Outro Manifesto, cargado de razóns: Galeusca
O texto completo
Manifesto da Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”
Perante o discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, a Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”, da que fan parte a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), quere deixar constancia do seguinte:
1. A realidade plurilingüe que conforma e dá existencia ao estado español, lonxe de ser entendida como unha “asimetría” ou deficiencia per se, está a reproducir de xeito transparente unha diversidade lingüística e cultural común á maioría dos estados que conforman a Europa plurilingüe.
2. O galego, o éuscaro e o catalán non son “inventos” recentes senón linguas que foron normais nos seus territorios e sociedades respectivas durante centos de anos. A súa desnormalización, a súa perda de usos públicos, non se produciu de forma “natural”, senón, mesmamente, por invasión da lingua que se decretou como oficial do estado, sen consulta nin acordo previo.
3. O artigo 3 da Constitución española garante a presenza desa lingua común para todos os habitantes do estado, mediante a esixencia a toda a cidadanía do deber de coñecer o castelán. Toda a cidadanía de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns asume na práctica esa esixencia, pois non hai persoa que non teña unha boa competencia en castelán, ora a teñan como primeira lingua, ora como segunda. Porén, respecto do galego, do éuscaro e do catalán a lexislación non prevé a obriga de seren coñecidos nos seus respectivos territorios, o que establece unha asimetría nos dereitos lingüísticos da cidadanía que quere exercer o dereito, que lles é recoñecido, a usalos.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
4 comentarios:
Ahí va la ostia. Si quieres saber si eres vasco, hazte un análisis, pues.AQUÍ.
jajajajajajajajajajajajajajajaja
Eskerrik Asko, Txakurra.
Canto rin...
E el existirá algún test para saber se eu son d'aldea???
jajajajajajajajaja
Vai unha anedota con piada.
Chéganlle á casa do Medela, na Ziralla, dous parentes "ibarreses":
-Carallo ,qué grata sorpresa!-berra o lobeirán-.Idesvos quedar moitos días?.
-Podemosnos quedar tanto tempo como queiras.
-Tan pouco???. Mágoa!.
Verídico, pasou con un casal de Durango.
Publicar un comentario