en poleiro alleo: Luzes (EP 8 maio)
A. Reixa, Aqueles libros d'O Moucho
Neste ano a invocación a Xosé María Alvarez Blázquez ten moito, amais de ser ben xusta, de pedagoxía histórica. Entendo que Alvarez Blázquez trataba así de emular os tempos en que Aires d'a miña terra de Curros Enríquez e Cantares Gallegos de Rosalía foron verdadeiros supervendas e estaban en moitísimas casas galegas de finais do século XIX e principios do XX. Pasaron os anos de exilio interior e o azar quixo situar o domicilio do meu avó en Vigo moi preto da librería Almoneda que xestionaba ...
M. Rivas, O bipartito e o Contentamento Descontente
Nun dos seus sonetos de amor (Amor é fogo que arde sem se ver), Luis Vaz de Camões define así ese sentimento: "É un contentamento descontente". E non estaría o grandísimo vate de Os lusiadas a facer un prognóstico tamén do porvir das sociedades de farturento desacougo? O caso é que o espírito do soneto intimista coincide co que indican os resultados dos estudos de opinión verbo do ánimo colectivo nesta Europa que din da transmodernidade. E aínda poderíamos ir máis alá, ou aquén, no xogo dunha poética da historia. Cómo é o tempo que vivimos? É a época CD, a dun Contentamento Descontente.
Se o diagnóstico acae ben ao que chamamos Europa, no caso de Galicia semella nin feito de encarga. Que pensan os galegos do actual Goberno bipartito? Unha porcentaxe está contenta, outra descontenta, mais a maioría mantense nun ánimo de "contentamento descontente". Esa é a verdadeira maioría natural de Galicia. Por fin hai unha coincidencia de fondo entre a cultura popular e as elites gobernantes. Galicia non é un Estado de Malestar, nin tampouco o anhelado Estado de Benestar. É un Estado de Contentamento Descontente. (...)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
6 comentarios:
http://www.vieiros.com/nova/66395/a-bilateralidade-xunta-estado-tera-que-agardar-por-mellores-circunstancias-politicas
A bilateralidade Xunta-Estado terá que agardar por "mellores circunstancias políticas"
O PP oponse á proposta do vicepresidente e o PSdeG nin sequera acudiu á reunión.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/05/09/0003_6803062.htm
Fondos del estado
Touriño defiende su propuesta de financiación y obvia a Quintana
El líder del PSOE aboga por la negociación multilateral, y el del BNG quiere un diálogo directo con el Estado
Extraordinario, absolutamente maxistral o artigo de Rivas. Todo un tratado de ciencia política en formato O´Moucho. Maxistral, absolutamente maxistral.
Certamente. E o que teña ollos para ler, que lea.
A Frente Popular Galega (FPG) volve cargar contra a Consellería de Industria, e principalmente contra a UPG, polo espolio natural ao que, segundo esta formación, está sometida Galicia…
PRODUCIÓN ENERXÉTICA: LUCRO COLONIAL
A Frente Popular Galega (FPG) quere facer pública en nota de prensa a campaña que iniciou hai
unhas semanas en contra do espolio dos nosos recursos naturais e a prol dun
desenvolvemento sostíbel e respectuoso tanto co medio ambiente como co pobo galego no
seu conxunto, así como en defensa da nosa soberanía enerxética.
Denunciamos nesta campaña a rapina colonial da produción enerxética. Do asolagamento e
expropiación do val de Castrelo do Miño á actual política de instalación indiscriminada de parques
eólicos, Galicia non deixou un só día de fornecer electricidade á rede de distribución que abastece a
unha clientela supragalega, sen que esa realidade significase que o servizo fose bo e eficiente para
nós, nin que redundase en beneficio do país.
Nestes momentos, os nosos montes estanse a encher de muíños eólicos, que modifican totalmente a
paisaxe, e a Consellería de Innovación e Industria, apoiada pola Vicepresidencia da Xunta na
campaña “Somos unha potencia”, ten previsto chegar aos 6.500 MW de produción.
Toda esta produción enerxética de orixe eólica forma parte dun plan que conta co máximo interese da
patronal, volcada agora nas chamadas enerxías alternativas ou renovables.
Estamos alerta ante os pasos que devagariño están dando as empresas enerxéticas e o seu
accionariado para colocarse no reparto do quiñón. Alerta ante as voces que se erguen na defensa da
enerxía nuclear ou a instalación de muíños en zonas de especial protección. A FPG denunciará nesta
campaña calquera salvaxada contra a terra porque a loita na súa defensa é histórica no movemento
nacional-popular do que nos consideramos parte herdeira.
Non deixaremos tampouco de denunciar a presión financeira que exercen os grandes magnates,
nunha complexa arañeira de intereses económicos, que pretenden alzarse como a nova burguesía
nacional co abeiro do PSOE e do BNG de Anxo Quintana. Para a FPG non hai distinción no
empresariado, sexa “galego” ou español, porque a nosa loita é a da clase obreira galega, a das
traballadoras e traballadores e a da autodeterminación de Galiza.
Ademais, toda a patronal da enerxía ingresa os impostos na capital do Reino, pois teñen a súa sede
fiscal en Madrid, co cal deixan de retribuír ou restituír economicamente ao pobo galego alén de
espoliar as nosas riquezas.
A Frente Popular Galega tentará chegar a cada recuncho da nación nunha campaña axitativa, con
xuntanzas con colectivos afectados, charlas, proxeccións de vídeos e pegada de carteis.
Pódese seguir a campaña no blog especial: http://frentepopulargalega.org/lucrocolonial
Na FPG queremos deixar ben claro, que “Goberne quen goberne, Galiza non se vende”. Nós,
posicionámonos nesta sentenza.
Facendo memoria
En abril de 1976 o Consello de Forzas Políticas Galegas (CFPG), integrado pola UPG, PSG e PGSD, sacaban á luz as “Medidas económicas para un programa de goberno provisorio galego”, facendo parte das chamadas “Bases Constitucionais”. O panfleto ao que nos referimos foi publicado e distribuído pola UPG, a organización histórica do nacionalismo e a única que vive hoxe en día daquel CFPG. Non é a intención deste texto facer unha chamada en alto para volver ás medidas de hai 30 anos mais si para exemplificar a mudanza teórica e práctica dunha UPG que controla (en todos os sensos) a Consellaría de Industria, é dicir, a consellaría que intervén directamente nas medidas da política enerxética da nosa nación.No punto C do devandito documento, lemos os seguintes apartados:
2º- Desenvolvemento autótono e intensificación dos intercámbeos esteriores en plano de igoaldade e mútuo benefício.
3º- Administración dos recursos económicos en función das necesidades do pobo galego.
4º- Garantía pra os traballadores galegos dun traballo cumprido no propio país coa conseguinte eliminación da emigración.
5º- Utilización produtiva do escedente económico galego na promoción do propio desenrolo.
6º- Intervención democrática dos traballadores nas decisións económicas tanto das empresas como dos organismos planificadores.
No punto D, “Os ouxetivos do desenvolvemento económico galego”, no apartado 1º “Desenvolvemento Industrial”:
1.2.: Utilización progresiva en Galicia da produción de enerxía eleutrica, hoxe esportada, utilización no propio desenvolvemento dos resultados económicos dos escedentes, e adecuación dos incrementos de produción ás necesidades propias.
No punto F, 1. “Política económica industrial”:
1.1.Nacionalización dos recusos enerxéticos e mineiros e a esplotación dos mesmos en función do propio desenvolvemento.
Velaí as medidas propostas polo CFPG. Pasaron os anos e aquela proposta das “Bases Constitucionais” quedou en papel mollado. E pasou tanto tempo, que o nacionalismo chegou ao goberno, xusto despois do fin da etapa da chamada “expansión do BNG”. Chega ao poder perdendo votos e apoio social. Vaites para o paradoxo pero éche así. E pasaron os anos e a UPG segue a definirse como comunista e non nos parece mal, é lexítimo e soberana a súa militancia, mais cómpre actuar coherentemente con esa ideoloxía. Alguén mira que o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, militante da UPG e a Consellaría de Industria (consellaría da UPG) funcione dalgún xeito aproximado ao exposto no CFPG ou nas propias coordenadas do marxismo-leninismo? E en América Latina hai un exemplo de avance no proceso da reformulación da esquerda fiel ao marxismo. E sabemos que o marxismo “aplícase segundo un lugar concreto, segundo unha época concreta”, mais o conselleiro move ficha nesa dirección?
Descoñecemos as medidas adoptadas nas empresas eléctricas, como as de Meirama ou As Pontes, que conduzan ou ben a paliar os destrozos que provocan ou ben á súa progresiva rexeneración e eliminación. Descoñecemos as razóns “en clave galega” (axioma dun nacionalista galego) de sermos exportadores de enerxía con empresas que gravan en Madrid. Descoñecemos se o proxecto de Plan Eólico implicará algún peche de empresas enerxéticas contaminantes ou que dificulten o cotiá do pobo galego. Sintetizando, descoñecemos a política nacionalista e de esquerdas no eido enerxético.
Na FPG, as medidas son rotundas, discutíbeis, pero rotundas: camiñar cara a nacionalización do sector enerxético, de xeito progresivo e obrigando ás empresas aínda sen nacionalizar, cun poder lexislativo de noso e a prol das camadas populares, a mudar a sede social a Galiza e a un control do beneficio xerado para que repercuta no noso pobo, así como a unha rigorosa planificación democrática en base ás necesidades reais das maiorías e non dos intereses da oligarquía capitalista.
Comprendemos, en certa medida, que a chegada ao poder modere a política do BNG, feito que denunciamos pois en nós recae a oposición no eido do nacionalismo de esquerdas, mais non comprendemos o “laissez-faire” na política enerxética da Xunta, do conselleiro Fernando Blanco e do BNG durante case unha lexislatura enteira.
Unión Fenosa, Iberdrola ou Endesa son para nós inimigos neste marco actual. As políticas dun goberno galego de esquerdas deben ser redactadas priorizando ao pobo traballador, non asumindo o papel de protagonismo á patronal. Se cadra esqueceron as teorías marxistas que falan da loita de clases e o papel desta no devir da historia. Nós, non.
Article printed from produción enerxética:lucro colonial: http://frentepopulargalega.org/lucrocolonial
MANUEL DOURADO DEIRA
ardentía
¿Por que Galicia non pode ser igual a Cataluña?
A Cataluña e a Euscadi. ¿Imos ser por sempre a cinsenta da CC Históricas? Repítese a mesma canción de sempre. Aznar, no apuro de Prestige, saíu por peteneras co Plan Galicia. Cataluña conseguiu un Estatuto moi especial, grazas á unidade e á loita das forzas vivas catalás, que fixo suar a ZP e ó Goberno. E, a oposición, botouse ao monte e aínda hoxe creo que ten interposto un recurso ante o Constitucional. Pero Barcelona impúxose en Madrid. E os cataláns gañaron a aposta no Parlamento do Estado.
En Euscadi, xa sabemos o que está a pasar e o que pretende o lehendakari. Non é que eu sexa partidario dos seus desvaríos. Por ese camiño, España reeditaría os "Reinos de Taifas" do medievo. Sen pretender chegar a eses extremos, hai que recordar que, en Galicia, polo contrario, aínda non temos o Estatuto que nos corresponde, polo veto de Rajoy a través do Sr. Núñez Feijóo, quen despois de asinar un compromiso do Monte do Gozo coas outras dúas forzas políticas, non só o rompeu senón que o vetou. E Galicia ten que ir a Madrid ao de sempre: a poñer as manciñas en actitude esmoleira por se se dignan deixarnos caer algunhas migallas das competencias que nos corresponden por dereito propio.
Daquela, abortaron o Proxecto de Estatuto os xerifaltes da dereita: Sres. Zaplana e Acebes, cérberos da ortodoxia ideolóxica do Partido Popular. Durante a Lexislatura pasada a única política que practicaron foi a da obstrución e a da crispación. Non lles saíu á medida que pretendían e Rajoy, con bo criterio e reflexionando esperamos que con sensatez, prescindiu deles. Agora, estamos todos pendentes do seu novo equipo e, por suposto, da política que vaia practicar o PP renovado. E digo "todos", porque iso nos afecta a todos os cidadáns deste país. E, dun modo especial, a Galicia.
As consecuencias para Galicia están a verse. En El Correo e Galicia Hoxe do mércores pasado, leo os seguintes titulares: "Galicia, máis lonxe dun financiamento á catalá". "A ministra Salgado e o presidente Touriño cerran a porta á Reforma que defende Quintana". O traspaso de Tráfico "no vai ser un proceso sinxelo". E fan referencia a un futuro Estatuto como posible lugar de acomodo de tales competencias. É dicir: o que dicía Larra: "vuelva Vd. mañana"; para lo mismo "volver a dicir mañana". Ou, como di o agudo e irórico Antón Losada: "Estamos como hai un ano, repetindo a mesma xogada. "Todos esquecen que hai un acordo formal co anterior Goberno de ZP e co ministro Jordi Sevilla para reforzar a Comisión Bilateral. En democracia, os acordos obrigan". A ministra e Pérez Touriño sábeno".
E o paciente Quintana, que ama a súa Terra, coa mirada perdida no indefinido, morde o férreo freo do silencio, talvez agardando ocasión máis propicia. Para que logo digan que o BNG non é paciente e dialogante. A ver se lle permiten tamén poñer en práctica toda a súa iniciativa
Unha suxestión ao presidente Touriño: ese non é o camiño do cambio que esperabamos.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=298387
Publicar un comentario