15 oct 2008






























Do contubernio sanfroilanesco de Lugo


Deixo aquí estas fotos, enviadas por Arume e creo que da autoría de Ana Bande,

do Contubernio de Lugo, que tanto está dando a falar no blogomillo.

Eu non puiden estar pero agradezo enormemente as tan xenerosas palabras de Lándoa

e as crónicas ou comentarios de Aduanadas e do blog de Ana Bande.

69 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu pensei que coñecía a todos os residentes deste blog e resulta que non, a ninguén, ¡non coñezo a ninguén!
Xa, xa sei, son moi inculto, pero ademais diso, o medio éche ben enganoso.

Un saúdo dun lector curioso e mal fisionomista.

Anónimo dijo...

Kamarada Medela celta paleuropeo: quixera saber se o escudo que se atopa detrás da súa dona é da súa familia. E, en todo caso, se os peixiños que se albiscan son as tres troitas dos "Ghayoso" ou non.

Desemúleme a curiosidade.

Anónimo dijo...

Querido Lobo!!!!!!!
Non. É da familia do señor Delapierre, o caleidoscópico figalgo que nos convidou en Lugo, na súa marabillosa casa, si, unha casa, no centro de Lugo. O escudo pertence á súa familia, é dicir, estaba seica nunha casa no rural lugués, e foi traído para a cidade por perigo de desaparición, etc.

A miña familia política, Lobo, como creo que Vde. sabe, descende do terrible godo don Witiza, princeps do estado libre asociado da Gallaecia antes de rei da Hispania goda.

Non ría, home, non ría, élle certo. Alén diso, servidor e a súa señora somos republicanos. Evidentemente nada que ver con Azaña, Líster e Lerroux.

Anónimo dijo...

Lobo: Efectivamente, as troitas son o emblema dos Gaioso, segundo testemuña de don Xaime Delapierre.

Anónimo dijo...

Se o Medela é o segundo pola esquerda na foto na mesa, asegún o Lobo, e o XMG é o terceiro pola esquerda, o Arume debe ser o primeiro ou o cuarto pola esquerda, eu inclínome polo primeiro, e entre o do fondo e o primeiro pola dereita están o Da Coba e o Delapierre. O Delapierre debe ser o primeiro pola dereita. E ao mellor o Da Coba é o cuarto pola esquerda e non o do fondo. Que lío. As duas mulleres da mesa está claro quen son.

Anónimo dijo...

Precisamente, dacova é unha muller, ten unha "cova". Non se ría eu teño unha amigha na rúa que se chama Cueva Santa , a familia é de Valencia, e chamámoslle "santi".

Anónimo dijo...

Sr. Indagador:

De esquerda para dereita:
*Telémaco.
*Edipo.
*Xasón.
*Áyax.
*Ulises (aka.Capitão Willard)
*Circe
*Calipso
*Zeus

Nota: Fotografía tirada por *Penélope, en Ítaca (aka. Recatelo)

Anónimo dijo...

kamarada medela, eu non me río por o parentesco co Witiza, senon por as matemáticas. Vostede como eu, como todos, agás xesús o de galilea que descendía dunha pomba por parte de pai, temos dous pais ( pai e nai) e catro avós, e oito bisavós, 16, 32, 64, 128, 256, 512, 1024 etc...progresión xeométrica.

Tamén vale para o rei de España.

Cando chegha vostede, e eu, todos cheghamos, ós tempos do rei witiza encotrámonos con un par de millóns ou seis millóns de ascendentes. Hai un erro nesto, pero para entendernos válenos. Despoís outro día aclaramos o erro. E probablemente, non probablemente, certamente, encontrámonos que somos todos parentes. Non sólo eso, somos descendentes de moi poucos. Pero eu esto dígoo por outra razón. Se vostede, e eu, e todos, temos un antepasado ilustre, con perdón das suas caras (como dí o dr. Etxe) tamén precisamos de bastantes labregos, de varios curas, de unhas cantas putas, de asesinos, probablemente algún "innormal" que se lle levantou o xusto, como dín no meu pueblo, ( entre toda a poboación que necesitamos para construirnos, non podemos rexeitar nada). Perdonade pero entre os varios milleiros de ascendentes que necesitamos hai de todo, e non todos son O rei da papa frita. E vale tamén para o Borbón que borboriña palabras. Cando o borbón chegha a vixésima xeneración súa, como a miña, como a de dacova,como a de todos, e lle da 440 896 ascendentes,( eso acontece en seis séculos aproximadamente), Vai e eran todos nobles, non?. Porque vai despreciar a putiña, e o maricón e o psicópata e o frade putañero que necesitou para constituir esa poboación de ascendentes. Ou eran todos puros castos e listos e heterosexuais?. Hai unhas constantes matemáticas nas poboacións, e na vida, sabe.

E somos descendentes a partes iguais de todos eles, todos eles aportaron no seu momento a metade da súa xenética. Eu non sei se me explico. Por que mecanismo psicolóxico nos fixamos só nun, nun entre millares, dos apelidos que nos precederon?. Que nos precederon a cada un de nós.

Quere que lle dea unha explicación psicolóxica durísima?.

E estoume cabreando. e mira que somos parentes.

Teño que saber de que ano era o Witiza para calcular os millares ou millóns de ascendentes que tíñamos daquela e tíñamos que ir buscar prestados a Africa e parte de asia porque en europa non os había.( o error está no incesto, que o houbo, e en realidade non necesitamos tantos ascendentes tan pronto porque sempre houbo familiares metidos "no lío" e forzosamente eran os mesmos ascendentes, pero para o caso é o mesmo, esto non invalida o que quero argumentar).

Eu tamén teño tres troitas na familia, moi atrás, moi atrás, por eso as distingo. Pero tamén teño incontables dúcias de labregos analfabetos que contan igual. Nunha poboación tan extensa e numerosa, forzosamente hai de todo. E antes de que o pensedes, "máis cedo que tarde as persoas repítense", son as mesmas.

Esto apasióname , pero teño que deitarme, desemúlenme.

Primeiro parentesco constatado: o lobo e o delapierre.

O lobo comparte o seu primeiro apelido co segundo de Dacova.

Cando as análises xenéticas absolutas estén xeneralizada, en oito anos, ides flipar, porque nos van a decir de dous en dous: "compartides os primeiros antepasados comúns no século XVIII, ou no XVII, peor sería no XX.

Ehí vai, tírome sen paracaidas.

Anónimo dijo...

Coñezo ao terceiro pola esquerda pero non sei moi ben quen é

Anónimo dijo...

Lobo é GOD!

Anónimo dijo...

O terceiro por a esquerda é Juan Jacobo Russó. Pagecito dun tataranetinho político do rei Witiza.

Anónimo dijo...

jajajajajajaja
lobo chivato tamén é GOD
jajajajajajaja

Anónimo dijo...

Vaia, o Lobo Neghro calculando as potencias de dous, serie ben coñecida por os informáticos, entre outras cousas por dar, de dereita a esquerda, o valor "posicional" polo que se multiplican os "bits" no sistema binario de numeración. Pero nin bits nin tataravós: ningunha historia asociada a esta serie é tan fermosa como a do sabio que inventóu o xedrez, e que ridiculizóu ó rei persa que pretendeu pagarlle materialmente por a creación de ese fermoso xogo.

COñezo un truco de aparente "transmisión de pensamento" basado nesa serie, pero non é doado explicalo aiquí. Lembrádeme que vo-lo faga no próximo contubernio.

Anónimo dijo...

Indagador é un cotilla, un lercho. Quen máis dá quen sexa cada quen? Que teima a de poñerlle sempre nomes ás caras! Aquí o interesante, o importante, é o que diga cada quen. Todo o demais é lercheo de patio de veciñas.

Anónimo dijo...

Lobo Neghro, penso que todos os contertulios deste blog identifica fácilmente o pequeno erro de razoamento ao que se refire cando fala do número de ascendentes. Estánlle todos postos en campañas electoráis , e saben que o número de votos que acada unha candidatura non é necesarimente igual á suma dos votos que "traballan" os candidatos. Non sei se me explico eu.

Anónimo dijo...

De verdá que nun gulag de Siberia non se vive tan ben como nesa xuntanza de orodondos comensais, típicos produtos das clases medias e/ou funcionariais con posibles. Pra facelles un favor e que rebaixen volume e peso vounos mandar a -40ºC a que fagan traballos forzados e cunha dieta de auga chirla cunha codela de pan duro.

Anónimo dijo...

O lercheo é sanísimo, igual que os viños, as enchentas de vez en cando, o non-far-niente, de vez en cando, etc...afórrase moito en psiquiatras.

"Deixade que os lercheos vengan a mí", dixo nunha ocasión xesús, o de galilea.

ou..non era así?.

Anónimo dijo...

Non.


(Hoxe erguínme positivo)

Anónimo dijo...

Non cuadra Medela, segundo pola esquerda, cortando ferralla no mar de Arál entre adúlteras pasións Kyrianas. Unha escrita demasiado compulsiva e un bandullo no que remansa a paz.?.
O primeiro pola dereita é un xurista, sen dúbida, a performación non engana, ou un actor.
XMG, tipo manso e costumista, afabel, cadra, amais xa coñecíamos a súa face.
Arume, pinta de bisbador.
Da Cova, no centro, acaparando a escena, lucindo desperto un senso agudo e a promesa dun fondo de vida e experiencia, un películas.
Non me aclaro entre Lourixe e Ana Bande. A de pelo curto ten pinta de moi inquisitiva.
O Apicultor, o primeiro pola dereita, preparado sempre para a retranca.
Unha boa camada.

Anónimo dijo...

Delapierre, vd. e eu compartimos xenética. Un antepasado meu dr.de la Iglesia (era canónigo) "beneficiou" a unha gaioso das tres troitas. E despois a súa descendente fémia casou con un Fernández-Luaces da provincia de Lugho, quenes foron os introductores da pataca en Ghalicia.

Pero como lle decía ó Medela, hai que ter en conta tamén a todos os demáis. Acontece que a algúns por razóns históricas témolos mellor documentados.



Eu inclínome con moito respecto ante todos os meus antepasados. E rezo por eles.
Tamén o fixemos nun curso de meditación con un gurú indio. Inclinámonos físicamente e metafóricamente ante todos os nosos antepasados agradecéndolles a nosa existencia, (sen eles non sería posible). A mín prestoume.

Ademáis son devoto das ánimas. Voulles construir un altar na miña aldea. O primeiro peto de ánimas do século XXI. Sen afán recaudatorio, só de lembranza.
Medela, son reminiscencias celtas como dín?. O culto as ánimas.

Anónimo dijo...

Xenial, LObo Neghro, a idea do peto das ánimas. Xa me encargo eu da recaudación, vostede non manche as maus con esas cousas.

Cando se visita un lugar turístico agradable, gusta sempre gastar algo de cartos . Por eso son rentables os chiringuitos de venta de souvenirs, postáis, etc. tan habituáis neses sitios. Na provincia de Ourense sobre todo, hai un gran déficit de esa clase de servicio. Visitas a Ribeira Sacra, á que lle dan tanto bombo, e case non hai onde gastar un peso. Algús bares desperdigados onde tomar un café, e pouco máis.

No pedregal de Irimia, onde nace o Miño, sitio ben bonito, non hai onde gastar un can. Nin un vendedor ambulante vendendo réplicas en miniatura do pedregal. Nin CD´s "chill-out", có son da auga correndo por baixo das pedras. Nin libros mitolóxicos onde conten a historia dos homes adúlteros. Nin libros científicos que falen da morrena dun glaciar. Cando vou alá, volvo frustrado de non ter podido gastar nada. Nin siquera é lugar axeitado pra tirar unha moeda ás augas, e pedir un desexo. Bó sitio pra poñer outro peto, Lobo Neghro. Con deseño moderno e estimulante da "limosna compulsiva" mediante técnicas de "merchandising". A idea hai que levala a outros puntos, aproveitando en canto os resposables turísticos non tomen outras iniciativas.

Anónimo dijo...

Indagador, Oculto, Lura e demais lerchos e lerchas: Deixai de lerchear e non vos fagades ilusións, que as cousas ás veces non son o que parecen e non é tan fácil desentrañar aquilo que salta á vista nin debullar o que semella evidente.

Nin me creo que fora unha xuntanza contubernial, como afirma o González, nin unha reunión de negocios, nin unha bacanal de uvas vendimadas, nin que o segundo pola esquerda, o do verbo ciclónico e bandullo pletórico, sexa o Medela, nin que o do fondo sexa o Dacoba, nin que a do fondo da dereita sexa a Lourixe, nin que o Apicultor non estivera presente. Eu son un "excéntrico" e non me creo nada. Alguén pode dar fe que os da mesa son os prohomes das Uvas? Por non crer non me creo nin que a xuntanza tivera lugar. Madialeva, Recatelo.

A ver, cerebros indagadores e lercheantes, o primeiro pola esquerda, o que "probablemente" sexa o Arume, leva cabeleira auténtica ou postiza? Non vos parece que iso que leva na cima da cachola é un niño de estropallo ou unha guedella estrafalaria? Alguén pode asegurar que o primeiro pola esquerda vai naturalmente enguedellado? Pois entón que falades. Fixaivos ben e xa me diredes o que vedes. Logo falamos. Para min que se trata duns figurantes contratados por Don Marcos. A min esa melena dame que pensar, non me parece fetén, agacha algo sospeitoso. E así ata onde queirades. Aquí hasi truco, dígovolo eu. E se non reparastes nas miñas sospeitas, que fale o levantaminas ou rebentatrucos, o que "ao parecer" non participou na xuntanza de confrades, o inefable Apicultor. Que fale, que fale e nos diga que é o que ve nesa guedella deslabazada.

Bueno carallo bueno a min que non me veñan con contos. Nin o do bandullo "proeminente" é o Medela nin a do fondo da dereita é a Lourixe. Se a Lourixe é a mesma que a de Arroutadas, onde están as cereixas ou mazás? Que, onde están? Aquí hai gato. Madialeva, Recatelo.

Anónimo dijo...

I love "aquí hai gato"!!!!!!

Anónimo dijo...

Amigo Aquí hai truco (D.): eu non falo se non é en presenza do meu avogado. Pola conta que me ten.

Anónimo dijo...

Amigo Aqui hai gato (D.): tiña que poñer.

Anónimo dijo...

Voulle dar unha pista, amigo aquihaigato: eu non son o primeiro pola esquerda. Pero si pode ter razón en que o simulacro resultou convincente.

Anónimo dijo...

Pola miña banda, eu estou disposto a retirar todo. E a firmar calquera cousa.

Anónimo dijo...

Arume, non sexa cruel. Que máis ten... Tamén non estabamos a confabular a morte de ninguén. Fagamos feliz o rapas.

Aquihaijato: Aí lle vai.

Da esquerda para a dereita:

*John Lennon.
*Keith Luger.
*Edgar Allan Poe.
*Francisco de Quevedo y Villegas.
*El Capitán Trueno.
*Madame Blavatski.
*Frida Kahlo.
*Jaime de Mora y Aragón.

Que?
Contento y feliz, señor Aquihaijato?

Saúdos...

Anónimo dijo...

Apouviga vde., pistoleiro.

Anónimo dijo...

Aos que saben destas cousas:

Os viños deben de estar baixando por mor da crise, non? Porque hoxe, moi escéptico, merquei por probar un Ribeira del Duero cun prezo risible e, francamente, ten máis que un pase. Concretamente, tres pases. E xa me dá calor, uf.

Anónimo dijo...

Por fin un comentario de utilidade práctica. E como se dá en chamar tal xoia?
E perdoe a molestia. Vostede dealle máis pases, coma se fose o José Tomás da Ribera del Duero.

Anónimo dijo...

Encontro de menos a Leituga One & Doninha & Marcel Swann & Un dos anónimos

Anónimo dijo...

E a don Jimi, que estará de embaixador na república siberiana de Iakutia.

Anónimo dijo...

Amigo Medela, deixou sen contar o de aquel seu amigo que tiña unha filla chamada Polyanna. Faga o favor: remate o conto. Ou máis ben continúe. Non o remate, mellor.

Anónimo dijo...

Son un seguidor incondicional deste blog e nunca me preocupei por saber quen se esconde detrás de cada alcume. Confórmome coas opinións case sempre fundamentadas e respetuosas, e agurgullantes de intelixencia, coñecimento e fino humor intelectual, non sempre ben comprendido por todos os que se achegan a estas páxinas quero supor que coa mellor das intencións, dos seus participantes mais habituais, e o demais pouco me importa, por pertencer ao apartado mais íntimo e sagrado das persoas. Por iso non entendo o interese enfermizo que teñen algúns por coñecer a identidade real dos seres virtuais que comparecen cáseque todos os días nesta praza para satisfacción dos que nos queremos acostar pola noite sabendo un pouco mais do que sabíamos antes de acender este trasto que traspasa fronteiras e non hai quen pare. Que cousa mais bonita é o anonimato e non querer furgar na identidade dos demais, que se o segundo pola esquerda ou o terceiro pola dereita. Que manía mais detestable queres rebordar os límites asignados polo costume social da discreción. E con isto creo que xa dixen o que penso sobre a xuntanza do sábado pasado. Recatelo=Recato. E non morbo.

Anónimo dijo...

Eu, señor do aquí hai morbo, tamén lle respeto ós que o teñen e queren saber. Paréceme unha postura tan humana e comprensible como a contraria.
Coitados, teñen dereito a querer saber. E nós, a neghar , ou facer teatro.

Temos todos cabida.

Anónimo dijo...

Centauro do Lameiro!. Vai a miña muller e hoxe amediodía cóntalle a esa nena-hoxe-medrada-que-subía-no-cabalo-do-capitán -Eloy : "pásase horas falando nun ordenador co fillo de García, o pequeno".

Vostede xa me entende. E por riba non é exactamente certo.

Anónimo dijo...

jajajaja
Nada, un madeireiro deses da raia, xa sabe, Arume, deses homes que levan patillas en forma de machada, e que non as levan por estar na moda, senón que fan parte inseparable deles. (Ejem) un deses homes que mandarían á quebra as firmas que fabrican cremas anti-irritantes e anti-engurras para el hombre moderno de hoy, porque el cuidado de la piel no está reñido con la masculinidad.
Un deses homes, querido Arume, que aínda toma copiña con galleta pola mañá, antes de saír para o monte, coa centáurica carroceta e un pinche que fuma cigarros modernos, un operario português que leva un garrafón de viño canda el e o sempiterno concuñado lacazán que non hai quen faga bo del. Un deses home, xa sabe, camarada.

O dito cidadán europeo ten unha filla máis perto dos trinta que dos vinte... Unha filla que leva o preceptivo nome de María Benita; unha filla fisicamente normal, sexualmente moi activa; unha filla que mal di outra cousa que "Si", "Non" e/ou "Kas de limón", cando vén por ela o mozo, que acostuma levar unha pulseira de prata rotulada laconicamente "Benita", dirixíndose sempre a ela como "Tita".

As amigas chámanlle "Beny".

Polyanna apareceu de esguella, inesperadamente, cando ninguén esperaba cousa similar... Beny e Polyanna lévanse vinte e cinco anos, e a sombra da sospeita caeu inmediatamente sobre a esposa do cíclope das patillas, e a responsabilidade da desfeita apuntaba talvez a un garda noviño do Seprona, talvez a un contratista deses de "Reformas Paco"; nunca, nunca, nunca, se chegou a culpabilizar ao portugués, nin ao pinche pasota, o dos cigarros modernos.
Non deixou de ter certo interés etnográfico o bautizo de Polyanna; o pai, o das patillas, o Polifemo da Baixa Limia, parecía estar a punto de rachar co traxe, de resto, azul celeste. O cura lembroulles cortesmente que era preceptivo procurar o día do santo no calendario... Unha amiga da filla maior detectou o nome nunha novela porno-romántica desas que se venden onda a caixeira, no Lidl, talvez no Caprabo, e as veciñas preguntaban á avoa e logo como se chama a túa netiña e a avoa non daba pronunciado o nome madía leva a quen se lle ocurre agora póñenlle uns nomes aos nenos que non se dan pronunciado a avoa Saladina a neta Polyanna e o mozo da Beny apañou unha bimba no bautizo que lle tiveron que dar café con sal que as cousas non están como para conducir bébedo fóra de que ao das patillas lle chegara unha carta da AEAT onte á mañá mais non chegara a carta polo correo trouxéraa un individuo en persoa de no hacer efectivo el pago en el plazo de veinticuatro horas se declaran embargados los bienes que a continuación se detallan e estivo no punto de lle plantar lume á carroceta e máis á casa coa familia dentro e de fuxir para Portugal mais xa non era a primeira vez que lle pasaba e á Polyanna seica lle fala o fillo do da funeraria de Bande e o rapaz é morgado e os pais tamén son morgados e o das patillas ve luz no final do túnel nunca choveu que non escampase...

Anónimo dijo...

O meu irmao fíxome tío o pasado luns. A súa muller tuvo un fillo, e vanlle poñer "Selmo", inspirándose ao parecer nun río galego.

Anónimo dijo...

Xoan, vostede pola edá - Ana Bande dixit- xa está un pouco reteniente; Non lle dixeron Selmo, dixéronlle Anselmo.

Anónimo dijo...

De verdá que a todos os curiosos, morbosos, querer-sabelo-todo, lerchos, indagadores, cotillas, mandávaos eu a un gulag a -40ºC en Siberia pra que adiviñasen a cor do xeo e da neve.

Anónimo dijo...

Para enmarcar, amigo Homero da Lobeira. Quen pode escribir coma vostede hoxe en Galicia? Esas editoriais que andan por aí ciscadas, que fan que non o miman, que non van buscalo á súa casa? Vostede é hoxe o narrador máis potente, máis rotundo que ten Galicia. Afirmo en Vigo, a 17 de outubro de 2008.

Anónimo dijo...

Concordo con Arume, habería que sacar algúns escritos verquidos eiquí a outros espazos.

Anónimo dijo...

Os que escribimos aquí non somos os de Recatelo. Non confundamos os termos. Os do Recatelo foron de sanfroilán. Adoitan empregar os mesmos nomes e mesmo os mesmos caretos para a según a ocasión, pero aquí no blog non hai caretos. Aquí hai palabras, unha tras outra máis ou menos trabadas, que non teñen nin rostro nin corpo. Polo que a min respecta, I've never been in Recatelo (coma Portobello).

Anónimo dijo...

Eu ata antes do sábado tamén era incondicional deste blog, pero despois do sábado xa non o son tanto. ¡As horas que eu deixei de dormir por estar enganchado destas páxinas "subjudadoras"! Día e noite, noite e día, amarrado á dura pantalla das Uvas para detectar antes que ninguén calquer intervención ou movimento sísmico infinitesimal (esta expresión debinlla de roubar ao Da Coba, para que vexades o moito que vos teño seguido e o moito que me tendes influenciado) e ser o primeiro en disfrutar e aprender da sua lectura. ¿Que foi, pois, o que mudou en min para pasar da máxima entrega ao blog antes do sábado á minima dependencia despois do sábado? Pois pasou o que pasa sempre. Xa veremos como evolucionan dentro de min a dor e a rabia que nestes momentos me consumen. Que que é o que pasa sempre? Pois que os da primeira liña, é dicir, os que escriben, levan as medallas e laponadas sanfroilanescas e os da segunda liña, é dicir, os destinatarios dos escribidores, os que soportamos o peso da estrutura social e facemos posible que a interacción non se deteña e as cousas funcionen moderadamente ben, levamos os nabos de Lugo e non saímos na foto. A vós parécevos ben? Que sería de vós, os escribidores, sen nós, os lectores? Acaso as horas que nós pasamos aquí non son merecedoras dunha recompoensa gastronómica e fotográfica? Home, non me digades que non é para sentir rabia. Que, Lobo, Arume, Medela, tendes algo que comentar ao respecto? Claro, como vós sodes os fotoxénicos, aos demais que os fodan. As cousas do mundo non están ben repartidas. Hala, Medela, Homero da Lobeira (Arume), a posar y a chupar cámara, que es lo tuyo. "Vostede é hoxe o narrador máis potente, o bandullo máis rotundo que ten Galicia". Jejeje...

Anónimo dijo...

Dixo rotundo, seguro que querería dicir redondo.
Noutro orden de cousas estou dacordo con vostede, anónimo, e se soubera como comen aínda estaría máis desacougado.

Anónimo dijo...

Pero si é o mesmo, Delapierre, rotundo que redondo:

-Respostóulle con un "non" redondo.
-Déulle un ataque, e caéu ao chan redondo.

(Agora entra o XMGlz, ou o Arume, i explícannos a mesma orixe etimolóxica de ambas palabras).

Anónimo dijo...

Rotonda sul mare.

Anónimo dijo...

Arume!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Mandeeeeeee.

Anónimo dijo...

Nada, só preguntarlle se ten pensado xa onde é que vai ser o próximo contubernio.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estou a dubidar se no Galiñeiro ou se na Guarda. O pai Miño (coas augas do Sil) tira moito, pero desde o Galiñeiro con bó tempo vese o Empire State.

Anónimo dijo...

E aquelo que se falou sobre as estrictas normas de admisión?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Teño que irme agora mesmo pero despois xa lle explico o intríngulis. E non diga nada.

Anónimo dijo...

Medela, andas ávido de contubernios, aínda non pasou unha semana do anterior e xa estás pensando no próximo.

O que lamento comunicarche é que escusas seguir chamando por Leituga, Doninha e Marcel Swann, porque os tres abandonaron a vida vulgar e corrente que levaban para integrárense na Guerrilla Anónima que procura a desfeita das Uvas da Solaina e demais racimos culturaloides que asovallan o país, desde Lobeira a Mondoñedo pasando polo Recatelo. Estás a tempo de cambiar de bandeira. Logo non digas que non te avisei.

O Cabecilla Anónimo.

Anónimo dijo...

Por fin un lider entre os anónimos!!!!!!!, EU APOIO A "PROTESTA" DO COMPAÑEIRO ANÓNIMO, ¡¡¡UVAS CEIBES, PODER POPULAR!!!

Anónimo dijo...

Pois a min o que me gusta da internete é o lercheo, educado pero lercheo, estou encantada de ver que ademais de listos son ben guapos estes tertulianos, canas ben levadas, sonrisas agradables, sencillos a la par que elegantes, buen rollito en la mesa como en el blog, ou sexa, que eu tamén morro de envexa.
A verdade que teñen vostedes montado un bó rollito, Marcos merece moitos parabéns por ter conseguido isto.

Anónimo dijo...

Pois a min o que mais me gusta do internés é a capacidade que ten para turrar do neno ou nena que levamos dentro (ou que nunca deixamos de ser) e devolvernos aos tempos da nenez. E se non mira o Medela, o Arume, o Anónimo e outros o ben que o pasan xogando a contubernios e detectives. O mesmo XMG, home serio e profundo, titulou a sua crónica: Luzada Contubernal. Ti ves, no fondo son como nenos "contuberniados". A gran novela do Medela virá cando teña a todos os "comensais" das Uvas reducidos a nenos/nenas e prendidos/as da nenez. Unha novela de aventuras, por suposto.

Anónimo dijo...

O Sr/Sra "Son como nenos", no que a min respecta, bate no certo.
Grazas.-

Anónimo dijo...

Certo. Estou abraiado. A serio. É como unha procura comunal de niños de pardal, por parte da cuadrilla daqueles nenos de Lobeira que gozaban dunha libertade case absoluta; daquela cuadrilla semi-salvaxe que tanta reserva espertaba na miña avoa...
Grazas máis outra vez.-

Anónimo dijo...

Pra Arume dos Piñeiros:
Deixéille unha mensaxe no seu correo.

Anónimo dijo...

Velaí a clave do contubernio, amigo Nofondosoncomanenos. Pero déanos a súa dirección e logo o chamamos para a próxima, á que, por suposto, está todo quisque invitado.
Haberá altalena (mírese en De Mauro).

Anónimo dijo...

Vale, se hai que recuperar a infancia, eu aínda conservo o traxe de espadachín. Asistirei, pois, vestido de espadachín. Medela, xa podes ir buscando un mestre de esgrima, porque desta vuelta, hermano, vas a probar el acero afilado de mi espada de juguete.

Anónimo dijo...

Non o creo, Anónimo, porque Vde. tamén quere recuperar a súa infancia.
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Pra "na PORTHOS do tempo perdido", ARAMIS Arume, " no ATHOS son coma nenos" e "Tartañán" MEDELA:PREMER.

Anónimo dijo...

Son como nenos, acaba vostede de revelarme que os franquistas eran unhes infantiloïdes. Eu pensaba que estabamos a imitalos-arremedalos cos nosos "contubernios", e mire vostede do que acabo de decatarme. Unhes inmaduros. Chacho. A linguaxe que utilizaban hoxe fainos rir, "el aliento espiritual que le fué infundido en sus momentos augurales"...."el comunismo, diametralmente opuesto a nuetro régimen..lo repudiamos"..."hemos vencido a la pérfida Albión"..."contubernio xudeo-masónico"..Non se trataba dun xogo, pero aghora decátome de que non medraran ben. Aqueles homiños.

Escucha hombrecito: Wilhem Reich.

Xa verá aghora coas nosas adaptacións curriculares, aulas de desdobre, diversificación, apoio, tolerancia, educación para igualdade....que cidadáns máis cojonudos imos sacar no futuro. Boa xente, pero de competitivos nada.
Trocamos un infantilismo violento por un infantilismo memo.

ó mellor se seghuimos a xoghar máis, e máis, curámonos. Faltounos xogo?. Resistímonos a medrar?.(complexo de Peter Pan).

Eu ku che sei. A mín tamén me ghusta o lercheo ( reivindicoo) e o xogho. Fáltame un fervor?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Síntoo. Pero se non o digo, rebento. No Recatelo houbo momentos de gran tensión emocional. Houbo momentos de nostalxia infantil: unha regresión a ese punto G da existencia. E non podo contar máis. Medela, axúdeme. Anabande, auxíleme. Lourixe, vostede foi testiga dese pálpito telúrico. Delapierre, narre o extase do rencontro. Dacova, lembre a temperatura en graos kelvin alcanzada. Saavedra, rapsode o rauto amoroso. Veciños, acudide...

Anónimo dijo...

Si!!!!!

Foi estraño, primixenio, amniótico... Cando encontrei a Ana Bande, despois de trinta e seis anos, pareceume que o tempo regresaba, en vez de fuxir!

Co señor de Recatelo pásame algo estraño ao mesmo tempo que familiar. Non teño a impresión de acabar de coñecelo. Parece como se con el eu superase a dicotomía poliédrica esa de coñecer/non coñecer unha persoa.

Ana Bande botou unha lagrimiña e un servidor, case... Foi un shock, un varapau emotivo.

E con Vde, Arume, como se en tempos tivese tomado cubatas de veterano con Vde., da cabalo da sagrada cobra kundalini que une Lobeira coas Pontes de García Rodríguez, pasando por Canedo, Recatelo, a serra de San Mamede: É dicir, como se partillásemos un grande e terribel segredo e falásemos en lugares comúns como se tal cousa.

Arume: O capitão Ulises Willard Da Coba permaneceu en discreto silencio ata que desatou a falar en wolof, sacudindo as conciencias do suave sopor. Que underground!!!

E o prosista poético González, celebrando o San Froilán entre aquela tripulación foránea, porque a señorita Lourixe era e non era de alí; nin era nin deixaba de selo. E aínda contaba que os veciños da súa freguesía lle ofrecían produtos do país!!!
jajajajajajajajajajajaja

Sabía? O rescate emocional foi a atmósfera de profundo respeto, cariño e liberdade que alí se respiraba.
Pareciamos mesmo uns conxurados/as na Syldavia do século XIX, aprontándonos para eliminar a monarquía feudal e corrupta.

E a sombra do Apicultor planeando constantemente sobre nós.

Anónimo dijo...

"E a sombra do Apicultor planeando constantemente sobre nós".

E logo o Apicultor pasouse á aeronáutica? Xa lle pega o de pilotar cacharros voadores. Xa temos O Barón Vermello da Solaina. Bueno, o de vermello é un dicir.