A MIRADA RETIDA (2). La Región 18.5.02
UNHA ARTE DE VIVIR
Esta é, para min, unha das fotos que mellor sintetiza os valores máis positivos da arte de vivir na nosa Auria. O toldo loce facendoso o nome do Gran Café La Unión e alí estiveron tamén, conta López Morais, os cafés Victoria, Iberia e Regio: este último tivo que cambiar o seu nome polo de Riego cando chegou a República, a Segunda. As xentes, adultos e nenos, fican inmortalizadas na foto fixa e quedamos coas gañas de saber de qué pensan e de qué falan nos cafés e nas terrazas os contertulios. Que contan os xornais que leva o vendedor debaixo do brazo? Pola época, ó redor dos comezos do século XX, poderían estar a falar das liortas entre Lamas Carvajal e Álvarez de Nóvoa, Mostacillas contra Agujetas. Ou das novas dun deporte aínda exótico naquelas datas, que nos xornais escribían como “football”. De seguro alguén estaría a falar mal do alcalde e dos concelleiros do momento. Por sorte, este fermoso lugar, na Avenida de Pontevedra, garda aínda parte do seu engado histórico: con outras caras, iso si.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
7 comentarios:
¿Sabe alguén se ese era o edificio do Hotel Barcelona?
Eu, de neno, estivén no seu comedor nunha celebración familiar, e aínda gardo a memoria da impresión que me causara a grandeza daqueles espazos e daqueles teitos tan altísimos (Seguro que non eran tanto. É que eu era moi pequeno).
É posible que así sexa porque tamén lembro agora que os outros grandes hoteis de Ouresne tiñan cafetería nos seus baixos: Hotel Miño, Hotel Roma e o citado Hotel Barcelona. Nós, os rapaces, iamos apañar as "chapas" entre as mesas para xogar con elas.
¡Por favor, que vello me sinto contando estas cousas! ¿Non serán "batallitas", Sr. Marcos? ¿Seguro que teñen interese para alguén, amáis da súa curiosidade de historiador?
¡Avíseme se me poño en tal situación!
Don Xabi, xa sei que o que lle vou pedir non ten nada a ver co que se está a falar, mais,
Sabe Vde. algunha cousa dalgún destes concertos????
{A información que fornece a Internet é moi escasa}
*The Kinks, Madrid, 1966.
*Jimi Hendrix, Ibiza, 1968.
*King Crimson, Formentera, 1971.
*Frank Zappa, Barcelona, 1974.
Saúdos, señor.-
Desculpen a un escaso coñecedor de toponimia local ourensá, e tampouco non moi completo canto aos lugares. Este lugar... ¿non será onde está ou estivo unha oficina de Caixa Ourense, nun fermoso e antigo edificio? ¿Por riba da Praza de Abastos, cruzando a estrada?
Pois si, como indica Xabier, é o edificio onde estivo ata hai moi pouco o Hotel Barcelona. ó Carón estaba o Orfeón, dunha banda, e doutra estaba, e está aínda, o fermoso edificio que cita XMG (antes Caixaourense, agora Caixanova),obra de Daniel Vázquez-Gulías Martínez. E moi perto a praza de abastos, que xa sairá na serie, de Manuel Suárez Castro, o alcalde socialista fusilado no 36.
E non son batallitas, non, amigo Xabier. Asegúrolle que estas cousas interesan a moitísima xente, tanto dende o blog como no formato papel do xornal La Región.
E, moi perto, a casa de Xohan da Coba (o do Siglo XIX).
Sr. de Lobeira, se a súa petición é pola miña idade, direille que eu daquela (finais dos 60 e comezos dos 70), no internado de Ervedelo estaba máis no "canto gregoriano" que no pop-rock.
É máis; nunha ocasión "pilláronme" unha partitura dos Beatles (Michell) e chamaron ó meu pai para dicirlle que o seu fillo estaba meténdose no camiño da perdición. O pobre do meu pai, que non tiña idea de música, non sabía que pensar nin que dicirme. Hoxe diriamos que "alucinou en cores"
Xa que logo, nin asistín a eses concertos (¡que máis quixera!) nin teño outra información deles.
Agora ben, nestes foros hai auténticos expertos que lle poden axudar.
Para calquera outra cuestión, non dubide en molestar.
Publicar un comentario