Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
Carlos Maside posa fronte a un dos seus autorretratos.
Artista rompedor, a súa figura agarda a creación dunha Fundación co seu legado
MAR MATO / VIGO Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos meirandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. En dúas das principais librerías de Vigo, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: "¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?". Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado galeguista e de esquerdas. Despois, evitou como puido que o "pasearan" para autoobrigarse a case non coller o pincel durante anos. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo. A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, -no Castro-Sada- ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: "A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega". Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo. Vigo e Santiago foron as súas cidades de residencia e de traballo. "A Maside, encantáballe Vigo. De abril a setembro, vivía na cidade. De outubro a abril, marchaba para Santiago", relata Xulio Maside (Vigo, 1933). Unha mentira piadosa O sobriño do pintor lembra como Maside comezou a vivir na cidade olívica a raíz de gañar unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos. A pesar da mentira, quedou sen praza. "A postguerra foi complicada e pasouno moi mal", reflexiona o seu sobriño que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo. Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grasse, Ricardo García, Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez. Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. "Eu sempre estaba ao seu carón porque eu quería ser pintor", rememora desde a súa vivenda de Gondomar. "Fun alumno seu cando estudaba Medicina en Santiago nos anos 1955 e 1956. No seu estudo de Santiago, lembro, tiña un autorretrato que retocaba todos os días. Nunca estaba satisfeito, cousa que lle honraba. Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. (...) Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto", defende Darío Álvarez. Este último lembra como Maside, "a pesar de ser manso, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres... Todo o mundo quedaba abraiado". Lonxe da bohemia Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. De feito, un día o pai de Darío sendo este ben pequeno "atopouno no balcón do seu piso en Vigo (fronte á Casa de Arines na Pedra) cun coma hipoglucénico a causa da diabete". Alí, naquela casa, de catro a seis da tarde no seus últimos anos de residencia en Vigo, Carlos Maside pasaba ese tempo a falar con María do Carme Kruckenberg. A poeta viguesa relata como "un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago".
LA RUPTURA DE GABO Y VARGAS LLOSA, SEGÚN BAYLY
-
Gabriel García Márquez y Mario Vargas Llosa pasaron de una amistad infinita
a una enemistad que les llevó a la indiferencia, al silencio y no sabemos
si ...
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
1 comentario:
Carlos Maside, 50 anos en ausencia
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008061000_8_232609__SociedadyCultura-Carlos-Maside-anos-ausencia
Carlos Maside posa fronte a un dos seus autorretratos.
Artista rompedor, a súa figura agarda a creación dunha Fundación co seu legado
MAR MATO / VIGO Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos meirandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. En dúas das principais librerías de Vigo, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: "¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?".
Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado galeguista e de esquerdas. Despois, evitou como puido que o "pasearan" para autoobrigarse a case non coller o pincel durante anos. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo.
A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, -no Castro-Sada- ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: "A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega". Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo.
Vigo e Santiago foron as súas cidades de residencia e de traballo. "A Maside, encantáballe Vigo. De abril a setembro, vivía na cidade. De outubro a abril, marchaba para Santiago", relata Xulio Maside (Vigo, 1933).
Unha mentira piadosa
O sobriño do pintor lembra como Maside comezou a vivir na cidade olívica a raíz de gañar unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos.
A pesar da mentira, quedou sen praza. "A postguerra foi complicada e pasouno moi mal", reflexiona o seu sobriño que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo.
Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grasse, Ricardo García, Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez. Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. "Eu sempre estaba ao seu carón porque eu quería ser pintor", rememora desde a súa vivenda de Gondomar. "Fun alumno seu cando estudaba Medicina en Santiago nos anos 1955 e 1956. No seu estudo de Santiago, lembro, tiña un autorretrato que retocaba todos os días. Nunca estaba satisfeito, cousa que lle honraba. Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. (...) Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto", defende Darío Álvarez.
Este último lembra como Maside, "a pesar de ser manso, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres... Todo o mundo quedaba abraiado".
Lonxe da bohemia
Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. De feito, un día o pai de Darío sendo este ben pequeno "atopouno no balcón do seu piso en Vigo (fronte á Casa de Arines na Pedra) cun coma hipoglucénico a causa da diabete". Alí, naquela casa, de catro a seis da tarde no seus últimos anos de residencia en Vigo, Carlos Maside pasaba ese tempo a falar con María do Carme Kruckenberg. A poeta viguesa relata como "un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago".
Publicar un comentario