9 dic 2008

Homofobia vaticana.

MARCOS VALCÁRCEL

Andoliña-Galicia Hoxe-9-12-2008

O Vaticano acaba de engadir unha medalla máis de ignominia á súa recente historia. Que ten páxinas nada honrosas como os escándalos masivos en Estados Unidos polos cregos acusados de abusos sexuais ou a súa oposición ó emprego do preservativo, política que en lugares como o continente africano só pode contribuír a acentuar o xenocidio da sida en varias xeracións de cidadáns africanos.

Pois ben, a Unión Europea, a través de Francia, vai propor na ONU o próximo 10 de de­cembro unha proposta para a despenalización universal da homosexualidade. Hai 90 países no mundo que condenan a homosexualidade con diferentes penas de cárcere, multas ou torturas: entre eles están os estados máis retrógrados do mundo como Arabia Saudí, Emiratos Árabes, Irán, Mauritania, Sudán, Iemen e algúns estados do norte de Nixeria. O Vaticano decide asociarse a estes países e ó integrismo islámico mesmo cando está a vida dos homosexuais condenados en xogo: ulo o famoso Dereito á Vida que invocan acotío as Igrexas para xustificar as súas teses noutros temas de debate?

Uns 60 Estados, do total de 192 membros das NU, asinarán a proposta despenalizadora. O Vaticano, unha vez máis contra a Historia.

5 comentarios:

xOsedorrio dijo...

Asinarán, coma sempre, os países democráticos e civilizados. Non o farán aqueles onde dominados por gobernos totalitarois ou extremistas, que ven na homosexualidade unha forma de rebeldía. Por iso non creo que se trate de homofobia senón, máis ben, de manter unha disciplina, amparada en vellas costumes, para non alterar un sistema prefixado beneficioso para o gobernante de turno.

Cambiando de tema. Onte lin en GZNación e en A Nosa Terra que o BNG vai propor o goberno do estado que se permita presentar teses doctorais en galego. Sorprendeume esa iniciativa -e sorprende máis que nunca a tiveran os cataláns, por exemplo- e fixoo de xeito negativo porque eu esperaba máis. Esperaba que o BNG impulsase unha univertidade vitual galega dende o noso parlamento -o parlamento deiquí-, esperaba que o BNG tivese a habilidade de saber crear esa necesidade na comunidade educativa galega e na sociedade en xeral; pero non foi así. Dahí a miña iniciativa: Universidade Virtual Galega XA!!.

Espero que a iniciativa sexa ben acollida e axudedes a espallala polo país. Unha aperta!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Semella curiosa a actitude da igrexa católica e concretamente do Vaticano contra o goberno de Berlusconi. Aparte de criticar durante o verán a xenofobia e o recorte de libertades do individuo (con termos nada moderados coma o de fascista), cada dous por tres denuncian a política económica que está a causar o aumento da pobreza en Italia. Pero non se contentan con esta clase de censuras que ben poden interpretarse coma típicas manifestacións da doctrina social da igrexa: a propósito das folgas estudiantís contra a lei Gelmini, os arcebispos italiáns tamén claman contra a reducción dos orzamentos en materia educativa.
A homofobia reproduce o extremo conservadurismo en materia de ética individual, pero pode chamar a atención (aínda que non debería) a disposición vaticana contraria ao (neo)liberalismo (encarnado por estes tiburóns financeiros que apoian a Don Silvio) dos mesmos dirixentes eclesiásticos.

Ben se ve que non teñen unha democracia cristiana a quen dirixiren, digamos de forma explícita.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A homofobia (ou sub specie) chega á Raidue: Brokeback Mountain censurato.

Anónimo dijo...

En qué quedóu aquela lei americana da época Reagan, que tamén condeaba o sexo homosexual? Derogóuse?.

Lembro manifestaciós con pancartas que decían "Que fai o Estado na miña cama?".

O Poder sempre foi "controlador" dos hábitos sexuáis da xente. Debe de estar na propia xénesis do fenómeno do Poder. Algús dicen que nese control está a base da sociedade humana. O desaparecido Jimy de Rairo pode ilustranos ao respecto, estou certo.

Anónimo dijo...

Parece que a Iglesia foi fundada por homosexuais. Principalmente Pablo de Tarsos.

Parece que no seu seno decorre unha profunda corrente homosexual e misóxina.

Lembrades un asasinato entre a garda vaticana?. Hai anos. Cuestión de cíumes internos.

Estamos unha vez máis ante o "síndrome de Torquemada", rexeitar aquelo que un leva no seu interior e non acepta.