FÍO MUSICAL (7)
Era difícil gorentar a arte de vangarda... (Xosé M. González)
...aos vinte e tres anos. Pintura abstracta, diciamos, e talvez se esperaba algún cromatismo amable para recompensar o intento de comprender. Non se comprendía, quizá o artista nunca tal quixera, pero a obra era para a consciencia ou iso quizá tentaran inculcarnos. Quizá non todos.
Que a arte fose puro xogo, por ende, si que era concibible, mais hábito afastado por urxencias militantes. E veu quen nos dixo que pólvora non quita magnolia, pero aquela palabra difícil non foi moi percibida. Tivo que ser a música, semántica inmediata ou adobío do pinchacarneiro verbal. E foi el, que tamén militaba, naquel disco do cão Gastão, Nefretite, paz, poeta e pombas. Pillou volume a palabra, asubiou roda da vida.
Seguramente é proba cordial que uns pais de alumnos, logo de morrer, canten o que ti cantaches. Ou que outros sigan chamando polo amigo.

4 comentarios:
Graciñas a XMG polo seu envío e por facernos relembrar unha vez máis o gran ZECA.
Que mellor xeito de comezar o día (marcho a Celanova dentro dun pouco, ós actos da RAG) que escoitando esa marabilla que é
O QUE FAZ FALTA
(http://www.youtube.com/watch?v=uVTqO9xEYNs&feature=related)
Inconfundible estilo Saavedra.
Fágalle caso á suxerencia das "Etiquetas" e métao con "Entre Hortas e Portas".
¡A ver se o entendo!
Definir a música como "semántica inmediata" ¿quere dicir que está a destacar o seu caracter sensorial?
Teño que confesarlle que nunca escoitara a expesión que, por outra banda, é dun efecto tamén inmediato.
Xabimusic.
Alégrome, Xabimusic, de intercambiar este primeiro comentario con vde. Algo así debe querer dicir; vexamos se me explico.
Na expresión lingüística, a percepción semántica chega por varias mediacións: emisor emite mensaxe, receptor recíbea e, para interpretala, decodifica. Aquela cadencia de sons leva impostadas unha ideas ás que, a partir de aí, se lles poden engadir suxestións varias; que, por outra banda, pode inferir o receptor -dependendo da súa experiencia previa, etc.- sen que o emisor tal pretendese.
Coa música, a cousa é máis sinxela, ou tal me parece: o efecto producido no receptor non ten por que ver, directamente, con códigos nin decodificacións, se ben estes tamén poden existir e actuar. Pero é máis corrente (ou pásame só a min?) que os sons e harmonías produzan o seu efecto asociativo, suxestivo, emocional... de forma directa e sen necesidade dunha racionalización completa.
Cando a música se incorpora adecuadamente á palabra, a mensaxe pode ser potenciada; eminentemente se ambas revisten excelencia, ben habitual no Zeca Afonso. E ao final, tanta palabra como deixo gastada non dá explicado o que realmente pasa; madia leva que non.
Da Coba, alégrome tamén de que coincidamos nun fío, xa había tempo. Este non é tema lugués, pero si querencia.
Póñolles un tema coimbrão do mesmo.
Publicar un comentario