1 may 2008




Tamén hoxe en Auria (fotos Pepe Trebolle)
Simpática, sobre todo, a chuvia de bandeiras multicolores e plurais...

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tamén estiven nas manifestaciós da mañá. O Etelvino, da Ciga, metéuse coa subida de salarios, con efectos retroactivos, dos altos cargos xunteiros.
Tamén estuven lendo este artigo no Faro. OPINEN.

Anónimo dijo...

Según a Rexión de hoxe, o Alex marchóu fungando do discurso do Etelvino por criticar a instalación das carpas da feira de artesanía na rúa do Paseo. Pero si as critica todolos anos!. Xa debería sabelo. Outro que marchóu molesto con ese comentario foi o Manuel Herminio...
E o artigo do Telvi, desplazóu ao do Marcos, hoxe, na Rexión.

Anónimo dijo...

Na manifa, había tamén unha bandeirola desto, que non sei o que é:Premer.

Anónimo dijo...

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=80&idNoticia=295220

Aymerich: "O labor do PSOE na Xunta é nulo, ata negativo"
Cre que os socialistas teñen un "magro balance" para presentarlles ós galegos na antesala das autonómicas

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Carlos Aymerich, considera que o traballo desenvolvido polas Consellerías que dirixe o PSdeG no Goberno galego é "nulo", "escaso", "inexistente" e ata "negativo", segundo o caso.

Nun artigo de opinión colgado na páxina web do BNG e que publicou o semanario A Nosa Terra no último número de abril titulado Nervios, Aymerich explica que a "sucursal galega" do PSOE ten motivos para estar "nerviosa", xa que en tres anos de lexislatura galega ten un "magro balance" para presentarlles ós galegos.

Segundo o deputado do BNG, o traballo realizado polos socialistas no que vai de lexislatura autonómica foi "moi pouco" en Sanidade, "escaso" en Educación, "inexistente" no Medio Ambiente, "nulo" en Presidencia e Xustiza, "negativo" en Traballo, "invisible" en Economía e "pequeno" en Pesca.

"¿Chegarán os quilómetros de asfalto que está licitando Política Territorial para, ó modo de (Manuel) Fraga, equilibrar as contas á fin do mandato?", pregúntase o portavoz parlamentario do BNG.

No seu artigo Aymerich pon como exemplos do nerviosismo do PSOE que a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño, Elena Espinosa, diga que o PSdeG debe "prescindir" do BNG ou que a titular de Administracións Públicas, Elena Salgado, advertira de que "aínda queda moito por falar" no traspaso das competencias de Tráfico que demanda o Parlamento galego.

"Espinosa tenciona prescindir do BNG. Touriño quer contar cunha maioría suficiente para gobernar con total autonomía. Elena Salgado avisa de que para transferir o Tráfico vai haber aínda muito que falar. E os alcaldes do PSOE, desta vez xa sen requilorios, defenden que a cualidade -e o prezo- da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores. Así andan as cousas. Andan nerviosos. E teñen razóns", di Aymerich textualmente no seu artigo de opinión.

Con todo, fronte a este balance dos socialistas, o deputado do BNG enxalza o traballo dos departamentos autonómicos dirixidos por nacionalistas, que desenvolven un programa "transformador" e que "porfía" en desenvolver.

Entre outros programas postos en marcha polas áreas do Goberno galego dirixidas polo BNG, Aymerich destaca o Banco de Terras, a nova política forestal, o sistema galego de benestar, unha nova política enerxética sustentable, que se preocupa porque os beneficios xerados cos recursos da comunidade queden en Galicia, e unha política de vivenda que "atende os intereses da xente".

Ante a celebración das eleccións autonómicas en Galicia para as que faltan un ano como máximo, non máis tarde de xuño do 2009, o deputado do BNG vaticina que o PSOE pedirá a confianza dos galegos "como garante do vello, de que todo seguirá igual", unha mensaxe que contrasta coa do seu partido, dirixida ós galegos que queren que as cousas "cambien de verdade" e que por iso apostaron por un goberno de cambio hai tres anos.

Anónimo dijo...

E o Pachi, decindo que non houbo verquidos de gasóe ao Miño. Pero non aprendéu do "señor dos hilillos" que non se pode ser metirán, que pode costar caro?.

Anónimo dijo...

O Movemento pola Base, da Coba, é unha tendencia do BNG, considerada hoxe por hoxe coma a que está "máis á esquerda". Moitos dos seus integrantes foron da UPG ata non moito antes da última Asemblea Nacional do Bloque, outros proceden ou forman parte do movemento xuvenil, con esa organización chamada Isca!.

Anónimo dijo...

Aymerich estase poñendo nervioso. Diso non hai dúbida. Non se decata de que afirmar que "o labor do PSOE na Xunta é nulo, ata negativo", leva entón a preguntarse qué fai o BNG cogobernando con el, por qué aproban no Consello da Xunta as medidas das consellerías socialistas se tan "negativas" son.

En fin, que querendo criticar fóiselle a man e as súas palabras convértense nun boomerang.

Anónimo dijo...

Despois da aymericanada, que esperan para convocar eleccións?

Anónimo dijo...

O artigo completo.. Sempre mellor fontes primarias ca non secundarias.

Anónimo dijo...

Para mostra, un botón, ou "continuidad en la tradición".

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080502125446


Xornal.com
El País destapa cuantiosas ayudas de la Xunta al diario La Región
La Xunta de Touriño mantiene la misma política de Fraga con algunos medios.

Viernes, 02 de mayo de 2008

XORNAL.COM I Ourense.- Fuentes de la Consellería de Economía revelaron al diario El País que durante el año pasado se materializó la concesión de un préstamo participativo por un importe de tres millones a la empresa propietaria del diario La Región. Actualmente, está pendiente la concesión de un aval por parte del Igape a la misma empresa, operación relacionada con una ampliación de capital por parte de la familia propietaria. La Región, SA, también fue beneficiaria de créditos y ayudas públicas del Igape en la etapa de Manuel Fraga, recuerda El País. De hecho, la Xunta de Pérez Touriño mantiene la misma política de Fraga con algunos medios de comunicación.

Según el diario El País, la presencia del sector público gallego en empresas tiene en Xesgalicia la principal gestora de los instrumentos de inversión de la Xunta. Durante el año pasado, a través de tomas de paquetes accionariales y concesión de préstamos, la sociedad controlada por el Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) sumó inversiones por valor de 34,9 millones de euros, que fueron destinados a un total de 22 proyectos. Lo hizo a través de fondos como Emprende (nuevos proyectos) y Adiante (financiación de empresas en crisis), y también de sociedades de capital riesgo como Sodiga, que movilizó recursos por 19,4 millones invertidos en cinco empresas.

El sector público gallego tiene presencia accionarial, entre otros, en proyectos como la textil Caramelo (destinó 5 millones de euros), T-Solar Global (otros 5 millones), Taresa Norte (5,5 millones), IPV (2,75) y Sempre Cinema Produccións (1,5).

Xesgalicia, la matriz de Sodiga, procedió durante el año pasado a desinvertir en 11 proyectos empresariales: Eucalipto de Pontevedra, Vidriera del Atlántico, Arteixo Telecom, Einsa Print Internacional, Sotavento, Movelis Software, Parque Eólico de Malpica, CZ Veterinaria y Molduras de Galicia, entre otros.

Anónimo dijo...

Dixéronme que Victorino Núñez estaba agora no Consello de Admon. de "A Nosa Terra". Sabedes se é certo?.

Anónimo dijo...

Creo que si, que é certo.

Anónimo dijo...

E o señor Apicultor escribe en A Nosa Terra?

Anónimo dijo...

E no hipotético caso de que así fose, tería algunha importancia? Pero xa lle digo que non.

Eu, como o señor MG, só escribo no Niullortaims.

Anónimo dijo...

A clave do nerviosismo de Aymerich explícaa ben José Luis Gómez nun artigo en Xornal.com, do que pego un fragmento:

Como es habitual, todas estas dudas no tienen nada que ver con los intereses de la gente, sino con las expectativas partidarias. Y en este caso, el que convoca tiene en su mano un arma poderosa, al poder elegir el cuándo. No nos engañemos: en el PSOE hay quienes quieren ir a por todas y adelantar al PP, de modo que puedan prescindir del BNG, al menos dentro del Gobierno. En el peor escenario, como ya hicieron una vez en Vigo, pretenden colocar al BNG en la disyuntiva de apoyar al PSOE o al PP, partiendo de que las bases nacionalistas todavía no están preparadas para asumir un acuerdo con un PP hostil con el nacionalismo. En el PP andan hechos un lío con su congreso de Valencia, por lo que estas cosas les caen lejos; en el BNG sufren la presión pero a la vez se sienten fuertes, y en el PSOE temen que su intención de ahogar al BNG se produzca a destiempo, quedándose en fuera de juego. Llama la atención, eso sí, que Touriño no hable de ello con el vicepresidente Quintana.

Anónimo dijo...

Leo este noticia no Pis:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Quintana/abandona/marcha/CIG/Ourense/elpepiautgal/20080502elpgal_12/Tes

Alguén pode explicar que é iso da fundación "San Rosendo"?

Os do BNG prometeron cambios, rexeneración democrática, idea de país. Estou vendo que o único que lles interesa son os votos e dicirlle "si buana" a Touriño. Do partido de Touriño eu xa non esperaba nada. Destes, si.

.................................


Anxo Quintana, vicepresidente de la Xunta, abandonó la manifestación de la CIG en Ourense antes de que su secretario comarcal comarcal, Etelvino Blanco, acabara un discurso en el que arremetió contra la política de contrataciones de la Xunta y las subvenciones de Vicepresidencia a la Fundación San Rosendo. "Todo sigue igual en Ourense", dijo Blanco. Quintana declaró que tendía su mano a los sindicatos para afrontar juntos la recesión económica y que no se puede cambiar en un par de años una situación enquistada, informa Cristina Huete.

Anónimo dijo...

tensión bipartita

Ismael Rego esíxelle a Quintana que "desautorice" a Aymerich

Galicia-hoxe, 03.05.2008

O portavoz parlamentario do PSdeG anóxase co seu homólogo do BNG logo de que este asegurara que o traballo das Consellerías socialistas é "nulo" e incluso "negativo" ·· Os de Touriño acusan o deputado nacionalista de "padecer un trastorno bipolar por exercer de goberno pola mañá e de oposición pola tarde"
REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO
O portavoz parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, instou onte o líder do BNG e vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para que desautorice o portavoz nacionalista na Cámara galega, Carlos Aymerich, ó que acusou de padecer "politicamente un trastorno bipolar", por exercer como "goberno pola mañá e como oposición pola tarde".

Nun comunicado, Rego reproboulle ó seu homólogo do Bloque as súas "deslealdades" por un artigo no que este censuraba a actuación das consellerías socialistas nestes case tres anos de Goberno coaligado e afirmaba que o traballo destas foi nulo e ata negativo. Ante esas acusacións, o portavoz do PSdeG recrimouno por buscar votos "desde o Goberno e tamén desde a oposición".

"Os galegos nin son, nin o portavoz do BNG vai conseguir facelos parvos", advertiu Rego, que se mostrou convencido de que "este estratexia" será castigada polos cidadáns "cada día un pouco máis, como xa veñen facendo".

Por iso, engadiu que o Grupo Socialista "confía" en que Quintana "desautorice este tipo de comportamentos" que, ó seu xuízo, contrastan "fortemente" coa valoración que os galegos realizan do bipartito. Rego insistiu en que o estado de "nervios excesivo" do portavoz nacionalista lévano a este trastorno bipolar, que, remarcou, "se vén producindo desde hai algún tempo, que non ten ningún sentido e ata lle fai un fraco favor ó seu partido ó contradicir o que opinan os galegos", concluíu.

Pola súa banda, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou onte que coincide co "diagnóstico" do artido de Aymerich, aínda que considerou que este escrito demostra que a Xunta "está absolutamente podre".

En roda de prensa, o dirixente popular subliñou que o artigo de Aymerich proba que non existe "ningunha unión" entre as dúas forzas que sustentan o bipartito e pediulles ós socios da Xunta que "respecten os galegos". "Merecen máis que pelexas continuas", manifestou, e engadiu que as afirmacións de Aymerich recoñecen "o que todo o mundo sabe", que "o Goberno non funciona".

En todo caso, sinalou que "non é tolerable" a opinión do portavoz do BNG porque esta formación política "é responsable" da xestión da Xunta, polo que lles esixiu ós nacionalistas "coherencia" e que "actúen en consecuencia". Así, invitou o BNG a que "lle dean a razón" ós populares e apoien as súas iniciativas co obxectivo de "pór freo" ás "nulidades" que denuncian os nacionalistas.

AS FRASES Carlos Aymerich

"O labor do PSOE foi pouco en Sanidade, escaso en Educación, inexistente en Ambiente, nulo en Presidencia, negativo en Traballo, invisible en Economía, pequeno en Pesca"

Ismael Rego:

"Os galegos nin son, nin o portavoz do BNG vai conseguir facelos parvos. A estratexia de Aymerich será castigada polo cidadáns cada día un pouco máis, como xa fan"

Anónimo dijo...

enquisa clima social

Os galegos aproban a Xunta e preocúpanse polo paro e a economía
03.05.2008 O 28,7% da poboación afirma que se hoxe se convocasen eleccións autonómicas votaría o PSdeG, fronte ó 22,2% que apoiaría o PP e o 15,8% que ficaría co Bloque

REDACCIÓN . SANTIAGO

O 28,7% dos galegos asegura que se se convocasen agora eleccións autonómicas votaría ao PSdeG, fronte ao 22,2% que votaría ao PP e o 15,8% que daría o seu apoio ao BNG, segundo o estudo Clima Social de Galicia do primeiro trimestre de ano presentado onte polo secretario xeral de Análise e Proxección da Xunta, o socialista José Manuel Rivera Otero.

"Non quere dicir que o PSOE vaia gañar as próximas eleccións", explicou o alto cargo da Xunta, que recordou en rolda de prensa que estes datos expresan intención directa de voto, non estimación, que poderá realizar cada formación xa que o seu departamento lles enviou o estudo a cada grupo parlamentario.

Respecto do último Clima Social, presentado o mes de outubro pasado, hai un incremento en intención de voto das tres principais formacións politicas, xa que o PPdeG sobe máis de cinco puntos, o PSdeG o fai case na mesma medida e o BNG rexistra un aumento de dous puntos.

Consultado pola influencia no voto dun hipotético adianto electoral, o politólogo considerou que "a día de hoxe non afectaría aos resultados" e concluíu que, a nivel de datos, hai en Galicia "un nivel de estabilidade tal" que "dá igual que as eleccións sexan un mes ou outro".

En canto aos líderes políticos, o presidente da Xunta e secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, segue sendo o máis valorado polos galegos cun nota de 5,7 sobre 10, seguido polo voceiro do BNG e vicepresidente do Executivo, Anxo Quintana, que sobe do aprobado raspado a un 5,23. Continúa pechando ou grupo o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que sobe a súa valoración a 4,45 puntos e tamén aumenta a súa porcentaxe de coñecemento ata o 93,3%, o que "o deixa nunha situación de competición perfectamente definida", segundo Rivera Otero.

O secretario xeral destacou especialmente a "valoración moi, moi, moi alta" que fan os galegos da xestión da Xunta bipartita actual, xa que case un 59% a aproba, cinco puntos máis que hai seis meses, malia que o 48,3% di estar pouco informado sobre as actividades que desenvolve o Goberno autonómico. Así, o Executivo galego é a institución mellor valorada polos galegos, xunto aos concellos, nunha listaxe que pechan as deputacións provinciais, xa que só o 22,8% cre que a súa xestión é boa. En xeral, case a metade dos galegos (46,8%) está satisfeito co funcionamento nos últimos anos da comunidade.

PANORAMA ESTATAL O atentado de ETA non modificou o resultado nos comicios xerais

O atentado que ETA cometeu en Mondragón dous días antes dos comicios xerais do 9 de marzo pasado, e que acabou coa vida do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, non alterou "para nada" o comportamento electoral dos galegos, segundo se extrae da enquisa.

Rivera Otero explicou onte na presentación do estudo que o 96,5 por cento dos galegos asegurou que o atentado non condicionou o seu comportamento nas eleccións, fronte ó residual 1,7 por cento que di que si o fixo.

O alto cargo do Executivo explicou que é unha porcentaxe que "non quere dicir nada" porque entra dentro da marxe de erro e recordou que hai catro anos, cando se produciron os atentados de Madrid o 11-M, enquisas da Universidade de Santiago apuntaron que o 14 por cento dos galegos modificou o seu comportamento electoral por este suceso.

A enquisa, que de xeito específico analizou nesta ocasión variables relacionadas coa celebración das xerais pasadas , tamén revela que o 9,3 por cento dos galegos tomou a decisión de votar a un ou outro partido durante a campaña electoral e outro 4,4 por cento fíxoo nos últimos días ou no último momento. "Un 13 por cento é moi importante", advertiu o secretario xeral de Análise e Proxección da Xunta, que recordou que as eleccións se gañan ou se perden por porcentaxes máis pequenas.

Ademais, o estudo reflicte que máis da metade dos galegos se mostra bastante satisfeito ou moi satisfeito cos resultados das eleccións xerais. O 37 por cento asegura que o seu comportamento electoral non estivo influído pola situación xeral da política española e a súa evolución recente, aínda que o 30 por cento recoñece que lle influíu bastante.
REACCIÓNS O PP ataca a "manipulación" da sondaxe pública

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, recriminoulle onte á Xunta que "malgaste" diñeiro público na Secretaría Xeral de Análise e Proxección posto que, ao seu xuízo, destinar "inxentes" recursos económicos a elaborar estudos de opinión "debidamente manipulados" é "unha fraude á cidadanía".

Así, concretou que este departamento da Xunta contou cun presuposto de sete millóns de euros nos últimos tres anos, cos que, segundo o PP, se "poden crear máis de 2.100 prazas de gardarías".

Sobre os resultados da que denominou "autoenquisa", o dirixente popular felicitou de forma irónica o PSOE por "fabricar un estudo de opinión para que Touriño estea contento". "A ficción da autoenquisa só pretende que Touriño se vaia tranquilo de vacacións nesta ponte", cre.

PREOCUPACIÓNS A maioría opina que a situación económica é mala e vai peor que no 2007

Un 38,4% dos galegos cualifica de mala a actual situación económica de Galicia, fronte ó 21,4% que cre que é boa e o 34,3% que di que non é nin boa nin mala. En todo caso, un 44,2% considera que é peor que hai un ano e outro 36,1% que é igual.

Baseándose nos datos obtidos na enquisa, José Manuel Rivera Otero destacou que "a percepción económica xeral non se corresponde coa que os galegos fan da súa propia economía familiar".

Así, só un de cada cinco galegos cualifica como mala a súa propia situación económica na actualidade, mentres que o 40% a defina como regular e unha porcentaxe similar como boa. En canto ás perspectivas, o 37,3% cre que a situación económica galega será peor dentro dun ano e un de cada catro augura que mellorará.

Outra das cuestións nas que incidiu o secretario xeral é en que os galegos desvinculan a situación económica da política, xa que "ata nun momento de mala percepción económica, a valoración dos partidos é moi semellante ó doutras veces", en enquisas anteriores.

O 31,8% dos galegos ve boa a situación política actual galega, o 24,8% cre que nin é boa nin mala e só un de cada cinco a cualifica de mala. Ademais, máis da metade dos 1.999 enquisados considera que a situación política non cambiou respecto do 2007 e case un 36% augura que será igual dentro de 365 días.

De todos os xeitos, máis do 45% dos galegos recoñece que lle interesa pouco ou nada a política da autonomía, a pesar de que a metade cre que as decisións da Xunta afectan bastante o seu benestar económico e o da súa familia.

En canto ós problemas da sociedade galega, tres de cada dez enquisados cita en primeiro lugar o desemprego, que aparece entre as tres primeiras preocupacións do 42,1% dos galegos. Entre as máis citadas están tamén a cuestión da vivenda, o atraso económico respecto de España e as baixas retribucións salariais.

Anónimo dijo...

POR QUE MARCHOU DA MANI A.QUINTANA (ADEMAIS DAS RAZÓNS PERSOAIS):

La CIG solicita a Quintana que vigile las fundaciones que subvenciona la Xunta
VOTE ESTA NOTICIA



El vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana. / J.regal


MULTIMEDIA
Fotos de la noticia
Los trabajadores de la fundación privada de Valdegodos, en O Barco, denuncian que se resta descanso al personal y se niega el pago de trienios
M.J.A. / OURENSE La central sindical CIG-Saúde de Ourense, ha echado su primer pulso a la Xunta para que controle el funcionamiento de las fundaciones privadas de ayuda a mayores subvencionadas con dinero público y ha emplazado al vicepresidente del gobierno autonómico, Anxo Quintana, para que actúe como mediador y vigile las presuntas irregularidades laborales que se están produciendo en Fundación Valdegodos, en O Barco, que recibe cuantiosas subvenciones públicas.
Se cumple así el anuncio hecho público por Etelvino Blanco, secretario comarcal de la CIG, quien tras la reciente condena a Benigno Moure, sacerdote y presidente de la Fundación de San Rosendo como autor de un delito de apropiación indebida de los bienes de una anciana ingresada en una de sus residencias de mayores, destapó la caja de los truenos y solicitó a la Xunta una auditoría que controle si el dinero que destina a estos centros privados, se emplea de forma adecuada.
En el escrito enviado por los delegados de la CIG de Fundación Valdegodos y entregado en mano a Anxo Quintana, se le advierte de una serie de supuestos incumplimientos que se producen en los centros de esta fundación en Valdeorras, "y que están restando descanso al personal a cambio de pequeñas cantidades de dinero", lo que puede repercutir en la calidad de su trabajo asistencial, la negativa a abonar trienios, o a dialogar con los representantes de los trabajadores.
Según los delegados sindicales de la fundación, la empresa sigue restando descanso al personal y a cambio les ofrece "pequeñas cantidades de dinero que, por una parte son insatisfactorias, y por otra rompen el equilibrio que debe existir entre el trabajo y el necesario descanso, para que los trabajadores estén en una óptima situación psicofísica".
En cuanto a la negativa a abonar los trienios previstos en el convenio colectivo, "está generando un gran malestar lo que malgasta una enorme cantidad de recursos de gestión por parte del empresa y de motivación por parte del personal", afirman.
Por todo ello piden a Quintana que medie para conseguir "un dialogo constructivo que resuelva los conflictos existentes".
faro ourense 3.5.08