Fío Musical (17). Vía Tacho.
O National Recording Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos cada ano decide recoller mostras sonoras para ser preservadas para a posteridade como bens culturais dada a sua importancia histórica. Na edicion diste ano esta , "Oh, pretty woman" (1964), do gran Roy Orbison..
Con ise motivo mandovos unha potentísima version cunha banda de luxo: Roy Orbinson, Bruce Springsteen, Jackson Browne, Elvis Costello, Tom Waits, T. Bone Burnett (Burnett versus Srpingsteen), J.D.Souther. Que o disfrutedes.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
4 comentarios:
Aí lles vai o "riff" de "Pretty Woman", fácil,pra que o toquen:
sol sol si re fa...
sol sol si re fa la sol fa
sol sol si re fa la sol fa etc.
(O "sol" ten que estar na oitava anterior ás outras).
Pra os máis expertos:
En realidade, a canción está en La.Deben baixar tono e medio pra o tono do disco:
mi mi sol# si re...
mi mi sol# si re fa# mi re,etc.
Trátase dun arpexio de Mi9. Tóquenno nos baixos.E grávenna prá os seus netos.XD.
Está cantando Iceland, que debe de ser a "Terra do xeo". Berran "This is my life", con ritmo disco. Agora vai Turquía, en turco...a ver qué carallo soa...
Potente versión, si señor. ¡Claro, xuntando a todos ises monstros, calquera!
Agora ben, a min fáltame algo...
¿Ula a Julia?
(Cada un ten as súas debilidades)
Amigo Da Cova. ¿Será en maior, non si? ¿LA e non La?
Perdón pola ousadía... Só o digo por se alguén se perde...
Xa vexo que estivo atento á gran parvada, supoño que con oídos críticos.
¿Volvéronse idiotas os europeos?
(No anterior fío musical (16) hai algún sabroso comentario ó respecto)
Amigo Xabimusic, con tanto "sostido" está claro que é maior, non sí?.
Tómeo como brincadeira,jajaja.
Publicar un comentario