Carísimo
BIEITO IGLESIAS, ecg. 4-12-08 (foto ANT, Xan Carballa: Manuel Rivas, Cristina Berg e Bieito Iglesias)

O sábado pasado, cando presentaba un libro de Marcos Valcárcel no Liceo auriense, certa concelleira cuxo nome lamento non ter retido no acordo requentou o tópico que lle outorga á vila das Burgas o título de Atenas de Galiza.
Hai cinascos de verdade nesta hipérbole porque os membros da Xeración Nós, protagonistas do período ático na capital miñota, tropezaron, igual que os xigantes da cultura no século de Pericles, coas vantaxes e inconvenientes da pequena escala: "A inmensa mobilidade e excitación, o peculiar colorido da vida ateniense explícase talvez a partir do feito de que un pobo de personalidades incomparablemente individuais loitase contra a constante presión interna e externa dunha desindividualizadora pequena cidade. Isto produciu unha atmosfera de tensión na que os máis débiles foron prostrados e os máis fortes foron excitados á apaixonada autoafirmación" (Georg Simmel). Marcos é rexo, el aproveitou ao máximo os beneficios que ofrece unha micrópole para a vida do espírito, sen acusar as miserias nin o pendor provinciano que enconica a outros moradores de urbes liliputianas.
Na cea-homenaxe posterior á presentación da súa Historia de Ourense, reuniuse un xentío que atestou o restaurante Sanmiguel. Nunca tal concentración se vira de amigos e admiradores rendidos á bonhomía e ao talento do historiador, xornalista, fomentador cultural e exemplo de galeguismo amante ("amante", en ourensán, significa suave, apacible). Nin sequera a neve arredou a moitos asistentes que se achegaron á vella Auria desafiando estradas perigosas. As folipas déronlle ao acto, se acaso, un ton de filme de Capra.
Carísimo Marcos, qué belo é vivir soficado pola túa amizade. Antes de tratarte, alá no Instituto Masculino dos anos setenta, eu pensaba que o mundo era un lugar sombrizo e hostil.

4 comentarios:
Manuel Rivas contra o vento e a neve, deu chegado de lonxe á cea, cando os demais xa comezaran a manxar. Pero non quixo entrar ao recinto sen abonar antes os sesenta euros del a da súa dona. A súa intervención foi fermosa, delicada, sentida.
Bieito Iglesias estivo, como de costume, xenial, ocurrente, simpático. Por nada do mundo faltaría á homenaxe do seu grande e querido amigo. Outro home de afectos, este gran Bieito Iglesias.
Por último, pero non en derradeiro lugar, hai que dicir que Cristina Berg falou por ela e, dalgún xeito, tamén polo seu home Carlos Casares, un grande amigo de Marcos. Unha intervención emotiva redondeada co agasallo dunha antiga caricatura de Casares procedente do arquivo familiar.
O de Atenas foi celebrado con risas ao final do salón nobre, xusto por persoas escasamente nobres.
O final do artigo de Bieito é fermosísimo.
De verdá que foi unha pena que non puidera ou puidese ir á homenaxe, porque ían ir todos dereitiños a un gulag en Siberia a -40ºC.
Publicar un comentario