Fotos de cando ananos...
Queda fichada a idea que nos achega nun fío Lobofritido. Dende setembro (en agosto pecha o blog, como todos os anos) recolleremos nesta bitácora fotos dos asiduos/as do blog, se teñen a ben mandarmas ó meu correo persoal. Comprométome a non revelar ningunha identidade, pero vostedes poden dar algún título ou pista, se queren. Poden envialas en canto queiran, xa dende hoxe, que quedarán ben arquivadas e sairán todas xuntas, se chegan a min, no mes de setembro.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
6 comentarios:
O de fritido ven porque estou feito polvo por unha oposición.
O meu pai chámalle suposición.
-"Quita o que tes que quitar".
-"Que é o que teño que quitar?".
-"Quita unha suposición, que outros ben máis burros que tí a quitaron".
Supoño , quitar unha suposición.
Na miña aldea en lugar de fritido utilízase "cocido". Quedei cocido.
Non sei se existe en castelán.
eu tiña entendido que vostede xa tiña a "suposición" quitada, non estou no certo?
Unha suposición é o "acto e/ou efecto de meter un supositorio"?
Vouche mandar foto da miña pirola (anónima), a ver se a pos.
Pero ten que ser de cando anano. Eu teño duas ,de anano, coas vergonzas ao aire.
Sí don Marcos, veume o "conocemento" ós 40 anos como ó Bernaldino, e quitei unha suposición como moi ben decía o meu pai. Antes sempre sobrevivín "emprendendo", como Dacova. Por eso teño outro sesgo do traballo.
Acontece que me tocou estar de Jurí e foime violento. Constato unha vez máis que a comunicación é fundamental, máis que o traballo. O control dos canles e códigos correctos da comunicación son un bálsamo. Tamén vexo que ós 50 anos hai persoas que non saben traballar en equipo e están cheas de prexuízos.
Cecais para o desenvolvemento dun país haxa que traballar máis todos estos aspectos en troques de tantas materias e coñecementos a secas.
Estou baldado, cocido, e fritido.
Burn-out din os anglos. Queimado din os veciños.
Anque "cocido" ten outro matiz no noso rexistro. É o estado no que queda un cando lle dan unha mala noticia, xénero morreu tal veciño de 35 anos nun accidente e deixa fillos......quedei cocido.
Agora aínda estou na Suposición, pero eu xa non veño supoñer. Por eso escribin tanto, nos intres intersticiais. Nas fírgoas do tempo.
Teñan vostedes unha moi boa noite.
Eu vou descansar coa sensación de ter os deberes feitos. E foi moi cansativo e as relación humanas difíciles.
Os opositandos orixinalísimos, humanos.
Pan para todos.
Publicar un comentario