos pesa o pasado: dezaseis anos de fraguismo que resultan difíciles de olvidar. Non obstante, eu creo aínda na capacidade da literatura, e da altura intelectual, para que o diálogo non se convirta en monólogo. A literatura axuda sempre ao diálogo. A boa literatura, digo. Simbólica, orixinal, metafórica. A literatura que non se repite mil veces para impartir dogma: porque a literatura non é unha lección moral efémera, senón arte perdurable. O guerracivilismo debe ser re-creado. Hoxe, un día despois do 14 de abril, quixen dicir e digo.