Arranxos e comentarios
No post desta mañá creo que o sistema non deixa poñer comentarios aínda: non sei o motivo. Mentres o amigo Xulio o arranxa, poden tamén trasladar aquí os seus comentarios sobre os artigos de Monxardín, Murado e Ponte (excusas polo imprevisto tecnolóxico). Se lles parece ben. E saúdos a todos os contertulios/as que se van incorporando: Apicultor, Arume, Xoán da Cova, etc.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
10 comentarios:
Todo volveu a normalidade, o blog acostumado ás vacacións costoulle volver a empezar... (je, je...)
O problema está arranxado
Que todos posteen ben, benvidos, abrazos a todos/as.
Graciñas Xulio.
Xa se admiten comentarios enriba.
Olá Marcos, olá Arume, olá Apicultor, olá Da Cova, olá González, olá Delapierre, olá Medela, olá todos e todas, que alegría saber que estades aí, por fin rematou agosto e xa estamos todos xuntos, sodes fantásticos, con vós a vida virtual é mais real e levadeira, xa pode ser primeiro de setembro e vir o pior dos outonos que o agarimo da Solaina afasta todas as tristuras e vence calquer contratempo... Esto es la bomba, hermanos míos.
Teñen vostedes que perdoar, pero cheguei polos cabelos, porque un compromiso ineludible demorou a miña chegada.
Cal é dos dous, Arume?
Ah, agora caio. É o que fixo as fotos!
A envexa corroe o espíritu, amigo Apicultor. A frase non é miña: é do meu ortodoncista de Como.
Como mola formar parte do "ETC" dos lectores das Uvas. E tamén este "auriensiano" pertencerá á elite?
Non se deixe levar polos ciumes, señorita Lourixe: só citei os primeiros que escribiron no blog dende onte...
E das pintadas anticlericais do "artista" de 77 anos!!, xa me gustaría a min saber quen foi. E el non sería un excrego? ou, ó mellor, ata un crego en exercicio...
Xa imos voltando ... case todos... Boto en falta no mapa que todo o sabe o puntiño vermello daquel observador que nos axexaba desde Australia... claro que aló van entrar na primaveira e non en tempo de vendima.
Publicar un comentario