Eurodeputados galegos e inmigrantes, de X.M. Sarille (ECG 24 xuño)
O goberno de Zapatero acaba de activar un novo mecanismo de simpatía, liderando nos foros internacionais a abolición da pena de morte. É gratis. Como gratis e resultón foi tamén no anterior mandato legalizar os matrimonios homosexuais e aprobar a lei contra a violencia de xénero. Estas iniciativas non impedían que ao mesmo tempo os constructores obtivesen beneficios sen límites, e que a banca gañase como nunca, sen a penas contribuír ás arcas públicas, polo menos en proporción ao diñeiro que obtiñan.
Dirán algúns de vostedes que mellor iso que nada, e que Felipe González resultaba aínda máis frustrante para as ansias progresistas. Seguramente teñan razón, pero namentres o PSOE contenta así á parroquia máis moderna, España aumenta a exportación de armas a todo tipo de países, inclusive aos menos recomendábeis, sen que a man esquerda, nunca mellor dito, queira saber o que fai a man dereita. Convén lembrar que as bombas e as metralladoras valen para matarse; fóra do patíbulo, iso si.
Non hai que magnificar o progresismo máis alá do caramelo abolicionista. A directiva de retorno dos inmigrantes foi aprobada o outro día polo Parlamento Europeo co apoio imprescindíbel do PSOE. Chámanlle a Directiva da vergoña, porque permite manter detidas ás persoas durante dezaoito meses sen culpa ningunha e sen intervención xudicial.
Europa creou con esta norma unha categoría inferior de seres humanos, mais iso non lle impedirá ao goberno español seguir vendendo progresismo a nivel mundial. Son cousas da xente guapa, máis preocupada polo peche dalgunha emisora no terceiro mundo e polo velo das mulleres que pola falta de trigo e arroz para os seus fillos.
Dezaseis eurodeputados socialistas españois apoiaron a regulamentación, entre eles Rosa Miguélez e Antolín Sánchez Presedo, os dous de Galiza. Conta a lenda que un vello país de emigrantes sempre se portará mellor cos que agora chegan, porque conserva a memoria da dor. Todo iso é puro verso, que din os arxentinos. Aquí o que hai é moito coidado para non contrariar aos xefes. Por certo, votaron en contra dous cataláns, a pesar de seren dunha etnia avara, como se sabe.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
136 comentarios:
A este respecto, non deixen de ler tampouco o comentario que fai o blog Depaso (na columniña da dereita).
Contención, por favor. Un cúmulo de insultos e ameazas non achega nada ó debate...
ten razón Valcárcel: un debate sereno sobre o verdadeiro nome de Galicia/Galiza é a clave que nos levará a un país próspero e con maior autogoberno
virán por todos, ao final
Naturalmente, o anterior Apicultor é un impostor. Non son eu.
O individuo que quixo suplantarme transgrediu unha norma norma ética tácita de todos os blogs: non usar os nicks dos demais. Con esta reprobable actitude retrátase na súa torpeza e inquina.
Pídolle, polo tanto, a Valcárcel que suprima esa mensaxe, así como a que vén a continuación, pois responde a alguén que non son eu (por outra banda, non me estrañaría nada que ambas fosen do mesmo individuo).
Dixen que ía estar ausente quince días e vouno manter. Así que déixenme en paz... de momento.
Moitas grazas, Marcos. Xa acabo de ver noutra entrada que hoxe tocou invasión dos ladróns de corpos. Deben ser efectos non desexados da resaca da noite de San Xoán.
Que teñan un bo día.
Ben por Sarille.
Por certo, a emigración galega non parou nin ten visos de parar.
ms
Totalmente de acordo con Sarille. Eu engadiría, ademais, que a miña oposición á pena de morte non é por cuestión de principios. Non comparto a idea "humanista" (máxica palabra cuia mera pronunciación serve para autoidentificar narcisisticamente ao pronunciante e para tildar implicitamente de inhumano a quen non estea de acordo), non comparto, dicía, a idea de que unha vida teña o mesmo valor que calquera outra. A vida da maioría da xente non ten o mesmo valor que a dun asesino abusador infantil ou violador en serie que non padeza unha enfermidade mental. A miña oposición á pena de morte non é, polo tanto, "ética", senón instrumental. Quero dicir: paréceme que a non existencia da pena de morte suaviza e lubrifica a vida social en maior grado que a súa existencia. Tanto máis canto onde máis abonda é en países dictatoriais e despóticos. Pero négome a moralizar o que non debe pasar de ser unha cuestión xurídica. A pena de morte, debe ser cuestión do dereito, non da moral.
Supoño que o sr. Sarille non dirá isto en serio:
"Por certo, votaron en contra dous cataláns, a pesar de seren dunha etnia avara, como se sabe"
Apicultora/o:
Arxides sí son eu, o outro non sei quen é, se efectivamente alguén está empregando o seu nick, non teño máis que pedirlle disculpas, de todolos xeitos soséguese, que a/o noto moi tensa/o. Aquí xa todos lle saben que vostede nunca deixou de estar, e eu tampouco. Se vostede non censura e escrebe argumentos non ha problema, que éste é un foro de debate e de coñecemento, ora ben, se se autoidentifica e pide pena capital para os disidentes, entón xa será outra cousa, seguiremos informando con prontitude de cadasúa actividade. Sexa vostede profesional, que gaña un bon soldo, e son poucos os elexidos.
Unha aperta reconciliatoria.
Hay que escuchar los análisis económicos de Don Roberto Centeno en la Cadena Cope para saber cómo está la economía española.......
Esterei ausente en corpo pero a miña a alma estará vixiante. Non pasarei unha.
Un administrador del blog ha eliminado esta entrada.
Señor/a Arxides:
Debería saber que estou ausente de palabra até este venres, pero non de vista. Así que, por favor, non me faga falar, non me faga dicirlle que é de moi mal gusto achacarme que pido a "pena capital para os disidentes". A pena de morte paréceme algo moi serio como para frivolizar con ela.
Polo demais, chego de estar de palique ao frescor olívico con dous bos amigos meus e desta casa, estou algo canso de conducir e voume preparar un bocata.
Que teñan unha boa noite.
P.S.: Naturalmente, o que asina Apic, tentando inutilmente facerse pasar por min, non son eu.
E logo a que se debe que o Apicultor so lea e non escriba, está cun programa de desentoxicación?
Arxides, noble amigo, eu sonlle un bispo cucha e algho lareto. Como fai bastante tempo que non cae por o meu confesionario agradeceríalle que me desvelase en que noticia e en que data ofrecía vostede información sobre un/unha personaxe deste blog/debate.
Asdo: Lobo ceibe. ¡¿terror popular!?.
Arxides dio ben, o Apicultor é un martelo de herexes, de díscolos, terror dos disidentes, pánico dos inocentes. O Apicultor manexa con rigor o tridente, crava fondo o dente e sen asomo de piedade festexa as súas heroicidades cuspindo ao ceo, soberbio, meneando o rabo e facendo xestos de xentil-home de suave dicir que cuspe polo baixo as peores blasfemias. O Apicultor é o Demo.
¡Me cagho na cona moura!.
O apicultor é o demo?!!!.
O maligno é advogada?. SE mal non entendo.
FARO DE VIGO, 25/6/2008
El nuevo obispo de Lugo presidió los actos religiosos y bendijo a una joven con perturbaciones mentales que sufrió espasmos y contracciones en la procesión
Á. G. / LALÍN Situado en la parroquia de Santa Eulalia de Losón (Lalín), en la orilla del río Deza, el santuario de Nosa Señora do Corpiño se convierte cada 23 y 24 de junio en la tumba del espíritu maligno. El sinuoso camino hacia el templo advierte al peregrino que se encuentra en un lugar singular. Tenderetes con música pirata, ropa de mercadillo y, por supuesto, carpas donde degustar el inevitable menú compuesto por pulpo á feira y churrasco dan la bienvenida a la romería donde se dan cita, entre otros, todos aquellos con la paz espiritual o corporal perturbadas en busca del consuelo de una Virgen que estrenó manto, por lo que no se permitió al gentío colgarle billetes.
La misa solemne de las doce de la mañana es el momento culminante de una tradición que se remonta al siglo XII, cuando unos pastores observaron un resplandor en la vegetación y, acercándose, reconocieron a la madre de Jesús con su hijo, y un ramo de flores. Años más tarde, la creencia popular atribuyó a la Virgen poderes sobrenaturales sobre locos y enfermos. Ayer, la procesión que siguió a la celebración religiosa presidida por Alfonso Carrasco, obispo de Lugo, contó con una de esas escenas de histeria colectiva que tanta fama han dado a esta festividad. Una joven con evidentes trastornos mentales protagonizó el instante más tenso del recorrido de la imagen por los alrededores del templo. Tras pasar por debajo del anda de la Virgen ayudada por varios familiares, la chica recibió la bendición del prelado, que lucía la mitra y el báculo propios de su rango, entre espasmos y contracciones. Varios peregrinos presenciaron el incidente, que se resolvió con la repetición del ritual.
Márketing
La vertiente publicitaria de la romería de Nosa Señora do Meigallo (como algunos llaman a la advocación) no escapa a nadie, y menos a los anunciantes. Son varios los puestos donde se ponen a la venta exvotos de cera en el entorno del templo. Sin embargo, la tienda "oficial" del santuario es la que se lleva la palma en cuanto al márketing desplegado. Andaluces y catalanes se afanaban en la mañana de ayer por hacerse con un recuerdo que llevarse a su tierra del paso por el santuario dezano. La fachada del establecimiento comercial lucía sendos anuncios del museo etnográfico Casa do Patrón, en Doade, y de la próxima excursión organizada por el párroco de Vila de Cruces, que este año recalará en Barcelona y Zaragoza, entre otros puntos de la Península Ibérica.
Poco antes de las tres de la tarde, la Virgen regresaba a su templo escoltada por cientos de acólitos en una comitiva que cerraba la Nova Banda de Vilatuxe. En los exteriores del santuario, una niña con rasgos orientales contemplaba lo sucedido mientras exigía a su rubia madre algo de comida y bebida. Cerca de allí, Manuel, un leonés con residencia en la comarca dezana no ocultaba su decepción ante lo visto en presencia de su esposa: "Pensábamos que sería otra cosa", sentenció. Sin embargo, para José e Isolina, venidos desde Corme, el día fue de lo más completo porque "botamos o meigallo fora, e imos comer pulpo", decían entre risas.
Fé de erratas.
Onde dí: "pide pena capital para os disidentes" debe dicir: "pide a desaparición dos disidentes". Metáfora mal empregada segundo criterio dos vixiantes semánticos déste blog. Mea culpa.
Evidentemente o que asina Apic. non é apicultora/o, xa nos decatamos, esa forma de ameazarnos non é propia désta casa, entre intelectuais faise máis sublime e sen tanta precipitación. Non dubido que saberá aceptalas miñas disculpas e correccións oportunas.
G.que espera alcanzar de VD.M.A.
Fredulfo, amicum obispum:
Perdóeme o meu analfabetismo informático, pero a derradeira vez que tentei por no camiño da súa pregunta a un tal Lobo Neghro, fun vilmente mutilado, qué digo mutilado?, disculpen as miñas metáforas; quería decir suprimido por un administrador déste blog. Confío en que vostede, que goza de indulxencia divina e doutras cousas, supoño, para non se aburrir, terá da súa conta a alghén que o saiba por sobre a pista. Un amigo meu que é jacker, pidiume a data aproximada da intervención e atopouno aló polo mes de maio nun post calquera.
Supón para min un inmenso pracer ser leido por tamaña presencia do celestial in terrae nostrum. Comigo non se ha aburrir, pero, sobre todo, quédalle un inxente traballo.
Este/a Arxides é un pouco torpe/a, non? Sempre a desculparse por meter a zoca. De onde vén sendo se se pode saber?
Arxides, aquí non hai intelectuais, nin moito menos, hai algúns como o Apicultor que lle gustaría pero é un simples burocratín académico sen pensamento proprio, o mesmo que Marcos Valcarcel. Por eso o único que saben facer cos da xeración Nós é remedalos sen entendelos nin participar do seu espírito, Monaguillos eso é o que son, monaguillos celosos da súa parrroquia de comenencias por eso reparten croios aos das outras parroquias que se lle aveciñan. En canto cheiran que un doutro blog aparece por aquí comezan a censurar e a incomodar, a apartar. pobres paletiños!
E logo que lle fixeron, Anónimo, para estar tan amolado?
Qe me fixeron, non!, que fixeron!.
Dende hai tempo utilizan todas as súas influencias para ningunear outros blogs que parece que deixaron de existir. Outros blogs, serios e con altura que deixaron de ser citados para instalarse este no lugar de todos. Unha mágoa porque reduce a pluralidade.
Perdoen, pero nestes últimos tempos teño o sentido da ironía un pouco transtornado.
Supoño que a última mensaxe deste anónimo (4,52)será de coña: nunca puiden imaxinar que me acusasen de quitarlle parroquia a outros blogs. A acusación é inaudita no catálogo de agravios padecido: antes dicían que todo era froito da conspiración xudeo-masónica, agora isto... Insisto...seguro que é de coña.
Anónima/o da 1:34 non se me disfrace. O dos outros anónimos non-o podo compartir, eu non veño de ningún outro blog, non creo en conspiracións nin nada parecido, ainda que teño cambios de impresións bruscos co anónima/o apicultora/o, salvo algunha mutilación (perdón, supresión) polo administrador do blog, como xa poden ver, pola torpeza nas metáforas primordialmente, pois outra cousa non podo falar, porque faltaría á verdade.
Marcos, con toda seriedade: coña é en efecto palabra adecuada. Non sei se para definir a intención de comunicantes, pero si desde logo para desexarlle a un administrador de blog; ante todo, mucha coña. Se non, o exercicio da tolerancia no oceano da variedade, paranoia, plasticidade e ocorrencia que amosa diariamente a rede igual non era moi compatible co mínimo acougo.
Haxa, logo, bo serán. E a ver se un día destes dou parado máis.
Tradutor saavedriano !!!
Acuda axiña, xa !!!!!!
É certo. A enorme influencia e o gran poder da secta solainesca permítelles manexar ao seu antollo todo os fíos de todos os blogs da rede, de desposuílos, de chucharlles a súa forza até deixalos esmirriados, débiles, na pura inanición. Velaí a crúa e dura realidade. E o peor de todo é que son imparables os da secta solainesca, veñen, chegan e vencen sempre. Ou perecer ou integrarse coa cabeza gacha: non hai outra solución, señores.
Pero quen forma parte da secta, o núcleo duro, acaso?
Marcos Valcarcel
Xoan da Cova
Arume dos Piñeiros
Apicultor
Medela
Leituga e XM González na periferia
Nin son tantos nin para tanto.
Nin están todos os que son, nen son todos os que están.
Faro iluminador, aclárenos, díganos que sobra e quen falta, agradesido.
Non home, non. Eu non estóu no núcleo duro de nada. Eu veño a ler, aprender e divertirme.
Supoño que o único núcleo duro serei eu, que son o que conduzo e teño acceso ás claves do blog (mesmo para borrar insultos e babecadas). O resto dos que cita son amigos que se asoman libremente a esta fiestra e opinan: a todos eles lles teño gran estima porque sempre din cousas interesantes e dedican con xenerosidade unha parte do seu tempo a este gran faladoiro colectivo.
Noooooooooooooooooooooon!
Non apague nada, don Marcos, suplícollo!!!!!!!!!!!!!!!
Nunca tal piropo me botaron na vida!
Sempre quixen ser do Soviet Supremo de Kampuchea!!!!!!!
Ese anónimo é un GOD ben cachondo!
P.D. Pasoume a depre...
jajajajajajajajajajajajaja
Se chegamos a ser o estado maior de Viriato, ou Vercingetorix, agora estariamos a falar celta, e en Ourense faltaría a ponte romana...
Non vos chamedes a engano, que é o peor que podedes facer: negar a realidade. Son poucos pero moi poderosos. Os seus tentáculos chegan até ZP, de Touciño non digamos, e sei de boa tinta que algún deles ten moito que ver coa RAE e outros tamén coa RAG, ademais de moito peso nas editoriais como asesores e ditaminadores do que se publica, e nos premios literarios non che conto xa. Tamén Queen lles fai caso pola conta que lle ten. Moven os seus fíos na escuridade, ocupan posicións moi destacadas na universidade e en todo tipo de institucións. Son un verdadeiro sottogoberno que todo o manipula dende a sombra. Aquí queren dar unha imaxe amable, pero non nos enganemos, cada un ocupa un rol previamente adxudicado coa función de impedir que creza a herva, moura ou non. Algún é muller, outro un novelista famosísimo apoiado polo Plis. O seu poder é cada vez máis grande, nada se pincha nin corta no país sen o seu place. Ademais dos citados, que teñen diferentes graos na xerarquia, faltoulles por citar a Jim Morrison, un dos seus ideólogos. Ou porque credes que XM González lles fai a rosca a pesar de ser nacionalista? Porque quere formar parte do selecto club e gozar das súas prebendas e influencias. Manexan directa ou indirectamente moito miles de euros, son quen de conseguir premios literarios ou bolsas de investigación, etc., etc. Sei quen son, téñoos bastante cachados despois de estudalos durante bastante tempo. Incluso teño xa algúns nomess reais dalgúns deles, outros aínda non os teño localizados, pero cairán.
Pido outra entrada que complete ou desenvolva a anterior, que acabo de lela e estouno pasando bomba.
Desculpen que siga en boxes, que hoxe falo no Museo ás oito (revista oral O Pazo das Musas), e é que a rosca vai dando rosquiños. Se algún lector ou contertulio lugués prefire letras a fútbol, xa sabe.
Dentro dun pedazo vou entrar outra vez, a ver se me dan outra alegría.
Sr. Anónimo, se Vde. é o autor do texto das 03:53, doulle as grazas.
Ouviu, como membro de pleno dereito (sen carteira) nesta subsección da Trilateral Ultracapitalista Masónica, gustaría de convidalo á miña casa de Allariz, ou Lobeira, para que me conte quen veñen sendo os meus compinches... Porque só lle coñezo don Marcos, co que, de resto, só falei, e pouco, dúas ou tres veces na miña vida.
Ah, non lle son 'nacionalista'
Sonlle 'nacional' de Galiza. Quero verme cos meus propios ollos, non cos de María Escario, coa que compartillo (por en canto) cidadanía, non nacionalidade. Idem para eses que andan por Austria/Suíza con fato de toureiro, tricornios e bandeiras co 'torito'.
Tanto me ten a ideoloxía do resto, non creo que haxa nazi-falanxista nin estalinista ningún, barreiras infranqueables para min. Alén diso, sempre dixen no foro o que me deu a gana, cousa que é de agradecer.
Suplícolle que non esqueza que está convidado á miña casa.
Grazas pola información e ata cando o señor quixer.
P.D.: En Lobeira, pregunte polo neto de Concha Medela. En Allariz, polo home da filla do Terrís.
E... Poderase preguntar en algures só por vostede meu rei ?
jajajajajajajajajajajajajaja
E que os galegos non somos, señor.
VIMOS sendo, amigo, que ben sabe que non lle é o mesmo...
Para cando cortamos o xamón??
Presentáronme unhas garrafas de viño que promete ser bo, do Rosal. Suaviño, para comezar. Despois atacamos o Ribera de Duero, tamén presente dun amigo.
Gústanlle os lagostinos, 'jefe'?
A miña muller fainos 'de muerte'.
Podemos enviar a súa muller a máis a miña as glamurosas tendas Outlet, en canto falamos...
Non pregunte SÓ por min. Sabe que preguntar por unha persoa, polo seu nome e apelidos, só o fai a Benemérita (e non sempre), a Xustiza e a Axencia Tributaria.
Reflicta sobre iso, señor.
jeje
Podo iluminar pero cobro, e non pouco, máis agora faltando catro días para que as eléctricas suban as tarifas !!!!!
A ideoloxía para eles é unha simple tapadeira dos seus intereses económicos, de poder e de prestixio. Xogan a ser máis ou menos galeguistas/nacionalistas ou socialistas/non socialistas para dar a sensación de tolerantes e abertos. Pero non, son falsos e taimados, manipúlano todo ao seu antollo, son unha secta si, da súa comenencia. Teño máis datos, moitos deles escandalosos, pero non os vou soltar de momento. Quitan moita pasta entre conferencias, libros e asesorías, sobre todo destas en fundacións, en especial da banca, que é a que ten máis cartos. Non me estraña que o que se fai chamar Medela teña unha casa de campo, é un dos recén sumados ao grupo pero xa quitou o seu pico, e que o XM González vaia dar unha conferencia ben pagada. A maioría colabora nos medios de comunicación influíndo e aletargando a opinión pública. Podedes pensar que esaxero, pero non vos enganedes, estade atendos a algúns dos cargos futuros da Cidade da Cultura e xan veredes, pasta gansa a repartir. Sei que algúns deles van ir en postos destacados nas listas do PSOE e do BNG, e un na do PP. Son incombustibles e poderosos, a súa palabra pode botar por terra a carreira literaria ou académica de calquera, fanlle o baleiro, expúlsano da realidade que eles manexan como sectarios. Tiveron que ver cos recentes Premios Nacionais e sei que vetaron nomes problemáticos, Ferrín é a coartada porque está domesticado. Asombraría aber os seus nomes, cáseque todos coñecidísimos, son sete ou oito con diversos graos de xerarquía, xa o dixen. Non todos escriben no blog a cotío, non, iso téñeno repartido cos roles ben definidos. Marcos Valcárcel non é o que máis manda, anque manda bastante, senón o que dá a cara co blog, pero sei que os correos electrónicos seus botan fume todos os días a varias bandas para programar os movementos diarios en todos os frentes posibles. A proba disto é como saen agora todos á palestra para disimular, pero é inútil, están descobertos, cando se saiba quen son isto vai ser a hostia en verso. Non digo que vaian ir ao cárcere, pero saberase o taimados que son. Xa vai sendo hora.
Unha casa de campo???
Non, señor. Equivócase.
DÚAS, alén doutras propiedades.
E de tolerante e aberto, nada.
De ideas fixas.
Fascinante. E proteico. Vamos pola tres.
Para concluir o informe de hoxe, drei que o núcleo duro son eses sete ou oito, a maioría dos seus nomes xa teñen saído no blog, algún máis está a saír. Despois teñen un círculo de corifeos de segundo nivel, como o tal Medela, pero está facendo moitos méritos. Serán outros nove ou dez, estes son máis difíciles de controlar hoxe por hoxe. Hai tamén un editor no núcleo duro, faltaría máis, e un pope cultureta. Non digo máis.
Despois de ler ao anónimo que nos quere (ha!) tomar o pelo, recordei aquela canción de "Parálisis Permenente":
Ellos son desconcertantes
dicen que estan mal.
Seres crudos, mal cocidos,
que nacieron mal.
Hay que echar encima un velo
para no apestar.
Ellos deben ocultarse
para no espantar.
Mil serpientes llevan dentro
y una vábora letal,
que a la mánima ocasión
puede despertar.
Pero ellos tienen el mundo
metido en un puá±o.
Ellos han nacido
para dominar.
Nacidos, nacidos, nacidos para dominar
Nacidos, nacidos, nacidos para dominar...
Nacidos, nacidos, nacidos para dominar
Nacidos, nacidos, nacidos para triunfar
O Apicultor segundo se rumorea é un profesor fracasado na política que acumula tal veleño que se o aplicase todo dunha vez estiraría a pata todo o pais.
vaia vaia vaia
A min todo isto que está dicindo o Anónimo paréceme cousa moi seria. Espero que o señor Marcos ou calquer outro do "núcleo duro" saia a dar unha explicación convincente de que o que afirma o Anónimo é mentira. Se non é así, seremos moitos os que nos sentiremos humillados e defraudados, porque desde o primeiro momento nos sumamos ao proxecto deste blog como cousa ou casa nosa. Eu tiña toda a confianza depositada na xente que mantén este blog día a día, contra vento e marea. Agora mesmo, xa non sei que pensar de XM González, Arume dos Piñeiros, Medela e outros, aos que lles tiña gran simpatía. Que xogo é este no que andan metidos, segundo o Anónimo confesa e reitera? A min gustaríame que o señor Marcos ou calquera dos tres que citei me aclararan que é o que está pasando aquí e me fixeran baixar polo meu propio pé do nubarrón de dúbidas que o Anónimo inzou en min. Aclarándome, convencéndome, persuadíndome con dados e argumentos que o Anónimo é un farsante e que a "trama" que denuncia non é certa. A verdade é que estou moi decepcionado. Non me esperaba isto de vostedes. Saavedra, Arume, Medela, é certo o que di o Anónimo? Tranquilizaime dicíndome que non, porque como sexa certo, só me queda preguntarvos: Como caístes tan baixo?
P.D. Vou entregarme á bebida para afogar as penas que o Anónimo inzou en min. Non sei por canto tempo vos concederei a presunción de inocencia. Mentres dure a borracheira: inculpados por alta traición. Cando mne pase e me encontre aquí cunha explicación argumentalmente convincentísima, pode que comece a perdoarvos.
P.D. da P.D. E se o que di o Anónimo é "apicultoramente", quero dicir, empíricamente, irrebatible?
Segundo tamén se rumorea pupulan polo blog individuos fracasados da vida, escritores frustrados, ancianitas de la caridad, membros de ONGs, profesores interinos, inútiles que nunca fixeron nada, licenciados que non chegaron a profesores, nada que chegaron a nada, interventores bancarios, conductores de autobuses, xornalistas explotados, frades exclaustrados, reis que non puideron reinar, todos eles fracasados na política (do CDS, do PSG-EG, do PHumanista, de CG, de UPG, de PGP, de FPG, de EU, etc.) e que teñen tanto veleno acumulado que se o aplicasen todo dunha vez non estiraría a pata todo o país porque está caducado e xa non ten efecto letal.
E tamén hai un filósofo de taberna que nunca escribiu nada. En fin, unha panda do carallo.
Para min xa está claro: o que cala, outorga.
Anónimo, e agora déixeos disfrutar e vibrar co xogo da selección nacional, que logo teñen que chamar a Zapatero para felicitalo polo triunfo.
Moito nacionalismo galego e moita hostia, pero cando xoga a selección "nacional" veña a correr cara o televexo e a celebrar vergonzosamente o triunfo ou a chorar a derrota. Españoles todos, bah!
Eu tampouco estóu vendo o partido, Anónimo. Vótolle unha de xedrez,veña. Escollo blancas, que pra eso o tabuleiro é meu:
P4R (e2-e4, si prefire..)
Socrates non escibiu nunca nada, a pesares de que aquel arxentino, Menen, dixera que tiña un libro seu de cabeceira.
Este anónimo que se lamenta e o mesmo que ante acusa, e sabe moito a...
O Xesucristo tamén non escribíu nada, pero tivo unhos guionistas moi bós.
Señor Da Cova, eu cos do "núcleo duro" (e vostede é un deles, segundo o Anónimo que os ten cachadísimos) non me atrevo a xogar ao xadrez nin a nada. Saben moito de "tramas" e moven moi ben as fichas. Comigo non conte.
jajajajajjajaja temos un Socrates entre nós e nós sen enterarnos jajajajajajaja
Estes eficientísimos e multisapientes anónimos deben de ser os mesmos que hai dous anos desvelaron o meu complot con Orozco para a sabotaxe e desmantelación do Sistema Literario Galego (de aquí en diante, SLG). Con sorte, a poderosa rede de contraespionaxe de Marcos Valcárcel dará cobertura e protección aos nosos superaxentes do núcleo duro antes de seren descubertos.
Con Orozco? Que insulto, non? Se aínda fose con alguén máis relevante...
Mañá non penso ler un puto periódico. Que asco de españolada españoleira! Cago no café OLÉ.
E por certo: sorte para os desenmascaradores enmascarados. Desexo que alcontren engordiño e dereitiño o camiño máis recto de Conxo ou similares
!Vaia partidazo de España!
Si ho. Fago a miña declaración contra o fútbol de seleccións e van e xogan todos de carallo. E por riba, vai o "combinado nacional" e fai o partido do século. Hai que estar calado.
Claro que os mellores foron Xavi e Iniesta. E Puyol na defensa. O Silva, que seica vai para o Barça, tamén xogou que nin diola.
Non se prive e siga falando home, sobre todo antes do partido coa Alemaña !!!!!!!
Para o sr. Anónimo das 06:45:
Xa me cheiraba a min a can todo isto.
Cando me enviou un editor, por e-mail, un aviso para combinarmos un encontro e falar... Agora ben sei o que pasou. Alguén dos espectrais membros de K.A.O.S. (Nome real das Uvas da Solaina) teceu a sutil e efectiva rede da conspiración.
Está no certo, sr. Anónimo.
Mais... Síntome un pouco como Lee Harvey Oswald, que se ben facía parte dunha conspiración, nunca chegou a ter a oportunidade de saber quen viñan sendo os demais carbonarios.
Ou, antes, el era o único membro da conspiración, que se montou despois de el morrer...
Ben, ou fago parte dunha conspiración, sabéndoo ou non, ou son o único conspirador, crendo ou non que fago parte doutra conspiración maior, ou penso que... Vou sentar no carísimo sofá de coiro ao pé da miña muller para vermos a Jennifer Love-Hewitt, preciosidade celta-indoeuropea-californiana a ver a Santa Compaña a toda a hora: Coa súa arquetípica cariña delgada, con pómulos sobresaíntes e rostro caucásico-caucasiano alongado e cabelo moreno.
Ufffffffffffffffffffffffffffffffff
O señor anónimo que desvendou todo o tema este da conspiración... Non será parente de Jack Ruby??? Primo talvez de Jimmy Hoffa (armadanzas number one da conspiración á carta)?????????
Teño o Ego polas nubes; espero noticias sobre a rede conspirativa Gladio (subsección Auria) e encontro de menos os señores Apicultor e Leituga One, os meus espectrais mentores na oposición a axente supersecreto.-
P.D. Comprendo a Oswald cando estaba de fusil na man á espera de Kennedy. Abofé que si.
A SEÑORITA LOVE HEWITT Á ESPERA DA SANTA COMPAÑA
Os camiños da conspiración son infinitos, todos somos rodas dunha engranaxe, monicreques de quen move os fíos. Mais, quen move os fíos? Quen é o señor X, ein?
Eu franc-masón me confeso.
Deixei algunhas veces "pegadas": "oídeme homes de ben, non me contestou ninguén".
Inicieime co nome simbólico de limice, máis tarde pasei a Limicus. Dubidei entre "Jaquim", nome dunha das columnas do templo e o de Amadeus por o venerable Wolfgang A. Mozart. Hoxe inequívocamente decantaríame por o segundo nome do máis grande dos meus irmaus. Admiro máis ós creadores que ós p. políticos.
Inicieme na loxia "Ara Solis" e alcanzou a luz conmigo o irmau Nerio das costas do Finis-Terrae.
Nada de esto lle contei a Ferrín cando escribíu sobre nomes simbólicos pero é interesante deixar constancia de como entramos a mediados da década dos noventa xente con sensibilidade "popular" e raigames antergas. Tipo Medela ou xdc. No pensedes mal, non pertenecen a irmandade, pero serían benvindos se foran disciplinados. Prototipos do futuro desta sociabilidade tal e como a imaxino.
Podo revelarvos a miña condición e militancia ,discreta, pero non a de outros compañeiros. Esta última palabra alcanza para mín connotacións de verdadeira sacralidade e non na boca pobre e artificiosa dos "socialistas". Compañeiros e "sin embargo" amigos.
Fago esta disgresión, cecais a primeira e última , para comunicarvos que en contra do que podades pensar a conspiración xudeo -masónica, existe. A veces a pesar e sen sabelo moitos dos participantes.
Cosntateino en Lisboa, rúa do gremio lusitano, loxia 25 de abril.
E o anónimo atormentado que falaba en conspiración non ía tan desencamiñado. A música é certa, pero non a letra.
Podedes non crer nas conspiracións , pero habelas, hailas.
Teño asinado con vinteseis seudónimos, nunca co meu nome iniciático que trocarei cando pida permiso e se me acepte. Está queimado. Quen sexa capaz de seguirme que o faga, na irmandade hai obra para quen tiver vontade.
Recibide aqueles ós que lle foi dada a luz o t. a. f.,
e,
o o. da Paz
Caros señores 'Anguita + Pedro J al alimón' e don Limicus: Había que preguntarlle a Allan Dulles cando na executiva da CIA souberon do atentado de Oswald e o dito Dulles mallou co puño na mesa, e exclamou: "Quen c. vén sendo ese Oswald???"
Ouviu, irmán Limicus: Podía enviar información sobre a súa loxia telúrico - masónica???
Estoulle interesado.
Sabía?? Teño filla e sobriñas por colocar...
1. Estiven na RAE unha vez. Na RAG nunca.
2. Nunca estiven nun premio de nada.
3. Nunca militei en ningún partido.
4. Non teño nada que ver con editoriais.
5. Dou clases na universidade, polo que cobro un salario, única tamén aportación económica.
6. Teño un volkswagen passat de hai oito anos. Pasa itv en 2009.
7. Teño un piso en Vigo de 100 metros cadrados.
8. Paso os veraneos en Italia, para non saber nada durante un mes do que pasa por aquí.
10. E merquei un imac hai un mes que é unha auténtica marabilla.
11. A única conspiración, ou a máis próxima vai ser no Ifevi mañán ás 9,30.
12. Coñezo a moita xente deste blog exclusivamente polo blog: antes non os coñecía de nada.
DIxen.
;)))))
Don Arume: Que desilusión!!!!!!!
Eu sempre pensei que Vde. era Markus Wolf...
Caecilia Luparia Metella: no meu nick figuran as letras necesarias para o meu nome real. The Real Name. O problema é que agora non o lembro.
OK. Touché, admirado Arume.
Cabaleiro Medela.
A información serálle remitida post-vrau por os conductos adecuados.
Lamentablemente non colocamos a ninguén. Para eso xa ten a agrupación de D.José Luís o sí-sí , e os seus secuaces de todo-los partidos políticos. Bloque inclusive, e non me turre do xenio.
Nos somos "especulativos", dícese dos que se dedican a latricar como neste blog. Poderíase decir "filosofar". Os primeiros irmaus eran "operativos", facían obras, tiñan o seu barallete, e comenzaron a sumárselle os habitantes dos burgos (burgueses) para parolar mentras estes constructores lle daban ó mazo nas loxas habilitadas a pé de obra, principalmente catedrais.
Non vou engadir nada máis. Acabaría falando de rituais iniciáticos e do que supoñen como recursos nesta sociedade en mutación.
A fratria proporciona algo desto, pero penso que se pode mellorar. Personalmente estou neso.
Vostede estaría a gusto na 25 de abril, ou non, pero penso que pode vostede ser convidado a algun "traballo", xa se andará, pórtese vostede ben e non brinque.
Eu a vd. non lle vexo coallos para aturar un ano mudo sen falar, paso necesario de aprendiz.
Esqueza.
Só decirlle que nun encontro mundial celebrado en Lisboa a mor parte dos apelidos masculinos e femeninos que se encontraron alí eran "judeos" . Eu o comprobei.
Vale?.
E é certo que J.Mª Ansón declarou que houbo conspiración contra Felipe González, e que a potencia política de este tipiño (Felipe) era de tal calibre que para derrubalo houbo que por en peligro a seguridade do estado. Tocar o intocable. Ata ehi chegaron.
Señor, nestas sociedades tamén lle hai dereita e esquerda. Conservadores e liberais. Regulares e os outros .
Sintoo, eu vexo estratexia en moitos lugares, e pobre de aquel que non a aplique, será totalmente ultrapasado.
Concordo con os anónimos pro-conspiración. Anque todavía non sei de cal se trata.
Inefable Pío.
De verdá que eu a toda esta cohorte de conspiradores franc-masónicos, marc-masónicos, lir-masónicos e libr-masónicos, vounos envíar a un campo de reeducación a -40ºC a Siberia.
Tamén os acompañarán o filósofo se(ne)co e os nacionalistas siareiros da selección española.
Igualmente irán a Siberia a srta. Jennifer Love-Hewitt, Orozco, Limicus, Savater con v e Sabater con b, ademais de Pedro Jota.
Os únicos que se van salvar son os tovarich Anguita e Xesuscristo, qué carallo, que pr´eso son dos nosos.
Non, a Jenny non!
Depois de moito maduralo e de consultalo polos correos internos que temos, paso a confesar que efectivamente todo o que dí anónimo é verdade e que estamos organizados.
E co Arume, por negalo, xa amañaremos contas próxima sesión, na que, e xa volo anticipo elabouraremos un comunicado conxunto, para abrilo, como dicía que era, "nucleo duro" a maís incorporacións, que unha vez que nos cacharon non ten ningún sentido seguir así.
Medela como é costumbre cita a todos pro próximo fin de semana na túa casa ( en la de campo, of course) e encarezovos que traiades os coches normais que nos estarán a vixiar.
Imos ver, Arume non pode ser do grupo, porque nunca arrisca mais do necesario, cousa incompatibel coa irmandade. Xoan da Cova tampouco porque nunca se adscribiu nin adscribirá a ningún manifesto que o comprometa. Leituga é demasiado frívolo, promiscuo e esporádico como para manter un compromiso desta ralea. Marcos Valcarcel tampouco, porque ten demasiada falsa modestia acumulada, e sáelle a egolatría as veces incontroladamente, o que nada favorecería a irmandade. Medela menos porque é incontrolabel e poría en perigo coas súas indiscrecións a asociación. Jim Morrinson é demasiado descrido como para renunciar a algo en nome dunha causa maior. JMG, é demasiado galego e nunca se sabería por onde anda, se dentro ou fora, se cos amigos ou cos inimigos. Delapierre tómase todo a coña, ainda que se entera de ben pouco, e por tanto está incapacitado para estas leas. Os acolitos están moi lonxe todos da temperanza, no argot solaino "CONTENCIÖN" para aspirar a integrarse.
Así que colixan vostedes quen queda, quen acumula tanto poder, quen conspira tan sutil, eficiente e rigorosamente?
Joer. Qué análisis de grupo!
Lourixe! Queda Lourixe!
Eche agudo o anónimo diseccionador do grupo, alguén con grandes dotes de observación e análise, non será o Manolo Rivas?
Ao agudo anónimo que Deus lle conserve a vista moitos anos, así coma todos os demais sentidos, incluído o do olfato.
Talento, talento, talento a mares e a piscinas é o que hai eiquí.
Pisi-coloxía de todo a cien.
"Pisi-coloxía de todo a cien"
Mal chiste de menos de todo a cen.
Mellores que os seus, engulipador de aceite de fígado de bacallao.
Apúntese un dez , anónimo analizador. Non pode ser máis certeira, exacta e rigorosa esa análise. Parabéns.
Tá nos ósos, pobriño.
Medela, un post/informe do Anónimo Que Os Ten Cachados A Case Todos sitúao no "núcleo duro" e outro que probablemente sexa da mesma autoría concédelle un pouco menos de categoría e sitúao no "círculo de corifeos" (moi feo non será, digo eu), con méritos mais que suficientes e con claras aspiracións de ascenso á Nomenklatura Solainesca. En que quedamos? Onde é que está situado vostede, se se pode saber? Que posto destacado nas listas do PSOE ou do BNG lle teñen asignado? Porque na do PP non será? E que hai da Cidade da Cultura? Cal é o proxecto da Solaina para a nova Galicia/Galiza dos próximos anos? Como é que lle xurdiu unha admiración tan profunda polo Apicultor? Que hai de todo isto e de moito mais que lle podería preguntar? Ten que comprender que os siareiros do blog desde os seus inicios temos todo o dereito a saber cal é a composición estrutural deste e cal é a misión política e cultural de cada un dos seus membros e membras neste novo deseño da Galicia/Galiza de hoxe e de maña mesmo. Espero que me corresponda e me responda como é debido polo ben do blog, dos seus seguidores incondicionais que somos lexión e de todos os galegos e galegas que dependen da política e da cultura que se cociña aquí mesmo, neste recanto privilexiado da rede, onde todo o saber é pouco e o poder non se discute. Saúdos dun siareiro que o é de vostedes a tempo total.
Medela sabes que non debes respostar, xa que así o acordaron os de arriba.
Aínda que si lles queres facer unha putada por min adiante e que a Virxe do Corpiño nos ampare.
Que verborrea a do anónimo desemascarador. Deje de amuelar, caracho, deje de amuelar.
Que lle queredes?.
A análise do anónimo das 10:43 venres gustoume moito. Concordo con ela.
Parabens.
A mín gustaríame que fixérades un esforziño e intentáredes asinar con un nome "suposto, ou simbólico" no canto de tanto anónimo. É unha axuda nada desdeñable , balizar as saídas e entradas ó porto.
Eu , contrariamente ó que podades pensar , non estou nada a brincar. Nadiña.
Non vin o partido, segundo era de esperar. Canto a estoutro asunto, lamento dicir que desde a terceira entrega volveuse un tanto circunloquial, con algunha excepción brillante (a conexión Dulles-Oswald, ou algunha especulación). Pediría un esforciño, desde a metade da escaleira.
EU tampouco vin un partido, pero sábense ben os goles polo berro da xente. Habería que aproveitar esa enerxía dos berros con algún sistema. Todo o país berrando ao mesmo tempo, igual da bastantes Kilovatios-hora por cada gol.
Uns familiares meus na Alemania, cós que faléi, dixéronme que o están pasando "pipa" cós compañeiros de traballo alemás. Hai piques, apostas, porras, etc...
"Deutschland, Deutschland, Deutschland über alles...."
"Jim Morrison é demasiado descrido como para renunciar a algo en nome dunha causa maior" (Anónimo das 10:43)
Iso mesmo pensábamos de Fernando Savater, e aí o temos: na primeira liña de fogo. Os dous veñen de Nietzsche e xa sabemos onde acaban os outrora nietzscheanos. Jim Morrison é o Fernando Savater do grupo, a "alma" filosófica.
Saavedra, non trate de desviar a atención, agora que os puxeron contra as cordas. Xa pode ir preparando unha boa defensa, a ver como sai desta. Estar situado na "metade da escaleira" comprométeo especialmente.
jajajajajajajajajajaja
Veño d'Ourense, a Kalahari galaica, 37º á sombra, e os comentarios de aquí xa me alegraron o día, de seu deprimente, etc.
Despois respondo, agora a miña santa esposa reclama os meus servizos... Para irmos ao Eroski.
Eu, que fun un dos playboys máis reputados da raia!!!
jajajajajajajajajajaja
Anónimo 10:43, Limicus, eu son o filósofo tabernario e non corifeo, nunca entenderei porqué entrei aquel día aquí, pero sigo entrando. Intereses económicos entre algúns sí debe de haber, porque sen ir máis lonxe e noutro post fanlle unha acusación concreta con nome de empresa incluida ó administrador do blog, é enton cando pechan filas e silencian esa disidencia asoballando entre eles todos con comentarios tribáis sen dar contestación, e pasando a outra cousa. De todolos xeitos, e sendo eu novicio néste arte, a/o persoaxe máis perigosa/o está descuberta/o, non fai falla ser moi lista/o para collerlle os tics anque se disfrace, e se a/o chinchas, salta deseguida descubríndose coa muletilla: "non me faga falar", e pola súa incontinencia, chamémoslle excesiva.
Ámbolosdous deron unha boa definición de quen manexan o cotarro por este espacio, concordo totalmente.
Ante todo, parabens praos españois, por se hai por aquí algún. As cousas como son.
Agradecerlle tamén, "en el alma", ao Concello de Santiago (PSOE-BNG), que puxo unha pantalla na praza... roja para ver o partido.
Algúns titulares:
La Voz de la Colonia: "Alemania ya tiembla"
El Chorreo Gallego: "Fiesta nacional: España, de oro, torera, jugará una final ¡tras un cuarto de siglo!"
Galicia Hoxe. "España toca a gloria"
La Bombilla de Vigo: "Galicia vibra con la "Roja""
El Retroceso de Lugo / Diario de Puentevedra: "España, finalista jugando al 'fútbol total'"
La Opinión "Coruña": "España cumple con la historia" e "Ya sabemos lo que es jugar bien"
Pois eu non vín o partido pero todos din que España (ou como queira chamarlle o anónimo) xogou ben, que é nin máis nin menos o que dín os titulares dos medios citados, que non minten nin tergiversan a victoria.
Xa me dirá o anónimo como lles digo os meus fillos que non se alegren, que se fodan, que se depriman por gañar España ( ou esa cousa), cando saltan como resortes cando Güiza marca.
E si ten valor dígalles que están embobados, idiotizados e alienados, pero como non-os coñece, escomeze polos seus fillos, e si non-os ten, polos sobriños, ou polos fillos dos veciños do piso de arriba.
Probe e se atopa outro millor compreo
Hermano Delapierre:
Da vostede o seu permiso para responder os anónimos??????
Marcos, vostede terá o sentido da ironía "trastornado", non "transtornado". E que hai que fiar finiño o imbroglio pois que a pureza da lingoa e todo eso que xa se sabe. Entendo que foi un desliz, imputable ao descuido, non a ignorancia, pero gosto de tocar as pelotas (pola superficie) de cando en vez.
D. Julio Médela de Lobeira, é todo seu.
E non se preocupe polo da OJE, que os que somos probes ben deitamos dela para ir a praia, eu concretamente o Campamento da OJE de Reinante, durante 3 anos, coido 1964, 65 e 66.
E tamén lle digo que moitos dos que non foron hoxe son carne de PP e vostede e eu andamos dando a cara por un partido cativiño pero o nacional de Galicia.
Os deuses o amparen, D. Julio. Duro e a cabeza.
La maromota que nos suministraba ah-ah
Bocadillos de queso y salchicón ah -ah
cuando vió que el negocio no marchaba
le dió la gran patada
y al carallo lo mandó
ah-ah
Über alles in der Welt...
De mozo, fose verdade ou mentira, falaban dun presunto titular na prensa portuguesa de cando a guerra do 14 ao 18:
"Portugal entra na guerra. A Alemanha treme".
Sigo subindo a escaleira; ou baixando. E os relatores seguen sen dar a talla.
XDC é un chivato!
Estiven todo o d�a ocupado: pola ma� no INstituto, pola tarde en Santiago coa mi�a filla. Pero vexo que o pasaron ben: leo agora as mensaxes e son quen de arrincarme uns cantos sorrisos... Todo isto para disimular: en realidade tivemos c�nclave mas�nico nos baixos da Catedral para deixar todo arranxado (O podere pol�tico, econ�mico, etc.), antes de marchar de vacaci�ns. Despois subimos �s tellados da Catedral, todos os irm�ns, para contemplar afoutos o noso inmenso poder.
Encontrei a fotografía da OJE, tirada no campamento Virxe de Loreto, Porto do Son, 1974. Hai un pequeno problema. Os cinco nenos que me acompañan... Hoxe cinco homes feitos e dereitos... Non me atrevo a publicar a fotografía, porque sería invadir a súa intimidade, entrar como bulldozer no Sevres da súa intimidade, da súa intrahistoria. E se queimamos a Bastilla, foi para garantir a igualdade, a fraternidade e a libertade dos homes e mulleres do mundo. E publicar esta fotografía sería como subir á máquina do tempo e regresar aos tempos anteriores a 1789...
Na verdade, a min tanto me ten ter pertencido á OJE. Non creo que me reclame ninguén pola masacre das Foxas Ardeatinas. Mais négome a utilizar o fotoshop para recortar a miña figura e négome, tamén, a publicar a fotografía, que ten outros seis propietarios.
Saúdos.-
Apicultor: Get Back.
Apicultor: Get Back.
Sr. Delapierre:
Grazas por ser un cabaleiro galego e un home de ben.
Grazas pola súa expresión: Un partido nacional.
A nosa nación, o noso país, a nosa nacionalidade histórica, o noso pobo... Talvez algún día, o estado dos nosos fill@s.
Ufffffffffffff
Estiven na OJE de Foz, de Gandarío, de Porto do Son, de Monterrei, de Vilaxoán... En Reinante nunca estiven.
Non é por nada, mais por veces acredito no que me di a miña patroa Kyra sobre as purgas estalinistas.
Grazas de novo, cabaleiro lugués.
Apy: Regresa, niño. Tengo ganas de verte... No me seas mimoso. Medela me habla tanto de ti que ya no sé qué pensar.
Os portuguesinhos dos tempos do dr. Salazar tamén tiñan un mapa onde puña:"Purtugal non é pequeno", ó lado da silueta de portugal puñan as de Angola e Mozambique como provincias de ultramar , e para humillar, a escala, un mapa de Francia. Humillar-comparar.
Quero ver un.
Verdade Medela?.
Alemanha treme.
Pois. É certo.
Pódese ver, feito en azulexos, no chamado 'Portugal dos Pequenitos', preto de Coimbra. Vou buscar a fotografía, e publicala.
Saúdos, sr. Bispo.-
Lembro eu ben ese cartel do que falaba wolf-ramio De pequeno, sendo eu neno, o meu pai ía moito a Portugal, en breves viaxes, por temas do seu negocio (Cousas para o obradoiro da xoiería que aló eran máis baratas). Debimos tomar entón moitos cafés, cando menos o meu pai, porque fixera daquela unha gran colección de papeliños para os azucariños, cada un co seu nome e debuxiños: ós nenos encántalles coleccionar calquera cousa...
Imprime carácter ir a campamentos? Fomenta o espíritu nacional sexa cal for?
Medela ten vostede o meu permiso, eu non teño de que me avergoñar, éramos os que éramos e cadaquén colleu camiños diversos, algúns abrazaron o comunismo, outros o nacionalismo, eu teño que traballar e para os meus pais xa fora un esforzo importante pagarme aquel campamento, pouco aprendín salvo o moito que se reían facéndolle ós mais pitos aquelas bromas absurdas e crueles, e digo salvo porque nunca quixen voltar nin fixen máis cabronadas na miña vida. Non me arrepinto xa o dixen, pero dá certa carraxe ver a todos aqueles señoritos agora vestidos á moda política que convén segundo corra o ar. Por min pode publicalalo D. Julito
Non. Non pode ser. Non podo, por ética, publicar a foto. Algún deles son coñecidos. E hai persoas da galaxia PP que se molestan moitísimo cando lle lembran o episodio OJE na súa traxectoria.
Fai ben, Vde., en lembrar aquelas bincadeiras brutais, a satanización do "aldeá", o clasismo.
De todo o modo, os derradeiros anos foron máis "relaxados". Campamentos mixtos (chicos e chicas), vela, windsurf, paseo por Vilaxoán, amizades, etc.
Eu ocupaba unha posición intermedia entre as hirsutas montañas de Lobeira e o pegañoso parque de San Lázaro. Navegaba ben por ambos os mares.
E funme librando.
Hai nenos que se suicidan hoxe por moito menos do que outros aturaron en 'Virgen de Loreto'.
Saúdos, señor. Porfa, conte algunha cousa máis da OJE.
Evidentemente, foi abraiante a pasaxe de mandos da OJE para o PC.
Aínda que, con todos os meus respectos, vexo máis similitudes entre Brezhnev e José Antonio Primo de Rivera que entre estes dous e o resto.-
Certamente o campamento non imprime carácter nin nada, ¡se eramos unhos merdás! e non tiñamos nin idea onde estabamos. Eso sí, podo e estou en disposición de afirmar que o pasei mellor en Reinante que en Figueirido, onde me mallaron a hostias. Miña xoia, tiña 17 anos.
Eu tiña 18, en Figueirido.
Ostias, que perigo! Rondamos xa os episodios de ardor guerreiro. Pídolles un favor: alivien ao persoal sen tales contos. Rógollo: mili non.
jajajajajajajajajajajajaja
jajajajaja
OJE SI!!!
MILI NO!!!
OJE SI!!!
MILI NO!!!
OJE tampouco: Gandarío, Reinante, ominosos nomes da fratría fascistoide. Cando voltaban as nachas para a vila, viñan cunhas cancións que lles ensinaran á calor dunha lumieira que daban ganas de potar.
Non estou seguro pero coido que o texto do cartel portugués era: "A verdadeira dimensâo de Portugal"
O-BELA-CHAO, era, en realidade, e ninguén o sabiamos, "O bella ciao", himno dos partisanos italianos na II guerra mundial.
Tamén non sabiamos que "Yo tenía un camarada" era unha canción das SS.
Montañas Nevadas, Cara al Sol, Oriamendi, no comment.
Que tipo de rapazas ían a eses campamentos???
E "Soy capitán... de un barco inglés", cántana ata os do Inserso.
Clase media vilega: a filla do ferreteiro, do comercio de zapatos ou dos ultramarinos antes de se converter en perfumería e tenda de agasallos.
Xenial, coma sempre, Arume.
E da lingua, que??
Do galego semi-clandestino ao castrapo oficialista e vociferante.
E Ourense, no final da clasificación PIB por habitante, dantes, agora, e despois.
A bisavoa tendeira, Melanía. A bizneta estudante de ballet, Melany. O bisavó tendeiro, Miguel. O bizneto, Maykel (sic).
E aínda hai quen non entende a frase de Nietzsche: "O eterno retorno do idéntico".
Saúdos, sr. profesor doutor.-
Internados en Coruña, Santiago, Madrid. O perfumeiro deixou de falar galego porque o facían os bloqueiros (tan sic coma sic). O ferreteiro nunca deixou de falalo: era a súa maneira de condescender no Casino.
Boeno, o mellor xeito que un galego ten de condescender é falar castrapo; demostra que está convicto da súa natureza orixinariamente pecaminosa e que quere amosar aos demais que o galego é un dialecto da aldea e que el quere ser cidadán de primeira; iso si, o seu acento e a súa sintaxe son a patente da eterna cidadanía de segunda, da condición de semi-liberto da que nunca se vai librar na vida. Talvez o netiño, o Maykel...
(jeje, que ben me saíu)
Nunca esqueceréi un comentario da miña irmá, cando tiñamos uns dezaséis anos:
-"A mí no me gusta el gallego como lo habla el abuelo. Me gusta como lo hablan los de ERGA".
O que estaba decindo era que lle gustaba o galego con acento castelán, con fonética castelá. Ou quizáis lle gustaba algún de Erga...
Pode ser, XDC. Aínda que entre os Ergas había uns cantos con fonética ben enxebre, Bieito Iglesias p.ex. Quizais eran outros os que coñeceu a súa irmá. Ou quizais de forma inconsciente rexeitaba o galego do avó (para ela símbolo de atraso, ruralismo, etc.) fronte ó galego urbano dos mozos politizados (Cos valores positivos engadidos: mocidade, mundo urbano ou vilego, cultura, etc.). Ou quizais non.
Kyra maykel, camarada: eu teño unha prima nada na Limia a mediados dos anos cincuenta. Os pais emigraron a euskadi (Ermuarras como ben dí o noso Miguel de Allariz). ó seu fillo nado a principios dos anos oitenta púxolle Mikel. En euskera. Nin Inglés nin galego. O irmau da miña prima nado a mediados dos anos sesenta , meu primo, andou sempre a decir que él era vasco. Vasco. Manda carallo!. Aghora rebasando os corenta anos, vinte anos de retornado, andará na órbita do bloque, en intención de voto, dá aulas nun colexio relixioso e comulga moitos domingos. Non sei como lle puxo ó seu fillo , pero heino de averiguare e chivarlle-lo para ver como evoluciona a cousa. Algho vamos mellorando pero costa de carallo.
Eu créolle que lle sighe sendo un "publema" de identificación. Podería parecerse ó troquelado ese de Konrad Lorenz. Non sei. E nos non tíñamos moito que ofrecer, ou eles non souberon ver, ou nós non soubemos mostrarlles...."ei ku che sei".
Auuuu!...Auuuuuuuuuuuuu!....Ouuuuuu
uuuuuuuu!.....Ouuuuuuuuuu........
Don Lobo: Que posición ocupa Vde. no carbonario organigrama de K.A.O.S (subseccion Solaina)???
Grazas.-
Nin puta, o que me otorguen e eu queira aceptar. Mais ben parézolle un anarquista que sale do manicomio de vez en cando e que non ten moito creto. Coitado.
Teño qeu retornar a arreglar unha mensaxe sobre o meu amigho artista, que se me fundíu. O lobo alén de indio élle tecnófobo e non controla moito.
Afortunadamente coñecín os fiadeiros e esto é o que máis se lle asemella. Por eso o uso.
Teño que recoñecerlle que en moitas das súas mensaxes eu pásoo moi ben, escáchome de risa e vexo moita creatividade.
Lembre, algún día será convidado ó noso circo e poderá vostede oulear connosco.
aaahhhh!!!???.
Sabe?. Eu vira unha "penícula" sobre a vida de Alí Agca, lembra?. O que decía que era "jesucristo reencarnato" ( lembro a miña avóa toupar coa risa ), pertenecía a sociedade secreta :"lobos Grises". É vero. Xuntábanse e ouleaban xuntos. Quedei tan flipado que eu o fago a veces. É sanísimo. E cando estou en tensión sáeme en calquer esquina. Fáltame o clan. Hai unhes penedos , na farria , desde os que se ven moitos concello, máis de sete...allariz inclusive, tamén toda a veigha, as vilas..desde alí, no outo dos penedos todo o clan, que marabilla..no próximo san xoán..
É licantropía?.
Camarada kyra, vexo que é ben máis difícil comunicar por escrito do que pensaba.
o último lobo neghro quixo decir: "non sei como o meu primo lle puxo ó seu fillo". Porque o meu primo ten un fillo, aghora ós 40 anos.
Pudérase entender, por non estar ben precisado, falta de hábito na escrita, que se trataba do seu. Ka!.
Cando averigue o nome do fillo do meu primo penso chivarlle-lo a vd., non se entenda ó "ruvés" (variante da miña aldea). Pode que o entendera ó xeito, pero recoñezo que estaba mal expresado.
Desemúleme.
E moitas grazas.
Publicar un comentario