Cen anos de historia cutural
2002: Sarmiento. Abrente. Paratextos
25.05.2008
O ano 2002 foi o ano do Padre Sarmiento no Día das Letras e arredor da súa figura celebráronse actos en toda Galicia e tamén no Bierzo, coa colaboración da asociación Fala Ceibe. Publicáronse estudos de Antón Costa, Carlos Casares, Pilar Allegue, Sonia Varela, Xosé L. Barreiro, Mercedes Queizas, X.A.Liñares e A. Puentes Chao, etc. E tamén volumes como a edición de José Luís Pensado da Viaxe a Galicia do noso frade ilustrado.
Vexamos agora algúns traballos de ensaio e investigación publicados durante ese ano. No campo dos estudos literarios, rexistramos traballos como Manuel María: os traballos e os días, biografía sociocultural realizada por Camilo Gómez Torres (Laiovento); Romanceiro en lingua galega (Xerais), de X.R. Mariño Ferro e Carlos Luís Bernárdez; As cantigas de Santa María (Xerais), de Elvira Fidalgo; A novela policial (Laiovento), de Xesús González Gómez; O labor lírico do ilustrado cura de Fruime (Laiovento), de Xulio Pardo de Neyra; A linguaxe literaria (Xerais), de Manuel Rosales, e As mulleres escritoras, 1860-1870 (Laiovento), de Celia Armas. En Sotelo Blanco aparecía a Historia da literatura medieval galego-portuguesa, de Xosé R. Pena, e Antonia López García estudaba a obra de Bernardino Graña en Se as aves insistisen na ledicia (Laiovento).
Editábanse as actas do I Congreso Manuel Luís Acuña (celebrado en Trives no 2000) e o Diccionario metodolóxico de análise literaria, de Arcadio López- Casanova. Carme Blanco publicaba en Linteo o estudo Luz Pozo Garza. A ave do norte e Goretti Sanmartín ocupábase dun tema pouco tratado nas nosas letras: Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos, 1863-1936 (Espiral Maior). Alexandre Rodríguez Guerra ocupábase de Miguel de Unamuno e a lingua galega e Dolores Vilavedra e Inma López Silva da nosa historia teatral recente con Un abrente teatral. As mostras e o concurso de teatro de Ribadavia (Galaxia). Xesús Alonso Montero preparaba a escolma poética A guerrilla antifranquista e os guerrilleiros de Galicia na voz dos poetas. Nos estudos historiográficos, velaí o ensaio sobre o político e ensaísta Eloy Luis André (Baía), de Ramón López Vázquez; O inmigrante imaxinario (USC), de Xosé M. Núñez Seixas; A esperanza bretona, de Anxo Fernández, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais; Alfredo Brañas. Textos en galego, de E. García Canosa e C. Nogueira Blanco; A memoria de Pontevedra (Xerais), de Víctor Freixanes, Carlos Díaz e Xosé Fortes; A filosofía krausista en Galicia, de Xosé R. López Vázquez (Centro Ramón Piñeiro). Xosé Luís Estévez revisaba as relacións de Castelao con Galeusca (Laiovento) e Xulio Ríos publicaba en Ediciós do Castro unha escolma do xornalismo de Plácido Castro.
(o artigo completo)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
5 comentarios:
Entreculturas
Pois iso
Luns 26 de Maio, 2008
Un artigo de Antón Baamonde
As institucións galegas a prol da cultura abrollan coma cogomelos, mesmo que en casos dupliquen funcións. Constitúen un espazo á parte, ensimesmado, que foxe de friccións e do compromiso por unha inserción eficaz na sociedade.
Non é fácil decidir o alcance das principais institucións da cultura galega. Sucede que existe un Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Tamén existe o Instituto da Lingua Galega que parece duplicar algunhas funcións do Centro Ramón Piñeiro -ou viceversa, considerando a orde de prelación-. Ademais, contamos coa Real Academia Galega, de venerable e digresiva historia, tan eficaz nas elipses, e co Consello da Cultura Galega, de funcións consultivas -aínda que é difícil pensar que nunca ninguén lle consultara nada-. Son entidades de paso lento e pesado. A estas institucións poderían sumarse outras, como o Padre Sarmiento, herdeiro do Seminario de Estudos Galegos e hoxe dependente do CSIC. E veremos as que nacerán ao calor da Cidade da Cultura.
Son institucións que se deslizan pola superficie do país sen apenas causar fricción, como coches dos que as rodas xiran no baleiro e que non conducen a ningunha parte. Parece como se cultivaran unha especie de solipsismo, que xa quixera para si Don Vicente Risco na época en que escribiu “Nós, os inadaptados”.
Padecen unha enfermidade usual no galeguismo: a de conformarse con constituír un universo á parte, ensimesmado, que abandona toda vontade de inserción eficaz na sociedade. Se han de ser recuperadas para os seus fins estas institucións necesitan ser áxiles, racionalizar os seus medios, especificar a súa función e non volver a usar xamais a palabra “persoeiro”. O enteiro mapa das institucións culturais debería de ser reformado. Un amigo retrucaba hai anos ao verso de Novoneira “A forza do noso amor non pode ser inútil” así “Tanta inutilidade non pode ser amor”. Pois iso.
http://www.temposdixital.com/?p=229
Conforme: a función das institucións culturais, incluíndo carga distributiva, debería ser reformado; tendo en conta, sobre todo, que na razón inicial de ser dalgunha delas puido ter parte a inercia, obsolescencia ou desafección dalgunha outra: ou sexa, a política conxuntural.
Ora ben, o de que abandona toda vontade de inserción eficaz na sociedade parece moito falar, así todo xunto e metendo no saco todo o que queda metido. Por citar un detalle, a función de organismos universitarios ou de investigación soborda a lóxica do rendemento inmediato, e por veces, a min, oír ou ler o de "inserción eficaz" prodúceme algún vértigo; por citar outro, ás veces paréceme que o concepto sobre a actual RAG non está debidamente actualizado.
Ben sei que a columna non é lugar ideal para a exposición matizada. Esperarei, logo, que xa que se empeza poida haber continuación máis matizada e substanciosa. Entrementres, quedo pampo ante a palabra inutilidade.
Teñan boa tarde, volvo aos meus papeliños.
Para termos elementos de xuízo:
1. Consello da Cultura: Presentaron hai un par de días o novo deseño da súa páxina web. Nótase que anda por aí Manuel Gago.
2. Centro Ramón Piñeiro Onte anunciaban unha base de datos completa sobre poesía de cancioneiro galego-portugués: podían quitar o do usuario rexistrado, pero tampouco parece mal. Adícanse á literatura fundamentlamente. Os proxectos son numerosos.
3. Instituto da Lingua Galega. Os recursos (o VOLGA, entre outros)poden ser consultados, tamén co sistema un pouco obsoleto (pero ha ser para controlar inquilinos ocasionais) de rexistro de usuarios. Os estudos son de Lingua galega.
4. Real Academia da Lingua. Tal vez aquí a relación co ILG podería reformularse para optimizarse. E tamén a institución completa no que pode supoñer de pulo para a cultura e educación galegas. Penso eu.
5.Instituto Padre Sarmiento: Historia e Arqueoloxía, segundo se desprende do persoal que figura na web, estancada ao parecer en 1999.
Se cadra, estas institucións, mellor ou peor, fan o que teñen que facer, que é o mesmo, máis ou menos, que fan as súas homólogas noutros países. Talvez é a sociedade galega a que é un pouco rara, un pouco primitiva, un pouco cheroqui, e non quere saber nada das cousas que fan as súas institucións culturais. Será cousa de darlle tempo ao tempo e de que aumente "a masa crítica" (glup).
En efecto, eu penso que as mencionadas institucións, en certa ou boa medida, fan o que teñen que facer; todas ou case todas. Así e todo, convén ter en conta que algunha xurdiu en certo contrapunto fronte a outras: ILF fronte a unha RAG un tanto esclerotizada, no franquismo; CIRP fronte a ILG, no fraguismo.
Pensando como penso que hai lugar para todas, respectando moito o labor da RAG na xeira actual, do ILG desde sempre e do CIRP polo que me toca particularmente (como medievalista, se puidese considerarme tal cousa), considero que posiblemente se podería corrixir algunha disfunción e procurar algunha sinerxia. Pouco que ver, iso si, coa intención que aparenta o artigo de referencia.
Reitero o saúdo e volvo, agora si, aos papeis.
Publicar un comentario