12 jul 2008



O tempo.
Pan por Pan sábado 12 xullo. Imaxe: Venus de Willendorf.


Pois síntoo moito, de verdade. Pensando nos que xa están na praia: en Baiona, en Praia América, en Sanxenxo (por favor, non nos insulten co castrapo), en Muros ou en Fisterra. Como pasou o ano pasado, o mes de xullo anda chunguiño. Días de sol a medias, con nubeiros por todas partes, ás veces ben negros, e pequenas choivas de cando en vez. Quizais faga un tempo mellor nas praias, oxalá para os que están de vacacións. Ese tempo que vivimos pendentes da TV e dos mapas meteorolóxicos do telexornal. Eu non son ningún lagarto de praia, nin moito menos, pero nese tempo interrompido agradécese o sol para moitas cousas. Pero, que queren que lles diga? Para os que pasamos xullo na fochanca auriense, isto é a gloria. O paraíso: días fresquiños, ledos, aínda entre nubes. Nada que ver co bochorno doutros tempos. Síntoo moito, de verdade, pero ben contentos que estamos.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Anda vostede moi venéreo ultimamente.

Marcos Valcárcel López dijo...

pois si, creo que nunca usara estas imaxes das Venus prehistóricas e están saíndo en La Región estes días
ALonso del Real daba unha das súas primeiras clases desmitificadoras sobre as "Venus
auriñacienses esteatopígicas", que, segundo el, creo, nin eran Venus, nin auriñacienses, nin esteatopígicas...

Marcos Valcárcel López dijo...

Venus Esteatopígicas
De Sexualidad, la enciclopedia libre.

rigthLas venus son estatuillas típicas del arte paleolítico que representan a mujeres desnudas o semidesnudas.

[editar]Características
Estas figuras femeninas tienden a destacar de forma pronunciada los carácteres femeninos como son los genitales (vulva) y los pechos. Estas representaciones también se caracterizan por tender a la obesidad.

De este modo, se intenta destacar aspectos que en la prehistoria se consideraban relevantes. Destacando de este modo la importancia que se le daba al caracter fértil de la mujer y a la alimentación.

Sin embargo no se les presta atención a las extremidades, manos, pies, y tampoco a la cara.

[editar]Significado
Estas representaciones de mujeres, son un rasgo importante a la hora de comprender la sexualidad en la prehistoria.

Podrían considerarse tanto como figuras con un significado religioso o divino, como evocadoras de la naturaleza y la capacidad reproductora de la mujer o por otro lado como representaciones eróticas de la sexualidad de la época.

Obtenido de "http://www.sexualidad.es/index.php/Venus_Esteatop%C3%ADgicas"

Anónimo dijo...

Aiquí teñen outra Venus, galega.

Non sei se se conseguirá perceber tamén unha rapaza nova, coma no dibuxo similar habitual nos libros de psicoloxía "xestaltiana".

PREMER.

Anónimo dijo...

O Rivas detalla un "decálogo dos galegos" no seu libro "Os grouchos". Un dos puntos dí que "os galegos somos fillos da vieira, ou sexa, de Venus. O camiño das estrelas é un camiño de fertilidade".

Onte soñéi que, en tempos inmemoriáis, homes de toda Europa peregrinaban cara o Oeste, atraidos pola fama do que podería ser un "burdel prehistórico", en Finisterre.

Anónimo dijo...

Non está mal pensado, Xoan, por que esa historia do Santiago hai que cóllela con alfinetes.
E vostede que pensa hacia onde está por que Fisterra elle grande e hai que ir a tiro fixo.
Descarte Ribeira e a ría de Arousa que a teño xa moi traballada e a de Muros a medias.

Anónimo dijo...

Tamén soñéi que a Vía Láctea (Camiño do Leite) era o resultado da "cana ao aire" dalgún Deus nese burdel, que embadurnóu a Bóveda Celeste, sinalando así o camiño pra chegar a él.

Anónimo dijo...

Non home non, non era un burdel prehistórico.
viñan os bisontes e uros de centroeuropa pacer eiquí en tropel migratório porque era o lugar máis chuvioso e húmido de Iberia. Outono sempre verdescente. Mil ríos.

Nos os lobos vínamos detrás.

E detrás de nós viñeron os homes.

Anónimo dijo...

Cando o lobo acabou de crear o mundo, reuníu a todo-los animais da terra para discutir a creación do home.

"Indios Miwak, américa do norte"

Anónimo dijo...

O que máis me impresionaou da almibarada "penícola" bailando con lobos foi o tronar dos dez millóns de bisontes movéndose xuntos po-la pradeira.

Deixaron mallado o terreo aberta unha estrada.

Anónimo dijo...

Don Lobo: Faga favor, pregunte, fale, entre e contacto co arqueólogo munícipal de Narón.
Eu non lle digo máis nada.
Saúdos, grande xefe lobo.

Anónimo dijo...

El sabe, Vde. tamén sabe. O Sahara secou, e os eúscaros tiveron de emigrar. O noso país non secou.

Anónimo dijo...

Pozo de sapiencia. Alguén sabería decirme en que vila da galiza uns arqueólogos fixeron unha exposición sobre Etiopía e as semellanzas de algunhas culturas de alí coa cultura castrexa. Non hai moito, saíu na prensa. Pode que fose Cuntis ou algho parecido. Casas redondas,teito de colmo e outras semellanzas.

No tocantes a seca, veremos o que acontece con este trastocamento climático. Quenes secamos e quenes non.

Hai que ir ghastando amizade con Stadacona para que nos abra paso en Québec. Co derretemento dos glaciares aquelo mellora