Actores do cambio (Luis Pousa, Galicia Hoxe 18-7-08)
Carlos Aymerich: "Hai un trasfegar de votantes do PP cara ao Bloque"
“Sería un sinal de madurez que o PSOE e o BNG mantivésemos a unidade do Goberno galego ata as eleccións autonómicas. Nos próximos comicios, aspiramos a que Anxo Quintana sexa o presidente da Xunta de Galiza. Haberá un novo pacto do PSOE”
A nosa disposición a cooperar co Goberno socialista é permanente, e non por facerlles un favor a Zapatero e ao PSOE, senin para seguir traballando, como fixemos ata o de agora, en beneficio dos intereses de Galicia. Os rendementos dese traballo do BNG están á vista. Parece que hai unha especie de lei natural, da que é difícil fuxir, que na segunda lexislatura obriga os partidos españois a dereitizarse e centralizarse. A composición do Goberno español é ilustrativa.
Entrevista completa
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
10 comentarios:
Como exemplo podemos poñer o chofer do Alex Sánchez Vidal
Se todosa os chóferes que tiñan os cargos do PP, pasan a votar BNG; aínda son uns cantos votiños, non?
Imaxino que nas consellarías e concellarías do PSOE despedirían á metade deles,pra meter choferesas e cumplir así coa cuota femenina nese ámeto profesional.
Xa home xa, como qué os do BNG, compórtanse como os do PP, onde teñen poder co famoso acarreo.
A xente aínda lle vota o alcalde ou a quen o vaia buscar.
Ollo tamén o fai o PSOE e agollá o poideramos facelo os outros; o que pasa é que non che montan no coche, por que xa quedaron co Pepiño dabaixo que de paso levaos a misa.
No tema da lingua, veña Aymerich o que hai que dicir por non estar calado.
Menudo argumento da o Aymerich sobor do tema Galiza/Galicia: "A ninguén se lle ocurrirá correxir a Castelao ou Otero Pedraiyo". O chamado "argumento de autoridade", que adoita a aparecer cando non hai outros argumentos máis sólidos.
Era o que lle decían a Galileo: "Non che se ocurrirá correxir a Aristóteles".
Moi ben, señor Delapierre: "Ollo tamén o fai o PSOE e ogallá o poideramos facelo os outros". Logo estrañámonos que a xente diga que todos os políticos son iguais. Pois a min non me vale ese argumento. Se o fan os demais, que o fagan, alá eles coa sua conciencia; pero eu, se estou en política por honestidade e por cambiar as cousas, non podo pensar en equipararme en corrupción aos demais. Hai que dar exemplo e non cair no de "como todos o fan, eu tamén o fago". Pois non
O señor Delapierre dixo "ogallá poideramos facelo os outros". Referíase a "ogallá tiveramos a CAPACIDADE de facelo", ou sexa, está desexando que o seu partido teña mais medios dos que ten, pero non implica necesariamente que pense facer "actual" esa potencialidad.
"Ogallá poidera comprar un Ferrari", dígollo en serio. Non compraría un Ferrari na miña vida,anque tuvera os cartos . Pero ogallá pudera compralo. Non sei se me explico.
No de invocar a Otero P. equivócase Aymerich: deixou mostras múltiples do seu antilusismo lingüístico. Nunha das súas últimas entrevistas, publicada na Voz, dicía literalmente:
"Escribir coma os porugueses nunca, só en caso de extrema desesperación".
Marcos, eu a veces entro en fase de extrema desesperación.
Quintana:
"Dereito de autodeterminación dinámico e paulatino"
O vicepresidente do Executivo outorgoulle "toda a razón do mundo" aos que opinan que non se materializou o ideal nacionalista na xestión do Goberno. "Non lles podo dicir outra cousa, só faltaría que Galiza negada como nación polos séculos dos séculos se convertese en nación soberana en tres anos, cuns recursos competenciais limitados e recursos financeiros raquíticos". "Tampouco o pretendiamos", afirmou, e matizou: "porque era imposíbel facelo".
En todo caso, avisou de que de "de nada valen programas con moita vistosidade nacionalista se non hai pobo detrás". "O BNG ten que levar un proxecto transformador de acordo con Galiza e non hai proxecto transformador no mundo que non sexa capaz de provocar cambios se non leva pobo detrás", proclamou.
Anxo Quintana centrou o "gran éxito" do BNG en que é "capaz de facer as reivindicacións nacionalistas arrastrando cada vez máis pobo" e defendeu que "non hai tantas diferenzas entre o BNG dos anos oitenta e o de agora", porque o proxecto nacionalista "pasou sempre polo recoñecemento de Galiza como nación e por entender o dereito de autodeterminación dinámico e paulatino para conseguir maiores cotas de autogoberno e maior identificación nacional".
Publicar un comentario