O ENSINO E A DEMOCRACIA
Andoliña xoves 5 xuño
Publicáronse nestes días os resultados dun estudo da Universidade compostelá sobre competencias de estudantes de Primaria e ESO. Varios xornais destacaron en titulares unha realidade que xa era coñecida: a cultura dos pais e o seu estatus económico e educativo son determinantes no rendemento escolar dos alumnos. E isto é así, dicía Luís Sobrado, director do estudo, tanto nos centros públicos como privados, aínda que haxa que supoñer unha mellor posición económica nas familias dos alumnos que acceden ó ensino privado. Outro dato a subliñar dese traballo é a constancia dos mellores resultados das nenas en Lingua, mentres os nenos destacan en Física e Matemáticas.
Unha escola igualitaria é unha das máis grandes conquistas do mundo moderno. E convén lembralo cando dentro duns días milleiros de alumnos se enfronten ás probas de selectividade. O ensino público non só é unha peza fundamental da democracia, en canto axente valioso para a construción de cidadáns libres, senón que tamén axuda a construír a igualdade de oportunidades necesaria nun réxime de liberdades: porque, que temos as persoas, á marxe da educación, como apoio para un futuro mellor sen privilexios nin favoritismos?
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
3 comentarios:
Evidentemente a defensa do ensino público de calidade é unha das tarefas que incumbe á cidadanía. Unha das primeiriñas cousas que fixo o goberno que primou o ensino privado -pagado con cartos públicos, por certo- foi cambiar o nome dos centros para lles suprimir o adxectivo "Público". Por iso sería bo referirse sempre ás escolas como se chamaban antes: Colexio Público de Tal... Non é unha medida que amañe as cousas pero, cando menos, faise algo contra a idea de nos igualar a todos falsamente. A segunda medida, xa se sabe, sería empregar os cartos no ensino público e que a privada a pague quen a queira.
E que aprendan a bailar tamén:PREMER.
Un tema interesante a discutir sería se o ensino público millorou algo co bipartito. Eu , particularmente penso que non millorou nada. É máis do mesmo. Se cadra con máis burocracia e, por veces cunha xestión pouco crara.
Publicar un comentario