9 nov 2008

A MIRADA RETIDA
O PASEO NOS 50.

A foto debe ser de 1953, segundo nos informa Xesús G. Tobío, quen nos achega esta imaxe. O lugar é ben recoñecible, aínda que cambiaron algunhas cousas: a rúa do Paseo, xa preto do parque de San Lázaro. Velaí, en primeiro plano, á dereita, o edificio que foi Círculo Católico e que remataría como sede do Goberno Militar. Máis adiante o Banco de España e moitas casas que permanecen aínda. Desapareceron varios chalés da rúa, como o chalé Losada, onde hoxe se ergue o edificio Viacambre, este xa dos anos 70. A imaxe ampliada no ordenador permite mesmo recoñecer pequenos anuncios como a delegación da casa Ford ou esa xastrería que ofrecía “Pañería de alta calidad”. Daquela, anos 50, a rúa xa levaba o nome de José Antonio Primo de Rivera, o fundador da Falange, imposto en 1937; antes fora rúa de Fermín Galán, nos anos republicanos, e antes aínda, de Vicente Pérez, o deputado liberal. Case non había coches (un camión, ó fondo) e polas vestimentas podía ser un día de primavera ou verán cos cativos cos seus pantalóns ata os xeonllos. Que slogan poñería aquela pancarta no medio da rúa? E quen o sabe xa...!

22 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aproveito o comentario sobre os pantalóns para dicir que tamén en inverno levabamos pantalóns curtos. Aínda hoxe non o creo.

Anónimo dijo...

Unha reflexión do fotógrafo Alberto García-Alix:

"La fotografía siempre es pasado, una vez que has apretado el botón del disparador ya no somos como somos, somos como éramos"

Anónimo dijo...

Por eso os reloxios das fotos marcan sempre as dez e dez. Debe ser a hora máis intemporal da esfera.
E xa que eramos como eramos:PREMER.

Ari Schreiber dijo...

Os pantalóns curtos eran una gran inconveniente, seica.
Case que non recoñezo a rua do paseo...custoume, sinceramente.Se non dis cal é non tería nin idea.Supoño que será cousa da idade que unha ten...
Un saudo, Uxia.

Anónimo dijo...

OLLO:

O antivirus AVG (a versión gratuita está moi extendida) está a dar como virus (PSW.Banker4.APSA) algo que non o é, de xeito que se vostedes eliminarn este virus, eliminarán tamén o arquivo USER32.DLL, co que non poderán arrincar o ordenador e poderían perder datos.
Ignoren esas mensaxes e actualicen o antivirus (os cabróns xa "solucionaron" o problema que crearon).

Anónimo dijo...

O pior de levar pantalóns curtos era que había que botar nivea polos muslos escasamente gloriosos para evitar que se ariasen (así din en Asturies) as pernas.

Anónimo dijo...

E tamén que un non aguantaba as ganas de pintar "tatuaxes" nos muslos ,cun bolígrafo BIC,e logo había que lavalos antes de chegar á casa.

Anónimo dijo...

Perdonade pero que eu lembre, os que levaban pantalóns curtos no inverno eran alleos a miña cultura. Para min eran burgueses señoritingos.
Pijiños daquela.
Marcaba tanto a diferencia que a mín me espantaba.

Nunha aldea era inverosímil. E cando emigramos a francia, nós seguíamos a ser de aldea. A miña nai, cinco anos de luto en pleno anos sesenta, eu de pantalón longo e pelo curtísimo.

Dacova de pantalón curto no inverno?. Descastado!. O Arume non é dos nosos, pero está entre nós.

Anónimo dijo...

A ver, levantade a mau os que levabades pantalóns curtos no inverno.

Arume,

Api?.
Marcos?.
Etxe?.
Delapierre?.
Razdomán Karadzic alias "beria en Siberia"?, este sí o vexo.

Medela, non o vexo, non me defraude vostede.

Dacova, mintirán, na aldea estaba mal visto. Pero a tí quen cona te criou?.

Anónimo dijo...

Que o pantalón curto fora signo de pijismo avant la lettre resulta inaceptable. Na miña escola pública de Ponferrada todos vestiamos así. Abofé. E dandis e protobohemios (de escasa hixiene) había, pero para señoritos aínda quedaba un cacho.

Anónimo dijo...

Eran ademáis de espuma, ajustaditos ás partes e ás cachas. Os bombachos e os que baixaban ata os xeonllos, con raia no medio, desapeceran dos escaparates.

Anónimo dijo...

Eu non-o defraudo, Lobo, de pantalón largo, of course.
O que si lle teño que recoñecer e que case tódalas fotos que teño de pequeno ía de corto, ata en Ramos.
Eu son o maior de dous irmáns e dende cativos tiñamos a mesma talla polo que vestiamos indistintamente a roupa que nos poñía a nai, e non lembro a meu irmán de pantalón corto, agás no verán-verán.

Anónimo dijo...

Na miña época, nunha pequena cidade provinciana, o normal era o pantalón curto para todos os nenos independentemente do grupo social ao que se pertencese, tanto en verán como en inverno. Eu, porén, apenas os puxen curtos, e menos en inverno, grazas a miña querida nai. Daquela, a "distinción" era levalos longos. Eu, como poden supoñer, xa era distinguido de pequeno ;).

Anónimo dijo...

Peor eran as rapazas. Todas as miñas amigas, todas as que foron nenas nos anos sesenta, (véxoas nas fotos que conservan), levaban unha saia ultracorta véndoselle invariablemente as bragas (mal colocadas).

Eso en pleno Franquismo e antes de que unha Inglesa pasara a história por inventar a mini-falda.

É posible que eu estea influenciado por a sociedade francesa, pasei a década dos sesenta alí, e alí os que levaban pantalóns curtos no inverno eran de outro estracto social que non era o meu.
No vrau levabámolos todos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Mieres ano 1966: Búsquense señoritos.

Anónimo dijo...

De verdá que eu a todos estes pardaos que levaban pantalois curtos os enviaba eu a -40ºC a un gulag de Siberia pra que soubesen o que é pasar frío nas canivelas, home non.

Anónimo dijo...

A foto está tomada un pouco por volta da unha tarde dun mes de Maio, aproximadamente. O Montealegre,ó Leste de Ourense, atópase á nosa esquerda, como sabemos. As lonxitudes e ángulos das sombras concordan. A planta a carón do actual goberno militar está en flor. Hai xente en manga curta, pero outros levan aínda chaqueta, e non parece sobrarlles.

Debe de ser domingo. O camiñar desenfadado e a limpeza das roupas blancas así o suxiren. Tamén o caracter aparentemente familiar dos grupos, e a falta de apresuramento nas actitudes. Non hai libros ou cadernos nas mans de rapaces en edade escolar. A propia e tranquila presenza do fotógrafo, só habitual en días festivos, abonda nesa idea. Un home parece uniformado, pero non leva gorra, signo claro de certa informalidade. Todos parecen tranquilos de ter cumprido coa obriga de asistir á misa.
Algúns transeuntes notan a presenza da cámara, e emulan, seguramente sin pretendelo, as actitudes de Charlot nunha inolvidable escena. A cámara debe de estar nun trípode, do contrario non tivera atraído a atención de certa xente máis alonxada da escea. É posible que o protagonista inicial da foto fora o rapá do centro da foto,coas maus nos petos,con chaqueta. É o único que parece posar deliberadamente. O fotógrafo non soupo escoller o encadre axeitado pra resaltar a o modelo, ou a cámara non dispuña dos recursos técnicos necesarios.
É extraña a presenza dun camión en xornada que presumimos non laboral. Será o "camión das gaseosas", servindo á "Bilbaina" (Inda existía?) ou ao "Cortijo" (Xa existía?).
Non sei qué pon a pancarta, pero a estructura da lenda escrita nela parece ser: artigo-nome- preposición- artigo- nome. Posiblemente, unha pancarta publicitaria do tipo "La casa de los lentes" o "El banco para tus ahorros".

Anónimo dijo...

Eu penso, pola inclinación da caralla do señor de traxe, que a foto foi tomada por un afecionado nun día de maio as dúas horas do serán e en concreto o fotógrafo tuiña principios de prótase. Por outra bande, resulta evidente que o cartel publicitario que se vislumbra ó fibal da toma, si claramente "Por el imnperio hacia Dios". Sen embargo, a inclinación refractaria do índice de Kodak no experimento da química e sen ter en conta a (perspectiva) cabaleira, pode facernos pensar que a foto é un adianto dun porvir que aínda non se cumplíu e que pode ter lugar dentro duns vinte anos solares se esbotamos o calendario gregoriano e imos as referencias miniadas dos índices da biblioteca de san Martiño de Toursd, non te fode. Hai que telos cuadrados, cuadrados. Monte Alegre, Monte Alegre, nadie a acompañarte baja/nadie se detiene a oir/tu eterna estrofa de agua. ö mellor a publicidade pendurada ó fondo podería ser a faixa da Chichona, xa postos a inventar...

Anónimo dijo...

O comentario anterior contén elementos distorsionados polo viño dos magostos: no fondo, suscriboo; na forma, acepto os fallos.

Anónimo dijo...

As lonxitudes dos raios a esas horas ,non coinciden coas de hoxe, debido á precesión clásica da órbita do planeta, engadida á precesión relativista.

Non me digan que o home de uniforme non parece o "Xocas", por a silueta.

Polo que se ve no rótulo de "Ford" ,as fotos en sepia eran sensibles ao color bermello. Esto é, unha cousa intermedia entre o B/N e a foto a cores. O color bermello ten moitísimas particularidades. Merecería un post aparte detallar algunhas de elas. E a primeira côr do arco da vella, menos pra o Arume dP. As suas novas gafas son sensibles ao infrabermello e ao ultravioleta, pra el son nove cores, e pode ver o "aura" da xente, mesmo nas fotos.

O home do velocípedo está torto prá esquerda. O angulo de inclinación do corpo con respecto ao chan, e o da roda dianteira con respecto á traseira, permite deducir a sua velocidade instantánea, obviamente superior a permitida nesa rúa e neses intres. A rúa do paseo tiña unha lexislación específica que regulaba o seu uso, como saben. Non esquezan que "uso e costume" tamén son leis, pregúntenlle ao Delapierre.

Os catro rapaces e rapazas da esquerda son irmaos. OS cartos para as golosinas do domingo lévaos a irmá máis vella, a máis alta.

Anónimo dijo...

E os tres vehículos no fondo de la Calle José Antonio que veñen sendo, tanques?

Anónimo dijo...

Non home, sólo é un camión. O outro, son toldos ós que lle da o sol. Xa quedamos en que era un camión de gaseosas, coas suas caixas de madeira.

Cando era neno, fixen dunha vez un avión de papel, e tiréiuno á rúa no momento en que pasaba o camión das gaseosas. Non me pregunten cómo foi, pero o artiluxio atravesóu o camión de babor a estribor, abríndose paso entre as caixas. SI o queren creer créano, e , si non, incorpóreno ás suas novelas de ficción. Da me no corpo que era p mesmo camión da foto.


Na entrada da primeira lexislatura de Cabezas, estuvo durante varios días un camión atrancando o camiño, case no mesmo sitio do da foto. Fora colocado por ex-traballadores da empresa OTECA, en quiebra por aquel entonces. Ese camión de OTECA era a re-encarnación,mellor "remetalización", do da foto. QUe bó, que o metal do vello camión fora refundido etc. etc.

O Serrat cantaba aquelo de "prefiro a carne ó metal". Tamén hai carnes que "están como un camión", como a reina de SAVA, perdón Sada.