Autocrítica (A Nosa Terra, 5 xuño)
Leo nos xornais que Vicente Álvarez Areces estivo en Compostela para recoller unha orla honorífica de cando estudou na nosa Universidade nos 60, algo que non puido facer no seu día porque entón estaba no cárcere. O suceso lémbrame unha faísca da miña biografía. Cheguei a Compostela no 75 e pertencín á Xeración ERGA, segundo axeitada definición de Pepe Miranda: da mesma quinta que o escritor Bieito Iglesias e o historiador Bieito Alonso “Roi”, bos amigos. E lembrei que, asolagados no compromiso político, a miña promoción non fixo a famosa orla. Ou cando menos non estamos na mesma os progres do curso, que aínda eramos uns cantos. Aprendín moitas cousas naqueles anos, algunhas nas clases dos bos profesores, que tamen había: poñamos nomes como Ramón Villares, Xosé R. Barreiro ou Pegerto Saavedra. Da maioría dos riscos daquela andaina non me arrepinto: aínda máis, algúns dos acenos de coherencia mesmo privada da miña biografía proceden das ideas sementadas naquela hora, como o non someter ó imperio da Igrexa un contrato de convivencia coa persoa que queres. Pero, por unha vez, quero facer autocrítica, que dicíamos en linguaxe de célula clandestina. Refírome á orla: hoxe estou convencido de que o negarse a facela, que xustificamos entón como unha gran batalla contra os convencionalismos clasistas e pequenoburgueses, foi un erro. Non me desgustaría contrastar a miña cara de pasmón coa dos compañeiros daquela aventura. Hoxe facemos nos Institutos unhas cerimonias, cada vez máis solemnes e dignas, de despedida dos alumnos e alumnas do Bacharelato. E fan a súa orla. Por certo, teño que preparar o discurso dos profesores. Menos mal que os nosos alumnos, para estas cousas, son un pouco menos progres que os da vella garda.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
4 comentarios:
Puiden comprobar o outro día palinodias semellantes á súa, amigo Valcárcel, por progres de toda a vida, rexeitadores por proianquis de tales efemérides, encantados co entusiasmo e coa felicidade que se pode ver nestes actos. Eu admito tamén algunha prevención inicial ao respecto: agora son un completo converso. O día 13 alá vou. E xa van dúas este ano.
A xente de ERGA pretendía loitar contra os convencionalismos clasistas e pequenoburgueses, aínda que era(mos)pequenoburgueses/as e, polo tanto, tiñan/tiñamos todas as súas incoherencias desa pequenaburguesía. É certo tamén que había de todo.
Houbo xente de ERGA, fóra de Xeografía e Historia, que tampouco quixo saír na orla (en Económicas, Pedagoxía...). Outra sí. Para gustos están as cores.
Pero se hai 28 anos non estiveches naquela orla, é cousa de organizar un (re)encontro daquela promoción e... xa temos orla!
Pois eu non me arrepinto de non ter feito orla. A min, francamente, tráeme sen coidado.
¿E logo unicamente a pequeno burguesía ten incoherencias? ¿E dos obreiros, dos labregos, ou da patronal, que nos di? Por non falar dos siareiros do Atleti.
Publicar un comentario