11 jul 2008

A mesa cósmica de Piñeiro e o HAL de Kubrick
MANUEL RIVAS 11/07/2008 (El País)


O artigo completo

Roda de opinións sobre R. Piñeiro, recollida por D. Salgado (A.Baamonde, H. Monteagudo, L.Álvarez Pousa, etc.)

E que cousa o piñeirismo? Ese home en loita co "ambiente cósmico", que viaxaba no espazo-tempo, que fixo da mesa de braseiro unha supercomputadora, era tamén un paradigma de realismo. Piñeiro tiña dúas conexións, en realidade complementarias. O ollar cósmico e o principio de realidade. Nel habitaban o día, a noite e máis a aurora. Coñeceu a aurora na adolescencia e nun período moi breve, o da esperanza galeguista e republicana. Despois caeu a noite e coñeceu a clandestinidade nos anos máis crueis da ditadura. Foi, pois, un resistente, que acabou na cadea cando era sinónimo de morte. Ao saír do cárcere, talvez viviu o máis dramático dilema. Proseguir a resistencia política directa ou tentar resistir por medio do que chamou a tarefa cultural. Sempre ficará a dúbida de se foi atinada a decisión de aplicar a eutanasia ao Partido Galeguista, en doloroso enfrontamento cos exiliados.
O nome escollido para a operación cultural foi magnífico (Editorial Galaxia, outra vez o cósmico!) e o proxecto foi realizado co esforzo dun dos mellores equipos que tivo Galicia, nos que sobrevive polo menos un prometeo, Francisco Fernández del Riego.
O piñeirismo era unha ecuación simple: democracia + autonomía + europeísmo. E logo unha técnica, sobre todo unha técnica. O traballo coas elites. A sedución das elites. Hoxe toca pesar pan. Así que no balance positivo, dous intres históricos: O movemento contra o aldraxe da discriminación estatutaria e o acadar un consenso para a Lei de Normalización Lingüística, mesmo convencendo á dereita máis de a ceacú.
Don Ramón Piñeiro ter non tivo moitos medios. Viviu sempre de xeito humilde. O asombroso é que sempre tiña tempo. E sobre todo, tiña unha mesa cósmica.

129 comentarios:

Anónimo dijo...

Extraordinario o artigo d´O Rivas.

Para calquera outro escribidor do común, sería imposible dicir tantas cousas dun xeito tan fermosamente alegórico.

Anónimo dijo...

Verbo da reportaxe de Daniel Salgado, boto en falta a opinión de Carlos Fernández, un dos mellores -se non o mellor- coñecedor do pensamento de Piñeiro.

Pero é o que ten facelo todo desde a capital (ou sexa, de Compostela): só se bota man dos que están a man. E Carlos Fernández vive, ou vivía, en Vigo. Este "centralismo" vainos matar!

Anónimo dijo...

Aiquí tamén falan da MESA-CAMILLA do Piñeiro:PREMER.

Anónimo dijo...

Amigo Rivas,democracia+autonomía+europeismo non é unha ecuación. É unha suma. Anque tampouco, porque por "suma" nun senso amplio, enténdese unha ley interna con estructura de grupo abeliano. Podémoslle chamar logo, "operación interna". Pero tampouco, porque non está clara a definición sin ambiguedade do conxunto ó que eses tres elementos poderían pertenecer. Vámolo deixar en "operación" a secas...
É coña,home. Só é pra demostrar que os de Cencias tamén nos sabemos poñer quisquilosos có senso das palabras...

Anónimo dijo...

Do resto, coincido có primeiro comentario do post.

Anónimo dijo...

despois de semellante reflexión de CLR poderíase pensar que mantén un razoamento co que pretende o millor para o galego. Moito me temo que o que busca realmente é o peor para o galego.
Empeza a ser frecuente a opinión en prensa de que o que compre é amabilidade e seducción, que, neste terreo, as leis non están feitas para cumprirse,(as leis favorables ao galego) que erguer calquer plataforma que defenda coherentemente aos galegofalantes e esixa o cumplimento desas leis é contraproducente, que manter actitudes reivindicativas é obcecarse nunha vía inútil.
A desmobilización xeral, o abandono das plataformas de defensa do idioma é o camiño!
Nunca veremos a estes persoaxes reflexionar, por propia iniciativa, sobre a situación de desprotección e desigualdade que sofren os falantes do galego, máis ben os veremos descualificando de xeito prepotente a todos os que se atreven a tentar, dun xeito organizado, que as cousas cambien.
En tono de brincadeira, remato:
prefiro o bolero de Nico Jiménez que di así:
"Suave que me estás matando...."

Anónimo dijo...

O artigo de Rivas, é moi simple, sen materia gris, sen fondura, un mero relatorio adosado a unha imaxe naif.
Aplana a Piñeiro e réstalle substancia.

Anónimo dijo...

Pois a que esperas ti que tanto sabes. Fainos un artigo complexo, fondo e sustancioso. Veña, bonito, escribe, demostra a túa materia gris.

Anónimo dijo...

Encantado polo seu encargo señor, só lembrarlle que ao igual que Rivas, eu tamén cobro.

Anónimo dijo...

Para chegar a cobrar primeiro hai que demostrar gratuitamente a valía durante algún tempo. Ninguén lle paga a descoñecidos que non teñen unha traxectoria previa. Así que menos contos e demostra a túa materia gris. Ou es dos que moito predican e despois non fan nada con xeito?

Anónimo dijo...

Hai moito bedel que quere ser directivo de empresa, así polas boas.

Anónimo dijo...

Eu non teño nada que demostrar. A miña materia gris está espallada nun feixe de libros dos que estou en condicións de asegurarche que xa forman parte do patrimonio intelectual da Galiza. Nótase que non sabes con quen estás a falar. Se o souberas, non dirías as parvadas que dis.

Anónimo dijo...

Se don Manolito Rivas fose da miña familia non lle había querer tanto.
Beixiños, Rivas.-

Anónimo dijo...

O anonimato favorece as presuncións mais fantásticas. Vestíndose de anónimo, calquer fantasma pode alardear de xenio sin probas que o demostren. Así é a rede. É como se Kyra ou calquer outro blogueiro solaino ven mañá, ou hoxe mesmo, e nos asegura por todos os deuses celtas que ten unha artesa chea de obras xeniais esperando que algún editor se fixe nelas para publicalas inmediatamente polo seu valor incontestable. Vale.

Anónimo dijo...

A mín, cando me diga que a sua materia gris está espallada en feixes de libros que foron comprados polos leitores cós seus propios cartos,pra ter nas súas bibliotecas particulares, dirame algo, Anónimo.

Anónimo dijo...

Se eu tivera obras xeniáis na artesa, non esperaría ningún editor pra comercialas. Se tan incontestable considerara o seu valor, arriscaría os meu propios cartos pra editalas ou mesmo. Ou é máis difícil ser editor que escritor?.

Anónimo dijo...

Desde logo, falo de obras que lle interesaran a alguén, non de facturar contra cartos públicos.

Anónimo dijo...

"A miña materia gris está espalada en feixes de libros que (cito e memoria) forman parte da historia de este país". Sen máis, con esa humildade. Ou resucitou Otero Pedrayo ou és un fantasmón de carallo (acepto o ripio). "A miña materia gris (...) forman parte da historia (...)". Se non és Otero tés que ser Andrés Dobarro.

Anónimo dijo...

Eu creo que se ese xenio -o que pon a parir a Rivas- ten, como el mesmo di, a súa materia gris "espallada" nun feixe de libros, é que xa non lle queda nada desa materia: por iso di tales bebecadas.

Anónimo dijo...

O problema do artigo sintético de Rivas (case unha entrada dun suposto diccionario de mitos galaicos) é que antes de comezar o ano Piñeiro xa deixou esgotada a reflexión.

Marcos Valcárcel López dijo...

Si, é certo que o tema Piñeiro enganchou e aínda non estamos no 2009: eu mesmo son culpable (pero consciente) dedicándolle xa varios artigos. Cos de Rivas e Ferrín, aquí colgados, houbo outros nestes días de Marcelino Agis (GH); Pedro Rielo, etc.

Anónimo dijo...

A historia de Monteagudo en Antuerpe, publicada en EL PAÍS, merece comentario. O fascismo está perigosamente instalado entre nós e aos poucos vaise amosando cruel. A separación dos estudantes que veñen de fóra nun centro especial antes de seren incluidos nos seus centros educativos respectivos é un síntoma preocupante. E máis se ven do goberno supostamente esquerdista de Catalunya.

Anónimo dijo...

Engadín o comentario anterior por ver o nome de Henrique Monteagudo. Pido desculpas por facer paréntese no asunto principal.

Anónimo dijo...

Estimado Anónimo das 03:54:

Non son anónima ningunha, o meu nome é Kyra Prosokova e son, alén de viúva de guerra, prima segunda de Marina Oswald e propietaria dunha pensión en Nukus(Karakalpakstan). Alí para (hospédase) un rapaz de Galiza que se chama Júlio Medela. Ou sexa, que de anónima, 'nadita'. Xamais asinei comunicado ningún baixo o anonimato. E eu creo en Deus e na Virxe das Espigas. Júlio, en Deus e na Virxe do Viso; dígoo pola súa alusión, señor, aos deuses celtas, tan dignos de respecto coma calquera divindade, crenza ou opinión.

Júlio está a aprenderme galego, tal e como eu lle aprendo ruso. E díxome, lendo o seu comentario, que en galego de seu, e sen ánimo inquisitorial...

'alardear' dise "gabarse".
'vale' dise "está ben".

E repito o de antes: "Se don Manolito Rivas fose da miña familia non lle había querer tanto.
Beixiños, Rivas".

P.D.: Non comprendo como se atreve a criticar os anónimos cando Vde. asina tamén da mesma maneira.-

Anónimo dijo...

Kyra, trateme ben o Jluio Medela. Ë rapaz delicado e ten veleidades artísticas que sempre chegan ó alcol ou á literatura, que é moito máis grave. Gosta o rapas de comer ovos fritidos (sen patacas) no almorzo, un caldiño pola noite e na mañancina, ao espertar, un groliño de licor café. Na tardiña, nmada lle vai mellor que un anaco de empanada con dous ou tres vasos de viño (tinto) e si na noite ten pesadelos cun tal Jack Ruby, acoecheo e cantalle algo moi doce, moi suave que o faga durmir. Os peidos no teñen remedio: hai que aturalos si un quere ó Medela.

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
VIVA O NOSO DON CHESI!!!!!!!

Kyra Prosokova
Júlio Medela
Don Chesi
Jack Ruby...
Que gente lleva mi carro!!!!

Saúdos, amigo.-

Anónimo dijo...

Eu que contaba que ó Chesi xa o mandaran para Siberia e mira ti por onde volve aparecer, con unha monadiña das súas.

Anónimo dijo...

Preparámoslle a fuga, os do servizo secreto da Solaina, vía República de Tyva e visado falsificado para Ulán Bator.
Alí pillou un Villalón ata Zurich e un Anpián ata A Gudiña.
Apañou, por fin, un taxi que o deixou no parque de San Lázaro, e o primeiro que fixo foi ir a un cíber.

Anónimo dijo...

DON CHESI EN KYZYL (REPÚBLICA DE TYVA) ESPERANDO O ANPIÁN PARA ZURICH

Anónimo dijo...

Cheguei a Xenebra, na rúa Pierre Fatio. Vou cara o CERN, onde as partículas e mais eu somos só un punto na geografía da historia. Mentras aceleramos os protóns circulo pola misma estrada que Borges e Cunqueiro: a física non deixa de ser a forma máis fermosa da poesía. Creo que podo descubrir as sombras de Julio López Cid e de Valente antes de me converter no que agora mesmo son: nada. Un día atoparei, cara a cara, a José María Escrivá de Balaguer e falaremos de cousas sen futuro. Amen.

Anónimo dijo...

De verdade que os mando a todos Siberia. Van a probar o forno crematorio que mandei construir.

Anónimo dijo...

Señores XDC, Cintolo e Apicultor, parece que lles doeu o meu comentario: "A miña materia gris está espallada nun feixe de libros..." Nin que manifestando tal cousa (unha obviedade para quen coñece a miña obra) quebrantara algún dos fundamentos nos que se asentan as suas certezas de homes cultivados e posuidores dunha obra (?) e duns coñecimentos fóra do alcance do común dos mortais. Que foi o que os molestou exactamente? Acaso os demais non podemos ter unha obra digna que, sen chegar á excelencia doutras, goza do favor da crítica e dos lectores e ten asegurado un lugar de privilexio nos estantes reservados á "materia gris" da nosa cultura? Que un servidor non queira saber de capeliñas e fuxa de estridencias mediáticas como do lume, non vos dá dereito a frivolizar sobre o "feixe de libros" saídos do seu maxín e que xa pertencen ao patrimonio cultural da terra nosa. Cada un o seu e sin pasarse de listos, que as cousas son mais complexas do que estas virguerías virtuais que vos traedes fan ver ou deixan entrever.

Anónimo dijo...

Ou pagan ou non hai artigo, e non se fale mais.

Anónimo dijo...

De verdá que quen vai ir a un gulag é o burdo e borde imitador que me saiu e que escribe antes ca min. En Siberia non hai fornos crematorios, ignorante contrarrevolucionario, senón campos de traballo e reeeducación. Xa te enterarás, xa.

Anónimo dijo...

E o anónimo fantasmón que di que escribiu un feixe de libros (cómo non sexa un feixe de palla) tamén vai ir de verdá a Siberia a -40ºC.

Anónimo dijo...

Ha, ha, ha, ha. Xa sei quen é ese "anónimo fantasmón". E si, podo certificar que ten un "feixe de libros". O que pasa é que aínda non os escribiu nin os publicou, o cal é un detalle sen importancia, pero ter ténos no seu maxín, que é o que conta. E tamén acerta no de dicir que a súa é unha "obra digna", só que lle faltou engadir "... de nacer". Un fenómeno que nunca aprenderá a escribir sen cometer faltas de ortografía. Ha, ha, ha, ha. Está ben, machiño, está ben. O de hoxe é para nota, superácheste a ti mesmo.

Anónimo dijo...

Se é o mesmo que penso eu, é un tipo incapaz de facer un O cun canuto, amais dun aburrido. Iso si, froito do seu delirio de grandeza crése mellor que Rivas ou que calquera outro do mundo mundial. Criatura.

Anónimo dijo...

Que criaturas mais tenras pululan por este blog. Que pardilliños que sodes. Que fácil é xogar con vós e confundirvos.

Dame a min que o Anónimo do (SÁB, 12:36:00 PM) e o do (SÁB, 01:28:00 PM) son o mesmo, pero que nada teñen/ten que ver co Anónimo do (SÁB, 03:31:00 PM), de igual maneira que o do (SÁB, 11:28:00 PM) non ten nada que ver co do (SÁB, 11:29:00 PM), ou que o que firma cachador non é o mesmo que o Anónimo do (DOM, 12:42:00 AM). E que outro Anónimo xoga a duas bandas polo menos. Isto dos Anónimos non hai quen o controle. O cachador escachado.

Seguide así, a cachar fantasmas, que dá gusto xogar con vós.

Anónimo dijo...

Os anónimos solapanse uns noutros, baixo a apariencia dun aparecen varios que se complementan.

Anónimo dijo...

O Anónimo Perfecto é o que ten un nick fixo, que lle serve de parapeito para desboblarse noutros Anónimos sen levantar sospeitas. Por exemplo, o que firma "cachador" non sei non sei se non será un de nick fixo e habitual do foro solaino. O cachador cachado.

Iso si, que mais quixéramos que todos os Anónimos foran tan educados como estes de por aquí.

Anónimo dijo...

Os anónimos non somos ninguén, somos todos uns mindundis, uns inadaptados, uns acomplexados máis ou menos rabiosos que tiramos a pedra pero nunca acertamos o branco. Non temos voz nin voto, ninguén nos fai caso, somos uns fracasados, poucos temos sentido do humor, andamos pola rede como almas en pena. O noso sino é vagar e vagar, e facer o parvo moitas veces.

Anónimo dijo...

O das 11:14:00 AM cae no ridi coas súas deduccións, facendo o que fan outros.

Anónimo dijo...

O que vai de Cachador é o tonto do Apicultor.

Anónimo dijo...

Sodes parviolos ou que? Chega o de sáb jul 12, 12:36:00 PM e xa lle entrades ó trapo. Tras del ven a recua de anónimos insulsos a escarallar o posts coas súas chorradas. É que non sabedes pasar do spam?

Anónimo dijo...

Outro spam ás 04:16:00 PM. Pasade del, non lle fagades o xogo.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

É unha rasa entolesida.

Anónimo dijo...

Boto de menos a Jimy de Rairo. Ondandará?

Anónimo dijo...

I ese de que rasa é.

Anónimo dijo...

E quen é Jimmy de Rairo?

Anónimo dijo...

Un pensamento aínda moi válido nestes tempos
ALFREDO CONDE

Non debe ser casualidade ningunha, digo eu, que a Medalla de Ouro de Galicia fose este ano pra Editorial Galaxia e máis que a RAG decidise o nome de Ramón Piñeiro como o que ha ser obxecto de conmemoración no Día das Letras Galegas do 2009. Só falta que o Governo de Galicia, que o temos, tomara a decisión de suprimir o tal día 17 de maio como festivo convertíndoo nun día laboral máis; adicado por enteiro á conmemoración e celebración, nos centros docentes, dunha figura que conquireu, na maioría dos casos, como é o deste ano, que ese día a moitos se nos antolle máis de traballo, mesmo de traballo arreo, que de nugalla e festa.

A figura de Ramón Piñeiro, o tan recordado, foi e segue sendo capital no canto de desenvolver unha comprensión da galeguidade e do galeguismo acorde cos tempos que corremos, que aínda corremos, pois o seu pensamento segue a ser válido hoxe tanto como o foi onte. Acaso suceda así porque non soubemos, non puidemos e mesmo algúns non quixeron facelo válido ata as súas últimas consecuencias. Ou mesmo non souberon velo na súa total integridade.

O feito de que agora a RAG, atendendo unha proposta que sen dúbida seguiu a canle institucional precisa, decida que se produza tal acontecemento supón a posiblidade de someter a debate, a debate serio, rigoroso e documentado, a figura e o pensamento piñeirista, que algúns chaman galaxista e ó que outros lle din culturalista. Non está mal, ó cabo do tempo, a tal e última denominación, pretendida e pretenciosamente pexorativa. Menos aínda nestes tempos de manifestos, no que algún deles e singular, é escrito sempre con letra capital, como se fose o manifesto dos manifestos, a Biblia ou así, el, o tan intelectual. O debate debe producirse. Debemos saber cál é a nosa actitude verbo da cultura que nos é propia e da que compartimos co resto dos españoles.

É necesario que se produza ese debate. Quizáis así se evidencie, un chisco máis, a necesidade de que antigas e abandoadas concepcións e prácticas do galeguismo sexan retomadas por alguén máis que polo sector máis moderado e cabal do BNG; é dicir, polo partido do presidente Touriño que turra, xunto con Xosé Blanco, xa ven, pero non o abondo, dun colectivo ó parecer bastante renuente a esta clase de compromisos coa realidade galega. Escúsase advertir que tamén polo PP que tan lonxe se atopa hoxe sequera de aludir á pretensión de levar a ramo aquelas propostas de administración única, reforma do Senado e ampliación das augas terrioriais galegas ata as catorce millas náuticas, fóra de puntas, que tantas ilusións espertaron nalgúns inxenuos, entre os que lóxicamente me inclúo. E iso é o que hai, a realidade galega a estudio, de novo gracias a Ramón Piñeiro e maila xente que o recorda.

ac@alfredoconde.com

Anónimo dijo...

Jimy de Rairo é o que está a facer un artigo sobre Piñeiro moito mellor que o do Rivas. E sen cobrar.

Anónimo dijo...

Vai ser toda unha revelación.

Anónimo dijo...

Bágoa entón que non cobre. Pero eu non teño visto nada editado con ese nome, trátase entón dun autor non editado, ou dun escritor ágrafo?

Anónimo dijo...

Que responda el, que por aquí anda.

Anónimo dijo...

Un escritor ágrafo é como un cantante que non canta.

Anónimo dijo...

Ou como un apicultor sen abellas, un pastor sen ovellas, ou unha grande persoa sen amigos.

Anónimo dijo...

Se non escribe, mal pode aparecer por aquí, e moito menos cometer grallas de orografía.

Anónimo dijo...

Ou é todo moi confuso ou aquí hai gato encerrado. Moito cachondeo me parece a min.

Anónimo dijo...

A min dixeronme que Ónega é Rairo.

Anónimo dijo...

A min que actuou en Ortigueira, non sei se escribindo, pero cantando si.

Anónimo dijo...

É asesor principal do novo director da CdC. Xente importante e moi vingativa. Coidadiño.

Anónimo dijo...

Como anda o patio!

Anónimo dijo...

"...e moito menos cometer grallas de orografía"

Poste a corda no pescozo ti sozinho: orografía non é o mesmo que ortografía. A orografía nunca ten grallas, o que pode ter é fallas.

Anónimo dijo...

Mais ben parece que o anónimo anterior é un pouco tolleito para as ironías.
E dise que é Onega, pero non Fernando.

Anónimo dijo...

Segundo información mais de fiar, é home moi cercano a Xacinto Rei e asesor oficioso de Anxo Quintana, e tamén moi proximo a Suarez Canal para certos temas que atañen a relacións politicas "sui generis".

Anónimo dijo...

Hai por aquí moito cruce, non se entende e seguro que o gato xa liscou.

Anónimo dijo...

A min non me molestan os Anónimos, a min o que me molesta é a actitude de augafestas da maioría deles e o pouco constructivas que soen ser as suas intervencións. Normalmente, cando interveñen non é para aportar argumentos ao debate, senón para sumarse á cerimonia da confusión que algúns disfrutan orquestrando non sei se porque non teñen nada na cabeza ou porque a teñen chea de intencións perversas e o que pretenden é tronzar o foro en cuestión e a dinamica do propio blog, contribuindo así a estragar o bon ambiente que reinaba non hai moito e que desde o primeiro momento foi a premisa que quixo impulsar o empeño de Marcos Valcárcel. E non digo mais para que ninguén pense que son o comisario político do blog ou algo parecido. Moderémonos todos un pouco, aportemos os nosos puntos de vista sin insultos e con ánimo participativo e sairemos gañando todos. E quen queira facelo como Anónimo está no seu dereito, pero sempre desde o respeto e a vontade constructiva.

Anónimo dijo...

Eu pénsovos que o crítico de O'Rivas que ten tanta materia gris espallada nun feixe de libros consolidados como patrimonio intelectual da Galiza ven sendo, O'Caneiro. Ademáis, como O'Rivas, Cobra. Sempre.

De modo que non vos riades, nin provoquedes, porque ven sendo certo.

Kona!.

Anónimo dijo...

Concordo co Anónimo anterior. Creo que recuperar o bo sentido farianos ben a todos, incluido algún nick, famoso polas súas teimas, excesos e confusións. Concordo e colaborarei logo das vacións que enceto.

Anónimo dijo...

Dende logo que Caneiro anda por aquí, seino de boa fonte, e hai algunha confusión porque Caneiro é o que vai ser novo asesor en cultura.

Anónimo dijo...

Non, non é Caneiro. É outro moi, pero moitísimo menos coñecido. Case un descoñecido, case sen obra. Por iso disparou contra o Rivas. Outras veces fíxoo contra o Caneiro. Xa vos decatades por qué, por iso tan antigo como o ser humano. Esta é a verdade.

Anónimo dijo...

Quen anda por aquí é o de "A caneiro cheo". Poño a man no lume.

Anónimo dijo...

Eu referíame ao que puxo a caír dun burro ao Rivas e dixo de si mesmo que tiña moita materia gris espallada. Xa quixera el ter tanta obra como Caneiro... e é moito máis vello ca el. Ora, iso non quita que o Caneiro poida andar. Pode que mesmo sexa eu. Pero non.

Anónimo dijo...

Que lercheo de anónimos!

Anónimo dijo...

Ten sempre o mesmo modus operandi. Cando Marcos pon un texto dalguén coñecido ou prestixiado, el sempre o pon a parir en plan prepontente, pero nunca dando argumentos. Fixádevos o que dixo do artigo do Rivas: "O artigo de Rivas, é moi simple, sen materia gris, sen fondura, un mero relatorio adosado a unha imaxe naif. Aplana a Piñeiro e réstalle substancia". Sería unha opinión respectable se a continuación dixese cómo e por qué. Pero el queda tan campante. E cando lle piden que diga algo máis, que desenvolva o seu punto de vista, responde sempre con evasivas. Así fai sempre. Xa cansa a súa monodia. Actúa sempre como anónimo para ser difícil de detectar.

Anónimo dijo...

Recén arribo de unha "noite de viño e rosas" na Ziralla. Entendamos por "rosas" as efémeras estructuras coloreadas que no alaricano ceo nocturno deseñaba o "lume volador" clausurando as festas de San Benito, con banda sonora dunha nota só ("TA-TA-TA-TAA..."),repetida e desfasada con respecto ós resplandores estroboscópicos.


Anónimo (dese por aludido o que proceda): no meu caso, escusa pôr o reclamo "?". Eu teño un total de CERO obras publicadas. En canto a coñecementos, teño os que teño, e non llos cambio polos seus, como imaxino que vostede non os cambia polos meus. Como se foran os nosos pais e naes, por poñer un exemplo.



Escribir, editar e publicar un libro é, técnicamente, bastante sinxelo hoxendía. Como un disco. Como fabricar calquer producto, en xeral. Xa non estamos na época da producción. Estamos na época da "venta", nun senso xenérico. A dificultade está en facer que o "producto",un libro neste caso, sexa escollido pola xente entre un milleiro de outros semellantes. Semellantes desde a óptica do leitor, non do escritor, que pensa sempre que a sua "criatura" é mellor que tódalas demáis. Anque xa o editor,"símbolo-masa" do público, se encargue de decirlle que "só é un home", e que a súa obra é, en principio, unha de tantas.
Escritor non é quen escribe libros , senón quen é considerado como tal polos demáis, demostrándollo dese xeito tan prosaico que consiste en comprarllos. Porque a única escrita verdadeira é a escrita no cerebro humano. Se queda polo camiño, non é escrita.
Comprende agora por qué non teño obra publicada?. Pra ter que "comela" eu, prefiro non levar o traballo de escribila. Cerro os ollos, e xa a disfruto eu soliño, na miña cabeza, sen "darlle o coñazo" ós outros.

Anónimo dijo...

O anterior anónimo era eu, que veño, algo afectado polos viños.

Anónimo dijo...

De verdá que agora o entendo todo e que o culpable é o tal Jimy de Rairo que vai ir a -40ºC a Siberia nun gulag por chuleta, fastasmón e faltón. E que os outros non se me poñan tontos, que á mínima van tamén para o mesmo campo de reeducación.

Anónimo dijo...

Beria, se te pillo unha destas noites , m�toche a cruz

Anónimo dijo...

E quen será ese Jimmy de Rairo do que tanto falan e tanto culpabilizan, eu nunca lin nada del nin aquí. Será unha pantasama.

Anónimo dijo...

Polo visto é un fantasma que escribe como anónimo para que non o recoñezan e que antes firmaba desa maneira. ¡Vaia paxaro!

Anónimo dijo...

Estase a construir toda unha teoría da conspiración. Os foreiros mais vellos refirense a un tal Jimmy de Rairo, como causante de certas perturbacións comunicativas, personaxe a quen a maioría non recorda e do que practicamente nada se sabe, semella case unha explicación mítica. Ao final esa personaxe vai ser o principio do ben ou do mal, e vai ter dito até o que non dixo, no suposto que dixera algo. Todos os anínimos un pouco esvíos van ser tamén o tal personax., e ao final vai ser o causante de todo, estar en todas partes e inducir a todas as practicas que sinalen estas persoas poseidas polo mito de Jimmy.
Contención señores, menos paranoia e mais practica comunicativa.
A Rivas téñolle lido artigos extraordinarios, pero non precisamente este, do que tampouco gosto, e por iso, non creo que haxa que pedir mais explicacións que as que se acostuman a dar nun blog.
Confeso que son o anonimo que suplantou a Beria, pero fixenno porque comezaba a correrse o rumor de que se estaba a construir a lí un forno crematorio. A contentación de Beria tranquilioume moito, e non sabe como lle agradezo que tan só me condene al gulag para reeducarme. Agardo que no pouco tempo libre que teña, se me deixe ler os libros que me peten, que que non se me meta a reeducación na lectura, senón, case prefiro o forno crematorio.

Anónimo dijo...

¿Eres ti o pelma ese do Jimy de Rairo?

Anónimo dijo...

Ese Jimmy só existe na mente dalgúns contertulios, debe de ser un mito.

Anónimo dijo...

Jimmy de Rairo é a ánima en pena de Ramón Piñeiro.

Anónimo dijo...

Pode...

Anónimo dijo...

pero ese tal Jimmy non é todos os anónimos, polo menos eu, e sei doutros que tampouco son Jimmy. Quen é pois Jimmy?, sospeitas, paranoias...

Anónimo dijo...

Eu non sei quen é Jimmy de Rairo. Pero sei que cando andaba por aiquí, ben valía a pena leer o que escribía, alto nivel, sí señor, en vez de tanto golpe de tecla botado ós porcos .

Anónimo dijo...

Jimmy de Rairo cando escribía con tal nick era bastante comedido e amable. Cando escribe como anónimo deixa saír a súa parte máis estúpida. Non todos os anónimos son Jimmy, pero Jimmy é un dos anónimos máis activos porque lle colleu gusto. O que pon a parir a Rivas ou Caneiro ou Ferrín, o que dixo que os da Mesa tiñan intereses persoais, o que di que Quin é un traidor, o que vai de etarrilla, etc. É tamén o que escribe seguido: 11:18:00 AM, 11:30:00 AM, 11:34:00 AM, 11:45:00 AM.

Anónimo dijo...

Miuda paranoia o deste último anónimo-apicultor co tal Jimmy. Paréceme que sobrevalora a Jimmy de Rairo.

Anónimo dijo...

Este cachador-apicultor-anónimo-preguntas e outros niks, sigo a dicir, precisa atención profesionalizada.Está demasiado obsesionado con Jimmy, posibelmente sen causa obxectiva, por simple delirio. Non son ningún profesional pero recoméndolle unhas vacacións sen internet.
Un dos síntomas da enaxenación mental é a incapacidade de discernir. Este pobre home na súa obsesión non distingue que baixo a denominación de anónimos escriben varias persoas, xuntaos todos no seu obxecto de delirio e atribuelle paranoicamente feitos e responsabilidades que so teñen como referente real a súa imaxinación.
Creo que comeza a ser desagradabel esta psicose. Mellor será que pare, ou como vou facer eu, non facerlle caso.

Anónimo dijo...

A min déixeme á marxe das súas lerias, paranoias e alusións absurdas, que ando noutras "batallas".

Xa vin que durante a fin semana houbo, e segue a haber, varias mencións disparatadas a min. A verdade é que agradecería que buscase outro candadato máis axeitado para admirar e deostar. Máis ca nada por non aburrir ao pesoal.

Desde logo non vou perder o tempo en desmentir as múltiples imputacións que ese anónimo obsesivo e reiterativo (sexa o tal Jimmy, Jimy ou quen diaños sexa) vai deixando polos posts adiante, teima que xa lle vén de vello.

Xa dixen unha vez que se alguén lle anda a tomar o pelo e a cachondearse del, non é cousa miña. Debería preguntarse por qué o toman a chirigota. A ver se cambia de disco, home, que este o ten raiado! Nin en verán acouga, por deus santo. Reláxese ou faga que llo miren.

P.D.: Non penso perder o tempo en respostar á previsible resposta que virá a continuación.

Anónimo dijo...

Estaba eu a respostar á mensaxe das 03:41:00 PM, cando volve á carga con outra ás 03:58:00 PM.

Pois vale, si, ten razón. Son eu, sempre son eu. Nin como, nin durmo, nin respiro, multiplícome por cen ou por mil. Contento? Vai acougar agora?

Anónimo dijo...

Moi ben Apicultor vai no bo camiño, pero váiase decatando de que ese Jimmy mentouno vostede e que hai moito tempo que xa non aparece por aquí. Deberia se mais cauto coas súas sospeitas, coas suas paranoias, e reprimir esa tendencia a sinalar chivos expiatorios. Pode ser perxudicial para a súa saude. Agardo non ter que respostarlle mais.

Anónimo dijo...

Sábeo todo de Jimmy o anónimo, logo é el, que estará a esconder

Anónimo dijo...

A min déixeme á marxe das súas lerias, paranoias e alusións absurdas, que ando noutras batallas perseguindo a Jimmy.

Xa vin que durante a fin semana houbo, e segue a haber, varias mencións disparadas contra min. A verdade é que agradecería que buscasen outro candidato máis fino, guapo e elegante para admirar e deostar. Máis ca nada por non horrorizar ao pesoal.

Desde logo non vou perder o tempo en desmentir(cousa que estou facendo) as múltiples imputacións que ese anónimo obsesivo e reiterativo (sexa o tal Jimmy, Jimy, jim, ji, j, ou quen diaños sexa, e que devezo por atrapar) vai deixando polos posts adiante, teima que xa lle teño de vello.

Xa dixen unha vez que se alguén lle anda a tomar o pelo e a cachondearse del, non é cousa miña, senón exclusivamente e taxativamente miña. Debería preguntarse por qué non o dou tomado a chirigota. A ver se cambia de disco, home, que este o teño raiado! Nin en verán acougo, por deus santo. Reláxese e faga que mo miren.

P.D.: Non penso perder o tempo en respostar á previsible resposta que virá a continuación pero como excede o meu pensar respostarei, xa o comprobarán.

Anónimo dijo...

Amigo Marcos: é imposible vir aquí e dicir algo libremente sen que veña este anónimo a boicotear. Ou controla dunha vez a este incontrolado ou o blog faise intransitable. Está tan omnubilado que non lle importa que todo se vaia ao garete.

Ten unha obsesión tan enfermiza que até perde o tempo -debe sobrarlle- en manipular infantilmente as miñas palabras (xa o fixo outras veces). E logo acúsame de que son eu quen anda tras del. É o colmo. Tampouco me estrañaría que fose el quen se contesta a si mesmo para facer ruído e darse importancia. É que non é normal o que fai, pero nada normal.

En fin...

Anónimo dijo...

Que din os rumorosos que Jimmy de Rairo é X.L. Baltar. Non teño a seguridade pero corre un balbor (de Fernández Balbor) que pensa que o alcume de Jimmy non é senon a dicotomía Jekyill/Hyde. E o de "as grallas de orografía" foi a frase máis sensata que escoitei dende o de "llevamos tiempo trabajando en ello" con acento de Texas.

Anónimo dijo...

E agora tamén dirá que son eu o anterior. Estáno tomando a coña e bótame a min a culpa. En fin...

Anónimo dijo...

Non, Apicultor, agora sei ben que és ti: Albert Hammond, coa versión aquela de "échame a mí la culpa de lo que pase/cúbrete tú la espalda con mi dolor..." Ou sexa, non és ti i traidor: o traidor sempre está nas obras de Shakespeare e non nos blogs.

Anónimo dijo...

Non, Apicultor, agora sei ben que és ti: Albert Hammond, coa versión aquela de "échame a mí la culpa de lo que pase/cúbrete tú la espalda con mi dolor..." Ou sexa, non és ti i traidor: o traidor sempre está nas obras de Shakespeare e non nos blogs.

Anónimo dijo...

Xa ve, amigo Chesi. E iso que non son tan "famoso" -en realidade nada famoso- coma vostede. Ándese con ollo, non vaia ser que comece a tomala con vostede.

(Doulle a posta a idea, a ver se me deixa en paz. Síntoo, pero é a necesidade de quitarse de enriba tamaña albarda. Compréndao, Chesi: hoy por mi y mañana por ti)

Anónimo dijo...

Todas as abellas son Jimy.

Anónimo dijo...

…pero Jimmy é un dos anónimos máis activos porque lle colleu gusto. O que pon a parir a Rivas ou Caneiro ou Ferrín, o que dixo que os da Mesa tiñan intereses persoais, o que di que Quin é un traidor, o que vai de etarrilla, de sionista, filonazi e amais un dos causantes da crise económica mundial. etc. É tamén o que escribe seguido: 11:18:00 AM, 11:30:00 AM, 11:34:00 AM, 11:45:00 AM

Anónimo dijo...

Se chora así, até a min me conmove, Chesi, Marcos, consolenno.

Anónimo dijo...

Non dar de comer ao troll, chámese anómino, Jimmy ou como carallo sexa.

Anónimo dijo...

Xa está o señor rencoroso consignas, o seu suposto troll, sería eu, e son unha persoa razonabel, sensibel e con criterio, capaz de comunicarme e de expresar as miñas ideas, que con vostede sexa dificil, non debe levalo a ostender esta frustración ao xenero humano, señor, non son un troll, son un ser humano que gosta do diálogo, o practica e o ten en grande estima.

Anónimo dijo...

Arrepiéntete pecador de la pradera!!!!!

Anónimo dijo...

Se me poño a arrepentir arrasaría a pradeira.

Anónimo dijo...

Sexo, drojas y rock and troll.

Anónimo dijo...

"son unha persoa razonabel, sensibel e con criterio, capaz de comunicarme e de expresar as miñas ideas, non son un troll, son un ser humano que gosta do diálogo, o practica e o ten en grande estima"


!!!!!!!!!mentirooooooooso!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Vanlle dedicar o día das Letras Galegas 2009 ao Tosar?

Anónimo dijo...

!!!!!Comprobeoooooooooooooooo!!!!!

Anónimo dijo...

O Tosar en Lugo, é unha tasca que fai anos daba as millores tapas de callos do Reino (suevo)
Non me extrañaría que lle deran o día das Letras se cadra en domingo.
Hai que empezar por algo tan pedestre como o estómago, ó mundo das ideas chégase cando se ten a andorga chea.
Imaxino a RAG en cerimonia
na Praza do Campo diante da casa das Pombas de A. Abel Vilela, libando Albariño e cunha tapiña de callos na man.
!Esa si que é muiñada¡

Anónimo dijo...

E agora aparece por aqui, sen arte nin parte o tema Tosar. Afinen un pouco a puntería Oh!, eso vai por outro fio.

Anónimo dijo...

Estes anónimos xa feden.

Anónimo dijo...

E o anterior mais que ningún outro.

Anónimo dijo...

Cumunismo: tódolos anónimos feden igoal.

Anónimo dijo...

Pero uns feden mais igual que outros.
O máximo fededor é o das 10:39

Anónimo dijo...

Eres tonto!
Si no te gustas es que no estás vivo
Eres tonto!
Pero eso es algo que nació contigo

Y mañana al despertar, saltar de la cama
Luchar tu mañana, mirar a la cara
Que no eres nada

Eres tonto!
Salir a la calle sin la tonteria

Anónimo dijo...

Que fío mais interesante. Que intervencións mais profundas e atinadas. Os Anónimos son a salvación dos foros, gracias a eles os foros fanse mais "biodiversos" e recobran a vitalidade perdida. Estou aprendendo mais con este fío que o que teño aprendido durante anos de visitar foros insulsos e afectados de corrección política. A min gústanme os foros onde os Anónimos "expresan" os seus "fedores" sin cortarse un pelo. Seguide así, que me tendes embobado con tanta desvergoña argumentalmente "fededora". Aquí tendes un fan para sempre.

Anónimo dijo...

Manda carallo! Acabo de saír do convento no que estou a escribir as miñas mamorias de "outra tumba" e entéirome, en mui má hora e a través deste blogue ourensao, que lle dedican o día feirado das "letras gallegas" (a ver se coincide en ponte y nos vamos de excursión) a Reimundo Pinarium, colabourador e outavoz galego da CIA e do imperio americán, alacrán desfacedor do Partido, descafeinador do inmorredoiro mensaxe de Danial (Castelado) e, en xeral, inteleitoal lexitimador deste galeguismo pseudogaleguista, ou sexa, á ideoloxía autonomizante e mineralizante dos sociolistos do Touciño Des-febrado e mais do Pepiño de Madride. Dixen.
MS

Anónimo dijo...

Hai por aquí moito traido, moito traidor e chivato.

Anónimo dijo...

Anónimo das 3:45:00 pm, eu tamén acabo de sair do convento, de Ursaria. Non será vostede o personaxe con quen vin a coincidir: o vicario xeral dos lexionarios de cristo.

Anónimo dijo...

--------------------------------------------------------------------------------

Ramón Piñeiro
a) Resistiu a opresión cultural do franquismo ao precio de anos de cárcere
b) Dignificou a nosa lingua traducíndoa a idiomas extranxeiros de prestixio
c) Foi o artífice da Lei de Normalización Lingüística
d Defendeu a Galicia rexeitando o estatuto do aldraxe
e) Teceu unha rede galeguista por toda Galicia, en tempos de penuria
f) Escribiu e viviu na clave de unir Galicia con Europa, desmarcándose do casticismo da cultura española fascista
g) Foi un exemplo de integridade moral
h) Non cobrou un can

Non pode resultar extraño que Ramón Piñeiro concite o aplauso unánime de todo o mundo, e que ata Ferrín, o seu rival de antano, nun xesto que lle honra, recoñeza hogano a súa figura exemplar.

Anónimo dijo...

Si, si... menudo alamento era o Ezra Pound... Con estes adevogádevos, mal vai saír parado o interfecto ao que lle dedican as letras gallegas

Non, fredulfo. Eu era aquel pelingrín de raza celta indoeurpea, que é a que a vostede lle gusta, que parou no mosteiro.

Vostede si que non deixaba de latricar... e iso que nos mosteiros, á hora da "refeizón", hai que estar caladiños.
MS

Anónimo dijo...

Fastídiame, pero comparto totalmente a opinión de Ezra Pound respecto a R. Piñeiro.

Anónimo dijo...

Pero entón non vai haber marcha, se atéFerrin xa no comezo aplausa, miudo aburrimento. Ala loas e loas, encomios, haxogafias, e o debate galeguismo-nacionalismo, outra vez sustrido baixo os oropeles.