PAN POR PAN mércores 2 xullo. Ben-Cho-Shey.
Convidado por Jesús de Juana, tócame hoxe falar en Celanova de Ben-Cho-Shey, nos cursos de verán do campus. Personaxe fascinante o BCHS, por moitas razóns. O máis galeguista de todos os galeguistas, dixo alguén. Só falaba castelán cando non lle quedaba máis remedio, sinalou Fole. Con ese motivo tiven que revisar os seus libros e moitos dos seus artigos: escribiu centos e a metade deles en defensa do galego e contra o señoritismo que desprezaba o idioma de noso. Moitos dos seus artigos seguen tendo total actualidade: por desgraza. Non mudaron tanto as actitudes, as condutas. Persiste a diglosia: onte mesmo, nun faladoiro da radio, todos falan castelán ata que introducen dúas ou tres frases en galego. Frases que queren retratar o servilismo dos galegos ante o cacique. Un uso tópico, que consolida o prexuízo e asocia o galego á incultura, ó atraso. Que diría o BCHS?
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
11 comentarios:
Pois que esté inspirado señor Valcarcel, e agardo que teña un nutrido foro, cousa rara nestes tempos e nestas datas.
É un curso universitario no que se matriculan os alumnos con antelación e teñen que asinar asistencia. Como se nota que...
E os relatores non van a ver se lle vén a "inspiración", senón que levan a intervención xa ben preparada. Como se nota que...
Caramba, que burocratizadas andan as cousas...e eu sen enterarme.
Así son os cursos de verán. E así deben ser, digo eu, cun mínimo de seriedade (iso non é burocracia).
Deber, deberían ser mais motivados polo coñecimento, e mais entusiastas.
Algúns pensan que dar unha conferencia dunha hora longa é algo se deixa á improvisación. Non, señores, hai que traballala previamente.
O que di o anónimo anterior non se entende. Nótase que nunca deu unha conferencia.
Hai conferencias que ao non deixar nada para a improvisación, e faltas de ensusiasmo, aburren e chegan a ser un suplicio, improvisación referida a expresión, non aos contidos, a capacidade de incorporar no discurso o contexto.
Agardo que a conferencia de Marcos non sexa destas últimas, xa que é obligatorio asistir.
Home, creo que non, debeu gustar e dende logo non se foi ninguén.
E, polo xeral (agás algunha urxencia), adoito preparar as conferencias: coa de Ben-Cho-Shey levaba case unha semana, pese a ser un tema que coñezo bastante ben.
Marcos é un bo conferenciante: claro, ameno e didáctico. Xa quixeran outros envexosos.
Pois noraboa señor Marcos.
Publicar un comentario