24 jul 2008



Roupa interior,
de Bieito Iglesias
(ECG 24-7-08.
Imaxe: Caetano Veloso)

Por aproveitar papel e atenuar a deforestación do mato amazónico, acostumo escribir a man no envés de folios mecanografados. Este artigo redáctoo nunha folla que, pola volta, ten impresas as notas dunha partitura e quizais sexa esa notación musical subxacente a que me impulse a pór en solfa o concerto dos Ten Tenors, ofrecido o sábado á noite no Obradoiro. Tamén inflúe o feito de que ceamos na terraza (dá ás Hortas e ata ela chega calquera ruído orquestrado no casco vello), abouxados por un potpurrí de temas dos Bee Gees, Abba e Beatles mesturados con arias de Verdi ou Bizet.
A falar verdade, apenas identifiquei as cantigas, se dou aquí a relación de grupos ou compositores parodiados é grazas ás crónicas xornalísticas do domingo, que informaron do repertorio e de que "o grupo fixo as delicias de popeiros e amigos non puristas do bel canto". Aseguran os cronistas que os dez tenores australianos enriqueceron a lista canora habitual cunha escolma de cantigas populares españolas (as notas de Granada rebotaron na catedral e susurraron nas pólas das árbores de detrás do pazo de Raxoi, ata penetrar nos meus oídos como eses insectos ortópteros chamados cadelas-de-frade, que segundo a superstición do pobo teñen a cisma de furgar nas orellas). Non se descarta que en vindeiras actuacións en Vigo, Pontevedra ou Coruña interpreten A Rianxeira.
The Ten Tenors seica son novos e bonitos, adornos que convidan ás féminas a guindar bragas ao palco, asimilando os seus concertos coas touradas de Jesulín de Ubrique. As fans compostelás abstivéronse así e todo de tales expansións, talvez porque o nordés que sopra estas noites desaconsella quedar co cu á recacha.
O luns tocoulle actuar a Caetano Veloso e o cantor quentou o ambiente cunha entrevista na que declarou: "A lingua (no seu caso a portuguesa) marca toda a cultura!" Proferidas na Galiza, esas palabras son case revolucionarias. Por que? Porque moitos galegos falamos case brasileiro.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Por qué lles dará por Granada? Eu lembro como caso de aberración única unha interpretación do Coro do Exército Roxo desta mesma canción.
De todas formas, que non se queixe Bieito: o seu amigo X soportou unha noite enteira a King África en Cambados, na mesmísima praza de Fefiñáns. Que, digo eu, Patrimonio ou a Unesco, sempre tan celosos contra os estragos, algo terán que dicir.

Anónimo dijo...

O Einstein tamén desenrolaba as suas ecuaciós en sobres usados, porque lle daba pena usar folios noviños.

Cando eu era neno tiña un profesor que che pedia dous cadernos, un pró "sucio" e outro pró "limpo". Este último era o "oficial". Imaxino que o facía polo ben del, pra ensinarllo ó inspector de educación, máis que polo seu valor pedagóxico , obviamente maior no de "sucio".

E non me dirán que non presta ben máis,i é máis inspirador,escribir en servilletas dos bares que en impolutos folios "DIN A-4". Nunha berza tamén se apunta ben. Anque o bloc de notas por antonomasia é o calendario.


Eu, tolero "Granada" polo acorde fora de tono, emprestado do paralelo menor, en "GRANAAAADDDAAAAAAA tu tierra está llena....". É o acorde "bVI". O mesmo que aparece en "Torna Sorrento" en "...t´alluntane da stu CUOOOREE...". Ou o mesmo en "What a wonderful world", cando di "...and I THINK TO MYSELF...".
O acorde bVI é moi "mítico".

Todos vostedes de festa, i eu salio agora mesmo pra ir tocar, ganar unhos cartiños que boa falta fan.

Anónimo dijo...

Onde toca hoxe?

Anónimo dijo...

Toquéi, colaborando cunha orquesta de baile, nunha festa na que case toda a xente era emigrantes ou ex-emigrantes en México, non lonxe de Ourense. Paséino ben. Había unhas 600 persoas.

Tamén foi contratado un grupo mariachi desplazado expresamente desde Madrid, cós que compartimos cea,e mantivemos unha conversa moi agradable. Teñen acompañado nese estilo de múscia a xente como María Dolores Pradera, Plácido Domingo,Roberto Carlos, etc. E contáronos moitas anécdotas divertidas. Pero o que me chamóu a foi que , según me dixeron, tuveron que cambiar o seu nome inicial "Charros Españoles", porque perdían moitos contratos por culpa dese nome, sobre todo no País Vasco. Son ESTES.

E vou prá cama, que mañán tamén teño "bolo".

Anónimo dijo...

Iso avísase. Compartir, aínda que sexa cea, cun grupo mariachi é unha das miñas arelas. Se por riba me deixaran cantar, sería o máximo.

Anónimo dijo...

Pois éranlle moi bós.

O que tocaba a vihuela, un dos "alma mater" da formación, era un "coñeiro" de moito carallo. Véndese como o único "mexicano auténtico" do grupo, a efectos de márketing, pero a realidade é que nacéu na embaixada mexicana dunha cidade andaluza, non lembro adastora si Cádiz ou Xaén.

Contóu unha morea de chistes,a partes iguáis musicáis e sexuáis. Un deles, que non lembro enteiro e non tuven vagar de apuntar, foi este:

-si?
-fa do?
-fa do mi do?
-fa do mi do re sol fa!

Si o contan coa fonética i entonación axeitada, coma se foran nenos pequenos, enténdese:

-Si?
- Está "do"?
- Está dormido!
- Dónde está dormido?
-Está dormido en el sofá
-ETc...

Inda seguía un bó rato ,pero non lembro máis, mágoa de non apuntalo enteiro.Pero cotactaréi con él por internete pra que mo complete.
Si chega a estar vostede alí, ceando con nós, íbao pasar moi ben. Cuadróu que conxeniamos moi ben desde o primeiro momento. Cando chegóu a hora de ter que ir tocar, costóunos, do ben que o estabamos pasando xuntos. Sairon á deshora, no seu furgón, rumando a Lisboa.

Anónimo dijo...

Ea eu. Unda non espertéi ao 100%, vexo o mundo a cámara lenta.

Anónimo dijo...

Hoxe, creo que vou pra unha aldea de " celtas indoeuropeos", como lle chama un contertulio. Ás seis recólleme o furgón dos músicos. Non me extrañaría que pudera contarlles algunha anécdota mañán, desas que fan as delicias do dito axente secreto.

Anónimo dijo...

A terceira frase do chiste anterior, esquecina por a primeira vez. Sería: "do re fa do mi do?"="dónde está dormido?".

Anónimo dijo...

Para cando eu tamén contubernie, escollan por favor sala con dereito a cante. Que do lido aquí nos últimos dezaoito meses teño moita práctica atrasada.

Anónimo dijo...

sí, para que nos pase como a última vez que nos votaron dunha caseta do pulpo.