4 oct 2008

Economía real (J.J. Millás, El País 3-10-08)

unha columna xenial deste mestre de columnistas (completa)

Ahí está el Papa, uno de los hombres más influyentes y ricos del planeta. ¿De dónde le viene toda esa realidad palpable de mármoles, automóviles blindados y alfombras persas? Pues de un individuo irreal llamado Dios, que acaba de inaugurar, por cierto, el año judicial con una misa y con una sentencia que prohíbe la apostasía. ¿Cabe imaginar mayor mezcla de realidad y ficción? Hay niños que mueren de manera real por un mandato divino (completamente irreal) que prohíbe las transfusiones de sangre. Por eso no nombraríamos jamás director de un hospital a un testigo de Jehová. Pero hacemos jefe de los jueces a un señor cuyo Dios detesta a los homosexuales. Quiere decirse que la justicia ha avanzado menos que la medicina. Y la economía también: la crisis real en la que chapoteamos es el resultado de algunos delirios financieros. Si los analistas emplean tantas veces la expresión "economía real", es porque existe la economía fantástica. Y no hay modo de separarlas. El problema es que los que padecen la economía real siempre son los mismos. Los otros se han fugado con los bonus a Miami.

166 comentarios:

Anónimo dijo...

Tanto como xenial?...

Anónimo dijo...

Redacción(A Nosa Terra) . Representantes políticos da esquerda abertzale, entre os que se atopaba Arnaldo Otegi, participaron hoxe na manifestación convocada polo Movemento prol Amnistía e que congregou a miles de persoas en Bilbao.

Cargando manifestación abertzale en Bilbao contra a ilegalización das organizacións da órbita de HB manifestación abertzale en Bilbao contra a ilegalización das organizacións da órbita de HB A marcha finalizou cunha alocución do ex preso e ex deputado de HB Angel Alcalde, na que acusou o presidente do Goberno central, José Luís Rodríguez Zapatero, de "usar politicamente a violencia".

Na manifestación, que transcorreu tras unha pancarta coa lema 'Salbuespen egoerari aurre eginez, Euskal Herria Askatasuna' (Facer fronte ao estado de excepción. Euskal Herria liberdade), tomaron parte dirixentes de diversas formacións da esquerda abertzale: a parlamentaria vasca Nekane Erauskin (EHAK), Arantxa Urkaregi (ANV), Kepa Bereziartua (ANV), a alcaldesa de Hernani, Marian Beitialarrangoitia (ANV), a concelleira de Pamplona Mariné Pueyo (ANV), o ex secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga, así como Jone Goirizelaia, da mesa Nacional de Batasuna, e o histórico militante de HB Tasio Erkizia.

A marcha partiu minutos despois das cinco e media da tarde desde a Praza Aita Donosti de Bilbao e percorreu a distancia que separa este punto do Concello da capital biscaíña, mentres os participantes coreaban consignas en favor da independencia, da amnistía aos presos e en contra do PNV.

Ademais da pancarta que abría paso á marcha, numerosos manifestantes portaban tamén ikurriñas e bandeiras de Navarra, nunha comitiva que estivo controlada por varias unidades da Ertzaintza e da Policía Municipal.

Ao chegar ao Consistorio bilbaíno, Angel Alcalde e ex edil de EH no Concello da capital biscaíña Lander Etxebarria, deron lectura a un texto en castelán e eúscaro.

"Cruzada"

No mesmo acto denunciaron que o PSOE demostrou que está disposto a manter "unha cruzada" contra "quen constrúen Euskal Herria", polo que actualmente estase vivindo "un estado de excepción" no que "non existen liberdades".

Neste sentido, precisaron que "en Euskal Herria non hai democracia e chámase terrorista a quen traballa pola democracia, mentres que se considera demócrata ao torturador".

Tamén acusaron as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de "seguir utilizando as máis salvaxes torturas" contra os detidos, o que, ao seu xuízo, demostra que Rodríguez Zapatero e o ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, "usan politicamente a violencia" para "sacar información" e para "estender o medo".

Por último, a pesar de recoñecer que "choramos e choraremos", concluíron que "a súa loita" finalizará cando consigan "todos" os seus obxectivos: "unha Euskal Herria libre, xusta e euskaldun".

Anónimo dijo...

Moitas grazas, pero xa somos maiorciños e sabemos ler directamente as noticias de ANT ou de calquera outro medio. Estaría moito mellor que puxese a súa propia opinión.

Anónimo dijo...

Millás os venres e Rivas os sábados son os mellores columnistas da última páxina de El País. Sen parangón: auténticas pezas de orfebrería xornalística.

Anónimo dijo...

Orfebrería xornalística!, que cursilada.

Anónimo dijo...

De verdá que a todos os que escriben cursiladas (non se libra ninguén das Uvas) os remitía eu a un gulag a -40ºC en Siberia pra que se lles pasase tanto lirismo de fin de semana.

Anónimo dijo...

Esto está cheo de lobos pedantes e cursis.
Uló o lobo da xente.

Anónimo dijo...

Anónimo, non sexas tan "suscetible", o Apicultor o que quixo dicir é que os dous escriben con verdadeira "febre" xornalística, que iso é o que ven significar or"febre"ría.

Anónimo dijo...

Un bo artigo, aínda se critica á igrexa mais o sistema capitalista nesta "uvas" non hai quen o toque.

Anónimo dijo...

suscetible ?

Anónimo dijo...

Oes anónimo das 10:50:00 AM, eu non teño nada que ver co que se dí eiquí.
Nunca asinei como anónimo, agás unha vez que quixen facer unha paradoxa.

Pero prefiro O Millás ó Rivas. Anque tamén me deleito co Rivas.

O que máis me irrita é a covardía dos anónimos. Sodes aghresivos, carallo, como todos os medrosos.

Vistes un lobo atacar a xente?. Nunca, contos. Porque son afoutos.

Bueno, bueno.....

Anónimo dijo...

Sueva, a veces tócase o "capitalismo" de refilón.

Cando caeu o "comunismo" e parecía que o outro sistema, o noso, non tiña competencia, alguén alertara precisamente de que podía acontecerlle o mesmo. Pode que o feito de non ter competencia, este éxito en solitario tantos anos, falto de alternativas, nos levase a un descontrol que aínda non sabemos cando remata nin como.Sorkomy dixo que había que refundar o capitalismo, él paradigma da dereita do capital.

Eu entro no meu centro de traballo po-las mañas facendo teatro; frótome as maus e preghunto: "que, cantos bancos caeron?...Caeu o capitalismo?...vendo os meus compañeiros lendo o xornal..

Eu como lle SON un campesiño vindo dunha sociedade autártica, quero recuperar cousas válidas do pasado. Este contexto pode axudarme.

Anónimo dijo...

Que o capitalismo remate fundando unha seguridade social para as perdas e manteña o libre mercado só para os beneficios, e direccione as clases populares cara unha competencia laboral con situacións semiesclavistas, dime que tocou o seu límite como sistema, que é incapaz de autorregularse. Estamos ante unha situación de capitalismo dirixido, onde o mercado e xa un soño romántico, un mito.
A nova orde:
Estado-mafia-oligarquiás ten os seus rostros en Berlusconi, Angela Merkel...caretos dun novo autoritaismo previo ao totalitarismo que se aveciña, mais, pode que a salvación veña de U.S.A., onde se está cocendo un novo soño, e non exclusivamente americano.

Anónimo dijo...

Os cambios virán dos U.S.A. atentos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Mentres funcione o dereito romano e con el o concepto mesmo de propiedade, haberá capitalismo.

Anónimo dijo...

e mentras tanto os sindicatos e os partidos de "esquerda" dormidos, sen dar alternativas. Asumiron o discurso dos capitalistas como propio. Para eles este é o mellor sistema. Un sistema que provoca pobreza, inxustizas, e destrúe o planeta...

Anónimo dijo...

Pero claro, o CHE era un tolo, non?. Pois eu penso que era un home moi xeneroso, bondadoso, capaz de sacrificar a súa vida por un ideal de xustiza universal, como tamén o foi o noso guerrilleiro Gayoso e outros moitos e moitas mulleres que deron a súa vida e o seu benestar para favorecer os desfavorecidos deste sistema.

Anónimo dijo...

O capitalismo non era o sistema de producción romano.
A propiedade, non vai necesariamente ligada ao capitalismo, e menos ao tardo ou terminal capitalismo que coñecemos.A propiedade redefínese nos albores do mercantilismo, protocapitalista, anonimízase e impulsa un novo sistema de producción, comercialización e relacións sociais.
O capitalismo non é eterno, Roma tampouco.

Anónimo dijo...

Pois si como Moncho Reboiras e os militante de ETA.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Interesante a expresión impersonal para explicar o paso do dereito romano da propiedade ao protocapitalismo e daquí ao capitalismo e, por suposto, ao postcapitalismo en espera do postpostcapitalismo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pode un sentir máis ou menos admiración, afinidade ou simpatía por unha persoa, pero o contacto cos seres humanos amosa que ninguén é perfecto, que ninguén resulta exemplar. Que máis ben todos (algúns máis, outros menos) tendemos ás sombras. Os mitos para quen os traballa.

Anónimo dijo...

O post-... ten unha pobreza denotativa e connotativa tan grande, que é completamente superfluo, polo que evito o seu uso. Non dí nada.

O contacto coas persoas, si, pero cos deuses...?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu deuses non vin. Pero eu non son lobo. Polo de agora, aínda que noto que comezo a mexar ao redor das miñas roupas estradas polo chan...

Anónimo dijo...

O capitalismo, señora Sueva, é, en efecto, "un sistema que provoca pobreza, inxustizas, e destrúe o planeta". Pero o comunismo -o socialismo realmente existente- tamén provocaba moita pobreza, moitas inxustizas e destruía o medio ambiente... e ademais non tiña liberdade.

Daquela, hai aquí un problema de moito nabizo...

Anónimo dijo...

"Eu deuses non vin"

Arume non me diga que non mirou a Scarlett Hohanson.

"pero o contacto cos seres humanos amosa que ninguén é perfecto"

Como ese contacto non se vai producir mais que polo eter mediático, Scarlett é a súa deusa, ou non?.

Anónimo dijo...

AH, agora hai liberdade!!, por iso no Estado Español se ilegalizan partidos políticos e se meten no cárcere a persoas polas súas ideas. Xa, xa...Liberdade para facer apostasía e que non se reflicta nos documentos... liberdade de información ? etc, etc. aínda hai moito que roer. Sen falar dos grandes prexudicados que son os habitantes do denominado "terceiro mundo"...

Anónimo dijo...

É certo que todos temos sombras pero uns máis alargadas que outros. Eu non falo de mitos. Son homes que deixaron as súas familias, os seus fillos e se sacrificaron para loitar por unha maior xustiza.

Anónimo dijo...

Hai que aplicarlle a dialéctica ao nabizo.
Nabo, nabizo e grelo.
Logo do nabizo virá o grelo, logo noutra fase mais elevada que a anterior de novo o nabo, que terá o seu contranabo: o nabizo, de seguido a síntese, o grelo, na espiral da historia.
UPG UPG UPG.

Anónimo dijo...

Se empezamos, tal como resulta habitual, a mesturar planos, o resultado non pode ser máis que crear máis confusión.

Falar de ausencia total de liberdade nos réximes comunistas non implica automaticamente pensar que a liberdade sexa total, plena e perfecta nas democracias con economía capitalista (ou de mercado). En absoluto.

Polo demais, o comunismo non foi quen de solventar o problema de creación e redistribución da riqueza. O que, sumado á falta total de liberdade, non deixou máis ca un panorama de desastre e desolación.

Noutra orde de cousas, o termo "Terceiro Mundo" é hoxe por hoxe equívoco, na medida en que subsume unha ampla variedade de casos -de moi diferentes niveis de desenvolvemento económico e e de democracia política- nunha única etiqueta simplificadora. Dito noutras palabras: Brasil (ou Arxentina) ten moi pouco que ver con Somalia.

Finalmente, manter a estas alturas unha retórica romántica do voluntarismo revolucionario deses "homes que deixaron as súas familias, os seus fillos e se sacrificaron para loitar por unha maior xustiza", non achega nada ao debate nin propón ningunha solución. Porque de todos é sabido que o inferno está empedrado das mellores intencións. E ás crúas réplicas da historia me remito.

Anónimo dijo...

Algo cheira a podre no capitalismo.

Anónimo dijo...

O peor non é o capitalismo senón a apatía da esquerda que non ten alternativa que ofrecer.
Dos capitalistas xa se sabe o que podemos agardar, xa coñecemos a súa ideoloxía e o que son capaces de ofrecer.
A verdade é que non hai esquerda política, hai unha esquerda retórica e lamentona, lambetona do capital.
Se alguén sabe dunha esquerda que pague a pena, que avise, agradecido de antemán.

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor, non creo que a estas alturas e co que está caíndo sepoida xa falar de que exista unha economía de mercado, a non ser que se queira mistificar.
Falar de terceiro mundo é unha expresión, pode chamarlle como o prefira.Hai países moi diferentes, xa o sei. Eu estoy a referirme a ese real 80% da poboación mundial que ten que sobrevivir co 20% dos recursos planetarios. O outro 20% da poboación, entre os que me inclúo, consumimos o 80% dos recursos. Cada un elixe a súa opción, eu prefiro manter a estas alturas unha retórica romántica do voluntarismo revolucionario que caer na apatía de que nada pode cambiar, e estamos no mellor dos mundos posibles.

Anónimo dijo...

onde di "mistificar" debe dicir mixtificar.

Anónimo dijo...

Estamos o mellor dos mundos posibles porque eu estou no primeiro.

Anónimo dijo...

Por favor lobo das 11:34, 11:39, 12:06; 12:09 e 1:21; non é que esté en desacordo contigo é que eu levo asinando un ano como lobo negro e toda unha caterva de derivados. Incluso en latín, perdona pero irrítame moito que utilizases ese pseudónimo porque eu tamén o utilicei algunhas veces.

Síntome aldroballado, non sei quen es e anque sexas amigo, que non o sei, paréceme non só de mal gusto tamén un atropello. Non fodas busca outro nick. cona.

Supoño que os que teñen hábito de ler se decatarían, Arume, Marcos, Api....confirmádemo.

Anónimo dijo...

Si que se pode falar hoxe de economía de mercado (ou capitalista), por moito que estea caíndo. A economía de mercado non é incompatible cunha determinada intervención do Estado (e subliño o de "determinada"). É máis, se descontamos os casos de "capitalismo manchesteriano", o Estado, por acción ou por omisión, sempre foi -sobre todo nos últimos sesenta anos- un axente económico de primeira magnitude. Polo tanto, non hai ningunha mixtificación nin ningunha mistificación.

Verbo de "manter a estas alturas unha retórica romántica do voluntarismo revolucionario", debería decatarse de que hai retóricas que só cumpren a función de tranquilizar as boas conciencias, pero que non achegan ningunha solución real a ningún dos problemas existentes. Cumpren, paradoxalmente, unha función conservadora que, querendo cuestionalo e cambialo todo, rematan por non cuestionar nin por non cambiar nada. Son, neste sentido, o caldo de cultivo dunha indignación moral que se resolve en apatía real.

E estou en total desacordo con vostede en que vivimos no mellor dos mundos posibles. Tanto se se mira desde o mundo desenvolvido como desde o desenvolvido, penso que non é así.

Anónimo dijo...

Tiña que dicir "Tanto se se mira desde o mundo desenvolvido como desde o subdesenvolvido".

Anónimo dijo...

Eu son un lobo de verdade, non un ridículo como lobo neghro violentado e andrómedas parecidas. Que lle quere. Son lobo e fastidame que degraden a miña especie con esas poses amaneradas.
Chamese como queira, vostede nunca firmou como lobo, lobo son eu, e fale ben, sexa nobre, aínda que xa se be que non é vostede de raza.

Anónimo dijo...

Ese "xa se be" delata o seu autor.

Anónimo dijo...

Hai graos de intervención no mercado. Os neoliberais chegaron a conclusión de que unha regulación estatal é imprescindibel, pero o acontecido nos EEUU, senta as bases dunha nova forma de circulación dos capitais financieiros. Soros non hai moito falaba da sospeitosa confianza dos financieiros. Dende as distancia temporal pode interpretarse que esa confianza estaba xustificada polo convivio entre elites politicas e as grandes financieiras.
A man invisibel ten nome e apelidos, asegura fondos fora do mercado e deixa o groso da poboación entregada aos avatares do libre mercado, a oferta e a demanda, a sagrada liberdade neoliberal!.

Anónimo dijo...

Moi sueviña miña:

Comprázome en informarlle que en Hispania non hai xente no cárcere por motivos políticos e os partidos ilegalizados estaban advertidos de que non se pode compatibilizar as beneficios do sistema -eleccions, diñeiro, etc.- cos beneficios do antisistema -atracos, disparos, etc.-
Ou arre ou xo. Ambas cousas non.
Ou sueva ou visigoda.

Anónimo dijo...

O autor non "da a lata" como vostede coa súa paranoia. A ver cando estoura e delata ao causante da crise mundial!, dos últimos tifóns, e das grallas ortográficas.

Anónimo dijo...

Vidas de Santos.
O Che era un home moi xeneroso, bondadoso, capaz de sacrificar a súa vida por un ideal de xustiza universal, como tamén o foi o noso guerrilleiro Gayoso... Prietas las filas...

O Gayoso...! ¿Sería parente do noso Gayoso de Luar?

Permítame a frivolidade pero deixe aos mortos en paz. Que Franco fora un megafillo de puta non nos dá pé a seguir toda a vida con el ás voltas. Que lle dean por saco a el, á guerra e a todo iso. Non quero pasar páxina, quero arrincar esa folla do meu presente. Que non me marquen a "orde do día" os medios,hai moito aí diante...

Anónimo dijo...

"el duelo forma parte integral y universal de la experiencia del amor" dícese no blog de Marcos. Uns queren arrincar esa páxina, outros estamos co "duelo" por esas persoas para poder despois pasar esa páxina.
Outros queren arrincar a páxina do holocausto xudeu porén seguro que AVM non é da mesma idea. Xa sabemos que non todos os mortos son iguais.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Partimos da base (trabucada, ao meu ver) de que o mercado, antes da crise, estaba liberalizado. Os cárteles do petróleo que deciden os prezos, os aranceis para os productos, o dumping, os paraísos fiscais, as colexiacións obrigatorias, a mesma existencia de fronteiras e un longo etcétera son manifestacións anómalas do intervencionismo xa non do Estado, senón de quen manexa nalgúns casos as reglas do xogo.

Anónimo dijo...

Home, Lobo, debería ser máis cortés e facer caso aos requerimentos de Lobo Neghro de que abdandone ese nick para non crear confusión. Ten ao seu dispor unha ampla variedade de posibilidades, así que pórtese ben e procúrese outro alcuño. Grazas.

Anónimo dijo...

Por suposto Arume, mais ha graos.

Anónimo dijo...

Considerando a petición do lobo violentado, cambio o alcume e partir de agora serei:
Xacobe Solobio, e cambio tamén a mentalidade.

Anónimo dijo...

Señor Apicultor a frase "estamos no mellor dos mundos posibles porque eu estou no primeiro" ía con ironía, xa me decato de que non a percibiu.
Non me convence en absoluto o seu discurso, observo que embarulla as frases e con iso pretende saír airoso. Resulta que os que queren cambiar o sistema son os máis apáticos? iso é unha falacia.

A frase non era "cambiar algo para que non cambie nada"?

Para visigodo dicirlle que na Hispania e por suposto no Estado Español hai persoas que están na cadea polas súas ideas, sen ter atracado nin disparado a ninguén.

Anónimo dijo...

Non se trata de saír airoso, señora Sueva, senón de debater coa máxima racionalidade posible.

Por exemplo, querer "cambiar o sistema" por si mesmo non é garante de cambiar realmente nada. Se só hai mera vontade (nalgúns casos máis finxida ca real) pero se descoñece a entidade e o funcionamento dese "sistema" que se pretende cambiar, ese impulso é unha mera futilidade que se disolve na nada.

Con todo, non era a miña pretensión convencela de nada. Xa sei que a fe -real ou impostada- do carboeiro é moi difícil de cambiar, por non dicir imposible.

Anónimo dijo...

A fe na grandeza do ser humano

Anónimo dijo...

Tampouco se quere cambiar, aínda que ás veces resulta máis favorable

Xaime dijo...

Sin querer entrar no debate, pero, Sueva poderíame dicir un nome, un só nome de home ou muller que estean en España no cárcere polas súas ideas?.

Anónimo dijo...

Joseba Pemach, a mesa de Batasuna, a alcaldesa de Mondragón, estivo Otegui e tantas e tantos...

Anónimo dijo...

Desculpe, Sueva, pero acaban de dicirme que tal vez sexa vostede unha tal Oko, unha rapaza moi nova. Se é así non quero ser demasiado cáustico. Tan só me gustaría facerlle matinar en que as cousas adoitan ser abondo complicadas como para resolvelas con recetas simples.

Por exemplo, a súa antropoloxía seméllame un tanto inxénua de máis. O ser humano é, ao mesmo tempo, capaz dos actos máis desprendidos como dos máis atroces. E, ás veces, accións desprendidas rematan tendo resultados atroces.

Anónimo dijo...

Eu creo que todos eses que cita non están ou estiveron presos polas súas ideas políticas, senón por ser cómplices e colaboradores de ETA, nos máis diversos graos.

Fíxese que, por exemplo, en Cataluña ERC defende ideas independentistas e non iso van ao cárcere. E non van porque non apoian nin colaboran con ningunha caste de accións violentas.

Daquela, o problema está na violencia e non nas ideas.

Anónimo dijo...

... e non por iso van ao cárcere.

Xaime dijo...

Tan é así que a alcaldesa de Mondragón, por exemplo, non condeou a morte de ISAIS CARRASCO, que fora compañeiro dela no Consistorio de Arrasate.

Anónimo dijo...

Apicultor, o que queda claro é que vas de papito barato e simple, e que dende esa simpleza imaxínaste a complexidade, porque o único que sabes é dicir que todo é máis complexo, pero non analizas, nin valoras, botas balóns constantemente fóra sen entrar no xogo das ideas.
Un simple farsante é o que es.

Anónimo dijo...

Auto do xuíz Garzón coa ilegalización de Batasuna. En aplicación da lei de partidos. Que a lei de partidos poida non ser do meu agrado, ben. Pero que están na cadea por algo máis ca manifestar as súas ideas parece evidente.

Anónimo dijo...

Vale, Okomurri, ti di que si. Veña, ho, tómate outra caña á miña saúde, que se non se che vai facer mal sangue, e iso non é bo para a sáude.

Anónimo dijo...

Unha nova rechamante e que pasa desapercibida por mor da crise económica é a da detención en Francia da cúpula de Batasuna. Que pasa en Iparralde?

Anónimo dijo...

Tampouco a condeo eu, cre que debería eu estar no cárcere Xaime?

Por non condear unha morte, xa se é de ETA?

Colaborar con ETA é non condear as súas accións?

Dicir que se pensa que os militantes de ETA son gudaris e non terroristas é un delito punibel coa cadea?

Anónimo dijo...

SLAVOJ ZIZEK

Unas gafas para leer entre líneas a McCain

Por suerte, no hay mal que por bien no venga, y ha ocurrido lo que hacía falta para recordarnos dónde vivimos: en la realidad del capitalismo globalizado. El Estado norteamericano ya está cocinando medidas de urgencia para gastar cientos de miles de millones de dólares -hasta un billón- en reparar las consecuencias de la crisis financiera causada por las especulaciones del mercado libre. La lección está clara: el mercado y el Estado no se oponen, y son necesarias fuertes intervenciones del Estado para hacer que el mercado siga siendo practicable.

La reacción predominante entre los republicanos a la crisis financiera es un intento desesperado de reducirla a una desgracia menor que puede remediarse con una buena dosis de la vieja medicina republicana (el debido respeto a los mecanismos de mercado, etcétera). En otras palabras, su mensaje oculto es: te permitimos que sigas soñando. Sin embargo, toda la postura política de rebajar el gasto del Estado se vuelve irrelevante después de este brusco contacto con la realidad: ahora, hasta los más firmes defensores de disminuir el papel excesivo de Washington aceptan la necesidad de una intervención del Gobierno que resulta sublime por lo casi inimaginable de su importe. Ante esta magnificencia, toda la bravuconería ha quedado reducida a un murmullo confuso: ¿dónde están ahora la determinación de McCain y el sarcasmo de Palin?

Ahora bien, ¿ha sido verdaderamente la crisis financiera un momento aleccionador, el despertar de un sueño? Todo depende de cómo se simbolice, de qué interpretación ideológica o qué versión se imponga y determine la percepción general de la crisis. Cuando el curso normal de los acontecimientos sufre una interrupción traumática, se abre la puerta a una rivalidad ideológica discursiva; por ejemplo, en Alemania, a finales de los años veinte, Hitler ganó la disputa por la narración que iba a explicar a los alemanes las razones de la crisis de la República de Weimar y la forma de salir de ella (su argumento era la trama judía); en Francia, en 1940, fue la versión del mariscal Pétain la que dominó la explicación de los motivos de la derrota. Por consiguiente, para decirlo en viejos términos marxistas, la principal tarea de la ideología dominante en la crisis actual es imponer una versión que no responsabilice del colapso al sistema capitalista globalizado como tal, sino a sus distorsiones secundarias accidentales (normas legales demasiado relajadas, corrupción de las grandes instituciones financieras, etcétera).

Contra esta tendencia, hay que insistir en la pregunta fundamental: ¿qué defecto del sistema como tal permite la posibilidad de que se produzcan esas crisis y esos colapsos? Lo primero que hay que tener en cuenta es que el origen de la crisis es benévolo: después de que la burbuja digital estallara en los primeros años del milenio, todos los sectores tomaron la decisión de facilitar las inversiones inmobiliarias para mantener la economía en marcha y prevenir una recesión; la crisis de hoy es el precio que se paga por el hecho de que Estados Unidos evitara una recesión hace cinco años.

El peligro, por tanto, es que la narración predominante sobre la crisis sea una que, en vez de despertarnos de un sueño, nos permita seguir soñando. Entonces es cuando deberíamos preocuparnos; no sólo sobre las consecuencias económicas de la crisis, sino sobre la clara tentación de que, para que la economía siga funcionando, se le dé un nuevo ímpetu a la "guerra contra el terrorismo" y al intervencionismo internacional de Estados Unidos.

Anónimo dijo...

E por que son gudaris? Podería explicárnolo?

Con todo, eu creo que é o que é verdadeiramente punible -irreversiblemente punible- é o tiro na nuca. Non ten volta atrás para quen o recibe.

Anónimo dijo...

Hai algo que non concorda moi ben na narración que aspira a ser dominante de Zizek. Que a crise poda ser o alibi dunha ofensiva bélica ou dun intervencionismo internacional dos EE.UU. Pero non quedaramos en que ese intervencionismo é a marca da administración Bush? Non é para moitos analistas precisamente o prezo dese intervencionismo unha das causas da crise?
Por certo, en China parece que pasa o mesmo e agravado: L'espresso.

Anónimo dijo...

Arumiño, le a sentencia e comprobarás como a acusación basease na sospeita, tenta extraer un delicto claramente tipificado, comproba a esterilidade do intento.
A "lei de partidos", non é unha lei democrática, por esto precisamente se resolve nunha ambigüidade que permite sentencias fraudulentas.

A cúpula da Batasuna francesa, está toda na rúa, un novo Blufffff!

Anónimo dijo...

Aínda estamos a agardar as análises e valoracións de Okomurri. Ou sexa, a que entre no xogo de ideas (sic).

Anónimo dijo...

En Francia ainda non se fixeron cunha "lei de partidos" para mantelos na cadea.

Anónimo dijo...

Grazas Dr. Abelleiro, ou Arume, non sei...supoño que non andaredes a trocar os vosos nicks, confío no voso xuízo crítico. Como profesionais que sodes deberíades saber quen se agocha tras do lobo . Penso que é un dos habituais. Non sei a que ven ese arrouto de xenio , ou estás a brincar, colega?.

De todos xeitos impactoume o suficiente como para tomar conciencia de que somos vulnerables.
Direille ó lobo que falar ben ou mal non ten nada que ver coa nobleza. E si empreguei o nome lobo a secas varias veces.
Teño que descartar que sexades o Dacova ou o Medela.

Anónimo dijo...

Se mo permitides podería reproducir un anaco de entrevista feita a Philip Allott, ex diplomático, e profesor de Dereito internacional da Universidade de Cambridge....foi publicada no mundo de xuño do ano pasado.

O título é: "La democracia y el capitalismo son sistemas más totalitarios que el nazismo o el estalinismo".

En castelán.

Anónimo dijo...

Para lei democrática a lei do tiro na nuca dos gudaris.

Anónimo dijo...

lobo, non lle dea máis importancia.

Anónimo dijo...

Non se trata de sair airoso, Deixa de facer o pallaso papito Apicultor, deixa de marearte-masturbarte e expon con claridade as túas ideas, no caso extraño de que as teñas.

Anónimo dijo...

Ti de que vas, Okomurri? Tes algo máis que dicir ademais de insultar (cousa que fas moi ben)?

Xaime dijo...

Vostede Okomurri quén é por qué parece moi valente.

Anónimo dijo...

E quen é ese tal Philip Allott?

Anónimo dijo...

"Para lei democrática a lei do tiro na nuca dos gudaris."
Típica frase demagóxica dun mediocre alumno de Fernando Sabater. Supoño que o Apicultor será fisicamente tan repulsivo e feo como o seu profe.

Anónimo dijo...

Okomurri é o típico indocumentado que acusa aos demais dos seus propios defectos. Ten razón Api, que se lle vexa argumentar, a ver...

Anónimo dijo...

Poñamos que sexa vostede dunha beleza arrebatadora. Fica por demostrar que sexa medianamente listo, ¿por que non se anima?.

Anónimo dijo...

Uffffffffffffffff
Penso que cómpre urxentemente organizar un outro contubernio, réplica e lóxica continuación do xa mítico de Canedo, tamén ao pé do pai Miño.

Talvez a discreta, regresiva, subatómica, walhállica, azul-gris, mística e pre-psicodélica cidade de Lugo debería acoller o segundo cónclave.

Apicultor, usted como lo ve??

Anónimo dijo...

Francamente, Oki, prefiro a prosa cursi do seu blog antes que esa agresividade desatada.

Anónimo dijo...

Falaronme hai tempo deste blog e entrei con curiosidade, ben, satisfación!
Para todos os amigos que fixen hoxe nas Uvas da Solaina adicoche este corte:

Arume traduce a letra, porfa...

modesto

Anónimo dijo...

Gracias, amiga Sueva, polo diminutivo, pero a resolución de Garzón non admite unha lectura tan confusa. Hai frases tremendas, dunha claridade meridiana:
La constitución Herri Batasuna forma parte del diseño táctico de ETA.
HB es una estructura controlada por los responsables de ETA.
Ambas organizaciones (HB e ETA) mantienen una relación instrumental de subordinación jerárquica.
HB forma parte de un complejo entramado terrorista.
En fin, coma estas frases, hai un cento, con documentación abundante engadida.

Anónimo dijo...

Medela, créame se lle digo que iría de moi boa gaña. Mais teño unhas urxencias moi urxentes -o calendario que non perdoa- que me impiden pasar un sábado en tan boa compaña. Transmita o meu agradecemento ao amigo Delapierre. Pero saiban que o ano que vén non se van librar de min, abofé que non.

Anónimo dijo...

Apicultor!!!!!!!
Non será capaz diso!!!!!
Carne á grella... Viño da Ribeira Sacra... Sobremesas allaricenses...
Apicultor!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Pénseo, porfa.

Anónimo dijo...

Non quero ser paranoico de máis, pero estou a sospeitar se quen asina Okimurri non será o noso farsante de garda, outrora anónimo-non-tan-anómino, que desta vez roubou indecentemente o nick dunha rapaza.

Anónimo dijo...

E pense que despois ha querer saber de qué falamos...
E non ll'imos contar nada.
Pénseo ben, Apicultor...

Anónimo dijo...

A acusación de formar parte do entramado terrorista, tería que ir acompañado de probas, que é a aportación fundamental nun proceso. Pero as probas, onde están?, intenta nomealas, para xustificar a sentencia, queda todo en sospeitas e indicios, nada mais, comproboao!

Anónimo dijo...

Okimurri é simplemente un idiota.

Anónimo dijo...

É así, Medela, malgré moi. Pero en insuficiente compensación prométolles un exemplar para cada un de todos os comensais.

Anónimo dijo...

!Julio Médela de Lobeira¡ , que tal na Asamblea de Coronación do Quin. Conta, conta, e apártate do tema do debate que se acaba de perder unha hostia, e seguro que che vai caer a tí, que a mín xa me deron a primeira.

Anónimo dijo...

Iso, conte, conte, Medela. Que tal o conclave?

Amigo Delapierre, supoño que lería un post meu anterior. O meu agradecemento é inmenso, e tómolle a invitación para o ano que vén.

Anónimo dijo...

Apicultor: Nin a recepción do Nobel xustifica dabondo a deserción do servizo secreto. Vde. ben sabe, mellor ca min, que unha vez que se enlama un neste blog, só se pode saír con documentación falsa, lavado de cerebro e peregrinación a Lourdes. Tamén axuda unha operación estética no reino de Marrocos.

Anónimo dijo...

De verdade, Medela, de verdade que non poido. Teño xa un día deste mes inevitablemente comprometido por asuntos familiares, e máis non podo perder. Que me perdo para sempre! Créamo, xa llo contarei no seu momento e hao comprender.

Anónimo dijo...

Señor Delapierre!!!!!!!!!!!

Como é que sabe Vde., carísimo amigo, que estiven no cónclave compostelán??

Eu son apenas un pobre afiliado na base.

Ouviu: Pásame unha cousa estraña con Vde. Sabía, é como se o tivese acabado de coñecer, por exemplo, na Diagonal de Barcelona, por un acaso, e poñéndonos a falar resultase que somos primos segundos, ou cuñados dun concuñado...

Pode ser sincronicidade, ou déjà-vu!

Anónimo dijo...

o.k. a p-c.

Anónimo dijo...

Apicultor: Terá que ser, no mínimo, un xantar para repartir os títulos dunha concentración parcelaria... Talvez a confirmación dun horrendo nené con lentes de cu de vaso, neto da señora que lle fai as voltas na casa... Se cadra, algo máis solemne e maiestático: A reconciliación pública cunha cuñada.

{Se recomienda encarecidamente aportación documental que justifique fehacientemente cualquiera de los extremos antes citados}

Anónimo dijo...

Veña, Medela, menos conto e conte. Foi vostede un deses trinta e oito?

Anónimo dijo...

Apicultor é DEVIL!!!!!!!

jajajajajajajajajajajajajajajaja

Eu votei secretamente SI...

Anónimo dijo...

paranoia

Anónimo dijo...

A verdade é que eu non aguanto nin media hostia. Se teño que aturar a leña que vos dades, sobre todo o machaque a Apicultor, creo que desaparecería do blog por moito tempo.
Estades bastante curtidos por o que vexo.

Grazas lobo, creo que sei quen es. Es dos nosos.

Anónimo dijo...

Medela, a mín tamén me pasa o mesmo con vostede.
Oiu, e logo para que sirve o Servicio Secreto.
Sí, moito afiliado de base, pero con coche oficial, silla numerada e con dietas. Ande, ande.
A que lle sei tamén a papeleta que votou na furna poñía SI. Non ve. SOLAINA 'SS.

Anónimo dijo...

Amigo Apicultor, vostede non sabe ben como conseguiu a Sandrelli, Medela o seductor de Rimini. Dease, logo, por presentado en Lugo.

Anónimo dijo...

{ejem}

O señor Arume, como sempre, ten razón. Eu funlles un dos playbloy máis reputados da raia seca, é dicir, tanto no país dos arraianos -de Padrenda a Baltar- como no dos raiotos -de Cualedro á Gudiña-.

Ben, recoñezo que cando vin por Entrimo a Marcello Mastroianni (que andaba a rodar un filme en Castro Laboreiro), souben de inmediato que aínda tiña moito por aprender...

Anónimo dijo...

O da Sandrelli coido que é cousa do pasado. Porque Medela foi ao cónclave do ganchete de Liz Hurley, causando sensación e admiración en todo o auditorio. Mesmo falan dunha cooptación para a Executiva. O que non sei é se de Medela ou de Hurley.

(Xa, xa, Okomurri, cacheite nas patacas!)

Anónimo dijo...

É absolutamente verídico. As fontes de información do amigo Apicultor realmente funcionan!

Ben... Os ollos vanse cerrando... Mañá é día de 'escuela'.

Calma sobre Allariz... Pasa un noctámbulo... Terá ácido úrico?
Complexo de Edipo trapalleiramente superado?

Até amanhá!!!!!!!

Anónimo dijo...

Liz Hurley, outra musa, que non deusa, deste/a blog. Xa lle pedimos ao anfitrión que para que ilustre The Coronation of the Quin poña a foto de Liz.

Anónimo dijo...

Sueva, perdoe que, por alusións non lle constestase antes, pero é que andaba preparando o xantar para mañá -un simple e saboroso guisote de calamares á moda da casa.
Non me faga explicarlle as diferencias entre a superación da guerra civil produto da transición democrática en España que nos situou a todos os que quixemos dentro da democracia, denostou o vello sistema totalitario -e todos os totalitarismos- recoñeceu a república como antecedente no sistema de liberdades e fixo que non houbese xa defendores explícitos do sistema franquista pasado nin partidos que reivindiquen ese herdo nauseabundo –e a min xa me chega- e a ameaza á propia existencia do seu estado que padece Israel a quen varios países queren borrar do mapa, cando o único de que trata xa na actualidade é de chegar a coexisitr con outro estado nacido das cesións do seu territorio. ¿Non abandonou Gaza? ¿Non abandonou Cisxordania? ¿Non estaría disposto xa a abandonar Golán e compartir Xerusalén? Necesita signos da outra parte. Entrementres, é preciso lembrar o xenocidio, a pasividade de occidente e da URSS e o perigo de que Irán intente repetir a xogada... coa complacencia agora duns supostamente progresistas e desinformados europeos, aliados de teocracias medievais que viven no mellor dos mundos pero queren prender un incendio para arranxar as casas alleas e as propias. Digo máis: en Iraq nos últimos meses, as cousas están indo a mellor.

Anónimo dijo...

De verdá que a estes que veñen polo blog fardando de amigos dos etarras en plan provocador e que despois lle lamen o cu aos poderosos mendigando unha limosma, os enviaba eu a -40ºC a un gulag de Siberia para que souberan que con cousas serias non se debe ser tan frívolo. Ademais tamén merecían un par de hostias por gilimemos.

Anónimo dijo...

Aos que se lle enche a boca cando usan a expresión "cousas serias", mandábaos eu ao inferno, a temperaturas ás que perde senso o propio concepto, pra que probasen as excelencias do carto estado da materia.

Anónimo dijo...

A min gústame a prosa de Millás. Gorento a quen pode combinar catro frases, dez conceptos con soltura, e o xornalista en cuestión sobarda a ducia; non é pouco: vexan que no espazo dunha columna resulta arduo saltar do divino ao humano, economía a medicina sen que o déficit de empaque despeitee a semántica. Que lles hei dicir eu, posto de parte; e o Millás é suxestivo.

Problemas da densidade: o balance teoloxía-política (materia-antimateria?) pode quedar algo descompensado, e algunha implicación parecer arriscada ("Ata mañá, mozo temerario", despide a Aramis o xesuíta de Amiens); poño por caso, a idea de que un xuíz amplamente avalado -en coñecemento e probidade- mesmo por progresistas deba ser excluído para cargo por causa de fe.

Ou suxestión de que o Estado, nunha instancia básica da súa base tripartita, teña prohibido apostatar. O resto, as súas ben interesantes e numerosas achegas, acabo de lelas un día despois por razón ben plausible: onte foi o Día do Patrón. Quede dito só que, aegundo a miña visión, tan errado é considerar o Otegi da última década un connivente do terrorismo coma a súa retirada forzosa da escena pública un acelerador de solucións propiamente dits.

Espero non quedar inmediatamente ilegalizado; aínda peor: excluído de inmediatas convocatorias sabatinas. Fico á espera de sentenza.

Anónimo dijo...

Ao Beria, que emprega o verbo xa en desuso fardar, véselle a idade polo léxico. Así me gusta, aínda que este comentario me leve durante uns segundos a Siberia a pasar exactamente a temperatura de -40.

Anónimo dijo...

Ninguén dixo de Otegi nada ao respecto. Limiteime a transcribir os párrafos do auto, que non sentencia, onde se afirmaba a connivencia (e palabras máis contundentes) entre ETA e HB. Que Otegi padecera retirada forzosa da vida pública ou estancia en prisión por un ano (segundo se mire) non debeu ser capricho sen substancia xurídica.
Outra cousa, e volvo repetilo, é que a lei que sustenta a resolución de Garzón sexa discutible.
En todo caso, "Vexo Lugo, vexo Palas,/ tamén vexo o Recatelo,/ vexo a casa de don Xaime/ camiño dos meus cachelos."

Anónimo dijo...

Arume é GOD!!!!1
E máis John Milton...

Anónimo dijo...

O problema, Arume, en oteguiáns asuntos ou outros, é que seica non hai efecto sen causa; e eu por veces aínda penso que sen motivo motivado por expertos motivadores.

Viva San Roque e o can.
Vivan San Froilán e o lobo.
Non pensen que marcharán
se ficar pinga do adobo.

E a dixestión complicada
que contubernio non valla
será mala coartada:
paseo pola Muralla.

Anónimo dijo...

O señor profesor González é o bardo Ossian!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Medela: menos conto e conte do cónclave. Luz e taquígrafos!

Anónimo dijo...

Home, Saavedra, non creo que se trate de que un xuíz deba ser excluído para cargo por causa de fe. Trátase de que quen ocupa tan alta maxistratura dun Estado teoricamente aconfesional non faga, en calidade de tal, público espectáculo de fe axeonllado e transido ante Rouco Varela. A min, xaora, cáusame arrepío. A vostede non sei.

Anónimo dijo...

Fico, en todo caso, á espera de sentenza... divina.

Anónimo dijo...

A min, para nada; tampouco non me importaría que se deixase ver en reunións da Liga de Xuíces Laicos (a derivación semántica desta palabra daría nun estudo apaixonante), se tal cousa chegase a existir, ou da Loxia que queira. Pero non se trataba, Apicultor, dos seus nin meus sentimentos, senón máis ben das palabras do Millás. Ben sei que non declara incompatible ir á misa e presidir os xuíces; pero ao mellor si presidir os xuíces e que o deus del presuntamente sexa anti-gay.

A min paréceme que a cousa é demasiado complicada, demasiado densa, que sei eu se algo ousada de máis. Pero nada de reñer, eh. Non no San Froilán.

Anónimo dijo...

Perdón, porque lera apurado e mal: non reparei na expresión en calidade de tal, que desde logo bota pero sobre a corrección no proceder institucional. Non coñecendo máis do caso, remítome ao tema de orixe.

E concrétolle ao Arume que, sobre Otegi, por "retirada forzosa da vida pública" entendo a ilegalización de Batasuna. Que tamén lle cambia.

Anónimo dijo...

A única salvidade que fago é a da devoción por San Froilán, que a todos acolle no seu regazo festeiro. Que teña boa celebración e grata enchenta, Saavedra!

Anónimo dijo...

Señor Saavedra: Hai, na muralla, algún bar ou similar para mandar un gin-tonic après-enchenta?

Ten que ser na mesma muralla. Intra ou extra-muros non vale.

Na muralla, ouviu? Na muralla.

Anónimo dijo...

Que eu saiba, non montaron aínda ningún after-hours nin amaid/among-stones. Pero que o Xaime me desminta, se sabe.

Agora, hanme desculpar: vou para a Praza Maior.

Anónimo dijo...

Xa o supoñía, por eso puxen segundo se entenda: en calquera caso, e a efectos prácticos e persoais, para Otegi a retirada forzosa consistiu nun tempo en cadea. Seguro que el identifica mellor ca nós ámbalasdúas cousas.

Anónimo dijo...

Cando di na muralla, amigo Medela, quere dicir nesas covas que din que hai entre as pedras ou polo adarve con fermosas vistas sobre a poboación luguesa engalanada, particularmente sobre a porta de Santiago?

Anónimo dijo...

NA muralla é onde se fai o botellón.Pero estes días a policia anda atrás dos "botelloneiros" e non os deixan estar alí. Corríxanme os lugueses, se procede.

Anónimo dijo...

Arume: Si. SI. É exactamente iso.

Sabía? Non sei qué é o que me pasa en Lugo. É para min un lugar extremamente melancólico, mais non triste. Saudoso, non deprimente. Poético, non cursi. E p persoal fala galego aos berros, non coa boca pequena.
E sempre pasan dous paisanos a comentar calquera cousa relacionada co mundo do campo, talvez o prezo dun Pasquali en segunda man, e un deles, indefectiblemente, di:
"Madia leva".
E Lugo fica desértico na hora de comer. E ese silencio...

Anónimo dijo...

Ir a Lugo, Arume, élle para min como ir á casa, ao cuarto onde dormía de mozo. Tirar un vinilo dos Marillion, poñelo no prato e ficar aparvado, sentado por riba da cama, que agora parece tan estreita...

P.D. Os vinilos dos Marillion (ou dos Camel) e máis as fitas de cassette acostuman a estar en caixas de cartón rotuladas máis ou menos:
"Harinera Vilafranquina. Vilafranca del Penedés. Spain"

Nalgúns máis elaborados casos, poden chegar a rotular así:
"Casa Lavalle. Herrajes para ataúdes"*.

*Isto sería demasiado perfecto.-

Anónimo dijo...

Amigo Medela. Onte,ao pasar por Guntín, vin un tractor bastante bó aparcado a carón da carretera, no lugar onde hai un concesionario de esas máquinas. Pegado no cristal, un cartel o suficientemente grande como pra poder leelo conducindo á velocidade reglamentaria nsa travesía: "VENDIDO A ...(O nome e población do dono)". Esto é, o fulano, despóis de compralo, deixóuno exposto onde todo o mundo o vira , pra que toda a contorna se enterara da sua adquisición. Penséi en parar e fotografalo, pra mandarllo, pero había moito tráfego. A ver si inda estuvera "samedi prochain", pra que podia vostede escachar a rir un pouco.

Anónimo dijo...

Arume, ouviu... Respectivamente á mensaxe que pendurou Vde., onte ás 10:51, sobre Liz Hurley, non me dirá que a devandita señorita non parece mesmo a secretaria persoal ou doncela ou dama de compañía ou similar de dona Xenebra de Stonehenge.
Ten unha cara moi indoeuropeamente céltica.
Si, xa o sei, non digo que esa moza que lle entrou a Vde. polo olliño dereito, non digo que sexa un croio. Non se me enfade.

Anónimo dijo...

Grazas Dacova!!!!!!
Preparo, desde xa, a cámara.
Pido á virxe do Viso que o tractor sexa verde papagaio, con ornamentación vermello maxenta e que o afouto comprador se chame Crisanto, ou Longinos, ou Emerio, ou Genserico, natural e veciño de Goiriz, ou Moimenta, ou Rábade, ou Pol.
Seguramente, o tal paisano ten unha filla auxiliar de clínica no hospital de Calde, que estaba a punto de pasar a fixa cando caeu Cacharro Pardo... O noso amigo, votante compulsivo do PP lugués, xurou odio eterno ás hostes de Zapatero e sobre todo, sobre todo, ao ilmo. sr. José Blanco.
E a muller do pequeno propietario agrícola vai a 'Luar', coas 'mulleres rurais' de Castro de Ribeiras de Lea, e ponse de pé cando Juan Pardo ataca o play back de 'Cantade galegos' e escacha cando Tucho lle encontra as pílulas anticonceptivas a Maribel e Tonecho chega medio borracho, e esquece por un momento que a filla continúa sen colocar, e só lle dan turno de noite, fin de semana, ferias, nadal e fin de ano. Tamén traballa o domingo das mozas, no San Froilán. E o mozo, un tunante de coidado, natural de Rábade e veciño do Ceao, Lugo, non dá apañado un traballo, será a crise, ou será un lacazán.
O mozo chámase Roberto tal vez Rubén esperemos que se non chame Jonathan e anda a tirar o título de mercancías perigosas e/ou maquinaria industrial porque un concelleiro de Cospeito o dos movementos de terra precisa un maquinista para a Caterpillar, ou Magirus Deutz e debe algún favor ao tractorista que seica o avalara cando o concelleiro pediu emprestado para a nave do Ceao que estivo sen permiso e non pasaba nada porque na Deputación un rapaz de Riotorto era chófer do enxeñeiro e leváballe o rapaz ao enxeñeiro a proba da lagarta ou raxo ou non sei como é que lle chamaban e o enxeñeiro levaba os amigos e un matrimonio de Madrid á casa do chófer para pasar as noites do sábado e cantaban non chas quero non chas quero e un día o enxeñeiro quixo ou pretendeu levar unha rapaza nova e bonita con acento de fóra e todo se encadeou de tal maneira que ao final a nave levaba catorce anos aberta discretamente e a traballar cando lle deron por fin o permiso xusto un día antes de mudar a Deputación de amos que non de hábitos...

Anónimo dijo...

O chófer do enxeñeiro é amigo do mozo da filla do cidadán que comprou o tractor.

Anónimo dijo...

Caso de en Lugo ser típicas as filloas de sangue, que non o sei, o chófer do enxeñeiro tamén lle levaría botellas de *gaseosa cheas de sangue para as filloas, que serían preparadas pola **criada, concuñada, ou bi-sobriña, da señora que fai as voltas na casa do señor Delapierre, ou Saavedra, tamén.

*Gaseosas 'La Revoltosa', evidentemente.
**Artemia, Pilar, talvez Teresa.

Anónimo dijo...

Stormy medley, auténticamente glorioso. O que levo dito hai moito tempo: aquí probablemente se teñan escrito as mellores páxinas (digamos letras, sílabas, palabras, frases, cláusulas, oracións, parágrafos, textos) da narrativa galega dos últimos anos. E o que non mire para aquí e ande buscando nos andeis desas librerías cheas de supostas novidades, vai moi perdidiño.

Anónimo dijo...

medela, pare co licor café.

Anónimo dijo...



ESTA GARRAFA, CHEA DE SANGUE DE PORCO, FIXO POSÍBEL O FUNCIONAMENTO DUNHA NAVE INDUSTRIAL NO CEAO, LUGO, DURANTE CATORCE ANOS, SEN PERMISO DE APERTURA.
REPÁRESE NOS RESTOS DE SANGUE, ADHERIDOS TENAZMENTE.

BEN, SI, XA O SEI, CONTENCIÓN.

HOXE SÍNTOME UN POUCO DOSTOIEVSKI.

DISIMULEN. SAÚDOS AOS DE LUGO.

Anónimo dijo...

no, si eu dígolle que siga a escribir pero que aparte ese cáliz.
Por si non-o sabe no Ceao, estánlle as mellores barras americanas de Galicia.

Anónimo dijo...

Quizabes non me expresei ben, quería dicir que en FUNDICIONES PARDO do Ceao é onde fan as mellores barras americanas de Galicia.

Anónimo dijo...

Medela eu flipo, como flipo moitas veces. E sen respiración "holorénica" e sen ayahuasca.

Teño aghora unha ghanas incontenibles de averighuar de quen é o "trutor" e de coñecer os parámetros da vidinha que o circunda.

Quero saber se é certo que a realidade supera a ficción, ou a veces a ficción é superior a realidade.

Vouno tomar à Sèrio.

Anónimo dijo...

Aquí ten que haber un erro, que o sangue de cocho non se regala. Quen as queira catar que veña pola casa, madia leva se non.

Anónimo dijo...

Profesor González: Podía explicar, en termos compresibles para min, que significa exactamente e ilustrando con exemplos, a expresión tan luguesa "Madia leva"??

Grazas. Prométolle unha garrafa de sangue de porco en botella de gasosa "La pitusa".

Anónimo dijo...

E ata en Riotorto non sei se as farán, que cadra bastante contra o norte. As filloas propiamente ditas, quero dicir, que aquí ao outro de leite vímoslles chamando freixós; nalgunhas falas cando menos.

Anónimo dijo...

Non sei se don Ánxel Fole non o intentou algunha vez, Medela, pero as súas célebres etimoloxías eran un tanto discutibles: por exemplo, a que seica facía derivar Cospeito dun hipotético *conferatu. Canto a min, ignoro que é o que leva o que leva madia, fóra de evidencia supina; alguén o ten intentado (se entra aquí estes días o Xosé da Casanova, que fale, penso que sabía), eu nunca pasei da analoxía fonética con mada, que é como lle chamamos ao mollo de cimos (grelos, en galego común) ou nabizas.

En fronte do xardín de San Roque, na miña infancia e mocidade había unha fábrica de gasosas. Onde irá se non parou.

Anónimo dijo...

González, como é que se chamaban as ditas gasosas??
É basico e fundamental!

'Los quince hermanos' talvez??

Obrigadinho...

Anónimo dijo...

Canto a substancia semántica, madia leva ten algunha amplitude, se ben non tanta coma carallo.

1. Evidencia supina, lóxica. Ex.: -Fodéronme o negocio e pareceume mal. -Madia leva a parecerche.

2. Irónica ou sarcástica expresión de sorpresa. Ex.: -E non quería sacar as patacas antes de botalas? -Madia leva... [Esta acepción é de dubidosa xeneralidade, talvez só pertenza ao idiolecto de Xosé M. González, falen outros lugueses].

Sexa como o for, o verbo consúgase: madia levaba, madia levou... E teñan boa noite.

Anónimo dijo...

Non era, non, Medela, e tampouco debían exportar.

Corrixo consúgase por conxúgase e agora si que marcho.

Anónimo dijo...

Per a l´Estat, el fi antiterrorista justifica qualsevol mitjà. Vergonyós, miserable i indignant. Els estats cada dia són més arbitrariament violents. I els polítics suposadament demòcrates callen. A Israel, a Espanya i a altres llocs. Que la llista sigui llarga no consola sinó que espanta.

Anónimo dijo...

A TODOS OS AMIGOS DE ANXO REY BALLESTEROS

Un grupo de persoas ligadas a "Café Voltaire", tertulia viguesa da que forma parte o noso amigo Anxo Rey Ballesteros, vanse reunir para desexarlle unha pronta recuperación da súa enfermidade. Nese acto, brindarase á súa saude, leranse fragmentos da súa obra e falarase da súa significación na literatura galega recente. Invitamos ao seus amigos de toda Galicia a compartir con nós eses momentos -e, eventualmente, a ler algún texto ou lembrar dalgún modo ao amigo enfermo-, acudindo a Vigo o Venres 17 de Octubro, ás 20´30 no Central Pork, en Via Norte 40 (xunto á estación de ferrocarril). Rogámosvos que fagades extensiva esta convocatoria á xente que vos pareza oportuno. Unha aperta:
Adela

lourixe dijo...

Postos a romper a contención, a compostura... e o récord de comentarios, a miña proposta para a expresión "madia leva" frecuente en terras chairegas é a orixe britona, procedente do "indeed", rotunda confirmación do antedito. A evolución etimolóxica déixolla a mentes máis delirantes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Tendo en conta que boa parte dos lugueses procede da provincia de Ravenna, tamén pode ser un italianismo.

1. mà|dia
s.f.
1 CO mobile di legno, generalmente a forma di cassone rettangolare, usato tradizionalmente in campagna per impastare il pane, conservare farina, lievito e altri generi alimentari | estens., armadio, credenza
2 TS st.mar., cassa traforata per far colare il catrame in eccesso durante la catramatura delle gomene
3 OB banco di lavoro per orefici [quadro 19]

2. mà|dia
s.f.
TS bot., pianta del genere Madia con foglie vischiose di odore sgradevole | con iniz. maiusc., genere della famiglia delle Composite, cui appartiene la Madia sativa, da cui si ricava un olio usato in profumeria, come lubrificante e a scopi alimentari [quadro 19]

3. mà|dia
s.f.
TS zool.com., mollusco commestibile (Mactra stultorum) diffuso nel mediterraneo [quadro 19]

Anónimo dijo...

Shüeva, eu quería colocar algho para ti sobre o capitalismo. Pedíralo. É moi longo, é só a metade da entrevista.

Ver a Lourixe falar de "trastornos delirantes" anímame moito a non cortarme un pelo. Benvida apreciada lourixe.

Vedes ninguén fala en trastornos, engádollo eu. Ninguén falaba en falacias, engandínllo eu. Non falaba eu da monarquía, entendeuno asía Etxe. vai?.

Anónimo dijo...

Para o grande Lobo Neghro:

Hoxe vin, en "La Región", o seu marabilloso ditirambo sobre os culpados pola crise. Parabéns, Dante-Lobo Neghro, e grazas tamén a don Marcos-Ovidio, por ser alado mensaxeiro do himno.

Non sei por que, mais lembrei unha peza dos Marillion, "Cannibal Surf Babe", que escoitei hai xa algúns anos. Procurei na rede, e encontrei a letra en inglés. Gusto inmenso desta estrofa. Dedicada a Vde., Lobo, con todo o cariño, respecto e admiración que lle profeso.


"And the sun came up over the mountain
And the waves rolled in across the bay
And the fabulous brightly coloured birds flew up out of the forest
And she said well were all heavens beautiful children livin together in paradise
Lie down my dear... youre going to enjoy this"



"E o sol saíu por riba da montaña,

E as ondas do mar entraban pola baía

E os fabulosos paxaros de vivas cores apareceron voando desde o bosque

E ela dixo: "Sómosche os lindos nenos do ceo vivindo xuntos no paraíso"

Déitate, meu amor, isto vaiche gustar..."

QUE MARABILLA, DON LOBO; QUE MARABILLA. DIGNO DE KEATS...

Anónimo dijo...

Entrevista a Phillip Allott.
….
P.:-Vd.es uno de los más feroces críticos de los sistemas democráticos y capitalistas, a los que acusa no sólo de ser deshumanos, sino de ser formas extremas de totalitarismo….
R.:-Como se imaginará, esa afirmación mía suele desencadenar sorpresa y provocar que se enarquen muchas cejas. Pero yo no soy el primero que dice eso; mucha gente hace esa misma acusación a la democracia y al capitalismo. La clave es que ambos son sistemas que contienen en sí mismos sus propios valores, y que además, obligan a aceptarlos todos si se quiere participar de ellos. Incluso valores de índole trascendental sobre la justicia y la felicidad, por poner dos ejemplos, están interiorizados en este tipo de sistemas, de manera que los ciudadanos que viven en ellos deben entregarles sus mentes. No son sólo sistemas políticos o económicos, también lo son de conciencia. La gente no se percata de ello, pero lo cierto es que sus mentes están determinadas por estos sistemas.

P.: Puede que no le falte razón, pero aún así es difícil pensar en la democracia como un régimen totalitario como el de Adolf Hitler o el de Stalin…..
R.:El totalitarismo tradicional –el del III Reich, el del imperio soviético o el de la China maoísta-, se caracterizaba por tomar el control de las personas por la fuerza. La violencia se utilizaba para controlar a la gente y ésta, en última instancia, podía ser disidente en su vida privada, dentro de las cuatro paredes de su casa podía pensar lo que le viniera en gana. En las sociedades teocráticas, el sistema obviamente controla las mentes de sus ciudadanos, pero lo hace en nombre de unos supuestos valores elevados trascendentales. Lo extraordinario de la democracia y del capitalismo es que controlan la conciencia de sus ciudadanos con valores totalmente pragmáticos. Y es por eso por lo que digo que son regímenes totalitarios.
Totalitarismo significa el control total de la sociedad. En la historia del cristianismo, a excepción quizás de un breve período de tiempo en el que la Iglesia controlaba la mente de la gente, no ha habido un totalitarismo total. E incluso aquello no era nada comparado con el totalitarismo actual. El totalitarismo de los sistemas democráticos y capitalistas está tan desarrollado que hasta nuestros deseos están determinados por el sistema. Deseamos, como seres humanos, lo que la sociedad desea que deseemos, y eso es algo increíble. La gente normal no es consciente de ello, pero sus líderes deberían serlo, porque, obviamente, se trata de un gigantesco desafío para la filosofía y la religión. ¿Cómo se pueden humanizar estos sistemas?. Ésa es la pregunta a la que debemos dar respuesta.

P.:Pero si la democracia y el capitalismo son unos sistemas así de perversos, ¿Cuál sería el sistema al que habría que recurrir?.
R.: No me malinterprete. La democracia y el capitalismo, para cuya creación se han necesitado siglos, son unas sociedades complejas. La democracia es maravillosa para organizar la lucha de intereses en una sociedad. Y el capitalismo es extraordinario para crear riqueza. Pero pienso que no son sistemas definitivos. Como les digo a mis estudiantes, alguien ha creado estos sistemas, gente sentada en aulas que ha pensado. ¿Por qué no podemos nosotros recrearlos, mejorarlos, humanizarlos?. Pienso que esa es nuestra obligación.

P.: Vd. Mantiene que cuando la democracia es exportada a terceros países adquiere un efecto desarraigante, ya que provoca que desaparezcan los valores de esa determinada sociedad a causa del totalitarismo del sistema democrático, cuyos valores son incompatibles con otros (…)
R.:(…)vd. Sabe que hay muchos en el mundo (Países) cuya cultura interna está siendo modificada, si no destruida, por la llegada de este sistema occidental.

P.: ¿Y que piensa de la idea de George Bush de exportar la democracia al mundo?.
R.:Creo que en Europa nos oponemos a las ideas simplistas sobre el capitalismo y la democracia que tienen los estadounidenses. (…)En Europa nos mostramos más cautos porque somos conscientes de que es un fenómeno muy complejo. Así que, en general , estamos en contra de imponer estas ideas allí donde tienen culturas radicalmente distintas y, a veces, muy antiguas. Pienso por ejemplo en China, con una cultura milenaria muy exitosa que esta siendo totalmente transformada por la llegada de los sistemas occidentales. En este caso, no es un caso de destrucción de un religión, pero se está tratando de occidentalizar el confucianismo. Yo creo, sinceramente , que el modelo occidental dominará en China, pero a su manera. El problema es tratar de imponer, con la falta de respeto que ello conlleva, un modelo simplista, como pretenden los norteamericanos. Nosotros, los europeos, tenemos mucho trabajo que hacer con ellos.
(…)
Sighue

Anónimo dijo...

Pelín cursi, más bien...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ser políticamente incorrecto tampouco non é patente de corso. Córrese (con perdón) o risco de facer augas. E non menores.

Anónimo dijo...

Alguén notou que os que nos xornais escriben da crise jamás de los jamasitos a padecerán nas súas propias carnes? Como pode saber toda esta xentalla o que é a crise? E menos este chiquilicuatre do Millás, que vai de progre nos seus artigos pero logo pon o cu e o que faga falta (a dignidade?) para recibir o premio Planeta...

Anónimo dijo...

Na miña aldea ourensá tamén se decía moito "madia leva", mellor dito "maldia leva". O senso é similar ao do castelán coloquial "no me extraña".

Lembro unha das primeiras veces que oin a expresión. Era eu un neno pequeno. Por algunha razón , posiblemente a caida dun dente, comencéi a sangrar un pouco na boca. Comentéillo á miña aboa, que me respondéu:" Maldialeva que che sangre a lengua. Levas todo o dia falando sin parar".

Anónimo dijo...

De verdá que hai moito parvo solto polo mundo adiante, como este XDC que me quere condenar ao inferno. Inferno valo pasar ti, musicote de tres al cuarto, a -40ºC nun gulag de Siberia pra te enterares do que vale un peite. Saúda ao Jolper, revolucionario antipolítica.

Anónimo dijo...

Serán dados os saúdos hoxe, no pulpo á feira do sete.

Queda millor "musicote da piolla".

Vouno mandar imprimir nos cartós de visita: "Xohan da Coba". Humanista no senso Arumático. Musicote da piolla.

Anónimo dijo...

Beria, por si non o sabes, xa caeu o muro e siberia é agora destino turístico, podense vistar os gulags.
Haberá que facer como se nada ocorrese, porque Beria debeu estar anos en coma e despertar hai pouco, o pobre pensa que ainda existe a URSS.Como na pelicula...
Agora dise:
-Voute mandar a Guantánamo, vaste enterar, alí, torturan, ándate fino.

Anónimo dijo...

Señor anónimo, Beria está comisionado pola Solaina para que todo aquel que se pase, non teña un pouco de contención e non se corte cos chistes verdes, xa que hai menores por aquí, podería ser recluído a, como era.....Beria ...-40º grados.
O Xan da Coba, o lobo, arume, o apicultor e algún maís xa lle estivemos alí, polo que lle prego que se quere ir de vacacións a Guantánamo, pille billete sozinho.
Un saudo

Anónimo dijo...

Arume

Anónimo dijo...

Arume... Ouviu?

Anónimo dijo...

ARUME